biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia




PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES





























Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ciencia en galego
Desde novembro, Mes da Ciencia en Galego, animamos ás clases a levar a cabo proxectos e experimentos científicos cos que aprender ciencia de xeito práctico.
Aquí tedes a sexto experimentando coa reacción química do bicarbonato e o vinagre, reacción ácido-base que dá como resultado dióxido de carbono. Este gas crea burbullas que fan hinchar os globos.
E o resultado do seu experimento expuxémolo na BBS... en decembro. Perdón por non compartilo antes :-)

Graciñas científic@s de sexto!
Seguiremos atent@s aos voso experimentos.




Preparad@s




List@s




Xa!


































Oooh!

Comentarios (4) - Categoría: Educación documental - Publicado o 12-01-2017 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Miss Marple
Terceiro personaxe investigado, Miss Marple. Elaboraron tamén unha presentación en Impress e expuxeron o traballo na biblioteca.
















Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 26-12-2015 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Hercules Poirot
Poirot foi outro dos personaxes investigados en sexto. Aquí tedes a presentación que realizaron e as fotos da súa intervención na biblioteca.




















Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 26-12-2015 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Detective Conan
O xoves 17 de decembro sexto presentou na Hora de Ler os traballos de investigación que Libriño lles encomendara para descubrir quen eran tres personaxes misteriosos.
A clase de sexto organizouse en tres grupos para realizar tres investigacións diferentes e expuxo os seu resultados en tres presentacións elaboradas co programa Impress.
Un dos personaxes investigados foi o Detective Conan. Aquí tedes a presentación e algunhas imaxes de como o fixeron na biblioteca.

















Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 26-12-2015 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
Mortadelo e Filemón
A última semana do primeiro trimestre estivo chea de actividades na BBS.
Coa boa sensación que nos deixou o acto de presentación da guía "Tempo de acivros, tempo de libros" aínda fresca, comezamos o luns coa presentación da investigación que realizaran ao longo do trimestre os nenos e nenas de 2º de Primaria. Eles recibiran o encargo de Libriño de descubrir quen eran Mortadelo e Filemón e así o fixeron.
Explicaronnos un montón de cousas sobre os famosos detectives de ficción e o resto dos personaxes da tira cómica. Falaron e debuxaron sobre os personaxes e os seus métodos e fixéronno coma auténticos "profesionais da investigación".
Moi ben nenas e nenos de 2º, encantounos, o traballo e como nolo presentastes. Parabéns!


Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 23-12-2015 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Quen é Flanagan?
Aquí tedes a presentación elaborada por 5ºB. Chulísima! E moi clara.
Noraboa polo traballo, 5ºB!



Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 02-12-2015 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Flanagan
Hoxe na Hora de Ler os rapaces e rapazas de 5ºB presentáronnos a súa investigación sobre o detective Flanagan, protagonista da novela Todos los detectives se llaman Flanagan de Andreu Martín e Jaume Ribera. Poucos coñeciamos a este detective de ficción, pero coa presentación de 5ºB xa sabemos moitas cousas sobre el. Graciñas!















Bo traballo!

Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 01-12-2015 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Sherlock Holmes
No mes de setembro todas as clases do colexio recibiron unha carta de Libriño pedindo axuda para investigar sobre uns personaxes que el non coñecía.
Este mércores os nenos e nenas de Primeiro e o seu profe presentáronnos o resultado da súa investigación sobre Sherlock Holmes.
Despois de semanas buscando pistas nos libros e na rede, vendo algunha película e recollendo información nas casas, compartiron con tod@s nós todo o que aprenderon, que foi moito.
Era a súa primeira presentación e a primeira vez que falaban diante "dos maiores" na biblioteca e fixéronno de marabilla. Organizaron dúa sesións para que puideramos escoitalos e velos mellor e tiveronnos a tod@s caladiños e coa boca aberta, deu gusto velos.
Noraboa Primeiro, encantounos!

Grazas por ensinarnos tantas cousas sobre Sherlock Holmes.




Aquí, nesta entrada do blogue dos Cangrexeiros na arañeira, podedes ver que pasou despois da presentación de Primeiro na clase de Sexto.
Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 31-10-2015 15:46
# Ligazón permanente a este artigo
O noso Nautilus

Hoxe botamos o noso Nautilus rumbo ao Salón do Libro Infantil de Pontevedra. Despois de semanas de traballo nas aulas de 2º, 4º, 5º e 6º, coordinadas pola BBS, rematamos a maqueta e os libros cos que participaremos no Salón, que se inaugura o vindeiro venres 27.



Escollemos a Jules Verne e a súa obra 20.000 leguas de viaxe submarino como fío condutor da maqueta e os cinco libros que a acompañan. Traballamos moito e estamos moi content@s co resultado e tamén con ben que o pasamos e con todo o que aprendemos durante estas semanas. Agora temos moitas ganas de visitar o Salón e participar nas súas actividades. Xa queda menos!
Hoxe, ao deixar o Nautilus, xa vimos a Orbil perfectamente integrado no tema deste ano: Da ciencia á ficción
. Están traballando duro na montaxe do Salón,que seguro será espectacular, coma todos os anos.






Pincha AQUÍ para ver o programa.

Para ir coñecendo detalles da nosa maqueta e os libros e saber máis sobre o que vai pasando no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra seguide atent@s ao blogue da biblio.
Comentarios (1) - Categoría: Educación documental - Publicado o 23-02-2015 21:35
# Ligazón permanente a este artigo
Buscando a Bobby Fischer
A maleta matemática achegounos unha peli coa que nos adentramos no mundo do xadrez, Buscando a Bobby Fischer.

Para saber quen foi Bobby Fisher entrade neste enlace.

Para saber máis sobre Josh, o protagonista da película, entrade neste enlace da Wikipedia.

Para saber máis sobre a peli deixámosvos este enlace á páxina Cine y valores.

E tamén o trailer da película.



Será casualidade que algúns días destas dúas últimas semanas puideramos ver esta imaxe na BBS?


Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 25-01-2015 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Maleta matemática
Chegounos unha maleta misteriosa á biblioteca. Viña cunha etiqueta que poñía Matemáticas e por fóra tamén se podía ler Asesoría de Bibliotecas Escolares. Que viría dentro?





Tomando precaucións, decidimos abrila e ... Isto foi o que pasou!






Durante dúas semanas teremos na BBS unha das Maletas de Matemáticas que oferta a Asesoría de Bibliotecas Escolares e que inclúe libros e películas que abordan contidos matemáticos desde a ficción e a non ficción. Aproveitaremos esta oportunidade de coñecer novos materiais e recursos para abordar o currículo das Matemáticas desde a biblioteca escolar e a lectura.



O póster da campña da Asesoría de Bibliotecas para este curso "Biblioteca escolar.... Matemático!!! é obra do ilustrador David Pintor.
Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 14-01-2015 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Novembro, mes da ciencia en galego nas bibliotecas


A Asesoría de bibliotecas escolares convídanos a participar na celebración do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas. Esta campaña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en valor a relación entre ciencia, bibliotecas e lingua galega e incide especialmente na importancia de facer ciencia na nosa lingua e de consolidar as bibliotecas como centros de recursos tamén para a ciencia e a tecnoloxía, en galego.
A campaña conta cun manifesto escrito polo profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela, Ángel Carracedo e unha escolma de recursos dixitais en galego relacionados coa ciencia, elaborada pola Asesoría de bibliotecas.


MANIFESTO DE ÁNGEL CARRACEDO

MATERIAIS MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS


No Brea Segade aceptamos o convite!

Tradición oral e ciencia en galego vannos ter atarefados polo menos no mes de novembro. Seguro que recuncamos e seguimos con estes temas moito máis tempo.
Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 12-11-2014 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Novembro, mes da tradición oral

http://patrimonioderianxo.blogspot.com.es/




A primeira semana de novembro conmemórase, no Calendario das Letras, a literatura de tradición oral. Este curso no Brea Segade celebraremos o mes da tradición oral, que moi posiblemente se estendera ata xuño, pois contamos cun material recollido no noso municipio que ten un inmenso valor literario e un grande potencial educativo. Consiste nun extenso repertorio de coplas de Rianxo recollidas e catalogadas grazas á colaboración da Aula de Música do Brea Segade, a Aula de Música da UNED Senior de Rianxo, o Equipo de Dinamización Lingüística do Brea Segade e a BBS. Queremos destacar a riqueza do propio material literario, patrimonio das xentes de Rianxo, pero tamén a riqueza da experiencia de colaboración entre o colexio e a aula da UNED Senior, o futuro e a raíz da nosa tradición oral e da nosa lingua.
Presentámosvos o blogue no que se recolle o patrimonio literario e tamén se irán incorporando as unidades didácticas e recursos educativos que vaiamos elaborando para empregar nas aulas: Literatura patrimonial de Rianxo.


Agardamos que vos guste e vos emocione tanto coma a nós.
Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 11-11-2014 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Agricultura sostible

Temos un novo mural na entrada do centro que recolle o traballo de investigación que nos últimos meses realizou a clase de 3ºB. Baixo o título de Agricultura sostible e sen que pareza que haxa nada máis cunha imaxe moi chula dunha leira, agáchase un montón de traballo e información sobre o solo, a rega e os apeiros do campo. Non deixedes de achegarvos ao mural e levantar as lapelas.
Terceiro B convídanos a mirar, tocar e aprender!




A rega




Apeiros




Agricultura sostible




O solo



Comentarios (1) - Categoría: Educación documental - Publicado o 05-05-2014 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Xornal BBS 4
Aquí tedes o cuarto número do Xornal BBS, publicado no mes de abril e que está nas casas do Araño e Taragoña desde o venres 11.


Comentarios (0) - Categoría: Educación documental - Publicado o 16-04-2014 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal



Contador gratis



As imaxes que publicamos neste blogue teñen un uso educativo. Se estiveran suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña. Grazas