biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Son de Rianxo
Xa temos nas mans o noso C.D. Son de Rianxo. Máis de sesenta gaiteiros novos do noso concello, facendo a música que lle aprenderon aos vellos mestres.
O 14 de novembro ás oito e media da tarde, faremos a presentación pública no Auditorio María Casares da nosa escola, á que estades convidadas todas as familias e os amigos e amigas de Educaldea.
Xunto co C.D. a Biblioteca B.B.S. vén de editar unha guía didáctica, con información adicional e múltiples actividades. Podédela baixar aquí.
Comentarios (2) - Categoría: Unidades didácticas - Publicado o 11-11-2008 00:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As mochilas retoman a súa andaina
Despois duns meses de descanso as mochilas viaxeiras volveron saír desde a BBS cara ás vosas casas. Neste curso contamos con oito mochilas, unha para cada clase, así que non han tardar en chegar a todas as casas. Outra novidade con respecto ao curso pasado é que botarán dúas semanas con cada un de vos, así teredes máis tempo para gozar dos libros, películas e CDs que van incluídos.
O venres sete no recreo celebrouse o primeiro sorteo e xa nese mesmo día Borja, Antía, María Fungueiriño, María Fernández, Marcos , Carlos, José e Sergio marcharon coas súas mochilas ao lombo.
Benvidas mochilas, alédanos contar de novo con vós!

Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 11-11-2008 00:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Contacontos en outubro
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 11-11-2008 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Indo para o Samaín
No recreo do venres 31, despois das emocións fortes da entrada e para continuar gozando do Samaín, os compañeir@s de 5º curso xunto con Adrián e Iván de 4º, fixeron unha lectura dramatizada da obra de teatro Indo para o Samaín. Trátase dun texto escrito por Carlos e Sabela Labraña e publicado por Everest.
Temos que facer máis teatro; moito nos gusta a tod@s, a público e a actores e actrices!



Comentarios (19) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 03-11-2008 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Orella pendella

Vimos de incluir en recomendados unha páxina que acabamos de coñecer grazas a unha compañeira do CEIP de Aguiño e que nos parece unha marabilla. Trátase de Orella pendella, unha páxina sobre a nosa tradición oral: ditos, recitados e cancións infantís, elaborada por Carlos Yus, membro do grupo Migallas. É o resultado dun amplo traballo de investigación e recollida e está aberta á nosa participación, así que xa sabedes, animádevos a visitala e a aportar o que poidades recoller sobre literatura oral na nosa comarca.
Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 29-10-2008 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
29 historias disparatadas
Os alumnos e alumnas de 4ºB recomendávosvos ler o libro de 29 historias disparatadas. Nel atoparedes contos moi especiais, grandes e pequenos, divertidos e disparatados que vos van facer rir. Fixádevos nos debuxos, sin moi simpáticos e chistosos.
Ademais 29 historias disparatadas é un libro que vos pode ensinar a facer historias curtas que non sexan sen graza e botedes media hora a lelas. Todo o mundo pode facer unha así.
As dúas historias que máis nos gustaron aos de 4ºB son a da Super nai e a da muller co gato que comía cada vez máis.
Lédeas!

4ºB

29 historias disparatadas
Ursula Wölfel
Kalandraka
Comentarios (3) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-10-2008 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A biblioteca

A BIBLIOTECA

A biblioteca é unha nube,
con moitas cores
e millóns de poesías.

A biblioteca é unha nube
con letras.

Estanterías e caixas
que gardan os libros
estupendos.

A biblioteca é un lugar
onde se gardan as letras.

A biblioteca é onde
se esconde moita sabiduría.

Onde todas as persoas
debemos ir algúns días.



Simón López Struzmann de 4º A
no Día da Biblioteca
Comentarios (1) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 29-10-2008 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Parabéns BBS!
Son tantos os traballos cos que agasallastes á biblioteca o venres pasado! Son fantásticos!Todos están expostos na praza maior de Educaldea. Graciñas!
Aquí temos unha pequena mostra, non deixedes de visitar a exposición completa.




Ola:
Chámome Sara e quero felicitar á nosa biblioteca neste día tan importante para as bibliotecas de todo o mundo. Sen elas non teríamos lugares onde ler sen ruído, estudar e facer traballos utilizando os dicionarios que alí hai e levar libros emprestados.
Sara 6º A



A biblioteca é un dos lugares
que temos no corazón.
Regálanos sabiduría
e boa lectura.
Gozamos lendo
e aprendendo.
Coidemos os libros
e pasará isto.
David Lorenzo 4º A



No meu colexio cando entras á biblioteca vese moito espazo e aos lados temos estanterías e moitos libros ordenados. Hai catro mesas para ler e tamén para estudar. tamén temos ordenadores e unha mesa para os profes. En frente temos un espazo para sentarnos cando hai contacontos. É unha biblioteca chulísima!
Isabel Otero Mosquera 4ºB



Parabéns biblio!
Hoxe é o teu cumpre,
estás chea de libros
e imos todos a ler.
Todos os nenos moi ledos
todos a mirar.
Con cariño
Ainara Calo 3º


Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 28-10-2008 08:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Día da Biblioteca
A nosa BBS estivo moi ben acompañada no Día da Biblioteca. Tod@s, de 1º a 6º achegámonos no recreo para celebrar o día cantando O libro máxico do grupo Migallas, expresando os parabéns de distintos xeitos e recibindo os agasallos que a nosa biblioteca nos tiña preparados:
un marcapáxinas e folerpas de millo.

















Comentarios (6) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2008 22:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Pétala
A nós gustounos este conto porque estaba entre as novidades e recordábanos á primavera. Tratábase dunha aventura chea de auga e monstros. Xa non vos imos dicir máis e agora abride o
libro e sumerxidevos na lectura de PÉTALA, unha aventura na que a fantasia reina.


VEÑA ANIMATE A LER !!!

María Domínguez, Uxía Rial e María Fernández Quintáns
Comentarios (10) - Categoría: Novidades - Publicado o 22-10-2008 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Moita música que escoitar
Temos moita música que escoitar e que gozar!
Vimos de engadir na sección de unidades didácticas un completo repaso polas gravacións de música galega de distintos xéneros e para distintos gustos. Consultadeo e veredes como hai moito onde escoller.
Comentarios (0) - Categoría: Unidades didácticas - Publicado o 22-10-2008 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Especial da BBS
Saiu o primeiro boletín informativo da biblioteca coincidindo coa súa reapertura. Inclúe información sobre os horarios de uso, as seccións da biblioteca e os servizos que oferta para o conxunto da comunidade escolar. Queremos animar ás familias e os antig@s alumnos a vir á biblioteca os martes e venres de cinco a seis e a participar das propostas que vos iremos ofertando.
Acompañádenos e mergulládevos tamén na lectura.



Xa sabedes, premede en Open publication para ver o boletín con detalle.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2008 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Volven os contacontos!

Este martes Pepa e Esperanza abriron a tempada de contacontos con Marea Negra de Pepe Carreiro, un dos contos da exposición central da campaña Mergullate na Lectura.
Xa sabedes, a cita é todos os martes no recreo, animádevos a participar.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 08-10-2008 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
León de biblioteca
Un día da semana pasada un león entrou na nosa biblioteca. Axudounos a lembrar canto nos gusta estar nela e como podemos, entre tod@s, facela cada día máis acolledora e máis viva.
Antes de que este luns reabriramos a biblioteca, cada curso tivo unha primeira sesión para lembrar normas, recordar como atopar os libros, descubrir novidades... Todas as sesións comezaron compartindo este fantástico libro da editorial Ekaré, escrito por Michelle Knudsen e ilustrado por Kevin Hawkes.
Convidámosvos a tod@s a seren auténticos leóns de biblioteca.
Comentarios (4) - Categoría: Novidades - Publicado o 08-10-2008 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As nosas táboas
A última mañá de setembro preparamos as nosas novas táboas para a biblioteca e o patio en xogo. Traballamos por ciclos deseñando e decorando as táboas que nos permitirán buscar e consultar materiais na biblioteca e coller xogos no recreo. Intentamos reflectir o lema da campaña deste curso: Mergúllate na lectura.


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2008 01:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal