biblioteca brea segade


Blogue da Biblioteca Brea Segade de Taragoña.

Libriño
breasegade@yahoo.es
 CATEGORÍAS
 BIBLIOGALERÍA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Especial da BBS
Saiu o primeiro boletín informativo da biblioteca coincidindo coa súa reapertura. Inclúe información sobre os horarios de uso, as seccións da biblioteca e os servizos que oferta para o conxunto da comunidade escolar. Queremos animar ás familias e os antig@s alumnos a vir á biblioteca os martes e venres de cinco a seis e a participar das propostas que vos iremos ofertando.
Acompañádenos e mergulládevos tamén na lectura.



Xa sabedes, premede en Open publication para ver o boletín con detalle.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2008 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Volven os contacontos!

Este martes Pepa e Esperanza abriron a tempada de contacontos con Marea Negra de Pepe Carreiro, un dos contos da exposición central da campaña Mergullate na Lectura.
Xa sabedes, a cita é todos os martes no recreo, animádevos a participar.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 08-10-2008 00:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
León de biblioteca
Un día da semana pasada un león entrou na nosa biblioteca. Axudounos a lembrar canto nos gusta estar nela e como podemos, entre tod@s, facela cada día máis acolledora e máis viva.
Antes de que este luns reabriramos a biblioteca, cada curso tivo unha primeira sesión para lembrar normas, recordar como atopar os libros, descubrir novidades... Todas as sesións comezaron compartindo este fantástico libro da editorial Ekaré, escrito por Michelle Knudsen e ilustrado por Kevin Hawkes.
Convidámosvos a tod@s a seren auténticos leóns de biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría: Novidades - Publicado o 08-10-2008 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As nosas táboas
A última mañá de setembro preparamos as nosas novas táboas para a biblioteca e o patio en xogo. Traballamos por ciclos deseñando e decorando as táboas que nos permitirán buscar e consultar materiais na biblioteca e coller xogos no recreo. Intentamos reflectir o lema da campaña deste curso: Mergúllate na lectura.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-10-2008 01:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Mergúllate na lectura

Xa queda menos!
Está todo en marcha para o noso primeiro mergullo deste curso. Nesta semana ultimaremos o equipamento, lembraremos as recomendacións básicas e tod@s ... á biblioteca.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-09-2008 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Charamuscas dixital
Xa está aquí a primeira edición dixital da nosa revista escolar Charamuscas. Este é o número 21 en papel, e a nosa primeira experiencia en rede.
Charamuscas era o nome da revista literaria editada por Xose Mª Brea Segade, Rafael Dieste e Xesús Romero Suárez nos campamentos militares africanos nos anos vinte do século pasado, durante a guerra de África.
Para acceder á revista tedes un botón no menú, a man esquerda, baixo os enlaces a Educaldea e Largado a rede.
Comentarios (0) - Categoría: As nosas creacións - Publicado o 11-07-2008 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Ler no verán
Aquí vai o noso tríptico de recomendacións de lecturas para o verán. Seguro que xa estades gozando destas e doutras moitas.




Lembra, preme en OPEN PUBLICATON para velo en grande e unha vez aberto podes premer en cada páxina para facela máis grande e lela mellor.
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 06-07-2008 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A caza do tesouro
Na última semana do curso todas as clases participaron nunha caza do tesouro un tanto especial, na que primeiro resolveron preguntas coa axuda dos nosos blogues e despois descifraron unha pista que os levou até un tesouro moi valioso para este tempo de lecer. E é que falando de tesouros, que mellor que O tesouro de Carraxe Sieiro, unha aventura do pirata Trasmallo en banda deseñada, que ademais está ambientada en Rianxo. Gochi é o seu autor e o noso concello foi quen a editou e quen nos agasallou con exemplares para tod@s.

Boa lectura, piratas!



Comentarios (1) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 30-06-2008 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Premios Letras Galetras
Noraboa a tod@s os que participastes no concurso; demostrastes que tedes grandes dotes de investigador@s.
Fostes moit@s @s premiad@s, esperamos que gocedes neste verán co libro Roseira do teu mencer de Xosé Mª Álvarez Blázquez e que usedes os bolis tal e como eles mesmos vos suxiren: Úsame en galego.
Estes son os nomes dos gañador@s e dos finalistas.

Gañador@s do 1º ciclo
Marcos Rial
Alba Vicente
Aida Barro
María Fungueiriño
Lucas Tarrío
Marío Rodríguez
Carla Pedrouzo
Marcos Otero
Alan Otero
Brais Rial
Marta Eiras

Gañador@s do 2º e 3º ciclo
Alba Pérez
Ana Lucía González
Daniel Fernández Romero
Uxía Rial
Sandra Somoza
José Ramón Fachado
Diego Fernández Dieste
Óscar Ariz

Finalistas
José Iglesias
Diana Ramos
Sarai Cajaraville
Julián Villanustre
Simón López
Teresa Novo
Adrián Figueira
Comentarios (0) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-06-2008 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Pesadelo
O grupo de cuarto presentounos no festival das Letras Galegas o poema Pesadelo de Xosé Mª Álvarez Blázquez musicado e cunha coreografía ben impactante. Agora podemos escoitalo e velo de novo.


PESADELO

A noite brúa no candil de ferro
e o meu sono, que estaba recollido,
debátese cal cervo malferido
decontra os murallóns do seu encerro.

Fóra, me chama con urxente berro
aquela voz que eu tiña xa esquecido.
Saio tras dela... Pero vou perdido
e toda a noite polos montes erro!

Logo comenza a verdecer a viña,
mentres os ourioles en bandada
regalan co seu bico a ialma miña.

Érguese o fino vento da alborada
e o sol vén sementando unha rapiña
alí onde a lúa aínda está acochada...

Xose Mª Álvarez Blázquez


Comentarios (12) - Categoría: Animando a ler - Publicado o 29-06-2008 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Concurso Letras Galetras 2008
Xa comezou!
Hoxe apareceron na entrada da biblioteca as primeiras preguntas para resolver, unha para 1º e 2º e outra para os demais cursos. Xa había a quen lle tardaban, e iso que nos cartaces que saíron o venres a cousa estaba clara: dez días, dez preguntas.
Hoxe no recreo na entrada había moita "investigación" ao redor das caricaturas; ben, ben, diso se trata.


Comentarios (0) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 19-05-2008 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Celebrando as Letras Galegas 2008
O venres 16 de maio tivemos o acto central deste mes das Letras Galegas. Toda a escola participou nun recital poético musical da obra de Xosé Mª Álvarez Blázquez. Unha escolma dos seus poemas foron recitados ou cantados en versións musicadas por profes e alumnado para ese día. Foi unha tarde especial que comezou coa proxección da fermosa curta "A flor máis grande do mundo" baseada nun relato do escritor portugués José Saramago. Despois escoitamos nas vosas voces a Xosé Mª Álvarez Blázquez, e que ben soou!
E como remate a versión rap do manifesto 365 días: en galego cabe todo interpretada por 6º B.
A última palabra tivoa Borja desexando en nome de tod@s:


Que o galego sexa sempre a flor máis fermosa e grande do mundo!


Aquí tedes unha montaxe con algunhas das fotos do recital, pero atoparedes máis na nosa bibliogalería.


Comentarios (4) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 19-05-2008 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
XA TEMOS UN ANO!

Comentarios (12) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2008 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Especial Letras Galegas 2008 en Vieiros
Enlazamos desde o blogue da nosa biblioteca co coidado e completo especial de Vieiros para as Letras Galegas. Nel poderedes atopar traballos doutras bibliotecas escolares galegas.

Para ir ao especial, premede aquí.
Comentarios (2) - Categoría: Letras Galetras - Publicado o 18-05-2008 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Temos un tesouro!
Os datos das enquisas sociolingüísticas así o desmostran. No CEP Brea Segade temos moita lingua que mimar, que coidar e facer medrar. Que responsabilidade tan grande a do profesorado do centro! O noso alumnado e as súas familias son galego falantes e pese a todo prefiren ler en castelán. Que estamos facendo mal? Nun día coma hoxe toca homenaxear pero tamén reflexionar sobre o futuro da lingua e sobre o papel que o profesorado e as familias temos no mantemento da lingua propia e da identidade cultural. Incluimos unha selección dos datos recollidos nas enquisas sociolingüísticas levadas a cabo polo Equipo de Normalización Lingüística neste curso. Preme en "OPEN PUBLICATION" para ver a publicación en grande.


Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-05-2008 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal