Didascalias
<language>ga</language> 
Polo ben do galego, superemos as vellas diferenzas dunha vez!!!!
   <description><![CDATA[Despois desta longa paréntese sen publicar no blog, debido ás numerosas obrigas laborais e académicas que fun contraendo desde hai xa algúns meses, volto escribir un artigo, desta vez relacionado coa nosa lingua. 
Na edición dixital do xornal La Voz de Galicia podemos ler hoxe o seguinte titular: “La Academia contesta a la Xunta que el único topónimo oficial es Galicia”. Verdadeiramente esperpéntico é esta titular, digno das mellores obra de Valle-Inclán. E é que A Voz debeu descubrir recentemente que en Galiza existe unha certa esquizofrenia cultural e colectiva. 
En primeiro lugar, a Academia non parece un órgano competente para estimar cal é a forma oficial do nome dun país, xa que a súa misión é fomentar a lingua galega en todos os seus ámbitos, e non meterse en liortas políticas que non teñen sentido. Sobre todo cando a propia normativa da R.A.G. recoñece o uso tanto da forma Galicia como da forma Galiza. Independentemente de que Galicia sexa un castelanismo flagrante e de que Galiza só é usado a día de hoxe polas persoas (e non por todas) que teñan unha certa conciencia lingüística e/ou política, o realmente importante é sentir o país como tal, lograr que o xenocidio como pobo ao que está abocado coa perda da lingua propia non chegue a producirse nunca. Que máis dá que sexamos “ilguistas” ou partidarios da normativa AGAL, que sexamos lusistas ou que escribamos na normativa oficial, que usemos Galicia ou Galiza: o importante é normalizar o idioma, que unamos os nosos esforzos dunha vez por todas pola causa común. Se continuamos con estas disputas egoístas, irracionais e caciquís (e por que non dicilo, tamén estúpidas), se escribir coa normativa do ILGA supón ser mal visto nos ámbitos dominados pola AS-PG e viceversa, conduciremos a nación de Breogán (sexa cal sexa a maneira en que lle chamemos) a un desolador suicidio identitario, á temida glotofaxia española.   
Tamén resulta curioso que o artigo do xornal apareza escrito ren lingua castelá, e que La Voz de Galicia semelle defender a forma toponímica oficial, sobre todo cando apoiaba reiterada e decididamente a Francisco Vázquez na súa cruzada (ou mellor dito, perrencha) contra o topónimo marcado pola legalidade vixente para a cidade da Coruña, o cal lle custou a todos os coruñeses (estivesen de acordo con el ou non) unha boa suma de cartos en materia de multas.
Defendamos Galiza, defendamos a súa identidade, sexa baixo a bandeira política ou ideolóxica que sexa. 
Conmemoración do 10 de Marzo (sinxela homenaxe a Amador Rey e Daniel Niebla)
   <description><![CDATA[No medio desta xornada electoral, queremos aproveitar o noso escaso tempo libre para facer unha sinxela e merecida lembranza dun acontecemento que foi con frecuencia esquecido, moitas veces adrede debido a determinados intereses políticos, mais que debe ser recordado, porque consistiu no asasinato de dúas persoas que simplemente defendían o seu. 
Como é sabido, mañá é 10 de Marzo. Tal día como este, no ano 1972, dous homes, Amador Rey e Daniel Niebla, asistiron a unha manifestación convocada polo sindicato C.C.O.O., cuxo obxectivo era reclamar melloras laborais para os traballadores da empresa de estaleiros ferrolá da Bazán, para os traballadores (como eran eles dous) que sufrían cada dous por tres as inxustizas e miserias de exercer o seu oficio cunhas condicións abusivas. Concentráronse, pois, na cidade ferrolá. Mais as chamadas “forzas da orde”, por daquela órgano represivo dun sistema franquista que, afortunadamente, estaba a dar os seus últimos sinais de vida (a pesar de que a chamada transición escasas ou nulas mudanzas trouxo), abriron fogo contra os manifestantes. Amador Rey e Daniel Niebla foron alcanzados e mortos polos disparos. Acudiron á manifestación alleos ao feito de que nela acharían a morte. 
Poetas como Manuel María ou Darío Xohán Cabana, cos seus versos, narraron tan denigrante acontecemento. O 10 de Marzo pasou a ser, desde hai uns anos, o Día da Clase Obreira Galega. Resulta tan curioso como deprimente que, como acontece no caso do Día da Muller Traballadora (celebrado onte, 8 de Marzo), teña que haber vítimas para que existan conmemoracións deste estilo (nun caso as traballadoras mortas nunha fábrica, no outro dous manifestantes asasinados), conmemoracións que moitas veces non pasan do simplemente ritual, de xeito que moitos de nós descoñecemos o motivo das mesmas. E resulta aínda máis penoso que a CIG, un dos maiores sindicatos da nosa nación (e ao cal eu pertenzo como afiliado), fixese un boletín especial para o Día da Muller Traballadora, mais non fixese outro ou non dedicase o mesmo boletín para o Día da Clase Obreira Galega. Será porque estes dous traballadores pertencían a C.C.O.O...
Desde aquí, pois, vaia a nosa máis sincera e sinxela homenaxe a Daniel Niebla e Amador Rey. 
Os alcaldes recoñecen a contaminación da ría do Burgo
   <description><![CDATA[Por fin! Por fin os alcaldes de Cambre, Culleredo e Oleiros recoñecen publicamente que desde os seus Concellos se está a contaminar a ría do Burgo. O primeiro paso xa está dado. Sempre se dixo que para superar un problema o primeiro paso era recoñecer que ese problema existe. Agora só falta que fagan algo para remedialo, que presenten propostas e leven a termo proxectos acertados que rematen dunha vez por todas con este estado de contaminación que vén padecendo a ría desde hai xa décadas, mais que nestes últimos tempos era xa practicamente insoportábel e sumamente prexudicial para o ecosistema mariño e, por extensión, para os mariscadores/as da zona. 
De todos os xeitos, debemos ser cautos. Non é a primeira vez que, preto das eleccións, os cidadáns son agasallados con promesas que despois non se cumpren. Logo, após da cita coas urnas, a situación muda e a ría do Burgo vai decrecendo na cantidade dos seus recursos marisqueiros. 
Mais repetimos que, o recoñecemento do problema, xa supón un paso adiante (un pasiño pequeno, iso si). Oxalá o alcalde da Coruña seguise os pasos dos seus colegas, xa que por un lado tamén recoñece o problema mais, polo outro (en declaracións feitas ao Grupo Voz) afirma erroneamente que o Concello da Coruña é o que máis loitou contra a contaminación e no que menor cantidade de verteduras contaminantes houbo. Habería que lembrarlle ao alcalde desta cidade que a zona da Pasaxe pertence ao seu concello. 
   <category>Culleredo</category>
Galiza...bilingüe?
   <description><![CDATA[Galiza...bilingüe? Esta é a pregunta que se terían que facer boa parte dos galegos. Segundo puidemos ler hoxe no blog Eu tamén navegar e mais no portal Vieiros, un grupo de mozos e mozas que se manifestaban en favor da lingua galega foron dispersados a base de paus polas forzas da orde (?), á vista dos partidarios da imposición da lingua española que, asistentes a unha concentración paralela, aplaudían os “porrazos” (nunca mellor dito) que levaban os da ideoloxía lingüística oposta. Evidentemente, dada  a postura do goberno ao respecto, só foron disoltos os manifestantes a prol da normalización da lingua galega. E é que cando ao goberno non lle interesa algo, resólveo polas bravas (non hai máis que ver o que pasou na manifestación do martes dos mariscadores da ría do Burgo, a cal comezou sendo unha concentración pacífica e acabou cunha chuvia de golpes para os manifestantes, que recibían os paus sen comelo nin bebelo).
Galiza non é bilingüe, senón que é un territorio no que, por razóns políticas, conviven dúas linguas. Mais este é un fenómeno antinatural (a pesar de ser frecuente en moitos puntos de Europa debido ao afán imperialista de moitas das potencias do Vello Continente). Só os individuos poden ser bilingües, e aínda isto pode ser discutíbel (non o digo eu, dino sociolingüistas como Manuel Portas) en función do grado de dominio existente das dúas linguas. 
Estas asociacións e manifestacións son totalmente demagóxicas, e o seu lema debera ser “Galicia monolingüe en español”, xa que é este o obxectivo que realmente perseguen. 
Gustaríame rematar cunha frase de Stegmann: “Toda persoa que defenda a lingua propia sen agredir a ninguén ten a razón da súa parte”. 
O Eu tamén navegar cumpre o seu primeiro ano
   <description><![CDATA[O Eu tamén navegar cumpre o seu primeiro ano. O 27 de Xaneiro do pasado ano de 2007 comezaba a súa andaina este blog cun artigo en que se reproducía e se comentaba o poema de Xohana Torres titulado “Eu tamén navegar”, pertencente ao libro de 1992 Tempo de Ría. Desde ese momento eu, particularmente, asisto con frecuencia e con interese ás súas páxinas (eu, que non sabía o que era un blog ata que o Eu tamén navegar comezou a andar!). Non se trata só dun blog, trátase dun espazo de repercusión a nivel betanceiro (e non só) e que cumpre un importante labor contribuíndo á igualdade entre sexos, á normalización da lingua galega e informando os seus lectores sobre diversos temas, os cales van desde o comentario da actualidade política de Betanzos ata a información sobre cursos ou congresos, pasando pola posta ao alcance de todos os que a el se achegaren de campañas da Ciberirmandade da Fala ou da Mesa pola Normalización Lingüística. 
A este espazo de variada temática desexámoslle unha longa vida, tanto pola súa calidade e resonancia como polo feito de estar xestionado por unha boa amiga miña. 
Desde o Didascalias, queremos darlle ao Eu tamén navegar os parabéns por este primeiro ano de existencia e esperamos que poida cumprir moitos máis.
   <category>Noticias</category>
Do monolingüísmo en español ao bilingüísmo español-inglés
   <description><![CDATA[Despois das críticas dirixidas aos avances do proceso de normalización da lingua galega, chega agora a última declaración de Mariano Rajoy no plano lingüístico. Segundo publica hoxe o xornal El Mundo, promete este político que tod@s @s nen@s de todo o Estado serán bilingües en español e en inglés en 2010 se el é escollido presidente nas eleccións xerais do 9 de Marzo. 
Unha vez máis, o seu partido fala ben ás claras da consideración que lle teñen o resto das linguas e idiomas do Estado que el pretende gobernar. Unha vez máis, o seu partido quere afundir as linguas diferentes da falada en Madrid. Por suposto que sería unha grandísima noticia que @s rapaces/as puidesen expresarse con comodidade en inglés, e de paso non estaría de máis que puidesen facelo asemade nalgunha outra lingua (estatal ou non), tal e como acontece en moitos outros Estados da Unión Europea. Mais isto non debe ser un atranco para o coñecer o propio. E a exclusión do resto de linguas non é casual. Preténdese discriminar o diferente facéndoo invisíbel. Creo que, a día de hoxe, non é apropiado que un candidato á presidencia do “goberno de Expaña” (tal e como el o pronunciaría) defenda tan descaradamente o esquema de monolingüísmo en español para as zonas que contan cunha lingua diferente, sobre todo tendo en conta que o Estado español é un dos máis ricos do seu contorno no que a linguas respecta. 
Canta falta lle facía a Rajoy cursar a materia de Educación para a Cidadanía, á que tanto se opón! Así ao mellor aprendía que o diferente debe ser respectado e admirado polo feito de ser distinto, posto que parece ser que outra das súas promesas consiste en que o ensino será totalmente en español (agás o de linguas estranxeiras). 
A Consellería de Pesca propón reducir o máximo  de explotación para a ría do Burgo
   <description><![CDATA[Cuns días de retraso, volvemos a escribir un artigo neste espazo para denunciar o indignante plan de explotación que a Xunta lle propón aos mariscadores da ría do Burgo. No mes de Outubro do xa pasado ano membros da Confraría de Mariscadores a Pé lle entregaron un vídeo aos principais medios de comunicación (o cal foi emitido nas principais televisións: RTVE, a Galega, Localia,...) no cal se podía ver como os furtivos traballaban durante máis de vinte minutos á vista da garda (pagada pola Administración galega) sen que estes fixesen outra cousa máis que mirar. Ese vídeo tivo como resposta inmediata a renovación para os mariscadores de a pé por parte da Xunta do convenio de traballos de rexeneración da ría por catro meses máis a partir de xaneiro deste ano e incluíndo este mesmo mes (ou sexa, para dicilo en poucas palabras, ata o 30 de Abril de 2008). Ata aquí todo ben. Mais os de a flote non tiveron tanta sorte. Antonte a Consellería de Pesca deulle a coñecer ás Confrarías de a Pé e a Flote o antes nomeado plan de explotación. Carme Gallego pretende que os mariscadores de a flote  da ría do Burgo traballen doce días ao mes en catro meses. O agravio faise patente coa rebaixa de tope de marisco programada para a campaña próxima (tamén para os de a pé). Ou sexa, con isto non farían tantos cartos como farían se se mantivesen os máximos de extracción que viña habendo nos últimos anos. 
Mais a cousa non acaba aí. No Galicia Noticias (informativo nacional da Galega) do día 3 de xaneiro apareceu unha manipuladora reportaxe relacionada con isto. Na dita reportaxe, culpábase aos mariscadores/ as de a flote dos incidentes acontecidos na Ponte Pasaxe ese mesmo día (cousa que non está aínda hoxe comprobada) e anunciábase que os de a pé tamén formaran parte das retencións e queimas de pneumáticos. Iso é totalmente falso, xa que a Confraría de Mariscadores a Pé (como institución) non asistiu á referida manifestación ilegal (por certo, nun réxime democrático e capitalista, non existe o dereito á manifestación e folga?). Alén disto, Manuel Baldomir (membro da directiva da Confraría de Mariscadores a Pe) presentou ante as cámaras un artigo aparecido nun xornal de cuxo nome non quero lembrarme onde Elorriaga (antigo director do oceanográfico) afirmaba que o furtivismo provocara máis degradación na ría que a contaminación do Prestige. Dito artigo foi ensinado na reportaxe “de pasada”, e nunca se fixo alusión ao seu contido. 
Por todo isto, non podemos calar ante unha inxustiza de semellante tamaño. Talvez a Consellería de Pesca xa se esqueceu das retencións quilométricas provocadas polas manifestacións dos mariscadores /as que, defendendo o seu pan, colapsaron no seu día as principais vías de acceso á Coruña. Polo ben de todos, e por suposto polo ben d@s mariscadores/ as, esperemos que a Xunta recapacite e que se lles ofreza a estes traballadores un plan de explotación xusto, respectuoso co ecosistema da ría e coa economía dos homes e mulleres que nela traballan.
   <category>Culleredo</category>
Cando un Galiza-Camerún nun Mundial?
   <description><![CDATA[Mañá é o día 27. O día en cuxa noite miles de galegos estarán pendentes do televisor.  Ou, no caso dos afortunados que asistan ao Estadio Municipal de Balaídos (Vigo), do que estean vendo ante si. A noite de mañá Galiza medirá as súas forzas con Camerún, futbolisticamente falando. 
Mais non vai ser “a festa do fútbol galego” (tal e como a definen os anuncios publicitarios) o obxecto deste artigo. Se en anos anteriores moitos dos galegos sentíamos unha especie de baleiro cando se achegaban as datas do Nadal, debido a que a nosa selección non disputaba partidos amigábeis, agora que (por fin) xa temos selección propia, moitos de nós sentimos que este equipo debera xogar competicións oficiais. Non se trata de independentismo, senón de deporte. Xa no mes de setembro falamos nun artigo deste mesmo da “sesión parlamentaria das camisetas” e da prohibición, aprobada en Madrid, de que as seleccións nacionais do Estado español non disputasen competicións oficiais. Creo que este é o mellor momento para reivindicar a participación destas seleccións en competicións da FIFA e da UEFA. Non vale a desculpa da ruptura da unidade de España. Habería que preguntarlle a un galés se non se considera un habitante do Reino Unido só por competir o seu equipo nacional na fase previa da Eurocopa ou da Copa do Mundo. Habería que preguntarlle a un portorriqueño se cre necesario crear un movemento independentista só por xogar a súa selección partidos oficiais contra os Estados Unidos (a quen, por certo, eliminaron en Indianápolis no Mundial de Baloncesto de 2002). Os motivos dados (se é que se dan) sempre serán políticos, nunca deportivos. O perigo só existe onde se quere que exista  ou, como se diría popularmente, o que ten rabo de palla ten medo a que lle arda. E unha actitude represiva nunca é camiño. 
Voltamos por Nadal (como o anuncio)
   <description><![CDATA[Alguén me dixo onte, e con toda a razón, que tiña o blog abandonado. As súas palabras eran ben certeiras e por iso, como dicía o anuncio dunha famosa marca de turróns, o Didascalias tamén volta por Nadal. Dado o día que é hoxe, non criticarei nada nin porei de manifesto ningunha inxustiza. Non é plan "facer guerra" á falta dunhas horas da "Noite de Paz". Simplemente vos desexo un Bo Nadal a tod@s, e as críticas xa quedarán para outro día.
FELICES FESTAS.]]></description>
O Estado español xera unha contaminación tres veces maior do que lle permite a biocapacidade do seu territorio
   <description><![CDATA[A pesar de que José Luís Rodríguez Zapatero insiste en todas as reunións interestatais (especialmente na O.N.U.) na necesidade do cumprimento do Protocolo de Kyoto e da concienciación ambiental dos cidadáns, podemos apreciar na prensa de hoxe noticias como esta: “o Estado español xera unha contaminación tres veces maior do que lle permite a biocapacidade do seu territorio”. Quédalle aínda un longo camiño ao goberno central para cumprir os seus obxectivos en materia de conservación do medio ambiente, se ben é certo que as campañas de concienciación relativas a este campo e iniciadas durante a etapa socialista parece que dan tímidos froitos. 
Por desgraza, esta tesitura non a encontramos só na maior parte do territorio peninsular, senón que se repite (e incluso se acrecenta) en moitos dos Estados do planeta. Non temos máis que pensar, por exemplo, en que o goberno chinés bombardeará o ceo de Pequín con bombas de palenque durante a cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos, coa finalidade de evitar posíbeis chuvias. Os dirixentes políticos deben comezar a cuestionarse se as medidas impostas en contra da contaminación en países asiáticos como Tailandia son excesivas ou necesarias. O que si está claro é que hai que pórlle freo á situación actual, e que o Protocolo de Kyoto non é unha farsa, tal e como dixo nalgún momento George W. Bush. 
Os efectos do cambio climático xa se van notando agora paulatinamente. Debemos coidar o planeta non só pola preocupación que nos cause o mundo que poidan herdar os nosos descendentes, senón tamén pola preocupación que nos debe causar o mundo que nós mesmos herdaremos e que nós mesmos estamos a estragar
   <category>Noticias</category>