Azucena Cadavide
<language>ga</language> 
Tristura
   <description><![CDATA[Ola a todas e a todos. hai ben tempo que non atendo as miñas obrigas co mundo pero teño un motivo. Cando iniciei esta andaina nunca pensei que me ocorrería o que finalmente aconteceu: Edelmiro Silveira apareceu no meu bitacórico mundo mediante un, ao meu entender, pouco afortunado comentario con respecto a un post; o primeiro. Un pequeno cruce de comentarios deron pé a un respecto e este a unha... empatía, por dicilo dalgún xeito. O que ocorre é que se converteu na miña motivación para escribir e xa non son quen de facelo se non está. 
Por favor, pídocho, VOLTA! 
Escribe, coméntame, opina, ... o que sexa, pero non me prives da túa réplica.   ]]></description>
Presunción de Inocencia
Onde está o anano?
   <description><![CDATA[E apareceu esto no meu xardín.
Estes preciosos exemplares de Lepiota medraron nese tramo de selva mansa ao que eu chamo o meu xardín para proporcionarme unha bonita paisaxe de outono. É ben certo que chegan un pouco tarde. No momento no que vin estes cogumelos pensei. E... onde estarán os ananos?, ao mellor marcharon de ponte. Poida que si ou poida que non. Pero, de súpeto, pasou pola miña cabeza un pensamento grave, preocupante. E se estes fungos son o inicio dunha macro urbanización que algún anano promotor sen escrúpulos está a levantar sen permiso? Porque que eu saiba o PXOM do meu xardín non está aprobado. Seguro que untou ao Papá Pitufo corrupto de turno e tras unha recalificación de terreos estase a aproveitar da pasividade da fiscalía anticorrupción urbanística liliputiense. Se vira esto Edelmiro Silveira non podo imaxinar o que pensaría de min. Seguro que afirmaría que estou involucrada e que estou a beneficiarme. En fin, a onde imos chegar.]]></description>
En Galicia tamén chove
   <description><![CDATA[Por fin!
Xa se escoita ese run run constante, incesante, refrescante, e o que poidamos imaxinar que remate en -ante. Non era sen tempo. Xa tiña un pouco esquecida a sensación de correr dunha beirarrúa a outra escapando das pozas, sobre todo en días nos que escolles mal o calzado e vas con esas sandalias coas que deixas os pés negros pola auga. Pero hoxe non importa, merece a pena mollarse, gozar da humidade, desas pingas que che bican a cara, desa molladura que fai que aprecies o estar na túa casa máis do que o facías. Pensei que se enfadaran con nós os nubarróns, pero non, aí están para provocar descargas de nostalxia domingueira, coma hoxe. 
Por fin!     ]]></description>
E ti, cantos años tés?
   <description><![CDATA[Seguindo as indicacións que o meu transhumante colega Edelmiro Silveira me fixera, decidín averiguar cales eran as bondades das que gozaba o seu admirado Berni.
Non puiden máis que arrepiarme ao ver o "traballo" do citado. Un vídeo no que relata, nun estado completamente etílico, as súas andanzas sexuais cunha incauta; eso si, acompañado, coma se de ovellas se tratara, duns tamén bébedos compañeiros que lle fan os coros.
Podo crer que este individuo teña unha alta consideración musical aló por onde vaia, agora que, meu nobre Edelmiro, non podo crer que este fenómeno do léxico poida ter nada que aportarme no que a vivenzas se refire.    ]]></description>
Atul
   <description><![CDATA[Camiñando unha tarde por Cambados sen rumbo predisposto pareime a observar o escaparate dunha pequena librería. Naquel pequeno cubículo expositor había o de sempre, o que debía haber, pero chamáronme a atención as azuladas ondas simétricas da portada dun libro que, unha vez olladas de preto, semellan as dunas dun deserto.
 Título: Atul. Pasodobre para Banda e Orquestra Escolar. Autor: Vicente Muñoz Hermida. "Pero se eu a este fulano coñézoo..." pensei tentando poñerlle cara a aquel nome. Claro! compañeiros de instituto en 3º. Este era un dos chapóns da clase; non era mal rapaz pero era un chapón, e un chapón sempre era un chapón (...)
Coma se de Xulio César se tratara, entrei, pedín e paguei. Xa o tiña na man.  "Vaia! Un libro de música, xusto o que precisaba". Realmente eu non sei música, bueno, soamente unhas pequenas nocións de solfexo recibidas da man do meu avó Nemesio, trombón da Banda de Parada, que suspiraba por unha neta que tocara a frauta traveseira, pero o certo é que non toco ningún instrumento musical. 
Agora, Atul, é un máis dos habitantes da librería do meu salón onde comparten vivenda libros de moitas clases. Supoño que se sentirá só porque é o único libro de música que teño. Ao mellor é un sinal indicativo de que é o momento de aprender música. Din que nunca é tarde. Ou poida que sexa o momento de recobrar unha amistade. Seguro que nalgunha carpeta vella do instituto gardo a lista de teléfonos de clase.  ]]></description>