|
|
|
|
| Vindeiras actuacións A Gata sobre o tellado de zinc quente: |
|
Venres 22 de xaneiro de 2010: Fundación CAixa Galicia en Ferrol.
Venres 29 de xaneiro de 2010: Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela.
Sábado 30 de xaneiro de 2010: Auditorio de Mera en Oleiros. |
|
|
|
|
| AXÓUXERE TEATRO PERMIADA NO IX CERTAME DE TEATRO ENXEBRE EN O GROVE |
|
 A Compañía Axóuxere Teatro coa obra A Gata sobre o Tellado de Zinc Quente foi seleccionada para participar no IX Certame de Teatro Enxebre que terá lugar en O Grove do 26 ao 30 de decembro.
A actuación terá lugar o domingo 27 de decembro no auditorio de O Grove e a recollida do premio o mércores 30 de decembro.
Parabéns para todas e todos e grazas á organización do certame. |
|
|
|
|
| GHRACINHAS XABI BALADO!!! |
|
Queremos agradecer dende aquí ó noso amigo Xabi Balado, que é un artistazo cotizado no mundo mundial Ghallegho que "desinteresadamente" (alguén lle debe un par de pateiros), nos currase o Logo da Asociación. ¿A que está chulo?.
Pois iso, meu, graciñas mil e beijos outros tantos.
|
|
|
|
|
|
|

|
|
|
|
|
| Programa deseñado por Elsa... |
|

|
|
|
|
|
| Nova Etapa |
|
Xa estamos preto da re-estrea có novo elenco no que Fernanda Tasende é a nova Maggie en sustitución de Paula Suárez polo maravilloso motivo do seu embarazo (que ao final ía ser certo que estaba embarazada cando llo dixo ao Avó)... tamén se incorporaron Natalia no papel de Edith e Elsa no papel de Lacey... e xa estamos listos para actuar na Fundación Caixa Galicia de A Coruña, Cantón Grande, o 16 de outubro.
Tamén destacar que a asociación cultural Axóuxere Teatro e a súa compañía, medrou coa incorporación das mencionadas Natalia e Elsa, mais, Lara, Sonia, Gladys, Loly, Genma, Rodolfo, Eduardo y Paula... decidiúse facer membros de honra ao director da obra e a José Jiménez e Fran Fernández.
O vindeiro proxecto teatral da compañía será "Vodas de Sangue" de Federico García Lorca con traducción ao galego de Paula Suárez. |
|
|
|
|
| Vindeiras funcións |
|
Para a vindeira temporada xa temos:
13 de novembro: Concello de A Laracha
21 de novembro:Concello de Brión
Finais de ano (data por confirmar)
Cambre
16 de xaneiro 2010: Fundación CXG. Santiago de Compostela
22 de xaneiro 2010:
Fundación CXG. Ferrol.
|
|
|
|
|
| Función en LA JUVENTUD de Cecebre |
|
| O vindeiro sábado 6 de xuño, actuaremos en La Juventud de Cecebre, ás 20:30 hrs. |
|
|
|
|
| Trailer |
|
| Clicando no enlace á esquerda superior da páxina, pódese ver o trailer da obra e unha reportaxe que nos fixeron e que se emitiu na TVG. |
|
|
|
|
| Axóuxere Teatro |
|
A compañía de teatro afeccionado Axóuxere nace en Santa Cruz, Oleiros (A Coruña) en xuño de 2008.
A súa primeira montaxe "A gata sobre o tellado de zinc quente" ten como lugar de xestación o local da asociación de veciños de Santo Antonio de Dexo, e como lugar de nacemento o teatro de As Torres de Santa Cruz, Oleiros, o 30 de abril de 2009, grazas á colaboración do Concello de Oleiros.
O elenco está formado por Alfonso Hermida (Brick), Paula Suárez (Maggie), Kike Vales (Gooper), Fernanda Tasende (Edith), Silvia Larrosa (Nai), Manuel García (Doutor), Fernando Imbernón (Reverendo), Rubén García (Lacey) e a colaboración especial de José Antonio Jiménez no papel do Avó.
O responsable da dramaturxia e a dirección é Alejandro Albaiceta coa inestimable colaboración de Pirusa Suárez coma axudante de dirección.
Todos os membros do grupo, agás J. A. Jiménez, viñan de participar nos obradoiros de teatro promovidos polo concello de Oleiros e impartidos pola compañía San&San.
Dende aquí queremos agradecer a gran axuda e colaboración de Marina López García que confeccionou o vestido de Maggie; José Louzán que fixo un traballo exquisito na confección da muleta de Brick; Antonio Conchado, Eugenia Lois e o seu negocio "Moblería LG", Ana Rodríguez, Amador Fernández e ao noso incríble Fran... o home que fixo posible que tiveramos aforado o teatro. A todos/as... grazas, gracias, graciñas... |
|
|
|
|