Ano de fundación: 1979

avv@valledeesmelle.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

VII ROMERÍA CASTREXA DE ESMELLE
O Sábado día 23 de agosto celebraremos no castro de Esmelle a sétima edicion da tradicional romeria castrexa. A festa naceu como reivindicación da existencia dun castro no Val de Esmelle e tentar así chamar a atención para que as administracións non o deixen perder. Dende a Asociación de veciños e o Proxecto Esmelle estanse a dar pasos neste sentido, tentando sacar adiante un proxecto de limpeza integral do castro, coa eliminación de eucaliptos que están a estropear os muros existentes.

O programa inclue actividades o longo de todo o día, asi a partir da 1 da tarde e como novidade este ano hábera unha exhición de cetrería a cargo de "Falcóns de Galicia", que nos demostrarán as habilidades destas aves. A exhibición repetirase as 18.30 horas da tarde. As 14 horas Manuel Santiago, concelleiro de deportes e nativo de Esmelle leerá o pregón, dando paso a un grupo de Gaitas que amenizará o mediodia, xusto antes do xantar.
Pola tarde haberá actividades para nenos e maiores, xogos populares, tiro con arco, etc... As 20.30 horas actuará o grupo de música folk "O rincón de Morgan" para rematar a festa.


Animamos á xente a participar e vir vestidos de castrexos se o desexan. O prezo de inscripción son 12 euros que incluen Comida (churrasco con cachelos, pan, vino, postre e café), mesa reservada e prato de cerámica de Buño de recordo.
Apuntarse no local social de Esmelle en horario de 17 a 22.30 horas.


PROGRAMA
13,00 Exhibición de Cetrería
14.00 Pregón
14.15 Música de gaitas
15.00 Comida castrexa con prato conmemorativo (cerámica de Buño).
16.00 Xogos populares
18.30 Exhibición de Cetrería
20.30 FOLK “El rincón de Morgan”

Haberá postos de artesanía, taller de alfareiría, exposicións ....
Categoría: actos - Publicado o 13-08-2008 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
El Proxecto Esmelle participó en un foro mundial sobre políticas de agua
DIARIO DE FERROL - 09/08/2008

Representantes del Proxecto Esmelle han tenido ocasión de participar -a través de su intervención en la Semana Temática “Agua y Sociedad” que se celebró en la Expo del cuatro al siete de agosto- en la elaboración de la denominada Carta de Zaragoza. Los ponentes de estas conferencias aportaron soluciones e ideas para elaborar un documento guía que establezca las pautas de una nueva cultura en materia de agua y desarrollo sostenible. Técnicos, representantes del mundo universitario, responsables políticos, periodistas, agentes sociales, empresarios, etc. dialogaron con el objetivo de aportar soluciones al desarrollo de una política mundial del agua para aplicar en los próximos años.

Desde el punto de vista de una iniciativa basada en la colaboración vecinal, los portavoces del Proxecto Esmelle destacaron que la participación ciudadana es clave en la actualidad para solucionar los probelmas relacionados con el agua. En este sentido, aseguran que experiencias como la suya “ayudan a concienciar a las personas de la importancia de conservar los recursos naturales, porque se realizan basándose en un modelo de gestión y desarrollo que va desde abajo hacia arriba, esto es, desde los propios ciudadanos hacia las instituciones”.

Abundando en este tema, apuntan asimismo que la recuperación del patrimonio -como los molinos de Esmelle- y de la cultura del agua son claves para hacer comprender que ésta es un bien preciado “que no se valora en su justa medida porque en países como el nuestro se dispone de él con facilidad”.


Categoría: prensa - Publicado o 09-08-2008 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
XIX SEMANA CULTURAL EN FERROLTERRA TV UNIVERSAL
video de la SEMANA CULTURAL
Categoría: prensa - Publicado o 31-07-2008 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
XIX semana cultural do Val de Esmelle
Venres 25 de xullo
20.00 h.- Inauguración da semana cultural de Esmelle
Inauguración da exposición dos traballos das mulleres de Esmelle
Inauguración da exposición “RECORDOS DE ESMELLE” (fotos, estampas, papeis, receitas, recortes, obxectos antigos.....)
APERTURA DOS CONCURSOS:
Concurso de video aficionado. Tema: "Esmelle"
Concurso de contos. Tema: “Merlín”
23,00 h.- Música en Directo
Los mU2 “Homenaje a U2”

Sábado 26 de xullo

10,30 h Visita guiada ó Museo Etnográfico da Capela. SAÍDA: local social – (55 prazas)
Apuntarse no local social ata cubrir prazas.
16,30 h.- Inauguración da “Ruta dos sentidos” coa presencia do Delegado de Turismo da provincia de A Coruña José Luís Barcía Picos
Rematamos no muíño do Ferreiro cunha merenda galega.
22.00 h.- Bingo social

Domingo, 27 de xullo

18,00 h.- “Os avós e as tradicións
Homenaxe os nosos maiores
Xuntámolos no local social para contarnos contos e tradicións de Esmelle, despois merenda e entrega de agasallos.
20.00 h.- Coral “Lembranzas da Terra” de Valdoviño -

Luns, 28 de xullo
18.00 h.- Pintado de Murais, xogos para nenos.
20.00 h.- Chave – por parellas

Martes, 29 de xullo
19.00 h – Exhibición de Trial – VICTOR ARES
20.00 h.- Dominó – Partidas rápidas

Mércores, 30 de xullo
17.00 h.- Saída formativa do proxecto ríos.
20,00 h.- Charla Proxecto Rios
22,30 h.- Cine: “El día de mañana”

Xoves, 31 de xullo
17.30 h.- Talleres de actividades das mulleres
19,30 h.- Teatro “Mal de Moitos”
20,00 h.- Exhibición de ximnasia das mulleres
Degustación de postres e licores

Venres, 1 de agosto
20,00 h.- Clausura e entrega de agasallos
20,30 h.- Festa da Cantina – Mexillonada


TODAS AS NOITES, NAS QUE O TEMPO O PERMITA, OBSERVAREMOS AS ESTRELAS CUN TELESCOPIO EN COLABORACION COA SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL.

Sábado 2 de agosto
20,30 h.- Sardiñada e festa.
Prato de recordo (cerámica de Buño): 2 €
(necesario para servir as sardiñas)
Duo SOBERANA

ROMERÍA CASTREXA
DIA: SÁBADO, 23 DE AGOSTO
LUGAR: CASTRO DE ESMELLE
PROGRAMA

13,00 Exhibición de Cetrería
14.00 Pregón
14.15 Música de gaitas
15.00 Comida castrexa con prato conmemorativo (cerámica de Buño).
16.00 Xogos populares
18.30 Exhibición de Cetrería
20.30 FOLK “El rincón de Morgan”

Haberá postos de artesanía, taller de alfareiría, exposicións ....

Categoría: actos - Publicado o 11-07-2008 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Asociacion de veciños
"Valle de Esmelle"
Ferrol - A Coruña
981 36 53 90