Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.
PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aparcamentos improdutivos, concesións erróneas e sociedades pantalla |
|
 Unha corporación, empresa ou sociedade mercantil interposta, instrumental ou pantalla é aquela compañía que é creada co obxectivo de eludir a responsabilidade patrimonial derivada de posibles cargas impositivas, evasión fiscal e mesmo posibles asuntos de corrupción. As grandes corporacións, grupos empresariais e entidades financeiras actúan, en ocasións, con empresas instrumentais ou sociedades pantalla.
A sociedade instrumental, dependendo do contexto e país, pode ser legal e constitúese xeralmente cun pequeno capital social para cubrir un obxectivo fiduciario de limitación de responsabilidade. Este tipo de empresas resultan ser compañías ou sociedades que serven como vehículos para diferentes operacións empresariais sen ter activos significativos ou operacións propias. As empresas pantasmas non son ilegais en si mesmas, e poden ter obxectivos empresariais lexítimos. Porén, son un compoñente importante da economía mergullada, especialmente daquela baseada en paraísos fiscais. Os seus obxectivos son a elusión de impostos e a fraude fiscal.
E vén a conto esta detallada explicación sobre o que é unha sociedade pantalla porque o xulgado número 2 da Coruña, en auto de data 23 de xaneiro de 2015, declarou en concurso voluntario de acredores á mercantil COCHERAS OLÍVICAS DE PUENTES S.A., sociedade pantalla ou instrumental creada por PUENTES Y CALZADAS GRUPO DE EMPRESAS, S.A., para xestionar a concesión de servizo público de aparcamentos subterráneos de uso mixto nas rúas Rosalía de Castro, Jenaro de la Fuente e Avenida Castelao, que foi adxudicada por acordo da Xunta de Goberno Local de data 21 de maio de 2007. Deste auto tomou coñecemento a Xunta de Goberno Local en data 26 de marzo de 2015.
Á vista da situación suscitada polo concurso de acredores da sociedade instrumental creada para a xestión dunha concesión de servizo público municipal, o órgano de contratación, entre as medidas adoptadas, en data 17 de abril de 2015, acordou ?a realización dun estudo técnico sobre as necesidades que demande o interese público en relación co servizo público de aparcamento para avaliar o obxecto e condicións do contrato?.
En cumprimento deste acordo, solicitouse informe ao Interventor Xeral do Concello de Vigo e a un terceiro independente e alleo á Administración municipal, a empresa consultora SEIXAS CONSULTORA, S.L., que foron emitidos en data 12 de maio e 19 de xuño de 2015, respectivamente. De devanditos informes despréndese a inviabilidade da concesión nos termos nos que foi adxudicada e a necesidade de acometer unha modificación da mesma que reequilibrase a economía do contrato.
O Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público prevé que cando a empresa contratista presenta concurso voluntario de acredores, tal como sucedeu coa empresa instrumental Cocheras Olivicas de Puentes S.A, e este concurso é aceptado pola autoridade xudicial, a obrigación inmediata da Administración Pública correspondente é proceder de contado á rescisión do contrato, como fórmula máis vantaxosa para preservar o interese xeral.
No caso que nos ocupa procédese á modificación da concesión do servizo público. Porén, debería terse producido a rescisión do contrato de concesión. Ademais entendo que ao ser devandita rescisión do contrato imputable ao contratista, e tendo o contratista unha sociedade pantalla para eludir a súa responsabilidade patrimonial, manter o contrato de concesión ou simplemente modificalo, só pode prexudicar ás arcas públicas, como así se nos propón neste acordo da Xunta de Goberno Local de data 26 de Xuño de 2015. Observo nesta decisión un favorecemento de intereses privados, xa que neste caso a sociedade primixenia adxudicataria Puentes y Calzadas Grupo de Empresas S.A. é clara beneficiada polo mencionado acordo da Xunta de Goberno Local, e ao mesmo tempo favorécense os intereses dunha entidade financeira que non calculou os riscos da construción dunhas instalacións en plena crise económica e prestou alegremente a unha sociedade instrumental, de 61.000 euros de capital social, unha cantidade desmedida de diñeiro.
O Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas establece claramente que nos servizos non esenciais nos que prima o risco e ventura do contratista non hai lugar a establecer pola Administración Publica unha garantía financeira para os mesmos. Estimo que o exemplo máis palmar é que o Estado, por exemplo, en infraestruturas viarias só aporta a garantía cando no prego de condicións e no posterior contrato establécese expresamente devandita garantía. No caso que nos ocupa así se pronunciou, en data 25 de marzo de 2014, e deste xeito o Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Vigo, desestimou a petición da concesionaria para o reequilibrio económico da concesión e posteriormente a resolución do contrato. Contra esta sentenza a empresa Puentes y Calzadas Grupo de Empresas S.A. recorreu en apelación e o seu recurso foi desestimado por sentenza de data 2 de outubro de 2014 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
É, xa que logo, evidente que a xustiza xa dixo que o Concello de Vigo non ten porqué reequilibrar as contas de explotación dunha empresa que se presentou libremente a un concurso público coa lexítima pretensión de obter beneficios e que, como consecuencia de factores externos á Administración municipal, pero que se podían e debían prever, como o feito de que a zona de Rosalía de Castro está catalogada no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) como zona de valor e protección arqueolóxica e que, cando se redactan os estudos económicos-financeiros e os proxectos construtivos no ano 2008, a crise da burbulla inmobiliaria xa era unha realidade palpable e diagnosticada por todos os expertos e analistas económicos.
Asemade estimo que é inadmisible que o Goberno Local regale máis de 6 millóns de euros, de entrada, a unha empresa en concurso de acredores, ante o temor a unha demanda incidental do Banco Popular. Se o Banco Popular prestou máis de 11 millóns de euros a unha empresa instrumental de só 60.000 euros de capital social, que é o capital de COCHERAS OLIVICAS DE PUENTES, S.A., fíxoo só porque o dono de COCHERAS OLÍVICAS DE PUENTES, S.A. e o ganador da concesión que era, en realidade, PUENTES Y CALZADAS GRUPO DE EMPRESAS S.A, e que sería quen deberían responder da nefasta xestión, que realizou neste asunto durante estes oito anos, e non repercutir os seus erros socializando as perdas sobre os petos dos contribuíntes vigueses, que ningunha influencia tiveron nos seus erros de xestión empresarial que conduciron a COCHERAS OLIVICAS DE PUENTES, S.A. a unha situación próxima á creba técnica.
De aceptarse a proposta que figura no acordo da Xunta de Goberno Local de Vigo de 26 de xuño de 2015, os erros cometidos pola concesionaria e polo Goberno Municipal, que debeu rescindir o contrato antes e non o fixo por razóns electorais, obrigarán aos sufridos contribuíntes vigueses a pagar 16.000.000 de euros entre os anos 2016 e 2019, é dicir, máis de 5,3 millóns de euros anuais e deixando a porta aberta a indemnizacións posteriores pois tal e como informa a intervención semella difícil conseguir o equilibrio financeiro da explotación nas actuais circunstancias económicas da sociedade viguesa.
Deduzo que, baseándome na información contida no expediente, que desde o ano 2008, a Xunta de Goberno Local moveuse por intereses puramente políticos de partido, pensando máis nas eleccións e nos resultados electorais que no interese xeral. Non se quixo recoñecer que a construción e explotación dese lote de aparcamentos non ía ser rendible e no canto de buscar a rescisión pura e dura, e proceder á convocatoria dun novo concurso público con transparencia e novos condicionantes, preferiron prolongar a agonía administrativa do contrato, só co obxectivo de seguir cortando cintas e demorando irresponsablemente o enfrontarse á dura realidade que posteriormente quedou patente, pero ademais estimo que a Xunta de Goberno Local actuou de mala fe, pois cando en xaneiro de 2015 aceptouse o concurso de acredores voluntario da sociedade se silenciou este feito ata marzo do mesmo ano, tres meses máis tarde, e posteriormente encargáronse unha serie de informes, presuntamente amañados, para ditar unha resolución xusto, «fortuitamente», logo da realización das eleccións municipais do 24 de maio, para modificar o contrato de concesión favorecendo os intereses privados. Esta mesma acción foi realizada polo propio alcalde e os seus colaboradores no ano 2011, cando logo das eleccións municipais modificaron o contrato de concesión, con indemnización e alongamento do período de concesión á empresa concesionaria do AUDITORIO MAR DE VIGO, «casualmente», PUENTES Y CALZADAS GRUPO DE EMPRESAS S.A., que tamén forma parte do accionariado da empresa concesionaria do AUDITORIO MAR DE VIGO. Xa que logo estamos ante unha probable fraude de lei e un evidente engano ao pobo de Vigo.
Os informes externos que o Concello de Vigo contratou non teñen a máis mínima autoridade técnica posto que a empresa SEIXAS CONSULTORA non realizou un só traballo de estudo de viabilidade de aparcamentos en réxime de concesión administrativa e a mencionada empresa non destaca, entre os seus fins sociais, pola consultoría das Administracións Publicas sendo o seu historial nulo nesta materia e, xa que logo, afirmo que a selección por parte do Concello de Vigo desa consultora é un feito sen transparencia e sen criterios obxectivos, o cal lévame a pensar que se trata dunhas consultas pactadas coa mercantil PUENTES Y CALZADAS GRUPO DE EMPRESAS, S.A. para xustificar unha mala solución, para os intereses públicos e para a facenda do Concello de Vigo, a cambio de tapar os graves erros de xestión de COCHERAS OLIVICAS DE PUENTES, S.A. e PUENTES Y CALZADAS GRUPO DE EMPRESAS, S.A. e a ineficaz defensa dos intereses públicos por parte do actual Alcalde de Vigo, D. Abel Ramón Caballero Álvarez, e o seu goberno municipal, que participa con el na Xunta de Goberno Local, pois en todas as actas non se dedicou nin un minuto ao debate dun tema tan sensible.
A conclusión que podemos extraer de todo este embrollo é que a Xunta de Goberno Local de Vigo realizou unha xestión nefasta e deplorable en relación a todo o proceso de concesión para a construción e explotación do servizo público de aparcamentos subterráneos de uso mixto nas rúas Rosalía de Castro, Jenaro de la Fuente e Avenida Castelao.
Igualmente considero inadmisible a existencia de sociedades pantalla como a mercantil COCHERAS OLÍVICAS DE PUENTES S.A, que terminan servindo para eludir responsabilidades patrimoniais, o pagamento de impostos e favorecendo a fraude fiscal e outro tipo de actuacións fraudulentas.
Finalmente convido aos pacientes lectores que chegaron ata o final deste artigo a que apoien a iniciativa europea ?Por unha Europa máis xusta, neutralicemos as sociedades pantalla? que ten por obxecto conseguir a Introdución de novo instrumento xurídico no Dereito de Sociedades e outras medidas que garantan a transparencia das persoas e das estruturas xurídicas.
Os obxectivos fundamentais desta iniciativa serían a filtración de fluxos financeiros de orixe delituosa cara á economía lícita que ameazan a estabilidade do sector financeiro e do mercado interior. Para neutralizar esas sociedades pantalla, deben atoparse dispoñibles os datos sobre os titulares reais de devanditas persoas e das estruturas xurídicas. Por conseguinte, a transparencia das persoas e das estruturas xurídicas debe organizarse de xeito uniforme na UE, no marco dun instrumento xurídico do Dereito de sociedades.
Podedes asinar na web: da Comisión Europea.
Opinión por Óscar Lomba Álvarez é avogado. Licenciado en Dereito e diplomado en Maxisterio.
http://www.transparencyforall.org/ |
|
|
|
PODEMOS NECESITA UN CEREBRO COLECTIVO |
|

A actuación política consiste en realizar esforzos individuais e colectivos para que se produza un resultado político desexado, que non se orixinaría doutro xeito. Devandita actuación avalíase comparando o resultado obtido cos custos e outras condicións adversas, medidos en termos de eficacia (incremento da probabilidade de que ocorra algo positivo) e de eficiencia (relación entre ese incremento e o seu custo).
A indignación do 15 M expresada nas prazas e rúas de Madrid, Barcelona, Bilbao, Sevilla, Compostela, e tantas outras cidades do Estado español non resultou un simple furor de moitas persoas indignadas ante a situación de inxustiza, senón entusiasmo, ímpeto, paixón construtiva, e ía en sentido contrario á segmentación e atomización que nos impón o actual ultraliberalismo.
Como defenden intelectuais como G. Arrighí, R. Brenner ou David Harvey o obxectivo dos sectores dominantes é modificar o equilibrio político e a relación de forzas existentes no conxunto da economía-mundo capitalista recorrendo para iso a todo o arsenal da violencia económica, estatal e militar. As relacións sociais están gobernadas pola violencia de clase e pola certeza de que para obter a vitoria en tal contorna complexa, as clases dominantes teñen que articular unha formulación que poida asegurar un impacto como para modificar as relacións sociais vixentes. Lonxe de debilitar o Estado, a estratexia ultraliberal supón, pois, unha reinvención da súa violencia estrutural para modificar en beneficio das clases dominantes os parámetros de convivencia social e de dominación política. Porén esa violencia estrutural está xerando unha reacción espontánea na sociedade civil que ve ameazadas moitas das conquistas sociais que tanto esforzo e sacrificio custaron. É previsíbel que xurdan novas explosións espontáneas de descontento xeral que forzosamente terán a súa manifestación no espazo político.
Estimo que é necesario, máis que nunca, construír unha organización de novo tipo que naza desde abaixo e encadre no seu interior a amplos segmentos sociais.
Con todo, como afirman Miguel L. Quintanilla e Ramón Vargas-Machuca no seu libro A Utopía Racional: ?A recuperación do sentido realista para a cultura de esquerdas contribúe a que non instalemos o pensamento político nun reino ideal, nin nos sintamos confortablemente consolados cos soños da razón. Non somos individuos racionais nunha «situación orixinaria» ideal, senón que o que existen son individuos en comunidades concretas, con tradicións específicas, onde o conflito e non o consenso é o corazón da estrutura social, onde os mesmos ideais morais son utilizados para proxectos políticos rivais e incompatíbeis, onde a democracia non é o reino da «competencia comunicativa» universal senón o reino da transacción, do pluralismo, da incerteza nun xogo colectivo constrinxido pola existencia de relacións asimétricas de poder?.
E refírome a devanditas relacións asimétricas de poder e ao resto de cuestións abordadas porque nos últimos meses observei que o proxecto inicial que representaba PODEMOS está sufrindo un proceso de involución.
Lembro ter observado, nunha ocasión, unha caravana de formigas que ordenadamente ía penetrando na súa formigueiro. E refírome a devandita cuestión relacionada cos enxames de insectos e outros grupos de animais, que actúan en conxunto dun xeito
sorprendentemente coordinado, porque penso que forman co seu comportamento unha especie de cerebro colectivo, unha intelixencia de grupo, que é a causa de todas estas actitudes. Descubrírono científicos británicos e norteamericanos mediante modelos informáticos aplicados a diversas especies, establecendo que son leis simples as que permiten a devanditas agrupacións tomar decisións e moverse coma se formasen parte dun único organismo. Todo isto suxeriume a idea dunha conciencia colectiva. O concepto que se refire á convicción participada e ás actitudes morais que funcionan como unha forza unificadora dentro da sociedade. Esta forza atópase separada e é, xeralmente, dominante en comparación coa consciencia individual. Segundo esta teoría, unha sociedade, unha nación ou un grupo constitúen unha entidade que se comporta como un individuo global. O ser humano -como afirmaba Gardner Murphy- é "parte da inmensidade do cosmos", e esta profunda semellanza cos materiais e a estrutura cósmica constitúen a fonte potencial da realización máis profunda e rica do ser humano.
Cando millóns de unidades de conciencia (persoas) compartimos unha emoción semellante, ou un sentimento xeneralizado, isto ten como resultado un fenómeno enerxético, aethereo, que logra imprimirse no plano físico. Iso é o que din as últimas pescudas que se desenvolven desde a Global Consiousness Project (Universidade de Princeton) que teñen como antecedentes algúns dos axiomas máis interesantes do pensamento humano: o concepto da Noosfera proposto por Vladimir Ivanovich Vernadsky, os campos morfoxenéticos do inglés Rupert Sheldrake e o imaxinario colectivo de Jung, entre outros.
Estou convencido de que calquera cambio social de envergadura terá que apoiarse na sinerxía derivada dun pensamento agrupado e unha conciencia colectiva. Fai falta un gran cerebro global que impulse o organismo planetario a ese cambio histórico. O cerebro global, como afirma o Dr. Francis Heylighen, é unha metáfora para esta rede emerxente e colectivamente intelixente que está formada polas persoas deste planeta xunto coas computadoras, bases de coñecemento e enlaces de comunicación que as conectan.
Comparto a idea de Diamando Gritzona de que a entidade colectiva acaba por constituír un cúmulo de individualidades cuxos elementos unificadores son os principios, os intereses e os obxectivos de acción. Estes elementos actúan como unha estrutura que encadea e coordina as individualidades sen absorbelas.
Como defende Jean François Noubel "a aposta fundamental para a humanidade non é a fame, a pobreza, a sustentabilidade, a paz, a saúde, a educación, a economía, os recursos naturais ou unha morea doutros asuntos, senón a nosa capacidade para construír organizacións novas que sexan capaces de prover solucións. A nosa aposta fundamental é a intelixencia colectiva".
Opino que debemos edificar un movemento amplo e erguido desde a base, unha organización de masas e inserida na armazón social. Para conseguir artellar unha nova organización unitaria ao servizo da maioría social é necesario ter sempre presente o sentido prudente e pragmático sen renunciar á utopía. As diferentes culturas políticas que confluímos en PODEMOS non debemos situar a reflexión política nun dominio idealizado e irreal. Non nos consideremos inxenuamente confortados cos espellismos forxados pola cognición baseada en argumentos equívocos. Non somos simplemente suxeitos lóxicos e racionais nunhas condicións primixenias perfectas, senón que o que impera son individuos en sociedades específicas, con prácticas determinadas, onde os transos sociais e non só os consensos son a medula da estrutura xeral, onde idénticos ideais morais ou valorativos son esgrimidos para propósitos políticos antagonistas e discordantes, onde a democracia pluralista non é o campo da capacidade comunicativa global senón o feudo do arranxo, da transacción, da vacilación e indecisión nunha articulación colectiva limitada pola coexistencia de relacións asimétricas de poder.
Creo sinceramente que se pode construír unha organización ampla e erixida desde a base, unha estrutura colectiva, horizontal e organizada en rede. De todos os xeitos opino que PODEMOS debe entenderse con outras organizacións políticas e sociais se o que desexa é vencer aos poderosos, superar o capitalismo e erguer unha nova sociedade onde impere a xustiza, a igualdade e a liberdade.
* Óscar Lomba Álvarez é licenciado en Dereito e diplomado en Maxisterio.
|
|
|
|
|
|