Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ACTO PÚBLICO - MAREA DE VIGO
AHORA MADRID / MAREA DE VIGO
Este venres 22 de xullo, celebraremos no local da Marea de Vigo un acto con Rommy Arce, concelleira de Ahora Madrid, e as compañeiras da Marea de Vigo, Paula Quinteiro e Rubén Pérez. Con elas falaremos das experiencias municipalistas, do paso adiante que teñen significado, e das perspectivas de futuro. Agardámosvos en Av das Camelias 85 ás 20.00 horas.


Apertas e azos.

www.mareadevigo.org

mareadevigo@gmail.com

facebook.com/mareadevigo

twitter.com/MareaVigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-07-2016 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
MAREA CONSTITUÍNTE EN VIGO
Alcaldes do Cambio
Marea Constituínte en VIGO - Día 30 xullo 2016

http://mareaconstituinte.gal/

En maio de 2015 irromperon no panorama electoral galego, despois dun proceso previo de anos de acumulación de forzas, ducias de candidaturas de confluencia e unidade popular en moitos dos Concellos do noso país. As Mareas municipalistas constituíron un referente para moitas persoas que entendían esgotadas as opción políticas tradicionais como motor do cambio social e foron vistas como unha alternativa e un antídoto ás políticas de austeridade e secuestro da democracia, así como da corrupción sistémica que personificou durante os últimos anos o Partido Popular. No éxito electoral das Mareas foi clave a conxunción entre a ilusión e o traballo da cidadanía non afiliada e a valentía e xenerosidade das forzas políticas que entenderon o momento histórico e a necesidade de tecer redes e alianzas, empregando ferramentas baseadas na horizontalidade e a democracia radical, arredor de programas compartidos, que respectaron a diferenza e entenderon a diversidade como un valor e non como unha fonte de conflito.

O capital político e a ilusión que agromaron nesas eleccións municipais tivo a necesaria continuidade para as eleccións xerais na coalición En Marea, onde tres das forzas políticas que participaron na conformación das candidaturas de unidade popular recolleron o testemuño para construír unha alternativa ao Partido Popular en todo o país. O resultado electoral obtido por En Marea nas eleccións de decembro foi un éxito colectivo que demostrou a necesidade dunha confluencia a nivel galego e a demanda social para a mesma. Máis de 400.000 persoas en toda Galicia dixeron Hai Marea, e o espazo político da confluencia situouse como o referente ineludible do cambio. Porén, a segunda volta das eleccións xerais do 26-X, aínda confirmando no esencial as virtualidades da confluencia e a hipótese de En Marea como alternativa real ao PP no noso país, puxo de manifesto tamén as limitacións do mecanismo de artellamento institucional do noso espazo político, moito máis amplo, máis rico e máis diverso que a mera conxunción de tres partidos políticos, necesarios e imprescindibles na configuración da confluencia e da unidade, pero insuficientes.

A necesidade de configurar unha alternativa electoral coa vista posta nas vindeiras eleccións autonómicas de outono, e a responsabilidade por estar a altura dos tempos e da ilusión que moitas persoas en todo o país depositaron nas diferentes expresións electorais que representaron ao espazo político das Mareas nas últimas convocatorias, lévanos aos abaixo asinantes, alcaldes profundamente comprometidos co proceso de construción dunha ferramenta nacional que dea expresión electoral ás arelas de cambio das galegas e galegos, a facer un chamamento para construír unha candidatura que estea en disposición de conquistar a Presidencia da Xunta de Galicia o vindeiro outono.

Os galegos e galegas non poden seguir sufrindo o progresivo empeoramento das súas condicións de vida. O noso país precisa dun proxecto político que poña en valor os seus sectores produtivos, free a sangría demográfica, aposte polo futuro, ao mesmo tempo que coide a nosa tradición e o capital cultural e lingüístico. Precisamos dotármonos das ferramentas necesarias para tomar as decisións que aseguren o benestar e a dignidade de todas as persoas. Esta candidatura non só debe ter éxito en termos electorais, senón que tamén debe garantir, un goberno que responda ás expectativas creadas e que enderece o rumbo do noso país, aplicando un conxunto de iniciativas de progreso e xustiza que pivote arredor da nosa realidade, sen esquecer os necesarios lazos de colaboración cos pobos peninsulares e do resto de Europa, cunha mención especial á Europa do Sur. Para acadar estes obxectivos, débense transcender os instrumentos e formas electorais creados até o momento, reflectindo dende a diversidade e a pluralidade das súas voces, un programa de mínimos e unha voz cohesionada ao servizo da maioría social agredida polas políticas do PP. Débese, polo tanto, contar coa experiencia e o éxito xa obtidos, dende o 15-M e Nunca Máis até as candidaturas municipalistas de unidade popular, aproveitando tamén toda a capacidade de traballo que centos de persoas están desenvolvendo ao longo do país, no político, no social e no institucional.

Na procura destes obxectivos, queremos propoñer as bases do que pensamos debe ser a candidatura para as vindeiras eleccións autonómicas:
?Superación do marco institucional da actual coalición, substituíndo a actual mesa de coordinación por un instrumento aberto e democrático que represente o proceso de ampliación da base social e democratización de En Marea. Á súa vez, o grupo parlamentario, debe centrarse no seu labor institucional nas Cortes Xerais do Estado, co obxectivo de dar voz ás demandas do noso país tanto no Congreso como no Senado.
?Alargamento da base social de En Marea a través da incorporación á mesma, confluíndo dende a base, de todas as mareas municipalistas, candidaturas de unidade popular e actores políticos e sociais que actualmente non están participando na toma de decisións pero que se senten representados e interpelados polo noso espazo político.
?Aproveitar como base para o debate, o traballo feito durante estes últimos meses por ducias de Mareas arredor do proceso Mareas en Común, tanto na metodoloxía como nos documentos saídos do mesmo con amplo consenso (código ético, formación da candidatura e a súa arquitectura institucional e organización interna e elaboración do programa co que a candidatura resultante do proceso debe presentarse ás eleccións autonómicas).

En consecuencia, e de cara a dotar a este desexo do necesario contido, convocaremos a todos os actores políticos e sociais que veñen traballando na configuración dunha candidatura de confluencia a unha xuntanza que se celebrará no mes de xullo en día e lugar por determinar, co obxectivo de, sobre base referencial dos documentos elaborados por Mareas en Común, se poida acordar consensuadamente un calendario para a confección da candidatura e o programa co que En Marea se presentará ás eleccións autonómicas deste ano, co único fin de gañar a Xunta para as máis e poñer en marcha as políticas que fagan, por fin, de Galicia un país próspero e xusto.

Asinan:
Jorge Suárez, alcalde de Ferrol
Martiño Noriega, alcalde de Santiago de Compostela
Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-07-2016 00:41
# Ligazón permanente a este artigo
MANIFESTO: MAREA GALEGA, A FORZA DA XENTE
A FORZA DA XENTE
FONTE: A.C.G. NO OLLO DO FURACÁN

http://www.blogoteca.com/noollodofuracan/index.php?cod=141999



As mulleres e homes que formamos a corrente A FORZA DA XENTE (integrada en PODEMOS GALICIA) e os integrantes da asociación Cidadá Galega NO OLLO DO FURACÁN (integrante de Mareas en Común) identificámonos cos valores da liberdade, a igualdade e a fraternidade inseparábeis da loita pola xustiza social, os dereitos democráticos da cidadanía, o feminismo e o ecoloxismo. Somos persoas que traballamos a cotio desde diversos ámbitos sociais por un cambio real, plenamente democrático, transparente, participativo e desde a base, que poña as institucións ao servizo da xente e modifique radicalmente o xeito de facer política.
Á vez, consideramos que para lograr estes obxectivos neste momento constituínte, o mellor escenario para Galicia, é lograr converternos nunha nación soberana, social, solidaria e ecoloxicamente sustentábel que decida libremente o seu futuro, con lazos de irmandade, solidariedade e cooperación co resto de pobos e nacións que conforman a comunidade de países lusófonos, o Estado español, o marco europeo e o arco mediterráneo.
En consecuencia con todo isto, queremos manifestar que, como soberanistas e galeguistas de esquerda, identificámonos plenamente cun proxecto verdadeiramente unitario e daremos o noso apoio á construción dunha gran candidatura galega unitaria de todas aquelas persoas e colectivos sociais que loiten por abrir un novo proceso constituínte que acabe definitivamente co réxime xurdido trala IIª Restauración borbónica. Convencidos que esta sería a única opción que mellor representaría os valores da verdadeira esquerda transformadora, que mellor defendería o dereito a decidir do pobo galego e a súa materialización a través dun referendo democrático.
Ao mesmo tempo queremos manifestar o noso apoio a unha gran confluencia de todas as Mareas Municipalistas, EN MAREA, Encontro Cidadá por unha Marea Galega, Mareas en Común, Foro Galego, asinantes do Chamamento de Vidán e todos os partidos galegos (PODEMOS, ESQUERDA UNIDA, ANOVA, BNG, CERNA, CxG...) opostos ás políticas austericidas da dereita.
Estamos convencidos de que unha GRAN MAREA GALEGA sería a única garantía para derrotar as políticas reaccionarias de Feijoo e acabar co caciquismo, a corrupción xeneralizada e lograr un cambio real nas institucións, catapultando cara ao parlamento galego a importantes segmentos das clases populares e defensores dos intereses da maioría social, rompendo co bipartidismo, impulsando unha sociedade máis xusta e igualitaria e, ao mesmo tempo, logrando o recoñecemento de Galicia como suxeito político soberano e un pacto democrático que facilite a celebración dun referendo de autodeterminación a través do cal a cidadanía decida de xeito claro, reflexivo e sen distorsións se quere ou non a independencia.
Polas razóns expostas, como persoas de esquerda que defendemos o dereito das galegas e galegos a decidir libremente o seu futuro, porque aspiramos a unha Galicia xusta, igualitaria e soberana defendemos unha candidatura de toda a esquerda e o nacionalismo galego, encabezada polo candidato idóneo elixido democraticamente nun proceso de primarias abertas ao conxunto da cidadanía.

En Compostela a 15 de xullo de 2016
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 17-07-2016 01:37
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Manuel Beiras - Carmen Santos
Lois Pérez Leira
FONTE: Galicia Confidencial

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/30980-xose-manuel-beiras---carmen-santos

Por: Lois Pérez Leira *


Parece que de súpeto rendeu a urxencia de definir o posible candidato das confluencias de unidade popular. Xa comezan a tirar de nomes. Aínda que ninguén fala de cales son as propostas que debería representar o hipotético candidato/a. Emitíronse tímidas autocriticas ou interpretacións dos últimos resultados.

Perdeuse un deputado e un senador e non pasou nada. Perdéronse votos nas cidades que gobernan as Mareas e tampouco pasou nada e en Vigo pasaron a ser a segunda forza política, cidade onde non existe ningún liderado, nin a Marea de Vigo ten incidencia ningunha no panorama galego.

Por certo Cangas e o Grove -con histórica tradición de esquerda- foron as únicas que lograron a maioría de votos. No caso de Cangas unha alianza histórica entre a FPG e Esquerda Unida. É rechamante que durante máis dunha década esta alianza en Cangas nunca foi recoñecida oficialmente pola condución de Esquerda Unida. Todo o contrario foi criticada e descualificada de forma regular. A actitude unitaria da Alternativa Cangesa de Esquerdas (ACE) foi dando os seus resultados que demostraron que ese era o camiño correcto. Os mesmos que criticaban esta alternativa unitaria de esquerda, boicotearon de xeito constante calquera candidatura destas características en Vigo. Como foi o intento da candidatura denominada CIES e nas últimas municipais as posibilidades de converxencia de Marea de Vigo con Gañemos Vigo e outros actores da esquerda e o nacionalismo, que xerase un efecto positivo entre os votantes. O resultado foi un rotundo fracaso electoral - malia os tres concelleiros- e a falta dunha forza opositora de esquerda na cidade.

Volvendo ao tema que esta sobre a mesa que é se a esquerda social e política pode crear un instrumento electoral para derrotar á dereita e gobernar Galicia? A resposta é complicada. As condicións existen. Os sectores afectados pola crise -malia os reparos electorais que demostraron- manteñen a ilusión colectiva de que se logre unha alianza de goberno de progreso, co PSOE. Pero tamén nos indican que non só queren candidatos ou alcaldes honestos e ?guapos? esixen gobernos e líderes que teñan un proxecto de país.

Desde a aparición de AGE ata estas últimas eleccións a cidadanía percibiu que o fenómeno electoral en Galicia está marcado nesta etapa, por dúas marcas políticas moi fortes e convocantes. Por unha banda a marca AGE e o seu líder X.M. Beiras, que foi capaz nun mes de producir aquela verdadeira marea electoral e doutra banda a marca PODEMOS e o seu líder estatal Pablo Iglesias.

Esta alianza de marcas é e seguirá sendo por unha etapa a garantía do éxito electoral, capaz de ser unha verdadeira alternativa de goberno nas próximas eleccións ao parlamento de Galicia.

Por iso a síntese dunha candidatura que poida visibilizar estas dúas marcas en pouco tempo é a fórmula Xosé Manuel Beiras Presidente e Carmen Santos líder de Podemos Galicia como vicepresidenta

As restantes variantes están chamadas ao fracaso non se poden improvisar candidatos en poucos meses. Quen o insinuei está traballando para o fracaso electoral


* LOIS PÉREZ LEIRA é escritor, documentalista, analista político e investigador de temas históricos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2016 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Novos apoios ao acordo dos tres alcaldes do cambio para unha marea galega
MAREA GALEGA EN MARCHA
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/31684-novos-apoios-acordo-tres-alcaldes-cambio-marea-galega

FONTE: GALICIA CONFIDENCIAL

Os rexedores de Santiago, A Coruña e Ferrol apostan por unhas primarias das que saian os nomes do candidato e dos cabeza de listas provinciais. CERNA tamén respalda esta iniciativa.

A organización nacionalista CERNA --que orixinalmente formaba parte de Anova-- saúda positivamente a iniciativa das candidaturas da Comarca de Compostela e Compostela Aberta, e posterior manifesto dos tres alcaldes para avanzar na construción dun espazo para unha candidatura de confluencia para as eleccións autonómicas.

Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea
Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea | Fonte: enmarea.gal

Con esta adhesión, xa son dúas as forzas nacionalistas --o xoves foi Esquerda Nacionalista-- que apoian unha candidatura galega en torno ás mareas e que poña o aceno no carácter nacional de Galicia e os seus elementos identitarios.


?Entendemos que ese é o camiño para poder participar todos os axentes interesados: unha asemblea participada a título individual que sexa constituinte do suxeito electoral, coa celebración de primarias abertas para decidir todas as persoas candidatas e nas que poidan votar todas as persoas que asuman eses principios programáticos a decidir na propia asemblea?, apunta esta organización nun comunicado.

Os tres rexedores

A asemblea promovida polos alcaldes do cambio -Xulio Ferreiro (A Coruña), Martiño Noriega (Santiago de Compostela) e Jorge Suárez (Ferrol)- para unha candidatura de confluencia para as eleccións autonómicas deste outono fixará as primarias das que sairán as listas para as catro circunscricións, pero a incógnita de cando se saberá o nome do candidato permanece. E

Este xoves, os tres alcaldes, tras manter un xantar con varios rexedores cos que xa seguiron unha liña conxunta na asemblea constitutiva da Fegamp comezaron os contactos coas mareas municipalistas para abordar a convocatoria dunha asemblea na que se estableza un cronograma e metodoloxía para a elección de candidatos e elaboración de programa electoral.

Os alcaldes aseguran que unicamente queren poñer enriba da mesa o seu "capital simbólico" e unha vez que estea en marcha o proceso, volver ás súas respectivas casas consistoriais. O que non aclararon por agora é a data na que se coñecerá a persoa que encabece a alternativa política, para o que soa con forza o nome do maxistrado do TSXG Luis Villares. Con todo, os tres alcaldes están de acordo en que obteña o consenso de todos os axentes políticos, se ben se someterá a primarias igualmente, aínda que só sexan de ratificación.

Máis apoios

Por outra banda, os militantes da corrente A Forza da Xente (integrada en Podemos Galicia) e os integrantes da asociación Cidadá Galega No Ollo do Furacán (integrante de Mareas en Común) apostan pola construción dunha gran candidatura galega unitaria de todas aquelas persoas e colectivos sociais ?que loiten por abrir un novo proceso constituínte que acabe definitivamente co réxime xurdido trala IIª Restauración borbónica?.

?Consideramos que para lograr estes obxectivos neste momento constituínte, o mellor escenario para Galicia, é lograr converternos nunha nación soberana, social, solidaria e ecoloxicamente sustentábel que decida libremente o seu futuro, con lazos de irmandade, solidariedade e cooperación co resto de pobos e nacións que conforman a comunidade de países lusófonos, o Estado español, o marco europeo e o arco mediterráneo?, indican nun comunicado.

Por iso, amosan o seu apoio a unha gran confluencia de todas as Mareas Municipalistas, EN MAREA, Encontro Cidadá por unha Marea Galega, Mareas en Común, Foro Galego, asinantes do Chamamento de Vidán e todos os partidos galegos, entre eles, ?Podemos, EU, Anova, BNG, Cerna, CxG...?.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2016 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0