Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CRISE DOS INMIGRANTES: ABANDONADOS NO MAR ALTO
INMIGRANTES
Fonte: Xornalismo humano

Tradución ao galego: Alberte Cid García

Entre 6.000 e 10.000 inmigrantes e refuxiados rohingya e bangladeshíes, á deriva no sur-este asiático trala campaña contra o tráfico humano lanzada polas autoridades tailandesas Indonesia, Tailandia e Malasia decidiron expulsar aos barcos das súas costas, abandonando á súa sorte barcos cargados de persoas sen auga nin alimentos Moitos traficantes están abandonando os seus barcos, cos seus ocupantes a bordo, para evitar ser detidos
Nas imaxes vense familias enteiras a bordo de barcazas de madeira, anegadas polas ondas e a choiva. Pais chorosos e impotentes con crianzas aterradas e macilentas que semellan amontoados, sen apenas espazo para moverse, que viaxan amoreados en febles embarcacións onde se esgotan as reservas de alimentos e auga potábel, soportando as altas temperaturas sen destino fixo. Partiron hai dous meses con destino a Malasia pero hai varios días a tripulación abandonou o barco a nado, para evitar ser detidos. Das costas malasias foron rexeitados, como lles ocorreu nas augas territoriais tailandesas. Hoxe, os pasaxeiros beben o seus propios ouriños e lanzan pola borda os cadáveres daqueles que non superan a travesía. A berros, contaban aos xornalistas que se achegaron a eles que xa levan 10 mortos.
Falamos só dun barco con 350 pasaxeiros pero son miles os refuxiados e inmigrantes que, nestes momentos, pasan pola horríbel experiencia de ser abandonados no mar alto e que se enfrontan a unha morte segura se ninguén lles rescata. Non se trata do Mediterráneo senón da Baía de Bengali e o estreito de Malacca, entre o Pacífico e o Indico. É alí onde unhas 6.000 persoas, segundo as estimacións máis conservadoras, e 10.000 segundo as máis alarmistas corren o risco de morrer de fame e sede ou, simplemente, de afogarse despois de que as autoridades de Malasia, Tailandia e Indonesia anuncien que rexeitarán toda embarcación que se achegue ás súas costas. ?Non deixaremos que se achegue ningún barco estranxeiro salvo que se estea afundindo?, anunciou o responsábel da axencia marítima malasia, Tan Kok Kwee. ?En caso contrario, entregarémoslles provisións e os obrigaremos a marchar?. A postura é semellante á adoptada por Indonesia. ?Non deberían entrar en augas indonesias sen permiso?, denunciaba o voceiro do Exército Fuad Basya.
Segundo UNCHR, axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados, un milleiro de persoas morreron desde marzo nesta fuxida desesperada polo mar. Falecen de fame, deshidratación ou golpeados até a morte polos traficantes, e a cifra aumentará nas próximas horas se prosegue o rexeitamento a lanzar operacións de rescate para auxiliar aos barcos que permanecen en alta mar á espera dunha costa segura onde atracar. ?Francamente, teñen poucas posibilidades de sobrevivir sen auga nin alimentos?, evalúa John Lowry, portavoz da Organización Internacional de Migracións. ?As condicións a bordo deben ser horríbeis?.
Só en 2014, estímase que case 55.000 birmanos rohingya ou bangaldeshíes tomaron estes barcos como derradeiro recurso para escapar da persecución ou da miseria, unha cifra pasada con fartura este ano: só nos tres primeiros meses, 25.000 rohingya pagaron unha fortuna para escapar.
O problema que afoga hoxe a centenares non é novo, simplemente foi ignorado até que a realidade das fosas comúns estourou na faciana dos dirixentes. Hai dúas semanas, o achado dun campo de tráfico humano na xungla tailandesa cunha trintena de fosas removía conciencias. Foron achados 26 cadáveres de inmigrantes bangladesíes ou refuxiados birmanos da comunidade rohingya, unha das máis perseguidas do mundo.
No seu país, Birmania, esta minoría musulmá (800.000 habitantantes) non ten dereitos. Nin sequera é chamada polo seu nome. ?Levan sufrindo desde hai moitos anos abusos e persecución estatal. Hai unhas 150.000 persoas en situación de apartheid e iso lévalles a embarcarse?, explica o director executivo de Fortify Rights, Matthew Smith, desde Bangkok. Os rohingya viven confinados en poboados rodeados polo Exército, sen posibilidade ningunha de traballar e xa que logo sen futuro: unha situación tan desesperada que todo aquel que pode reunir os 2.000 dólares necesarios, os paga a unha mafia de inmigración para que lle axude a escapar a Malasia, Estado musulmán veciño onde sempre hai un familiar ou amigo que, confía, lle axude a comezar unha nova vida, ou a calquera outro destino onde non sexan perseguidos. Uns 140.000 rohingya xa seguiron ese camiño desde que en 2012 a violencia relixiosa cobrase a vida de 280 persoas. En canto aos bangladeshíes, a pobreza lévalles a buscar oportunidades a calquera prezo.
Trátase dun negocio que move 250 millóns de dólares ao ano, valoran en Tailandia, e unha oportunidade de ouro para as mafias sen escrúpulos que desenvolveron unha industria intermedia, a do secuestro: tras pagar sumas astronómicas por un pasaxe nunha barcaza ilegal, sen apenas auga nin alimentos, que ás veces tarda meses en consumarse ?dependendo de si se enche ou non a barcaza e dos controis marítimos- a moitos traficantes obríganlles a parar na costa tailandesa. Alí fanlles andar a pé pola xungla coa promesa de facerlles cruzar a fronteira con Malasia a pé, pero antes deben parar en campamentos provisionais erixidos pola xungla onde son confinados, ás veces encadeados, por gardiáns armados.
Alí a auga escasea, os alimentos son case inexistentes e os abusos están á orde do día. Poden facer unha chamada telefónica aos seus familiares, durante a cal serán golpeados para engadir dramatismo: nela, pedirán aos seus seres queridos que paguen un rescate aos seus secuestradores. Outros 2.000 dólares que non todos poden recadar. No caso de non pagar ?mediante un intermediario no seu país de orixe? ás mafias, hai variantes: poden ser golpeados até a morte ou vendidos como escravos a barcos pesqueiros, no caso dos varóns, ou como escravas sexuais no caso das mulleres.
O relato de Mohammed Tasin, un mozo rohingya de 18 anos de Sittwe, no Estado de Rakhine (Arakan) resume ben esa realidade. O mozo abandonou Birmania en 2012 nun barco que levaba a un centenar de mulleres, homes e nenos. ?Arrestáronnos as autoridades tailandesas no mar?, explicaba á ONG Fortify Rights. ?Déronnos auga potábel e cortaron o ancora remolcando o barco ao oeste por un día e unha noite. Despois, deixáronnos marchar?. O barco terminou encallando nunha illa tailandesa, onde volveron ser detidos. Durante 11 meses, o grupo permaneceu arrestado nun centro de inmigrantes ilegais de Ranong. Despois, os oficiais tailandeses entregáronlles a traficantes de persoas que se levaron a Mohammad e ao resto a un campo situado no máis remoto da xungla. Entre torturas, esixíanlles 60.000 bath (uns 2.000 dólares) por persoa. O mozo describiu como asistiu ao asasinato de varios secuestrados: os traficantes obrigáronlles a cavar fosas comúns onde enterrar os seus cadáveres. ?Nas últimas semanas, 17 persoas morreron. Enterrámolos ao amencer. Ás veces, cando regresabamos ao campo, atopabamos que outro morrera?.
O negocio do secuestro de refuxiados e inmigrantes era un segredo a voces en Tailandia, como xa contamos en Xornalismo Humano, pero as autoridades negaban a súa existencia até que as imaxes das fosas e dos esfameados superviventes achados ao bordo da morte foron publicadas na prensa. Nun momento, ademais, sensíbel para as autoridades xa que o próximo mes Estados Unidos revisará o seu Informe de Tráfico de Persoas (Tailandia, que ocupa o último chanzo, intenta mellorar a súa graduación para así evitar sancións) e a UE acaba de sacar ?tarxeta amarela? ameazando con prohibir as importacións de peixe a Tailandia si Bangkok non se compromete co final da pesca ilegal e da escravitude nos barcos pesqueiros.
A maquinaria tailandesa das relacións públicas iniciouse cunha campaña ao grande, con batidas na xungla e investigacións nas localidades próximas aos campos achados. A forza de buscar xa foron achados 78 campos de traficantes, tres deles masivos ?con capacidade para manter secuestradas a un milleiro de persoas- e foron «rescatados» 213 inmigrantes e 63 vítimas de tráfico humano. Uns 80 funcionarios, cifra que inclúe alcaldes e responsábeis municipais de toda índole, foron detidos ou están en busca e captura e 67 policías foron apartados do seu cargo. As autoridades aseguran que o líder da principal rede de trata de brancos é Patchuban Angchotipan, máis coñecido como Ko Tong (Gran Irmán), antigo responsábel municipal e propietario de varios complexos hostaleiros na provincia de Satul, incluída unha illa privada preto de Malasia desde onde se sospeita que dirixía a súa rede de tráfico humano. Ko Tong está fuxido da Xustiza.
?acabamos co problema ao 50%?, se xactaba un alto cargo tailandés ante o escepticismo das ONG, que consideran a campaña unha simple estratexia propagandística para mellorar a imaxe da ditadura. A Xunta militar discute a posíbel apertura de campos de refuxiados para rohingya tras achar a 300 rohingya e bangladeshíes abandonados pola rede de traficantes, unha posibilidade que arrepía a moitas vítimas: dos 300 rescatados pola Policía tailandesa, 187 foron acusados formalmente por entrar ilegalmente no país mentres que o resto será considerado vítima de trata.
O despregue militar conxelou o paso de refuxiados e inmigrantes por Tailandia e xerou pánico entre as mafias, que están optando por abandonar a súa ?carga? en alta mar. Uns 1000 civís serían deixados á súa sorte nas costas de Langkawi, en Malasia, mentres que outros 900 foron rescatados nas costas de Aceh, en Indonesia, nos últimos días antes de que Iakarta negásese a permitir a entrada de máis barcos. As autoridades de Kuala Lumpur tamén aceptaron inicialmente a entrada de 350 refuxiados antes de pechar as súas augas territoriais, malia aos chamamentos internacionais como o do voceiro de UNCHR Adrian Edwards, que pediu aos gobernos que ?continúen as súas operacións de salvamento para atopar e lograr o desembarco seguro dos pasaxeiros, moitos dos cales están nun estado de extrema debilidade logo de días, posiblemente semanas, sen comida nin auga?. A Organización Internacional para a Migración (OIM) expresouse no mesmo sentido. ?Necesítase un esforzo rexional? Non temos capacidade para buscalos pero os Gobernos si a teñen. Eles teñen barcos e satélites..., explicaba Joe Lowry.
Chris Lewa, fundadora de Proxecto Arakan -ONG especializada na persecución da comunidade rohingya- soa conmocionada alén da liña. ?Unha das experiencias máis duras da miña carreira produciuse esta mesma tarde, cando falabamos cos ocupantes dun barco abandonado en alta mar: podíase escoitar aos nenos chorando e berrando de medo?, desesperábase. Referíase ao barco finalmente achado polos reporteiros e a Armada tailandesa ao principio do texto. ?estivemos en contacto con esa embarcación desde hai días. Tras dous meses no mar, foron abandonados hai tres días preto de Langkawi, hoxe (polo luns) viron un barco oficial de cor branca aproximarse a eles e en lugar de rescatalos, marchouse. Podía escoitar aos nenos berrando, é terríbel. Necesitamos rescates, precisamos acción. Esa xente está morrendo no medio do mar. Centos de persoas están morrendo por falta de auga e de alimentos, necesitamos que desembarquen e sexan asistidos?.
O barco foi avistado finalmente por varios reporteiros que fretaron barcas, entre eles un equipo da BBC. ?Son uns 350 rohingya e están desesperadamente famentos e sedentos?, dicía o seu corresponsal mentres a cámara enfocaba a un nutrido grupo de nenos chorosos que se levaban a man á boca pedindo comida. Un barco da Armada tailandesa tamén se aproximou: entregoulles provisións e volveu a afastarse. Sábese con certeza que cando menos outros sete cargueiros de grandes dimensións están errando polo mar.
Proxecto Arakan está seguindo varios barcos con refuxiados e inmigrantes. Un deles leva 350 pasaxeiros, a maior parte rohingya, e partiu desde a costa birmana hai dous meses. ?Os seus ocupantes xa pagaron ás mafias pero estas agora non lles poden desembarcar pola vixilancia que se impuxo en todos os países involucrados. Moitos capitáns e tripulacións decidiron fuxir para evitar arrestar, así que abandonan á xente no mar. É o caso deste barco de 350 persoas: foi abandonado polo seu capitán tres días atrás porque consideraba demasiado arriscado atracar na costa tailandesa. Os inmigrantes non saben como utilizar o motor, non saben como dirixir a barca?.
Outras mafias dos barcos optaran por converter as súas embarcacións no novo campo de secuestrados: quen non pague o rescate esixido é arroxado pola borda. Unha vez que pagaban, eran desembarcados até que o despregue militar impediu novas chegadas en Tailandia. Pero os secuestros execútanse de maneiras variadas e por diferentes axentes, non só as mafias implicadas no tráfico de persoas. En declaracións a Burma Estafes, Noor Kayas, unha refuxiada rohingya, relataba como asistiu ao secuestro do seu marido xunto a outros 12 homes cando atravesaban a fronteira de Bangladesh provenientes de Birmania: o grupo, composto por 12 mulleres, 13 homes e varios nenos permanecía acazapado na xungla para evitar ser detectados polos axentes de fronteiras cando sete homes armados con machetes apareceron e leváronse aos varóns. Nunca máis se lles volveu ver.
Agora, a campaña tailandesa para acabar cos campos de tráfico humano condena aos inmigrantes e refuxiados a morrer no mar se ninguén pon remedio, ?o cal é case peor que os campos?, avalía Lewa. ?Non podemos deixar a esa xente morrer no medio do mar?, continúa. ?Todo é un maquillaxe político. Preténdennos facer crer que combaten contra a corrupción e contra o tráfico de persoas e usan para iso aos rohingya, pero non creo que sexa unha política destinada a salvar vidas. De feito, máis xente vai morrer se non se lles permite desembarcar. Non teñen a onde ir, ningún país os quere, non poden regresar a Birmania porque non teñen documentos, porque o Goberno birmano négalles a súa documentación. Sempre saen perdendo?.
O representante especial da Organización de Cooperación Islámica para os Rohingya, Tan Sri Syed Hamid Albar, pediu á ASEAN (Asociación de Nacións do Sureste Asiático) unha acción conxunta e urxente. ?Se este problema non é afrontado por Tailandia, Indonesia, Malasia e Birmania, converterase nunha traxedia humana de dimensións catastróficas?,avaliou. Syed Hamid pediu ao réxime birmano que revalide as ?tarxetas brancas? ?tarxetas de identidade temporais emitidas á comunidade rohingya e retiradas o pasado 31 de marzo por ordes do presidente Thein Sein, deixando aos rohingya do Estado de Arakan sen papeis- para evitar que creza o éxodo. ?Se a maioría da xente opta por marchar, podemos ver unha repetición da crise das xentes do barco vietnamita?, estimaba o representante en referencia aos centos de miles de persoas que abandonaron a represión de Vietnam trala guerra, a finais dos 70 e os anos 80, a bordo de precarias embarcacións con rumbo a Malasia provocando unha crise de refuxiados que terminou afectando a todo o sureste asiático: uns 800.000 sobreviviron (levou dúas décadas reasentalos en todo o mundo) pero incontábeis persoas morreron no mar alto.
A temíbel posibilidade de que aparezan barcos cargados de cadáveres nas costas do sureste asiático está levando a organizacións internacionais como a ONU a presionar aos países concernidos. Tailandia convocou un cume rexional o vindeiro día 29 á que foron convidados, ademais de Indonesia, Bangladesh, Malasia e Birmania, Vietnam, Laos, Camboxa, Australia e Estados Unidos ademais de institucións como a OIM ou UNCHR. ?Tailandia só é un país de tránsito?, salientou o xeneral Prayuth, a cargo da Xunta militar tailandesa. ?Trátase dun movemento criminal transnacional e só nos afecta como país de tránsito, así que temos que resolver o problema coa cooperación doutros países?. ONG como Fortify Rights pediron ás autoridades de Tailandia, Indonesia e Malasia que ?abran as súas fronteiras aos refuxiados, garantan o seu acceso aos procedementos de asilo e os protexan de detencións e regresos forzados, garantindo a súa liberdade de movementos?. Matthew Smith cualifica a situación de ?grave crise humanitaria que require unha resposta de contado, porque hai vidas en xogo?.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2015 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
A folga indefinida e a ocupación do MWC (Mobile World Center), construíndo poder popular
Compañía Telefónica
FONTE: Telefónica
Tradución ao galego: Marina Lorenzo

Hai máis de 50 días que comezamos a folga, é dicer, que puxemos en suspensión o noso intercambio entre traballo e salario. Un intercambio que sempre é desigual, pero que no noso caso xa estaba a piques de deixar de ser intercambio porque entregabamos o noso traballo a Movistar, pero a cambio xa non recibiamos practicamente nada.
Pero que ninguén se equivoque. Desde ese momento non deixamos de traballar nin un só minuto. Desde a organización de piquetes, á difusión do conflito mediante todos os medios ao noso alcance, ao deseño gráfico da campaña, as manifestacións, concentracións, caixa de resistencia... a actividade é frenética. Intentar gañar un conflito laboral a unha multinacional como Telefónica non é tarefa doada.
Telefónica ten todos os poderes fácticos á súa disposición, os medios de comunicación, a policía, o poder económico. Con todos eses poderes Telefónica consegue impoñer unha definición da realidade. Insiste unha e outra vez en que non somos os seus traballadores e traballadoras, e que por iso non pode facer nada para mellorar nosas lamentábeis condicións laborais. Pero ocorre que esa definición da realidade choca de bruzos contra o sentido común. É evidente para todo o mundo que somos traballadores e traballadoras de Telefónica contratados por outras empresas grazas as trapalladas e artimañas legais que só favorecen aos directivos das empresas. Quizá sexa polo peso desa evidencia polo que levamos xa cinco días ocupando a tenda máis emblemática de Telefónica en Barcelona, sé ademais do Mobile World Center.
Se somos traballadores de Telefónica, e Telefónica se ten a capacidade e a responsabilidade de mellorar nosas lamentábeis condicións laborais. Non o dicemos só nós, dino todas as personalidades políticas que asinaron o ?Compromiso das Escaleiras?, dino os centos de entidades que asinaron o manifesto de solidariedade en Barcelona, dino as miles de persoas que reencheron as caixas de resistencia, as que nos axudaron nas redes a visibilizar este conflito, as que nos axudan día a día co seu traballo e a súa creatividade para que esta folga tome cada día novas dimensións, que nin sequera podiamos imaxinar. Non acabariamos. Esta mobilización que comezou cunha folga indefinida transfórmase cada día co traballo social de miles de persoas.
A vida na tenda transcorre dun xeito sorprendentemente normal. O Mobile World Center converteuse nunha asemblea permanente na que ademais de traballar na organización e mantemento da folga e a ocupación, rimos, xogamos, creamos, pensamos.
Non sabemos se gañaremos hoxe ou máis adiante, pero o que si sabemos é que imos gañar. Con esta folga estamos construíndo poder popular, estamos aprendendo a organizarnos mellor, detectando erros e planeando como superalos, creando alianzas tanto dentro do colectivo de técnicos e técnicas en todo o estado como con outros colectivos nos diferentes territorios. Telefónica volveu a ofrecer intermediar no conflito se desaloxamos o Mobile World Center, pero agora xa non podemos irnos sen garantías.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2015 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑEMOS VALORA OS RESULTADOS ELECTORAIS DO 24 DE MAIO
Ante a confirmación dos resultados definitivos das eleccións municipais do 24 de maio en Vigo, na miña condición de candidato a Alcalde pola plataforma cidadá Gañemos Vigo quero salientar que respectamos a vontade popular das nosas veciñas e veciños que lle outorgaron unha clara maioría absoluta ao actual alcalde Abel Caballero. Esperamos que este novo mandato sexa o do dialogo, a transparencia e a participación cidadá. Onde se pase do formigón á creación de emprego e ao desenvolvemento de políticas sociais en beneficio da maioría social.
Gañemos Vigo conformouse en Vigo co único obxectivo de participar neste proceso electoral, a partir da utilización dun partido instrumental, rexistrado en Barcelona, que nos permitiu presentar lista propia.
Na nosa plataforma integráronse a título individual distintas persoas de moi variadas ideoloxías, as cales coincidían nunha declaración de principios e un programa moi extenso que abordaba todos os problemas de Vigo.
Sabiamos de antemán que o noso resultado electoral seria modesto xa que non contabamos con recursos económicos e que a prensa non se faría eco das nosas propostas, privilexiando aos partidos que xa tiñan representación, porén obtivemos case 2.500 votos. Estes resultados valorámolos como un gran éxito electoral aínda que non foron suficientes para obter un representante.
Gañemos ata o último momento apostou por unha alianza coa Marea de Vigo, mantendo varias entrevistas con ese fin. Lamentablemente a dirección da Marea (controlada por Esquerda Unida e ANOVA) preferiron concorrer coa súa propia marca.
Esta decisión errónea determinou que a exitosa experiencia de Marea Atlántica, Compostela Aberta ou Ferrol en Común, na Coruña, Santiago e Ferrol respectivamente, non se repetise na nosa cidade.
Como balance xeral destes resultados hai que subliñar que os mais castigados pola cidadanía viguesa foron o Partido Popular que perde 6 edís e o BNG que queda fóra da corporación, ambos os dous por axudar a consolidar o poder faraónico de Abel Caballero. Lamentamos que o candidato polo BNG, Serafín Otero, cunha impecable traxectoria sindical, non conseguise un acta de concelleiro.
Gañemos Vigo, que xa cumpriu o seu papel, deixa paso a un novo ciclo no que cada un dos integrantes da devandita candidatura recuperan as súas anteriores actividades políticas, sociais ou culturais. No meu caso retomarei a miña responsabilidade á fronte do partido A ESQUERDA.
Agora o noso papel será ser preparar a oposición a Caballero e organizar a todos aqueles que queren un Vigo distinto. Apoiaremos as medidas positivas do goberno e seremos contundentes cando se trate de medidas que atenten contras interéseos dos veciños e veciñas de Vigo.
Apoiaremos as reivindicacións veciñais e dos sectores afectados pola crise. Asemade alentaremos a construción de ferramentas políticas que favorezan o cambio político tanto en Vigo como en Galicia e no resto do estado español.
En relación á Marea de Vigo apoiaremos, desde a nosa autonomía, o labor de oposición dos seus tres representantes no Concello.
Consideramos, como dicía o noso lema, que si se pode. Por iso traballaremos para que en novembro poidamos derrotar as políticas neoliberais, acabar coa corrupción, o enchufismo, nepotismo e a falta de futuro. Para iso debemos erixir unha gran fronte ampla de unidade popular para garantir ese cambio tan necesario.

Lois Pérez Leira
Candidato de Gañemos Vigo e Portavoz da ESQUERDA
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2015 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑEMOS AS MULLERES
<b>Jamari Janes Valdés</b> e <b>Coromoto Fdz. Palomares</b>
Un nutrido grupo de mulleres da candidatura Gañemos Vigo celebraron un acto feminista no Mercado do Calvario no que as candidatas Jamari Llanes Valdés (3ª da lista) e Coromoto Fernández Palomares (24ª da lista) dirixíronse ao resto das mulleres congregadas.
Empezou a intevención Coromoto F. Palomares, quen afirmou que ?a política municipal de Vigo segue hexemonizada polo «androcentrismo», unha visión do mundo e das relacións sociais centrada no punto de vista masculino, que converte a visión do varón na única posible e establece unha serie de paradigmas de estudo e análise da realidade concretos, que ademais inclúen os nesgos raciais, de clase e de idade do sector dominante da sociedade?.
Ademais dixo que ?Gañemos leva moitas máis mulleres que o resto de candidaturas?.
Coromoto F. Palomares dixo tamén que ?as mulleres de Gañemos Vigo consideramos que a longo da historia da humanidade, a parte masculina (e propietaria, de raza branca e de idade adulta) da sociedade foi a que escribiu e teorizou sobre a sociedade. O androcentrismo é unha consecuencia á vez que unha condición posibilitadora deste dominio, o androcentrismo esténdese a todos os ámbitos da sociedade en xeral e da produción intelectual en particular, afectando a ámbitos como a escola e os seus materiais educativos, os medios de comunicación, a produción científica, a administración pública, a sanidade, a xustiza, a política, ... O nesgo androcéntrico da produción intelectual dunha sociedade, ademais do seu carácter "de xénero", inclúe outras condicións vantaxosas como a clase social, a cor, a etnia ou a idade. Os privilexios destas condicións sociais converten a visión do varón branco, adulto e propietario na única posible, posibilitando devandito monopolio da visión da sociedade o dominio intelectual da mesma?. E engadiu que ?as mulleres de Gañemos consideramos que a sociedade viguesa segue sendo fundamentalmente patriarcal e por iso a organización social segue outorgando a primacía á parte masculina da sociedade, e institucionaliza a influencia e dominio do pai de familia?.
Posteriormente Jamari Llanes Valdés dixo ?Gañemos Vigo cre que o feminismo debe ter como obxectivo prioritario a loita pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres, así como cuestionar a dominación e a violencia dos homes sobre as mulleres e a asignación de roles sociais segundo o xénero. Tamén temos que pelexar contra o sexismo e contra as discriminacións por razón de sexo?.
Afirmou tamén que ?Gañemos opina que grazas á influencia do movemento feminista, conseguíronse logros de trascendental importancia como o voto feminino, a igualdade perante a lei ou os dereitos reprodutivos, entre moitos outros. Porén queda moito por facer. Gañemos estima que nos últimos anos, desenvolveuse unha crecente actividade institucional e lexislativa que tiña como obxectivo abordar as desigualdades entre mulleres e homes e as dificultades específicas daquelas para integrarse de maneira plena e igualitaria no tecido social?.
E terminou a súa intevención afirmado que ?as mulleres de Gañemos opinamos que ?o persoal é político? e por esta razón desexamos trasladar ao terreo dos debates e das actuacións públicas cuestións que durante moito tempo consideráronse propias do ámbito privado e, polo tanto, alleas á intervención institucional. Noutras palabras, as mulleres de Gañemos queremos que o concello de Vigo interveña en moitas cuestións e asuntos considerados «da vida privada» que seguen sendo fonte de discriminación e opresión. Gañemos estima que a vida laboral segue sendo un resorte fundamental para adquirir autonomía e realización persoal por parte das mulleres, e por iso o Concello de Vigo debe artellar mecanismos para facer posible a conciliación real da vida familiar e laboral e a actividade pública?.
Entrementres o resto das mulleres berraban: ?Gañemos Vigo - Gañemos as mulleres? ?Abaixo o patriarcado!? ?Mulleres somos, mulleres seremos pero na casa non nos quedaremos!? ?Nosoutras parimos nosoutras decidimos?


SECRETARIA DE COMUNICACIÓN DE GAÑEMOS VIGO

Vigo, 20 maio 2015
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-05-2015 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Resumo do Acto de Presentación do Programa Electoral de Gañemos Vigo
GAÑEMOS VIGO
Hoxe 15 de maio, Lois Pérez Leira e varios membros da candidatura presentaron no Hotel Junquera o programa de goberno de Gañemos Vigo.
Jamaris Llanes explicou que ?Gañemos naceu cun horizonte concreto: desaloxar á casta do Concello de Vigo e da Deputación Provincial. Nacemos para «gañar». Gañar é poder gobernar o Concello de Vigo, é dotar ás clases populares viguesas de mecanismos para o autogoberno, á vez que se desaloxa do poder ás elites corruptas e ás clases dominantes desmantelando as súas estruturas de dominación en Vigo?.
Tamén dixo que ?desde Gañemos Vigo queremos garantir a participación das viguesas e vigueses na renovación de Vigo?.
Pola súa parte Leonardo F. Goberna afirmou que ?queremos máis participación e novas experiencias como uns orzamentos participativos onde os propios veciños e veciñas poidan decidir sobre o destino dunha parte substancial dos gastos municipais?.
Nunha intervención moi vehemente subliñou a importancia que para Gañemos Vigo ten ?o tema da participación cidadá? e terminou poñendo especial énfase ?na democracia participativa como sistema para conseguir unha cidade máis xusta e onde os cidadáns e cidadás de Vigo síntanse realmente representados?.
Finalmente Lois Pérez Leira explicou as diferentes propostas incluídas no programa de Gañemos Vigo como:
?1) Como conseguir un Concello máis habitable, a medida das necesidades humanas e que respecte a ecoloxía e un modelo de desenvolvemento sostible.
2) Fomentar unha política laboral e de emprego que impulse o que todas as persoas do municipio poidan chegar a ter acceso a un traballo remunerado, cun salario adecuado e unha contratación estable.
3) Deseñar políticas de igualdade que favorezan un concello que sexa modelo neste sentido.
4) Todas as persoas han de ter acceso aos bens e servizos básicos de vivenda, saúde, educación e seguridade.
5) O concello ha de coidar especialmente aos mozos a través dunha filosofía de "todo para os mozos, pero cos mozos", contando coa súa participación activa e decidida.
6) É posible outro tipo de xestión municipal que destine menos presupostos municipais a soldos de alcalde e concelleiros ou a publicidade e máis a gastos sociais e ao servizo da cidadanía. Acabaremos co malgaste, o nepotismo e a corrupción
7) Asumir desde o Concello a responsabilidade que o Norte desenvolvido ten ante a miseria de moitos países do Sur impulsando a solidariedade e a cooperación da cidadanía?.
E terminou a presentación dicindo que ?son falsos ese inimigos exteriores que inventou Caballero. Non é certo que A Coruña ou Santiago sexan inimigos de Vigo. A ameaza non está fóra de Vigo, senón dentro...estou pensando nas elites y clases dominantes que esmagaron a nosa economía e as nosas finanzas. Os nosos inimigos reais son xente como Fernandez Gayoso, Fernandez de Sousa, García Costas e outras moitos golfos que afundiron a nosa economía e deron apoio a políticos mesquiños que converteron o Concello nunha axencia de colocación de familiares, amigos e achegados?. E por último engadiu que ?Gañemos vai desaloxar do Concello a esta casta de políticos indecentes?.
Entregouse un documento, de máis de 60 páxinas, aos xornalistas presentes co Programa Completo de Gañemos Vigo.
Vigo, 15 de maio de 2015
Secretaria de Comunicación de Gañemos Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2015 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Lois Pérez Leira (candidato de Gañemos á Alcaldía)
Lois Pérez Leira no centro xunto a varios dos seus seguidores
Lois Perez Leira: ?Non apoiaremos a ningún dos 27 do PSOE. Tampouco apoiaremos a ningún do PP?.

O aspirante de Gañemos Vigo á Alcaldía de Vigo, Lois Pérez Leira, cuestionou o actual modelo de pactos postelectorais: ?Non se pode pactar sempre con Caballero coa escusa de pechar o paso ao Partido Popular. O nepotismo é un asunto moi grave. Nunca o obxectivo de evitar un goberno da dereita pode xustificar o apoio a un «sátrapa populista». Nunca o fin xustifica os medios...?
Nunha entrevista concedida á prensa, Lois Pérez Leira afirmou ?Imos poñer os posibles pactos poselectorais a arrefriar e pensar por que en lugar dese prototipo de reparto de poder non pensamos noutro prototipo que é facer pactos só cos veciños e veciñas de Vigo. En Vigo xamais apoiaremos un goberno do PSOE onde estean presentes calquera dos 27 membros da lista da PSOE. Tampouco apoiaremos a ningún dos candidatos do PP?.
O candidato Pérez Leira non está disposto a calquera cousa para chegar á Alcaldía de Vigo. ?Para min é máis importante que fagamos unha campaña aberta á sociedade? debater sobre os problemas reais dos vigueses, falar de todo o que sexa necesario... O máis importante é facer unha transformación da política, pero se non plantamos esa semente non medrará nada. Pretendemos expulsar á casta do Concello de Vigo e da Deputación Provincial e intentaremos desmontar as redes clientelares montadas polo PSOE. Cómpre crebar o valado de mentiras levantado por Caballero e os seus lacaios?, esgrimiu Lois Pérez Leira.
No entanto, Pérez Leira recoñeceu que gustaríalle moito que Gañemos obtivese representación no Concello de Vigo para ?poder defender aos sectores máis humildes e poder axudar a aqueles máis castigados pola crise e dáme a impresión de que o imos logralo, sobre todo porque vexo moitísima xente nova ilusionada?, apuntou. ?Iso si, non estará máis que unha lexislatura?, prometeu.
Lois Pérez Leira explicou que desde a oposición pódese facer moito tamén, sobre todo se estás en contacto permanente cos movementos sociais e veciñais.
?Gañemos Vigo elaborará un Plan de desenvolvemento Local para Vigo e apostará por un cambio de modelo económico? contestou cando se lle preguntou sobre as medidas que adoptaría para loitar contra o desemprego en Vigo.
E posteriormente engadiu que ?Ese Plan Estratéxico de Desenvolvemento Local de Vigo debe fundarse na necesidade de superar os sectores económicos tradicionais de Vigo. Non podemos seguir baseando a nosa economía no sector naval, a automoción e o comercio. Gañemos Vigo cre necesario impulsar cinco novos sectores: 1) Sector aeroespacial , 2) Sector das telecomunicacións , 3) Sector da ciencia, medicina e o medio ambiente (investigacións biomédicas, investigacións mariñas, sector farmacéutico...), 4) Sector financeiro propio, 5) Sector cultural?
.






Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-05-2015 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑEMOS AS MULLERES
MANIFESTO FEMINISTA DE GAÑEMOS VIGO

As mulleres de Gañemos Vigo opinamos que a política municipal de Vigo segue hexemonizada polo «androcentrismo», unha visión do mundo e das relacións sociais centrada no punto de vista masculino, que converte a visión do varón na única posible e establece unha serie de paradigmas de estudo e análise da realidade concretos, que ademais inclúen os nesgos raciais, de clase e de idade do sector dominante da sociedade.
As mulleres de Gañemos Vigo consideramos que a longo da historia da humanidade, a parte masculina (e propietaria, de raza branca e de idade adulta) da sociedade foi a que escribiu e teorizou sobre a sociedade. O androcentrismo é unha consecuencia á vez que unha condición posibilitadora deste dominio, o androcentrismo esténdese a todos os ámbitos da sociedade en xeral e da produción intelectual en particular, afectando a ámbitos como a escola e os seus materiais educativos, os medios de comunicación, a produción científica, a administración pública, a sanidade, a xustiza, a política, ... O nesgo androcéntrico da produción intelectual dunha sociedade, ademais do seu carácter "de xénero", inclúe outras condicións vantaxosas como a clase social, a cor, a etnia ou a idade. Os privilexios destas condicións sociais converten a visión do varón branco, adulto e propietario na única posible, posibilitando devandito monopolio da visión da sociedade o dominio intelectual da mesma.
Ademais as mulleres de Gañemos consideramos que a sociedade viguesa segue sendo fundamentalmente patriarcal e por iso a organización social segue outorgando a primacía á parte masculina da sociedade, e institucionaliza a influencia e dominio do pai de familia.
Gañemos Vigo cre que o feminismo debe ter como obxectivo prioritario a loita pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres, así como cuestionar a dominación e a violencia dos homes sobre as mulleres e a asignación de roles sociais segundo o xénero. Tamén temos que pelexar contra o sexismo e contra as discriminacións por razón de sexo.
Gañemos opina que grazas á influencia do movemento feminista, conseguíronse logros de trascendental importancia como o voto feminino, a igualdade perante a lei ou os dereitos reprodutivos, entre moitos outros. Porén queda moito por facer.
Gañemos estima que nos últimos anos, desenvolveuse unha crecente actividade institucional e lexislativa que tiña como obxectivo abordar as desigualdades entre mulleres e homes e as dificultades específicas daquelas para integrarse de maneira plena e igualitaria no tecido social.
As mulleres de Gañemos opinamos que ?o persoal é político? e por esta razón desexamos trasladar ao terreo dos debates e das actuacións públicas cuestións que durante moito tempo consideráronse propias do ámbito privado e, polo tanto, alleas á intervención institucional.
Noutras palabras, as mulleres de Gañemos queremos que o concello de Vigo interveña en moitas cuestións e asuntos considerados «da vida privada» que seguen sendo fonte de discriminación e opresión.
Gañemos estima que a vida laboral segue sendo un resorte fundamental para adquirir autonomía e realización persoal por parte das mulleres, e por iso o Concello de Vigo debe artellar mecanismos para facer posible a conciliación real da vida familiar e laboral e a actividade pública.
Gañemos Vigo - Gañemos as mulleres

Vigo, 10 maio de 2015


Secretaria de Comunicación de Gañemos Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2015 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑEMOS VIGO E A ÁREA METROPOLITANA: Colaboración en capital humano e tecnoloxía
COMPROMISO CO CRECEMENTO ECONÓMICO E CO EMPREGO, AÍNDA QUE DISTANCIÁNDOSE DA ESTRATEXIA ?EUROPA 2020?. GAÑEMOS DEFENDE UN ÁREA METROPOLITANA DE VIGO COMO MOTOR, XUNTO A OPORTO, DO CRECEMENTO DA EUROREXIÓN GALICIA - NORTE DE PORTUGAL

A área Metropolitana de Vigo é, pola súa dimensión demográfica mais tamén polas funcións que desempeña e polas súas grandes infraestruturas de accesibilidade e conectividade internacional, unha área metropolitana de dimensión europea, á altura desa dimensión, coa área Metropolitana de Madrid ou Barcelona. Máis aló diso, a área Metropolitana de Vigo é o centro de toda unha rexión ?a Rexión Galicia-Norte de Portugal? e, en particular, dun arco que integra a conurbación poli-céntrica urbana do litoral Norte da península ibérica, nun radio de preto de 300 kms en torno ás cidades de Vigo e Oporto.
Os datos aprobados polo INE en 2012 referíanse a unha poboación de 481.268 habitantes, dos que uns 297.355 habitantes viven en Vigo, o que significa o 61,79% do total da poboación do 'Gran Vigo´. A área de influencia é moito maior.
A comarca de Vigo é ampla e rica. O núcleo, a cidade de Vigo, xunto cos municipios adxacentes teñen un alto grado de integración económica e social.
A aprobación definitiva do Área Metropolitana de Vigo produciuse o 10 de abril de 2012, mediante unha lei autonómica, que no seu artigo 2, delimita o seu ámbito territorial aos seguintes municipios: Vigo, Cangas do Morrazo, Moaña, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, Porriño, Salceda e Salvaterra de Miño.

Oficialmente defínese como unha Entidade Local Supramunicipal, de carácter territorial, integrada polos municipios de Vigo e os da súa área de influencia, entre os cales existe unha vinculación económica e social que fai necesarias a planificación conxunta e a coordinación de determinados servizos e obras, para garantir a súa prestación integral e adecuada no ámbito de todo o territorio así como alcanzar a eficacia dos investimentos públicos.
Este arco rexional concentra unha cuantiosa poboación e esténdese por un espazo de crecente cooperación e interdependencia coa veciña Portugal. A área Metropolitana de Vigo e a rexión envolvente, «Vigo e o Norte de Portugal», foi sempre o principal espazo de internacionalización da economía galega e un dos motores da competitividade de Vigo.
Vigo, cunha economía centrada en sectores expostos á competencia internacional, debe acometer un inevitable cambio estrutural. Logo dun prolongado período de perda de competitividade, subsecuente ao novo encadramento xerado pola liberalización do comercio internacional e pola entrada de Galicia na Unión Monetaria, xurdiron, nos últimos anos, algúns sinais positivos en canto ao reposicionamento competitivo da rexión norte, aínda que a crise financeira internacional iniciada en 2008 e as súas repercusións en Galicia interrompan ou teñan escurecido eses sinais de cambio estrutural.
As apostas na ciencia e na tecnoloxía, na cultura e na creatividade, na modernización dos sectores exportadores e na cualificación dos vigueses foron proseguidas cunha falta de consistencia e escasa perseveranza polos políticos irresponsables que descoidaron as súas obrigacións en relación ás políticas de crecemento e creación de emprego (máis emprego e emprego de máis calidade) na área Metropolitana de Vigo. Ao contrario, o actual Goberno de Abel Caballero, cunha política enfocada exclusivamente ao gasto en beirarrúas e formigón, desprovista de preocupacións en cuestión de crecemento, está levando á cidade cara a unha espiral recesiva que destrúe empresas viables e xera niveis impensables de desemprego. O actual Goberno do PSOE vigués non ten unha visión para a competitividade da cidade, oscilando o seu discurso entre o urbanismo ornamental e a depreciación do dinamismo industria e comercial da cidade.
Abel Caballero non elixiu a senda do crecemento económico e a creación de emprego como prioridade.
Gañemos Vigo afirma que é necesaria unha política competitiva que se asente no coñecemento, no capital humano, na investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (I + D + i), nas cualificacións e na valorización dos activos da rexión Galicia- Norte de Portugal. De feito, a visión de Gañemos Vigo nesta materia oponse, en moitos aspectos, á estratexia ?Europa 2020? lanzada pola Comisión Europea. Porén Gañemos Vigo identifica tres dimensións en prol do crecemento e o emprego na Euro Rexión ?crecemento intelixente? (desenvolvendo unha economía baseada no coñecemento e na innovación tecnolóxica); ?crecemento sustentable? (promovendo unha economía de baixo carbono, en termos de recursos e competitiva) e ?crecemento inclusivo? (desenvolvendo unha economía con altas taxas de emprego, que asegure a cohesión social e territorial, o aumento das cualificacións e a loita contra a pobreza). Estas tres dimensións da estratexia que deseñou Gañemos Vigo serán proseguidas a través dun conxunto de ?iniciativas programáticas? nos temas da Innovación, Educación e Sociedade Dixital; Clima, Enerxía e Mobilidade e Competitividade; Emprego, educación e Loita contra a Pobreza.
Gañemos opina que hai que acelerar a transformación da economía europea no seu conxunto, incrementar os seus índices de sustentabilidade e progresar nos dominios sociais, con ganancias de emprego e cohesión territorial.
Gañemos Vigo cre que resulta cada vez máis claro que a Educación é un área que merece apoio e impulso coordinado. O concello de Vigo debe desempeñar un papel moi importante na Educación, na Formación e no capital humano.
Eses deben ser os dous eixos centrais da área metropolitana, a colaboración en capital humano e tecnoloxía.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2015 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Gañemos Vigo impulsará un plan de emprego municipal para colectivos vulnerables
O plan de emprego municipal para colectivos vulnerables que pretende desenvolver Gañemos Vigo, se alcanza a alcaldía, abranguería un conxunto de actuacións, programas e proxectos integrados destinados a mellorar as posibilidades de emprego das viguesas e os vigueses con máis dificultades, axudándolles a inserirse en mellores condicións no mercado laboral, reforzando as súas destrezas e capacidades, diminuíndo os seus obstáculos persoais e da contorna, favorecendo a súa autonomía e dotándolles dos recursos necesarios para a súa integración profesional e social.

Misións e obxectivos do Plan Municipal de Emprego para colectivos vulnerables:

* Definir o papel do concello de Vigo en relación ao emprego e a integración laboral dos colectivos máis vulnerables.
* Fixar os obxectivos e as prioridades das distintas actuacións.
* Implicar a todas as áreas, departamentos, distritos e territorios parroquiais na intervención.
* Contribuír ao intercambio, coordinación e boas prácticas entre as áreas de actividade, as asociacións e entidades veciñais implicadas na empregabilidade dos colectivos vulnerables.
* Posibilitar o seguimento e avaliación das medidas de emprego municipal.
* Favorecer as relación Concello?Universidade de Vigo en materias relacionadas co capital humano, o I+D+i e emprego de calidade.

Vigo, 9 de maio de 2015

Secretaria de Comunicación de Gañemos Vigo

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2015 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Gañemos Vigo impulsará a área metropolitana de Vigo e creará unha Rede de municipios solidarios.
Gañemos Vigo, se alcanza responsabilidades de goberno , impulsará unha nova área metropolitana que será redefinida como unha nova rexión supraurbana que englobaría unha cidade central (a metrópoli de Vigo) que daría nome ao área e unha serie de cidades e vilas que poderían funcionar como cidades dormitorio, industriais, comerciais e de servizos. Tamén se establecería unha rede de municipios solidarios.
Gañemos Vigo considera que a área metropolitana de Vigo constitúe o polo básico imprescindible para reactivar a mancomunación de servizos e actividades.
A área metropolitana de Vigo funcionará, se Gañemos Vigo alcanza a alcaldía, como un verdadeiro centro de innovación cultural, social e demográfica, ao mesmo tempo que concentrará unha gran parte do poder económico, e nela radicará un importante centro de decisión que, dun modo ou outro, influirá decisivamente nos diversos compoñentes do sistema de cidades inserido na súa área de influencia.
Gañemos Vigo defende que só desde unha federación e asociación de municipios poderemos soportar o envite dos poderes económicos cando desenvolvamos o noso programa de rescate cidadán. Por iso crearemos unha rede de municipios solidarios.
Vigo, 27 de abril de 2015
Secretaría de Comunicación de Gañemos Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2015 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0