Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.
PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Este 23 de abril cúmprese un novo aniversario da heroica xesta de resistencia colectiva dos tripulantes do Bou Eva. |
|
Este 23 de abril cúmprese un novo aniversario da heroica xesta da resistencia colectiva dos tripulantes do Bou Eva e Nova Esquerda Galega quere homenaxear a aqueles mártires que perderon a vida na súa incasábel loita contra o fascismo.
Co alzamento nazi-fascista do 18 de xullo do 1936, comeza en Galiza unha terríbel etapa de xenocidio e terrorismo de Estado. Miles de persoas foron asasinadas, encarceradas ou tiveron que marchar ao exilio. Segundo algúns historiadores a cifra de asasinados chegou ás 20.000 persoas. Galiza estaba baixo ou dominio de ?Atila? e a barbarie estaba bendicida pola ?Santa Igrexa Católica?. Non noso país e non resto do Estado habilitáronse numerosos campos de concentración, onde amoreábanse miles de presos, condenados sen posibilidade ningunha de defensa: Camposancos, Ribadeo, Cedeira (fabrica de salgaduras), Betanzos, Muros, Rianxo, Cuartel de Figueirido, Mosteiro de Oia, Illa de San Simón... En Vigo, separadamente do cárcere dos xulgados na Rúa do Príncipe, estaba ou Frontón, na rúa Maria Berdiales, que foi habilitado especialmente, debido á necesidade de situar aos centenares de simpatizantes da IIª República.
O domingo 19 de xullo as novas de dous xornais salientaban a gravidade dos acontecementos. Os partidos obreiros e os sindicatos convocaban un paro xeral para o día seguinte. Entrementres o día 20 ou Capitán Antonio Carreró, con 40 ou 50 homes armados, percorría varias rúas da cidade de Vigo co fin de chegar á Porta do Sol, para ler o bando militar que declara ou Estado de Guerra. Cando chegaron os soldados o xentío que seguía o traxecto dos militares, berrou consignas e vivas a favor da República. Algún que outro soldado respondeu aos devanditos ?vivas?. Nese intre o Capitán Carreró -con aire provocativo- leu o bando onde deixaba claro que o comandante da Praza militar, Felipe Sánchez, tomaba partido polos sublevados. A indignación foi xigantesca entre os asistentes á concentración. Comezou o balbordo, os berros e os forcexos. Un dos traballadores intentou arrebatarlle o bando ao Capitán Carreró. Produciuse unha situación de gran tensión e o militar ordenou que se abrise fogo contra a multitude indefensa. Así comezou a matanza da Porta do Sol. A xente sen armas intentaba refuxiarse nos edificios próximos ou nas rúas adxacentes. Varios dos presentes naquela manifestación eran integrantes do Partido Comunista. Ángel Nogueira que foi con outros camaradas ata a Porta do Sol, ao decatarse de que os soldados «tiraban a matar» contra os manifestantes, comezou a berrarlles aos integrantes do piquete militar: ?Soldados, Non tiredes somos os vosos irmáns!? Os berros desesperados de Ángel non puideron cambiar as pulsións asasinas do sanguiñento Capitán, que empuñando a súa pistola tiraba deliberadamente contra os desarmados veciños. Unha daquelas balas impactou fatalmente no corpo de Ángel Nogueira, quen caeu ao chan con importantes feridas, porén os seus compañeiros lograron auxilialo arrastrándoo até unha das rúas laterais e desde alí a unha vivenda, para facerlle as primeiras curas.
Flora de Dios Rodríguez e Agustín Leira, meus avós, tamén estaban na Porta do Sol, enfrontándose ao pelotón de soldados, que tomaban militarmente Vigo. Aínda lembro a voz emocionada da miña avoa Flora, cando contaba como ela e outras mulleres berraban a aqueles soldados, que facían fogo contra a multitude e como con outras compañeiras abrían a súas camisas, mostrando os peitos nus mentres berraban: ?Tirade covardes.... tirade! Tirade contra o noso peito?. Alí naquela heroica resistencia perdían a vida traballadores, anciáns e mozos, entre eles Lenin Moreda Vázquez, que con só 15 anos caeu asasinado polas balas do Capitán Carreró.
Unha das testemuñas daquela traxedia conta o sucedido: ?Eu, corrín con todos os meus folgos, como todos os demais, namentres ollaba como caían asasinados, por detrás das miñas costas, os que corrían ao meu carón. Ía xa lonxe, á altura do café Moderno e do Club Náutico, cando aínda perseguíannos unha morea de soldados e as súas orballadas de balas. Na porta do Café Moderno vin caer xunto a min a algúns curiosos que se asomaban para ver o que sucedía. Na Porta do Sol e nas rúas adxacentes quedaron tendidas máis de cen persoas. Un dos que eu mesmo vin caer mortalmente ferido foi a Diego Lence, un mozo republicano, ao que lle atravesaron o peito dun baionetazo. Tamén vin caer feridos a un capataz do peirao chamado Taboada e a un raparigo de dezasete anos apelidado Domínguez. Estes dous libráronse aquel día da morte para caer vilmente asasinados máis tarde... Ao terminar o balbordo das últimas balas, a Porta do Sol quedou deserta con decenas de corpos ensanguentados no chan.
Os traballadores fóronse repregando para os barrios obreiros. A maioría eran de Teis ou Lavadores. Varios centenares marcharon por Urzaiz cara ao Calvario. No camiño ían erguendo barricadas con lastros e lousas da rúa. Ao chegar aos Choróns decidiron erguer a primeira barricada. Alí sumáronse outros veciños e comezou a resistencia. Namentres Ángel Nogueira era curado das súas feridas, a súa muller Carmen Miguel Agra, decatada do sucedido, acudía ao seu encontro. Daquela ninguén sabía aínda exactamente cal era a gravidade do que estaba acontecendo. O que estaba claro era que Vigo quedara nas mans dos militares golpistas.
Por recomendación dos seus compañeiros do partido, o matrimonio decide refuxiarse na casa duns familiares, por uns días. Tratarían de continuar agochados para poder seguir facendo as curas e controlar como se desenvolvían os acontecementos. Os días seguintes a situación estaba máis clara, desatouse unha feroz persecución e cacería, contra todos os militantes e simpatizantes da Fronte Popular.
Ángel Nogueira e Carmen Miguel Agra era unha parella moi coñecida en Vigo. Nogueira era un destacado militante da dirección do Partido Comunista de Vigo e a súa compañeira Carmen, desenvolvía un intenso labor entre as mulleres, especialmente na Directiva da Organización das Mulleres contra a Guerra e o Fascismo, que en Vigo estaba integrada por Urania Mella, Purita Garrido, filla do Alcalde de Vigo e afiliada ás Mocidades Socialistas Unificadas entre outras. Tamén Carmen era integrante do Socorro Vermello.
En outubro de 1934 cando estoupa a revolución obreira en Asturias, Ángel Nogueira é detido xunto con outros comunistas e republicanos.
A familia Nogueira pertencía ás clases medias da cidade. Ángel era encargado na famosa conserveira Gándara e Haz que estaban en Guixar. Por aqueles anos a devandita empresa daba traballo a centenares de mulleres, a maioría delas da zona de Teis. A miña avoa Flora tamén traballaba naquela empresa. Mentres que o meu avó Agustín, era o responsábel do sindicato da conserva, que por aqueles tempos estaba dirixido polos comunistas.
Nogueira tiña por aquel entón 30 anos. Tiña unha boa formación cultural e política. Era fraco, de pel moi branca, sempre ben vestido, gustáballe o deporte, especialmente o fútbol. O Celta era a súa paixón, cando xogaba en Vigo, non había partido ao que non acudise. En moitas ocasións levaba ás súas fillas pequenas, algunha de poucos meses. Carmen tiña que dedicarse a coidar ás súas dúas filliñas, que eran moi pequenas. Asemade procuraba o tempo necesario para participar nas actividades que organizaba o partido entre as mulleres traballadoras. Ela contaba con 24 anos e segundo as crónicas da época era unha das mozas máis xeitosas de Vigo. Tanto Ángel como Carmen eran dúas persoas cheas de vida, eran felices. Ambos os dous eran moi elegantes no seu vestir. Ningún dos dous pasaba indiferentes na cidade e máis se eran destacados militantes comunistas. Na casa onde estaban refuxiados comezaron a chegar terríbeis noticias de detencións e fusilamentos. Todas as mañás aparecían persoas depositadas nas cunetas. Ante esta situación deciden cambiar de refuxio para non chamar a atención e deixar ás dúas filliñas na casa dos pais de Carmen. É así como son acolleitos nunha vivenda do barrio do Berbés, na rúa Real. Ao pasar varios meses e a situación -lonxe de resolverse- ía empeorando deciden concertar con algúns ?enlaces do Partido?, un plan de fuga, co fin de fuxir daquel inferno e pasar ao territorio gobernado pola República. Poucas eran as posibilidades que tiñan. A saída por Portugal era moi perigosa. A maioría dos que o intentaban quedaban detidos e eran devoltos de contado ao réxime franquista. Esperáballes a morte. A única vía posíbel era escapar nalgún barco amarrado no porto do Berbés. Na mesma situación de Ángel e Carmen estaban varios centenares de militantes da esquerda viguesa. Algúns refuxiáronse nas montañas próximas de Vigo. Pero o frío e a fame provocaron que moitos tivesen que baixar á cidade, para refuxiarse nas casas de familiares e amigos.
O meu avó Agustín Leira, estivo tres anos escondido no barrio do Viso en Vigo, nun faiado onde había un pombal. Mentres que a miña avoa Flora, non conseguiu esconderse e axiña foi detida na súa casa do Toural, no barrio de Teis. Denunciada por unha veciña atopáronlle unhas bombas caseiras, que estaban destinadas aos alzados no monte e encontráronlle tamén unha bandeira vermella. Encarcerada en Vigo, xunto a Urania Mella, foron condenadas e enviadas ao cárcere de mulleres de Saturrarán no país vasco.
O encerro do matrimonio Nogueira foi moi dramático. Calquera acusación podía acabar con eles, e os donos da casa podían sufrir graves consecuencias. Doutra banda alimentar a dúas persoas naqueles tempos non era cousa nada fácil, máis aínda cando escaseaban os alimentos máis elementais. A compra excesiva dos mesmos tamén podía chamar a atención dos falanxistas e da garda civil, que estaban permanentemente á espreita. Para os falanxistas atrapar a Ángel era todo un reto, non se lles podía escapar ese perigoso comunista. Regularmente tanto a garda civil como os falanxista achegábanse á casa dos pais de Carmen, onde estaban as dúas pequenas. Moitas veces de malos modos e ameazantes, insistían en que lles dixesen onde se atopaba o matrimonio. Outras veces achegábanse sutilmente ao carón das súas fillas pequenas, para sacarlle algunha información, que lles dese unha pista, que os conducisen até a casa onde se agochaban. Entrementres outros militantes da Fronte Popular, escondidos noutras casas refuxio, agardaban o momento no que terminase a guerra ou o intre preciso no que puidesen fuxir nalgún barco. O mariñeiro Manuel Martínez Moroño, era outro dos que esperaban en Vigo, o momento de fuxir e pasar ao bando leal [á República]. Noutras casas estaban á espera co mesmo propósito, os irmáns José e Fernando Rodríguez Lorenzo, os dous albaneis e socialistas de Sárdoma.
Un dos que planeaba fuxir era Luís Álvarez González, aínda que de Becerrea (Lugo) era residente en Vigo, desde había moitos anos. Luís era obreiro naval, traballaba nos estaleiros Barreras. Outro dos fuxidos era o barbeiro Camilo Campos Méndez, veciño de Celanova. Camilo era moi coñecido en Vigo, vivía en Taboada Leal e tiña a súa perruquería na rúa do Príncipe, mesmo antes de chegar á Porta do Sol. Como bo barbeiro era moi conversador e todos en Vigo o coñecían polas súas ideas comunistas.
Tamén desde outros lugares de Galicia trasladáronse a Vigo para escapar da represión e esperar o momento oportuno para fuxir, entre eles os curmáns de Castelao, os mestres José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao. Ambos os dous trasladáronse desde Rianxo escampando dunha morte segura. Manuel era un dos pintores vangardistas máis destacados do seu momento. Os dous mestres refuxiáronse na casa do galeguista Ramiro Isla Couto.
Cando chegou a primavera e o mar estaba máis calmo, xeráronse as mellor condicións para a fuxida en barco. O plan era navegar pola costa do Cantábrico, até chegar a Francia, para logo entrar en territorio republicano e sumarse á fronte de batalla.
Entre os traballadores do mar había moitos simpatizantes da Fronte Popular que podían localizar algún barco e preparar a fuga colectiva. Para o éxito do plan necesitaban implicar a moita xente, porén existía o risco de que se «filtrara» información.
Para a «operatoria» de fuga, utilizáronse a familiares ou amigos pouco comprometidos, para evitar que a policía descubrise o plan. Uns días antes, todos os implicados na fuga tiñan os detalles: o día, o lugar e o nome do barco. Así foi como o venres 23 de abril a consigna era xuntarse a partir das tres da noite nun bou, (barco de pesca de arrastre) que estaba amarrado no porto do Berbés. O pequeno barco de baixura chamábase ?Eva?.
Mais o mellor é coñecer o sucedido por medio da propia prensa republicana da época, Nova Galicia dicía na súa edición número 3, baixo o titulo ?Como Morreron os nosos?:
?Inda ben non dirán as tres da mañá do 23 de abril?Nun dos remates do peirao do Berbés, uns homes, envoltos en longos capotóns negros, daban os derradeiro toques a un bou, dos que alí había, para saír ao mar. Cando xa o patrón daba a orde de arriar as amarras avanzou até o peirao un automóbil?Ao pouco tempo, chegou unha camioneta. Dos distintos vehículos comezaron a saír gardas civís e fascistas. Axiña ordenaron que todos os tripulantes do bou desembarcasen, que descendesen a terra? Catro negáronse a facelo e caeron na cuberta do barco cribados a tiros? Os fascistas arremeteron como lobos violentos; sobre a bodega e comezaron a golpealas portas que estaban atrancadas. As voces de que abrirán as portas responderon dende dentro con vivas a República. Non foi posíbel entrar na bodega. O xefe daquelas feras vomitou unhas cantas inxurias, deixou uns gardas vixiando o barco e montou no automóbil que axiña arrancou cara o centro da cidade. Media hora mais tarde regresaba ao peirao cun tanque?alxibe cheo de auga fervendo. En medio do espanto dos tripulantes, comezaron a botar auga fervendo polos respiradoiros e toda aquela auga ía dereita á bodega do devandito barco. Do interior saian berros de angustia. De contado foi inundada a bodega. De súpeto escoitouse o primeiro estalo e despois seguiron outros de xeito intermitente até completar as dez e secas detonacións?Nin un berro mais, nin unha petición de auxilio, nin unha voz de clemencia? Golpeouse de novo o zapón da bodega?Ninguén contestou. Houbo que desfacela á forza de machadas? O espectáculo era tráxico?Aboiando sobre a auga fumeante había nove homes e unha muller nova, dunha fermosura admirábel?Un berro de xúbilo escapou das gorxas fascistas? - ?Agora si que os temos!?- Bramou o xefe. Pero a sorpresa detivo a acción daqueles salvaxes?Os nove homes e a muller xa nada tiñan que temer? estaban todos mortos?As bombas desaugaron a bodega. Procedeuse a recoller os cadáveres e a examinalos para coñecer a causa daquela morte colectiva. Oito dos homes e a muller tiñan na tempa esquerda un balazo. Tíñano todos no mesmo sitio, á mesma altura e coas mesmas características? o outro home tiña un balazo na sen dereita. O pé dun tallo atopouse una pistola, un cargador baldeiro e outro con duras cápsulas disparadas. Non facía falla explicación ningunha? a traxedia estaba alí latexante, vestida con todas as galas de xesta?
Aqueles dez desventurados ao verse descubertos polos fascistas decatáronse do martirio que lles agardaba, da terríbel morte que lles agardaba e a súa dignidade rebelouse, disposta ao mais cruento dos sacrificios denantes que caer perante aqueles fascistas. Debeu ser un tráxico acordo, que quedou conxurado entre torrentes de auga que lles abrasaba as carnes. Un deles erixiuse en executor da traxedia. Foi rematando coa vida dos seus compañeiros de desventura. Despois suicidouse el tamén. Non é posíbel atopar de maneira mais simple un xesto de mártires tan sublime. Sóubose o feito en toda Galicia. Os fascistas foron impotentes para ocultar o espanto das xentes.?.
Nueva Galicia. Voceiro dos Antifascista Galegos. Nº3 30 de maio de 1937.
A prensa local por indicacións do gobernador da Provincia de Pontevedra silenciou o sucedido. Serían os galegos antifascistas que estaban vivindo na zona republicana os que denunciarían o acontecido. Outra referencia a este episodio foi a que apareceu no libro ?Galicia Mártir? que denunciou en todo o mundo, os crimes cometidos en Galicia. Nel saliéntase: ?O plan de evasión que consistía en apoderarse por sorpresa duns dos barcos de pesca ancorados no peirao e facerse á mar, estratexia que foi madurándose pacientemente e ao final posta en práctica con decisión. Pero cando os fuxitivos ían reuníndose a bordo e esperaban só para facerse á mar a chegada dalgúns compañeiros que se atrasaron, atoparon con que escondido no interior do barco estaba aínda algún dos mariñeiros da dotación quen pediu que o deixasen saír. Ao principio negáronse pero o home invocando á súa familia e prometendo solemnemente que non os delataría conseguiu que lle deixasen saír. En canto conseguiu abandonar o bou apresurouse a delatalos e axiña mobilizouse a policía do porto, evolucionaron os bous armados e requisados que utilizaban os fascistas e o pesqueiro dos fuxitivos foi cercado mesmo antes de que tivese tempo de desatracar?.
Un daqueles compañeiros atrasados que salvou a súa vida por chegar tarde, foi Domingo Pombo López, que era Presidente do Partido Galeguista de Ferrol. Ao chegar ao peirao puido presenciar o que acontecera cos seus compañeiros de fuga. Viu os cadáveres en ringleira sobre o peirao e de forma inmediata deu marcha atrás. Pombo volveu ao seu escondite durante uns días, ata que se trasladou a Compostela, onde se escondeu nun faiado na casa dunha amiga.
Rafael Dieste que dirixía o xornal ?Nova Galicia? será un dos primeiros en erguer a súa voz, contra a represión desatada contra os tripulantes do Bou Eva. Entre os inmolados estaban os seus amigos de Rianxo, Manuel Rodríguez Castelao e José Losada Castelao.
?Daquela foi cando os nosos ollos, abertos á lembranza, recibiron nun lóstrego prolongado toda a presenza daquela moza, e todo nos pareceu ilusorio menos o intre de ledicia, cara à liberdade, que sentían aquela noite, mentres o mar, vindo de lonxe, acariñaba o barco. E todo o sono deles realizouse no noso corazón. Si, pasaban o mar, e a volta dun recanto dunha cidade das nosas, viña ao noso encontro cos brazos abertos?Moito tempo, aínda sen querer saber que xa sabíamos a norte, estivemos a repetir os nomes coñecidos, resucitando a mesma infancia que viviron con nós ? e que tan nosa era como deles?Así estivemos, a rescatalos, dándolle paso pola nosa lembranza cara á eternidade?E vimos que pasaban, que xa non sairían ledamente ao noso encontro en calquera cidade. E filtrouse en nós, como un albor de lúa, o degoro de ir con eles, e con todo os homes e mulleres xenerosas da nosa terra que xa van alá?
Mais algo enche de luz a nosa dor, e fai xurdir no medio dela un berro de orgullo, case un aturuxo: Non se entregaron ás lixentas! Non se entregaron, viron uns nos ollos dos outros unha diafanidade absoluta e non se entregaron, viron uns nos ollos dos outros unha clareza absoluta e só se entregaron á morte en compaña do ceo da noite. Cada tiro unha estrela. E hai que admirar ao executor, ao que quedou para o remate, sen que vacilase a fe ? del e dos outros ? na súa absoluta firmeza.
Cando foron máis irmáns nove homes e una muller?. Esa fraternidade no momento decisivo, ese acordo perfecto, esa inmensa seriedade do voso espírito nese intre, fai para sempre lucinte e exemplar a vosa morte. Sí, compañeiros, vindes, agora mais que nunca, ao noso encontro!
Nova Galiza, Barcelona, nº 5, 15-6-1937.
A policía e a falanxe ante o descubrimento do intento de fuga abren unha rápida investigación co fin de saber quen colaboraron no operativo. De forma case inmediata localizan ao mariñeiro que conseguiu contactar co patrón do Bou Eva. Trala súa detención, horas despois apareceu morto preto da ETEA na zona de Teis.
A noticia do suicidio colectivo chegou até o fronte de batalla. Un voluntario vigués de nome A. Brisimo integrante da Brigada Mixta 43, do exército republicano, cando se atopaba na Fronte da estrada de Estremadura, escribe unha carta ao xornal ?Nova Galicia? que di entre outras cousas: ?A sorte corrida por dez camaradas de Vigo, entre eles o camarada Nogueira e a súa compañeira. Quen de Vigo non coñecía a estes camaradas?.
Eu, como moitos outros camaradas que tivemos a sorte de tratalo, de loitar ao seu carón nas gloriosas xornadas de outubro, que compartimos ao seu lado a dirección do Sindicato de Empregados de Oficinas, que fun como o seleccionado no movemento de outubro, que despois do movemento actuamos xuntos na clandestinidade, que a súa casa era unha máis ao servizo da causa, non poderemos esquecelo; a súa faciana delgada e branca, era unha proba das persecucións sufridas, dos seus días de cárcere, desde a cal sempre recibimos o seu alento para proseguir a nosa loita; xamais deu perante os seus compañeiros mostras de desfalecemento. En fin, un compañeiro entregado na súa totalidade á causa da Revolución, pola cal soubo morrer como morren os comunistas. Parece coma se nestes momentos aínda o ollase, despois do golpe fascista, perseguido polos lacaios de Hitler, como naquel mes de outubro; pero tamén paréceme velo actuando clandestinamente contra os mesmos, pelexando contra eles, non con armas, pero si con palabras, alentando a todos os compañeiros a proseguir a loita lonxe da Fronte da revolución, pero en beneficio da mesma. Camarada Nogueira, a túa morte non é inútil e desde as frontes nas que nos atopamos saberemos vingarche como ti mereces, e dos que quedemos desta cruel guerra á que tivemos que facer fronte saberemos levar a bandeira que as túas firmes mans empuñaron sempre, até o derradeiro recanto da nosa querida España...
Na cidade comezaron a circular todo tipo de rumores. Mesmo que foran os propios gardas de asalto os que fixeran aqueles disparos.
Decatado na zona republicana Alfonso Castelao, do asasinato dos seus curmáns e perante o terror desatado en Galicia, comezou a realizar a súa serie de debuxos, co obxectivo de realizar unha denuncia pública, así nace ?Galicia Mártir?. Entre os debuxos realizados nesta serie esta ?A derradeira lección do mestre? en homenaxe aos seus familiares asasinados no bou Eva.
O actual Presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero sinalou sobre este histórico feito: ?Un suicidio colectivo coma o do bou Eva non sucedeu en ningún outro lugar durante a Guerra Civil (...) se este país estivese normalizado, a historia do bou Eva estaría reflectida xa en películas, en libros ou non teatro?.
Lois Pérez Leira.
Escritor e documentalista.
Manuel Rodríguez Castelao y José Losada Castelao mestres. Ambos os dous eran primos de Castelao. 31 e 45 anos.
Manuel Martínez Moroño, de Vigo, 44 anos.
José Rodríguez Lorenzo, de Vigo, 30 anos.
Fernando Rodríguez Lorenzo, de Vigo 37 anos.
Luis Álvarez González, residente en Vigo.30 anos.
Camilo Campos Méndez, residente en Vigo, 33 anos.
Carmen Miguel Agra, de Vigo. 24 anos.
Ángel Nogueira Nogueira, de Vigo, 30 anos.
Bibliografia Consultada.
Galicia Mártir. Hernán Quijano. Ediciones Neos. Buenos Aires. 1949.
Nova Galiza, Barcelona, nº 5, 15-6-1937.
Nueva Galicia. Número 3. 30 de mayo de 1937. ?Como morreron os nosos?
Nueva Galicia. Numero 7. 27 de junio de 1937. Dibujo en portada sobre el vou Eva.
Nueva Galicia. Numero 7. 27 de junio de 1937. Nuestros Caidos. A. Brisimo. Brigada Mixta 43. Frente carretera de Extremadura.
Valentín Paz Andrade. Libro de conversaciones.
Entrevistas:
Flora de Dios Rodríguez. Represaliada, participantes de los hechos ocurrido en la Puerta del Sol de Vigo.
Concha Nogueira, hija de Ángel Nogueira y Carmen Miguel.
Franco Fernando, Una vida marcada por la guerra y la militancia comunista. Faro de Vigo. 27.06.2013
Bragado Manuel, Bou "Eva". Faro de Vigo.
Referencias poéticas.
Valentín Paz Andrade foi o autor do primeiro poema en galego sobre a traxedia, "Na onda até Rianxo". Escrito en 1976 e publicado no libro "Cen chaves de sombra" (1979) homenaxea aos curmáns de Castelao: "Da nosa luz vivían e ao perdela [...] no bou Eva apresado no Berbés,/ coa cámara chea de escapados,/ voluntarios da morte todos eles / adiantando o seu fin / á auto-execución se condenaron / como Sócrates náuticos".
Anxo Angueira cantou ás vítimas no seu poemario "Fóra do sagrado" (2007): "Vigo Berbés trinta e seis / Berbés mariñeiros do mare e o bou Eva", "malpocadiños todos todos / nadando mortos no Berbés". |
|
|
|
Nova Esquerda Galega (NEG) participa na manifestación do 14 de abril en Vigo |
|
Case mil persoas manifestáronse o pasado 14 de abril polas rúas de Vigo para conmemorar a declaración da Segunda Republica española e reivindicar a Terceira. Convocados pola Asemblea Republicana de Vigo no medio de multicolores bandeiras manifestáronse os veciños de Vigo, cidade históricamente de tradición republicana. Entre as numerosas bandeiras tricolores observáronse tamén as do Partido Comunista e as de Nova Esquerda Galega, quen conformaron un grupo numerosos dentro da columna republicana.
Nova Esquerda Galega en declaracións públicas sinala que ?sen a Terceira Republica non abra Primeira Republica Galega, por iso non existe contradición en loitar por ambas republicas.?
Os voceros de NEG sinalaron o desexo desta organización de continuar a campaña para que dúas rúas de Vigo leven os nomes dos vigueses Humberto Baena e Sánchez Bravo por ser os últimos mártires por loitar pola república. |
|
|
|
Non queremos ser unha satrapía |
|
 Por: Óscar Lomba
FONTE: Galicia Confidencial
http://www.galiciaconfidencial.com/nova/18342.html
Algúns opinan que o acordo entre PSOE e PP nos orzamentos de 2014 será bo se impulsa proxectos clave. Eu non concordo coa devandita afirmación porque é falsa e ademais entendo que a xestión dunha cidade non pode basearse só na colocación de lousas, lastras e baldosas por todos os recantos e o simple embelecemento de rúas, cando os nosos veciños quedan sen traballo, son desafiuzados das súas casas ou pasan fame e frío. Mentres a facenda municipal é dilapidada en baldosas, propaganda e contratacións de amigos e familiares de dirixentes do PSOE, realizadas a dedo, o Alcalde de Vigo enche a cidade con letreiros que din que «vivimos nunha cidade fermosa». Non, Vigo non é o «paraíso urbano» que algúns queren vendernos.
Se pescudasen un pouco e falasen coa xente descubrirían a situación real da cidade. Verían que Vigo está perdendo dinamismo empresarial e comercial. Advertirían que o desemprego disparouse nos últimos anos e que o número de pobres segue incrementándose. Repararían na desastrosa xestión do Auditorio Mar de Vigo. Decataríanse das escasas iniciativas culturais impulsadas desde o Concello, na calamitosa situación dalgúns edificios do casco histórico, no raquítico apoio municipal aos mozos emprendedores, aos proxectos de cooperativismo, ao auto-emprego e a economía social. En Vigo fan falta máis políticas de benestar social e menos discursos grandilocuentes.
Algúns comentaristas e articulistas de opinión afirman que o pacto orzamentario entre PSOE e PP será bo se os partidos e os seus líderes antepoñen o interese cidadán ás súas liortas persoais. A que tipo de acordos se refiren? Falan dun pacto entre confrades unidos por un simple «interese corporativo»?. Queren seica unha especie de «Bella Società Riformata»? O que non parece moi normal é que en Vigo non se actúe contra o flagrante nepotismo que aniña na nosa institución municipal. Por que se manteñen tan calados os dous partidos da oposición PP e BNG? Parécelles normal que se repartan empregos entre familiares ou amigos, sen importar o mérito para ocupar eses cargos, senón a súa lealdade ao político de quenda? Non, ante este tipo de cousas non se pode un andar con medias tintas nin con panos mornos ? En todo caso, e despois de negociar e consensuar os orzamentos, e para ser realmente coherentes, PSOE e PP deberían facer unha coalición de goberno como fixeron o SPD e a CDU en Alemaña, pois en caso contrario estarían enganando aos vigueses.
Moitos deberían tirar a careta porque basean o seu discurso en puros enredos dialécticos, en bagatelas pomposas e verbas baleiras de contido. Estamos fartos de que algúns pretendan facer doce aquilo que é amargo, que intenten erixir castelos de area, que queiran acougar con somníferos propagandísticos os crispados ánimos dunha cidadanía abatida por tanto despropósito. Vigo non é a cidade que pretende mostrar, e os vigueses estanse a decatar de que hai severos indicios de desgoberno, malgasto e corrupción. A maioría dos nosos veciños saben que Vigo é unha cidade fiel, leal e valente, pero non tan luminosa como algúns quere facernos crer, pois uns poucos empéñanse en proxectar unha sombra desvergoñada de enchufismo, arbitrariedade e manexos ocultos.
Vigo está farta de inacción e parálise, necesita unha verdadeira rexeneración democrática e non pactos escuros, mal nados e interesados. Non necesitamos trocos ou cambelaches nin tenebrosos arranxos de trastenda. Se non queremos ser unha satrapía debemos reclamar mais transparencia e democracia.
Moitos temos claro que Vigo só volverá á Liga das cidades de Primeira División cando o cambio chegue nas municipais de 2015.
|
|
|
|
A politiqueiría e o Concello de Vigo. |
|
Por: Óscar Lomba
FONTE: A PENEIRA
http://www.apeneiradixital.com/a-politiqueiria-e-o-concello-de-vigo/
O proxecto urbano do actual Alcalde de Vigo está dominado polo seu obxectivo de empedrar Vigo, algo moi distinto do que supón humanizar. Pór lousas e pavimentar rúas semellan ser as actividades que esgotan a axenda do noso actual goberno municipal, e somos moitos os que opinamos que nos devanditos empedrados non se aprecian indicios de algo máis fondo e decisivo. En definitiva, o executivo municipal vigués carece dunha dirección política que verdadeiramente xestione consensos con amplos sectores sociais da cidade, que institúa marcos nos que a competencia política poida discorrer de xeito transparente de acordo coas expectativas da cidadanía viguesa.
En principio, a política municipal de Caballero dista moito de ser un proceso a través do cal a poboación teña capacidade de opinar á hora de decidir determinadas actuacións urbanísticas. En Vigo resulta cada vez máis difícil que se enxergue un interese xeral nas actuacións do actual alcalde. Non se aprecia un diagnóstico dos problemas colectivos, non existe unha proposta de como superar as distintas dificultades e que iso se faga contando coa participación dos diferentes actores urbanos. Paralelamente, a política viguesa non consegue artellar diferentes redes que poidan ir resolvendo os problemas que xorden cotiamente na cidade. Finalmente, a política local viguesa non favorece a auto-organización de vontades colectivas, de distintos representantes sociais que encarnen a diversidade urbana. O actual goberno municipal prescinde de moitas organizacións e movementos sociais e veciñais nos cales hai moitos individuos dispostos a achegar solucións a moitos dos retos que a nosa urbe ten formulados dende hai décadas.
O que fan os actuais membros da presente corporación viguesa poderíase denominar politiqueiría xa que corresponde ao dominio dos intereses particulares non inscritos nunha estratexia que os transcenda. Cando certas pulsións desbócanse xorde a politiqueiría. A cobiza persoal e a vontade de poder de determinadas elites políticas poden degradar o quefacer político. Acho que a politiqueiría pode destruír a política.
Aínda que poida tomalos como escusa, a politiqueiría non ten nada que ver cos intereses xerais. O fin da politiqueiría é a ganancia persoal pola vía de producir unha aparencia de respectabilidade tras a que se agochan paixóns descontroladas. A voracidade polas prebendas, o poder, a aparición do enchufismo e o nepotismo, son os móbiles verdadeiros da politiqueiría. De aí nacen a intriga, a traizón, a retórica baleira de contido, a falta de lucidez, a trapallada e a chilindrada. Finalmente, o desgoberno e o malgasto.
Pero o paradoxal é que a politiqueiría, ao socavar a política municipal non fai máis que destruír o único escenario onde esta pode exercerse. A descomposición moral e política dun concello non fai máis que anunciar a súa caída. O predominio da politiqueiría é o triunfo da «irracionalidade vantaxista» dos individuos sobre a «racionalidade colectiva» da sociedade. Só queda un camiño que é a rexeneración democrática nada das urnas e 2015 chegará axiña.
|
|
|
|
Vigo esperta |
|
Por: Óscar Lomba
FONTE:Praza Pública
http://praza.com/opinion/1751/vigo-esperta/
Os charlatáns de feira e aproveitados que anuncian a posibilidade de alcanzar o paraíso vigués; os distribuidores de estupefacientes mediáticos destinados a anestesiar o cerebro colectivo; os propagandistas do todo vai sobre rodas pero aínda irá mellor, esa seita localista de fanáticos do rexedor olívico están aferrados -ou suxeitos, nunca se sabe- á institución como as moscas ao mel.Encandeados á súa idea de cidade-estado intentanvendernos a moto nun pavoroso exercicio de cinismo; ávidos por divulgar as súas estrafalariasalfombras de lastras, lousas e azulexos; con gañas de largar as súas peroratas grandilocuentes, os seus discursos fachendosos e as súas carracas localistas; cativados por esa alleada obsesión por transformar Vigo nunha metrópole fantástica, nunha urbe de conto de fadas, nun espazo de lenda, nun lugar de fábula, nun municipio acicalado, coqueto e perfumado; un edén balsámico e moi doce no que os seus habitantes son felices e comen perdices, un verxel de xentes elegantes e cultivadas, prósperas, espléndidas, ansiosas de pasear polas súas marabillosas rúas prodixiosamente empedradas e axardinadas mentres contemplan o fabuloso ceo azul...
Porfiados por ese éxtase, ese estado de bebedeira derivado da inhalación de durmideiras no cal todo é maxestoso e as rúas son unha sorte de pistas de patinaxe nas que os viandantes gozan deslizándose mentres soa unha melodía de Richard Clayderman.Todo é sortilexio, todo lles serve na súa obstinación por vendernos a moto que xa ninguén lles compra, porque sucede que a xente xa non acredita nas fantasías destes iluminados. Perderon toda a credibilidade.
O oportunista acordo entre PSOE e PP sobre os orzamentos municipais de 2014 é un engano que só servirá para repartir cromos e negociar cotas de poder. Será malo porque os partidos inmiscidos e os seus líderes anteporán o interese propio aos seus matices ideolóxicos. Será malo porque este pacto ciméntase sobre unha filosofía argalleira, tramposa e trapalleira, na que uns e outros serán dúas caras da mesma moeda. Será malo porque será o comezo dunha nova política na que os matices e as sensibilidades e ideais contarán pouco, pero os «intereses dos aparellos» pesarán moito máis. Será malo porque os líderes do PSOE e do PP asumirán o mesmo discurso populista que asegura altos réditos electorais pero que só beneficia a uns poucos. Será malo porque Vigo quedará supeditada aos designios dunhas poucas camarillas e elites oportunistas, desdeñosas e narcisistas. E será malo porque continuará o desgoberno, o malgasto e o nepotismo, mentres os sufridos vigueses pasan un calvario.
Porén, 2015 está ao virar a esquina e aqueles que pretenden atrincheirarse na Casa Consistorial,poderían levar un bo susto cando Vigo esperte, por fin, do seu letargo.
|
|
|
|
Vigo rexurdirá das súas cinzas |
|
Por: Óscar Lomba
FONTE: SERMOS GALIZA
http://www.sermosgaliza.com/opinion/oscar-lomba/vigo-rexurdira-das-suas-cinzas/20140401201824025929.html
Os insolentes, lingoreteiros, lerchos e vividores que procuran o «nirvana olívico»; os repartidores de narcóticos prescritos co obxectivo de anestesiar o «encéfalo metropolitano»; os difusores do ?Vigo é unha cidade fermosa?, esa congregación sectaria de entusiastas, servidores e lacaios do goberno municipal vigués cada vez incrústanse máis á poltrona semellando lapas.
Cegados pola súa obsesión de crear unha «cidade de pedra» pretenden embobarnos nunha abraiante manobra de «sedución»; ansiosos por popularizar os seus grotescos «felpudos» de lastras, lousas e azulexos; con animo de despregar as súas parolas ampulosas, as súas arengas vaidosas, os seus sermóns patéticos e os seus panexíricos localistas; absortos por ese absurdo e caricaturesco «ideal» por converter Vigo nunha cidade de ciencia ficción, nun emporio mitolóxico, nun lugar de fantasía, nun recanto acicalado, nun municipio relambido, soberbio e aromático; un oasis máxico e doce no que a cidadanía vive nun éxtase permanente, unha cidade-xardín de residentes refinados e ilustrados, florecentes, dadivosos, afanosos e desexosos de deambular polas súas marabillosas rúas asombrosamente pavimentadas e axardinadas mentres contemplan a súa fabulosa Ría Atlántica.
Os e as viguesas son intoxicadas por determinados «medios de comunicación» que ateigan á cidadanía con inxentes cantidades de «barbitúricos propagandísticos» tralos cales todo semella radiante e as rúas convértense en tobogáns polos cales os transeúntes deléitanse deslizándose mentres soa a Sinfonía nº 1 en sol menor, Op.13 de Piotr Ilich Chaikovski. Todo é encantamento, todo lles serve na súa insistencia por «camelarnos» e con todo xa ninguén lles fai nin caso, porque sucede que a xente cansouse de tanta prestidixitación.
O oportunista acordo entre PSOE e PP sobre os orzamentos municipais de 2014 son unha artimaña que só servirá para o beneficio dunha exigua minoría. Será nefasto porque as organizacións políticas involucradas e os seus dirixentes preferirán o proveito propio ás súas posicións políticas e ideolóxicas propias. Será infortunado porque ese compromiso institúese sobre unha visión falsa, fuleira, falaz e gaioleira, na que uns e outros serán dúas almas dun mesmo corpo. Será desfavorábel porque provocará o afianzamento dunha política na que as posicións políticas e diferenzas ideolóxicas contarán pouco, pero os «intereses orgánicos» dos partidos pesarán moito máis. Será nefasto porque os dirixentes de PSOE e PP asumirán idénticas alegacións «populistas» que aseguran altos réditos electorais pero que só benefician a uns poucos. Será moi negativo porque Vigo quedará supeditada aos designios dunhas poucas catervas e fraccións oportunistas, altivas, fachendosas e ególatras. E será infortunado porque continuará o desgoberno, o malgasto e o nepotismo, mentres os sufridos vigueses pasan un suplicio. Porén, 2015 axiña chega e Vigo rexurdirá das súas cinzas.
* Óscar Lomba é avogado e co-voceiro de NEG.
|
|
|
|
Viva Galiza Ceibe e Republicana!. |
|
 Por: Óscar Lomba.
FONTE: Xornal A PENEIRA
http://www.apeneiradixital.com/viva-galiza-ceibe-e-republicana/
O 14 de abril cúmprense 83 anos da proclamación da IIª República Española. Durante tres anos, a nova República, presidida por Alcalá Zamora e con Azaña como xefe do goberno, intentou sentar as bases dun Estado democrático en cuxo marco quedarán garantidas as autonomías das comunidades nacionais (Catalunya, Euskadi e Galiza), a separación da Igrexa e o Estado e un amplísimo programa de reformas e, por mor do devandito programa, estableceu por primeira vez na historia un sistema autenticamente democrático en todos os eidos, incluíndo a propia Xefatura do Estado, logrouse o voto feminino, botouse a andar a necesaria reforma agraria, a extensión da educación universal, a laicidade das institucións públicas e a democratización do Exército.
Grandes políticos tomaron parte neste intento por modernizar o Estado español. Intelectuais como Salvador de Madariaga, Novoa Santos, Rodríguez Cadarso, Otero Pedrayo, Daniel Castelao?van desempeñar un papel relevante nas Cortes republicanas. Tamén hai que salientar políticos como Julián Besteiro, Indalecio Prieto, Francisco Largo Caballero, Juan Negrín, Francesc Maciá, Lluis Compañys, Federica Montseny, Dolores Ibárruri ?Pasionaria?? Outras figuras, como Casares Quiroga, Portela Valladares, Barcia Trelles ou González López alcanzarán, tamén, gran protagonismo nos gobernos republicanos. Asemade hai que salientar as figuras de Ramón Suarez Picallo e Alexandre Bóveda.
Unha das grandes novidades que trouxo a República foi a modernización cultural do país sobre todo no que atinxe ao equipamento educativo. Non esquezamos que o 11 de agosto de 1933 comezou a Misión Pedagóxica de Galiza, dirixida por Rafael Dieste; unha viaxe por terras galegas que duraría seis meses e que percorreu a meirande parte das comarcas galegas. Entre 1931 e 1936, o labor deste inxente esforzo educativo chegou a preto de sete mil vilas e aldeas. Moitas das misións, escolas e bibliotecas ambulantes víronse reforzadas cunha masiva dotación de mestres e educadores voluntarios, que formaron unha hoste de propagación do ideario republicano, socialista, anarquista, e galeguista. Ademais, como salienta Ramón Villares na súa Breve Historia de Galicia, ?nalgunhas vilas como Noia, Ribadeo ou Vilalba abríronse centros de ensino medio e na Universidade compostelá, unha nova xeración de estudantes, vinculada a FUE e a organizacións galeguistas, alentou a galeguización da universidade?. Pero o dobre acoso a que se viu sometida por determinadas organizacións radicalizadas que pedían reformas revolucionarias e inmediatas, e por determinados sectores inmobilistas, conservadores e mesmo reaccionarios e contrarrevolucionarios (chegando a producirse algún levantamento como o de Sanjurjo en 1932), xunto cun grande anticlericalismo, co que simpatizaba un importante sector da sociedade española, e a lentitude de determinadas reformas sociais, dificultou a consolidación do réxime republicano e, nas eleccións de novembro de 1933, os partidos de centro dereita (nucleados ao redor da C.E.D.A) obtiveron unha rotunda maioría. A viraxe cara á dereita que deu o novo goberno durante aquel bienio negro, coa anulación de moitas medidas da etapa anterior, provocou sublevacións en Asturias e Catalunya (outubro de 1934), cuxa represión veu representar o primeiro acto do xigantesco drama que se iniciaría o 18 de xullo de 1936. Os sectores máis reaccionarios non aceptaron o rumbo que tomaba o Estado español e tampouco as reformas que pretendían acabar con determinados prerrogativas dos devanditos sectores privilexiados. As capas adiñeiradas e privilexiadas da sociedade puxeron todo o seu empeño para facer fracasar a República e terminaron impulsando e apoiando unha insurrección militar que provocou unha sanguenta guerra civil, e que acabou nunha terríbel ditadura que durou 40 anos. Antes da morte do ditador comezouse a xestar a Transición e bosquexouse un sistema parlamentario que en virtude da Lei de Sucesión na Xefatura do Estado do 26 de xullo de 1947, proporía a Juan Carlos como sucesor de Franco a título de rei, proposta ratificada polas Cortes Españolas en xullo de 1969, perante as que o novo príncipe prestaría xuramento de gardar e facer gardar as Leis Fundamentais do Reino e os principios do Movemento Nacional, é dicer, o ideario franquista. Xa que logo, non houbo ruptura democrática e por iso existiu certa continuidade entre o aparato da ditadura e a monarquía parlamentaria que a sucedeu. Por iso aqueles que seguimos crendo nos ideais republicanos non podemos renunciar á nosa aspiración de ver nacer en Galiza e no conxunto do Estado español un novo proceso constituínte que conduza á instauración dunha IIIª República, que abra a posibilidade da autodeterminación de Galiza e, se fose posíbel, dunha Confederación de Repúblicas (incluíndo a Portugal).
O 14 de abril é un bo día para pendurar, das varandas dos nosos balcóns, unha bandeira tricolor xunto á bandeira galega; para cantar o Himno Galego e o Himno del Riego e para participar nalgunha das manifestacións que teñen lugar nas principais cidades e vilas de Galiza nas que podemos escoitar e berrar: Viva a República! Viva Galiza Ceibe e Republicana!.
|
|
|
|
|
|