Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.
PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CEA SOLIDARIA |
|
CEA SOLIDARIA
Cea solidaria organizada pola organización galega para o desenvolvemento Da Man
O vindeiro sábado 9 de maio ás 21:30 horas no salón de banquetes da Casona da Torre en Redondela.
Reservas nos teléfonos:
666 618 202
691 109 283
670 910 488
WEB: http://www.orgdaman.org/ |
|
|
|
Vigo e o urbanismo cálido |
|
Por: Óscar Lomba
Fonte: Web de Óscar Lomba
http://oscarlomba.com/vigo-e-o-urbanismo-calido
Opino que habitamos unha cidade mercantilizada na que os usos do espazo público privatizáronse. Porén, entendo que Vigo debería impulsar outro tipo de urbanismo que tivese en conta outros usos do espazo público e que nacese dun xeito menos impositivo. Opino que resulta urxente artellar outro xeito de construír a nosa cidade que estea máis atenta ao benestar da cidadanía viguesa. O desenvolvemento urbano de Vigo debería ser menos indiferente á vontade colectiva. Debería ser un urbanismo cálido. Humanizar non debería consistir en ateigar a cidade de lousas e baldosas por todos os recantos. Debemos ser conscientes de que toda formulación urbana afecta ao noso quefacer cotiá. Resulta importante suscitar proxectos que se fagan desde a cidadanía aínda que sen descartar a colaboración da administración e que poñan en xogo outras perspectivas como son os sentimentos cidadáns, o coidado do espazo e o seu relato nas prácticas domésticas de cada vigués. Os recursos dos que dispomos non son só materiais e económicos, senón que tamén existen outros capitais como son o afectivo, o da saúde ou o da sostibilidade. Opino que é necesario transformar os espazos públicos, reactivar os solares baleiros, incrementar a mobilidade, ampliar a cultura colaborativa, mellorar a salubridade de determinadas áreas periféricas, potenciar a economía responsábel ou a educación ambiental. Todas as persoas de Vigo deberían ter dereito á cidade sen discriminacións de ningún tipo. Sería fundamental preservar a memoria histórica de Vigo e a súa identidade cultural. Vigo abrangue un espazo colectivo culturalmente rico e diversificado, posto que pertence a todos os seus habitantes. Todos os vigueses e viguesas teñen dereito a participar na propiedade do territorio urbano, xa que os espazos e bens públicos e privados da urbe deben utilizarse dando prioridade ao interese social, cultural e ambiental. Vigo deben ser un ámbito de realización de todos os dereitos humanos e liberdades fundamentais, porén debería recoñecerse unha protección especial a grupos e persoas en situación vulnerábel. Debería impulsarse unha economía solidaria. O concello de Vigo debería adoptar medidas efectivas para lograr de xeito progresivo a plena efectividade dos dereitos económicos, sociais, culturais e ambientais de toda a cidadanía viguesa. E para logralo non basta con ornamentos nin con decorados de cartón pedra. Non se trata ornamentar para ocultar a cidade real. A fría pedra non pode paliar a angustia dos miles de parados e paradas que esperan unha axuda de emerxencia. Vigo necesita un urbanismo máis humano, máis cálido.
|
|
|
|
Vigo e a illa decepción |
|
Por: Óscar Lomba
(Fonte: web de Óscar Lomba e La Voz de Galicia)
http://oscarlomba.com/vigo-e-a-illa-decepcion
Decepción é unha illa integrada no arquipélago das Shetland do Sur, no noroeste da Antártica. O seu nome débese a unha lenda que fala do sentimento de decepción provocado no seu momento pola crenza de que existían fabulosos tesouros de piratas e bucaneiros que, unha vez alí, non apareceron nunca.
Vigo non é esa illa e a súa cidadanía non busca tesouros, pero moitos teñen un sentimento de insatisfacción xurdido ao non cumprirse as súas expectativas de futuro, se é que nalgún momento as tiveron.
Moitos vigueses e viguesas humildes deambulan polas rúas da cidade e observan numerosos letreiros que din: «vivimos nunha cidade fermosa», porén ao ser pobres as súas emocións primarias xeran sorpresa e mágoa. Entrementres descobren perplexos como a cuñada de dona Carmela Silva, parella política e primeira tenente de alcalde de Abel Caballero, gozou dun soldo sen ter que achegarse ao seu posto de traballo. A «fermosura» non é vivida do mesmo xeito por todos, xa que mentres uns non teñen que esforzarse nada e perciben o seu salario sen ter que madrugar, outros sofren un retraso intolerábel na resolución e concesión das axudas sociais de emerxencia, que moitas veces nin sequera acaban chegando.
Pasear por rúas prodixiosamente empedradas non axuda moito cando quedas sen traballo, es desafiuzado da túa casa ou pasas fame e frío. Moita xente de Vigo coñece demasiado ben esas sistuacións como para permitir que un alcalde se ría deles e rexeite dar explicacións sobre os presuntos enchufes no Concello.
Vigo non é unha illa pero os parados que esperasen algún emprego xerado por tantas obras e humanizacións si que deben estar moi decepcionados. Porque o tesouro non aparece.
|
|
|
|
SUSAN GEORGE abrirá en Vigo as xornadas 'Recuperar Soberanía. Desarmar o TTIP' |
|
CONFERENCIANTES:
Susan George: Filósofa, activista en numerosas entidades (entre outras, Attac ou Greenpeace), na actualidade é presidenta do comité de planificación do think tank progresista Transnational Institute de Ámsterdam. Entre as súas obras destaca O informe de Lugano; Fe e débeda: o imperio secular do Banco Mundial ou o recente O Informe Lugano II, subtitulado "esta vez imos liquidar a democracia".
Albano Dante Fachín: Activista e editor da revista Café amb Llet, que naceu en 2004 como unha publicación mensual de ámbito comarcal. A súa investigación sobre a privatización da sanidade pública en Catalunya (denunciada tamén a través de reportaxes publicadas en youtube) valeulle os ataques da Generalitat, pero tamén incrementou o seu coñecemento e respecto en toda Catalunya e no resto do Estado Español. En 2014 converteuse nun medio de ámbito catalán, cunha tirada de 30 mil exemplares e chegando a distribuír de balde ata 145 mil exemplares dun número especial
Ricardo García Zaldívar: Economista, profesor na Universidad Carlos III e presidente de Attac España. En Praza falamos con el hai dous anos, nunha entrevista na que destacaba que "A débeda é un negocio e un instrumento potentísimo para conseguir outras cousas. É unha mostra do inmenso poder que teñen a banca e os seus lobbies".
Arcadi Oliveres: Economista e activista de Justícia i Pau, organización pola promoción e defensa dos dereitos humanos, a súa actividade nos últimos anos estivo centrada na defensa do decrecemento, a súa proximidade ao 15M e a creación, xunto a Teresa Forcades, de Procés Constituent.
Florent Marcellesi: Investigador, político e activista ecoloxista, europarlamentario por EQUO dende o pasado mes de maio. Entre os seus libros destaca Adiós al crecimiento. Vivir bien en un mundo sostenible y solidario ou Cooperación al posdesarrollo. Bases teóricas para la transformación ecológica de la cooperación al desarrollo. |
|
|
|
ACTO PÚBLICO EN VIGO |
|
 ACTO PÚBLICO EN VIGO
Este xoves 26 de marzo de 2015 ás 19:30 horas darán comezo as xornadas contra o TTIP organizadas por ECOAR))) no Auditorio do Centro Municipal de Teis (Camiño Maceiras s/n, 36207, Vigo) coa presenza de SUSAN GEORGE
http://www.tni.org/es/users/susan-george
DA MAN DE SUSAN GEORGE
ARRINCAN AS XORNADAS ?RECUPERAR SOBERANÍA, DESARMAR O TTIP?
Este xoves 26 de marzo de 2015 darán comezo as xornadas contra o TTIP organizadas por ECOAR))) no Auditorio do centro Municipal de Teis (Camiño Maceiras s/n, 36207, Vigo) .
___________________________________________________________________________________________
O xoves 26 de marzo, ás 19:30 h., terá lugar, no Auditorio do Centro Municipal de Teis(Camiño Maceiras s/n, 36207, Vigo) a primeria das sesións que compoñen as xornadas ?Recuperar Soberanía, desarmar o TTIP?, da man de Susan George, activista, escritora, científica socio-política e presidenta da Xunta do Transnational Institute. O traballo de George vai encamiñado, nos últimos anos, cara a loita contra o modelo actual da globalización, organización do comercio mundial, as institucións financeiras internacionais e as relacións norte-sur.
George é especialista, entre outros temas, en reforma da Unión Europea, política comercial europea, débeda e institucións financeiras internacionais, alternativas á globalización empresarial, taxa sobre as transacións especulativas; seguridade alimentaria e comercio internacional. Sobre estes temas escribiu máis dunha decena de libros que foron traducidos a diversos idiomas, ademais de numerosos artigos.
Máis Información das xornadas
http://recuperarsoberania.besaba.com/
www.ecoarglobal.org
http://goteo.org/project/desarmar-o-ttip
|
|
|
|
O futuro de Vigo está en xogo |
|
Por: Óscar Lomba
Fonte: Web de Óscar Lomba
http://oscarlomba.com/o-futuro-de-vigo-esta-en-xogo
O alcalde Vigo, recentemente, manifestou que o Concello ten en marcha máis de 80 obras por toda a cidade. Porén, moitas veces os datos que manexamos non son reais e non nos permiten recrear a imaxe obxectiva do escenario certamente existente, polo que a visión da cidade tórnase confusa, os datos interprétanse mal e selecciónanse de maneira nesgada, co que se ten unha visión da cidade parcial que só dá conta dun aspecto e non de toda a realidade. O alcalde, por exemplo, non di que Vigo deixou de ser aquela cidade dinámica que aspiraba a seguir sendo o motor industrial de Galicia. Non fala do enorme desemprego, que xa alcanza cifras superiores aos 30.000 parados. Tampouco fai referencia á alienación e á manipulación mediática. Non menciona unha soa verba da corrupción e do enchufismo. Para Caballero non existe o nepotismo. Ese nepotismo rampante que aniñan na nosa institución municipal e que está podrecendo os fundamentos democráticos da nosa corporación. Non fai referencia ao uso perverso de fondos públicos nin ao emprego xeralizado de medios de comunicación afíns ?que impiden coñecer a realidade e dificultan a formación dunha conciencia crítica colectiva? e que sumados á compra masiva de vontades están gangrenando os cimentos da sociedade civil viguesa e favorecendo a perpetuación dunha casta de «bonecos de ventrílocuo» que están ao servizo das elites dominantes que son as responsábeis do afundimento da Caixa de Aforros de Vigo e da desfeita do tecido produtivo da nosa cidade.
Por mor de todo o exposto quero que o conxunto dos vigueses reflexione sobre a situación real da cidade e a súa área de influencia antes de emitir o seu voto o próximo mes de maio deste ano, porque o futuro de Vigo está en xogo. |
|
|
|
|
|