Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.
PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Presentan a primeira ILP autonómica para frear os desafiuzamentos |
|
 A ILP galega para frear os desafiuzamentos entra no Rexistro do Parlamento Galego
O seu contido é similar á rexeitada no Congreso fai un ano polos votos en contra do Partido Popular
Fonte: Axencia EFE e elaboración propia.
As Plataformas Galegas de Afectados polas Hipotecas ? STOP Desafiuzamentos presentaron onte no rexistro do Parlamento de Galicia unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que reclama o freo dos desafiuzamentos, opcionalmente a dación en pagamento e tamén o emprego dos pisos propiedade dos bancos para alugueiros sociais.
O voceiro deste colectivo, Óscar Gómez, explicou aos xornalistas, antes de rexistrar a súa proposta, que o contido da devandita ILP é similar á rexeitada no Congreso hai un ano polos votos en contra do Partido Popular.
Agora, as plataformas galegas convertéronse en pioneiras, dixo, posto que se trata da primeira iniciativa deste tipo que se presenta nunha comunidade autónoma.
A iniciativa persegue, explicou, "parar os desafiuzamentos" e aproveitar os pisos baleiros dos bancos e a SAREB para o seu emprego en función das necesidades da poboación e evitar que os cidadáns sexan botados das súas casas.
Óscar Gómez insistiu en que a banca fíxose cunha "cantidade inxente" de vivendas e "o que están facendo é malvendelas a fondos voitre".
Tras presentar a iniciativa lexislativa no rexistro, os membros da Plataforma terán un período para recoller sinaturas e poñeranse a traballar en todas as comarcas.
Por agora, as plataformas non tomaron contacto co PP, aínda que á entrada dos seus representantes no Parlamento, recibiu o apoio de deputados de toda a oposición (PSdeG, AGE, BNG e Grupo Mixto).
|
|
|
|
O xuíz Silva presenta en Bilbao ?A xustiza desafiuzada? |
|
 O xuíz Silva atreveuse a encarcerar a un banqueiro e acabou sendo acosado por todos os poderes.
O xuíz Elpidio José Silva presentará este venres 21 de marzo, na sé da formación política Ezker Batua-Berdeak de Bilbao (organización integrada en LA IZQUIERDA), o seu libro ?A xustiza desafiuzada?, onde dá conta do seu labor como xuíz e dos obstáculos que tivo que sortear para impartir xustiza.
Descoñecido, até hai poucos meses, a súa intervención no chamado «caso Blesa» converteulle, desde o punto de vista mediático, no maxistrado que se atreveu a atacar ás facianas máis visíbeis do poder financeiro. A súa decisión de enviar ao cárcere, dúas veces, ao ex presidente de Caixa Madrid, Miguel Blesa, o seu relevante traballo xudicial contra a corrupción e contra as manobras menos confesábeis dos poderes financeiros deixoulle moi só, sen máis apoio que o clamor popular.
O que fora titular do Xulgado de Instrución número 9 de Madrid, detalla no seu libro 'A xustiza desafiuzada', a forma en que os corruptos manipulan o sistema xudicial, e non aforra precisións á hora de explicar por que cre que unha figura como a súa resulta hoxe incómoda para algúns dos elementos incrustados nos poderes institucionais e fácticos, cando todo o que pretende é, simplemente, impartir xustiza.
Elpidio José Silva (Granada, 1959) estudou Dereito na Universidade de Sevilla, onde foi o número uno do seu promoción e obtivo o extraordinario de licenciatura. Leva vinte e dous anos na xudicatura, desde maio de 1991, cinco deles exercendo como maxistrado-xuíz de instrución en Madrid, e é experto en delitos económicos.
Área de comunicación de Nova Esquerda Galega |
|
|
|
Declaración de Nova Esquerda Galega ante as Eleccións Europeas |
|
Declaración de Nova Esquerda Galega ante as Eleccións Europeas
A presente declaración de Nova Esquerda Galega (NEG) pretende mostrar a inquietude da súa militancia ante o novo fracaso na consecución dunha candidatura unitaria de toda a esquerda política de cara ás vindeiras eleccións ao parlamento europeo. Nova Esquerda Galega (NEG) reclama a unidade de toda a esquerda, porén a devandita «unidade» non debe ser entendida como a «disolución» de todas as organizacións da esquerda nunha «única estructura», porque a unidade da esquerda non consiste nunha unidade orgánica, unha especie de «esquerda fusionada» que anularía a pluralidade de sensibilidades e a diversidade ideolóxica. Xa que logo, Nova Esquerda Galega (NEG) rexeita a fusión da toda a esquerda nunha «única entidade orgánica» pero, en cambio, é partidaria doutra cousa distinta, que é a «unidade de acción» de toda a esquerda.
Esta disxuntiva entre «unión orgánica» e «unidade de acción» non tería por que ser un problema, porque as organizacións que, como Nova Esquerda Galega (NEG), están intentando persuadir aos partidos da esquerda para que conflúan nunha Fronte Popular Ampla e non excluínte non estamos solicitando que se disolvan nunha nova forza política, non pedimos que abandonen as súas propias ideas e matices, que constrúan un bloque monolítico... Non estamos tratando de acabar coa diversidade da esquerda nin cos partidos que forman parte dela. O que estamos pedindo é que organicen unha unidade de acción electoral e social, que conflúan, e que dean cabida á participación de quen non están adscritos a formación política ningunha.
Para Nova Esquerda Galega (NEG) o único que resulta imprescindíbel é que se produza unha unidade de acción na mobilización e na rúa pero tamén no campo electoral.
Nova Esquerda Galega (NEG) opina que ao non haber coalición electoral corremos o risco de ser esmagados pola dereita depredadora, a que pon a Galicia e ao conxunto de nacións e pobos que conforman o Estado español, de xeonllos ante os mercados e a Troika.
En todo caso Nova Esquerda Galega (NEG) lamenta que a unidade de acción non se materializase no campo electoral. Desta volta a esquerda política concorrerá ás eleccións europeas máis fragmentada que nunca.
Nova Esquerda Galega (NEG), tendo en conta que non se produciu esa devezada confluencia nunha única candidatura de todas as forzas políticas que se atopan á esquerda do PSOE, optou por definir a súa propia posición de cara a esa confrontación electoral.
O Consello Nacional de Nova Esquerda Galega (NEG), tras proposta da Comisión Executiva Nacional e trala ratificación das asembleas locais, decidiu dar liberdade á súa militancia para que libremente apoien calquera opción da esquerda rupturista, sexa esta federal, confederal, nacionalista ou independentista, e permitir tamén a eses militantes que non son afiliados de ANOVA?Irmandade Nacionalista optar por facer campaña por calquera opción que estimen oportuno. En todo caso deixamos claro que, evidentemente, aqueles militantes de Nova Esquerda Galega (NEG) que tamén son membros de ANOVA?Irmandade Nacionalista respectarán os acordos adoptados democraticamente no Referendo interno de ANOVA e apoiarán a campaña de ANOVA?Irmandade Nacionalista e Esquerda Unida ás Eleccións Europeas. Ademais como indica o artigo 6 dos nosos estatutos e documentos regulamentarios:
?Do documento de Organización de NEG
Relacións de NOVA ESQUERDA GALEGA con outras organizacións políticas
Artigo 6: Nova Esquerda Galega (NEG), co fin de realizar os obxectivos que motivan a súa constitución, poderá alcanzar acordos con outras organizacións sociais e políticas. Con este propósito, a Asemblea Xeral de Nova Esquerda Galega (NEG) encomendará ao seu Consello Político Nacional que se dirixa aos seus órganos asemblearios a fin de propor un acordo político que supoña a súa participación no proxecto unitario e plural da esquerda transformadora que representa hoxe ANOVA-Irmandade Nacionalista e Alternativa Galega de Esquerda (AGE). Nesta proposta de acordo ofreceranse os seguintes compromisos:
6.1. O compromiso da militancia de Nova Esquerda Galega (NEG) afiliada a ANOVA?Irmandade Nacionalista de achegar á devandita organización e a Alternativa Galega de Esquerda (AGE) as concepcións e obxectivos propios do socialismo, feminismo, altermundismo, ecoloxismo, soberanismo e internacionalismo como elementos máis da súa pluralidade política, e como un impulso da súa actividade social e institucional.
6.2. O compromiso da militancia de Nova Esquerda Galega (NEG) afiliada a ANOVA de supeditar o seu traballo militante, apoio electoral e colaboración no traballo institucional directo, en favor de ANOVA -ou no seu caso de Alternativa Galega de Esquerda (AGE)- como instrumentos estratéxicos, unitarios e plurais da esquerda transformadora?. Por todo o exposto, a militancia de NEG que está afiliada a ANOVA fará campaña en favor da coalición de ANOVA e a Esquerda Federal.
Reiteramos que lamentamos que a esquerda non soubese entenderse e pensamos tamén que o voto pode terminar dispersándose entre varias opcións, aínda que quizais poida ser absorbido polo denominado "voto útil", ou mesmo termine disgregándose na abstención ou no voto nulo e branco.
O conxunto da militancia de Nova Esquerda Galega (NEG) está contrariada e desalentada ao observar que a maioría dos partidos e organizacións da esquerda resignáronse novamente á división e á falta de encontro.
En todo caso desde Nova Esquerda Galega (NEG) seguiremos loitando e defendendo a unidade de acción nas rúas, nas mobilizacións, nas manifestacións, pero tamén nas eleccións e en todos os ámbitos nos que a esquerda aínda se atopa dividida.
Para acabar co ultraliberalismo e construír unha sociedade máis humana, igualitaria, democrática, solidaria e fraterna seguiremos chamando á unidade de toda a esquerda política e social.
Vigo, 17 de marzo de 2014.
Comisión Executiva e Consello Nacional de Nova Esquerda Galega (NEG) |
|
|
|
Carta aos membros da Coordinadora Nacional, ao Coordinador e Voceiro Nacionais de ANOVA ? Irmandade Nacionalista |
|
Carta aos membros da Coordinadora Nacional, ao Coordinador e Voceiro Nacionais de ANOVA ? Irmandade Nacionalista
Prezado compañeiro Xosé Manuel Beiras
Prezado Martiño Noriega
Compañeiros/as da Coordinadora Nacional
Pola presente quérovos comunicar que teño o deber ético e a obriga política de solicitar a miña baixa en ANOVA ? Irmandade Nacionalista. As miñas responsabilidades en Nova Esquerda Galega e o meu recente nomeamento como Voceiro Estatal da Coordinadora de organizacións rupturistas ?A ESQUERDA ? LA IZQUIERDA?, fan incompatíbel a miña afiliación e militancia en ANOVA.
Non quixese que estas tarefas poidan aportar confusión e malos entendidos. Quero salientar o meu total apoio ao proxecto fundacional de ANOVA e a miña admiración polo liderado de Xosé Manuel Beiras. Como sempre traballar por potenciar Alternativa Galega de Esquerda (AGE) como suxeito político capaz de ser unha verdadeira alternativa para Galiza.
Opino que é unha mágoa que nesta oportunidade non se puidese conseguir a formación dunha fronte ampla rupturista e non excluínte, porén igualmente seguiremos traballando para que este obxectivo chegue a cumprirse no futuro, nas mobilizacións, na rebeldía popular e nas vindeiras confrontacións electorais.
Un fraternal saúdo para todos/as as militantes de ANOVA ?Irmandade Nacionalista
Vigo, 17 de marzo de 2014
Lois Pérez Leira
|
|
|
|
UCRAÍNA NA CORDA FROUXA. O legado da historia nos conflitos actuais |
|
Por: Tino Brugos *
Tradución ao galego para A VOZ da Nova Esquerda:
Alberte Cid García
FONTE: Viento Sur
Os acontecementos que se veñen desenvolvendo en Ucraína desde os últimos meses do pasado 2013 até a actualidade desencadearon unha dinámica de mobilizacións e cambios políticos que ameazan con transformarse nun verdadeiro sismo que pode chegar a poñer en cuestión a integridade do Estado ucraíno xurdido en 1991 trala disolución da Unión Soviética.
A proclamación da independencia supuxo a culminación formal dos obxectivos do movemento nacional ucraíno que, desde principios do século XX, fixo da estatalidade o obxecto primordial da súa actuación política. Porén, aquel feito non podía ocultar que Ucraína nacía cunha serie de debilidades que podían converterse en serios problemas se non se lles daba unha solución correcta. Entre os máis significativos estaban o destino do armamento nuclear herdado da URSS e o problema da península de Crimea, unha zona de poboación rusa na súa esmagante maioría que quedaba agora baixo soberanía nacional ucraína. A boa vontade e a intervención de axentes exteriores interesados en controlar o armamento nuclear da extinta Unión Soviética permitiron resolver esta cuestión nun período de tempo curto, renunciando Ucraína a calquera tipo de armamento nuclear.
No referente a Crimea a cuestión foi máis complicada desde o inicio. Para o nacionalismo ucraíno a península forma parte do territorio nacional, independentemente da composición rusa da maioría da poboación. En cambio, a parte rusa sente que a autoridade ucraína é o resultado dun agasallo especial que fixo Kruschev ao pobo ucraíno en 1953 para conmemorar o terceiro centenario da incorporación de Ucraína ao imperio zarista, coa idea de fomentar unha irmandade entre ambos os dous pobos que naquelas datas semellaba que sería eterna.
O certo é que durante este tempo ambas as dúas partes actuaron con moita desconfianza. Moscú logrou que Ucraína asinase o compromiso de respectar a presenza da súa flota naval no porto de Sebastopol, convertido nun distrito autónomo dentro de Ucraína. A cambio o novo Estado recibiu unha parte da flota, organizou a súa propia mariña de guerra e construíu unha base naval non lonxe da rusa. A isto habería que engadir o retorno da poboación Tártara, pobo de lingua turca, orixinario da zona e que foi desterrado por Stalin a Asia central acusados de colaboracionismo cos nazis. O goberno de Kiev viu na chegada dos tártaros un elemento que podía axudar a reducir o impacto da poboación rusa. En todo caso, Crimea gozaba da súa propia autonomía, igual que os tártaros tiñan recoñecida a súa dentro da entidade de Crimea sen grandes tensións até o inicio da crise actual.
Unha ou dúas Ucraínas?
Con todo, desde o inicio falouse tamén da existencia de dúas áreas ben definidas e diferentes dentro de Ucraína e salientouse o risco de fractura entra ambas [as dúas rexións] no suposto de non atopar un modelo axeitado de integración e respecto ás peculiaridades. Suscitábase que este era o verdadeiro reto que tería que superar a nova entidade estatal para consolidarse no ámbito internacional. Esta división obedece á existencia dun pasado diferente entre o leste e o oeste do novo país. A parte oriental desenvolveuse até a época da revolución dentro do imperio zarista. Aquel nacionalismo primixenio tivo que implantarse entre un campesiñado conservador, analfabeto e en boa medida desnacionalizado. Ademais, a existencia dun sistema político absolutista fixo que o nacionalismo ucraíno dentro do imperio ruso chegase con dificultades ao campesiñado, que se converteu na súa base social de apoio durante o transcurso da revolución de 1917.
Pero alén da fronteira, dentro do imperio austro-húngaro, existía un territorio, Galitzia, no que vivían varios millóns de campesiños ucraínos ou rutenos que, trala revolución de 1848, levantaron o seu propio proxecto nacional. A existencia dun sistema de liberdades políticas máis aberto que en Rusia cun xogo político que permitía a participación electoral deu como resultado a aparición dunha cultura política que tiña poucos puntos en común coa parte rusa. Aínda así, desenvolvéronse lazos entre ambas as dúas partes, sobre todo cando o zarismo procedeu a perseguir todo o que puidese identificarse con formulacións nacionalistas ucraínas. Nese contexto, Galitzia se auto asignou o papel de Piamonte ucraíno, aspirando a ser o motor do proceso de unificación nacional.
Acontecementos traumáticos como o I Guerra Mundial e a Revolución Rusa de 1917 abriron as portas a un periodo de recoñecemento da especificidade nacional en ambas as dúas partes da fronteira. Ao lado ruso desenvolveuse un proxecto que culminou coa proclamación da República Popular Ucraína que pronto entrou en conflito cos bolcheviques. Na parte de Galitzia proclamouse a República Popular de Ucraína Occidental que foi esmagada polos polacos. Ambas as dúas entidades converxeron e acabaron unidas na derrota. Elemento importante, abriuse un ciclo de separación entre os territorios ucraínos. Galitzia quedou en mans polacas e foi sometida a un proceso de asimilación que provocou un importante rexeitamento entre a poboación. Pola súa banda, na zona da URSS, estableceuse unha República Soviética que iniciou un proceso de recuperación lingüística e cultural de gran importancia. Deste xeito as dúas zonas volvían a diverxer, o que tería importantes implicacións no futuro.
Unha nación diversa
En realidade Ucraína é unha nación en construción que non se pode identificar con ningunha entidade política existente antes do século XX malia a narrativa nacionalista que retrocede na historia até a conversión dos eslavos ao cristianismo no século X e a fundación da Rus de Kiev, elemento primixenio do que se reclama tanto en nacionalismo ruso como o ucraíno. Intentar homoxeneizar un amplo espazo que se estende desde os Cárpatos até o mar Caspio é unha proposta complicada, sobre todo se se ten en conta as diversas experiencias históricas vividas en cada zona. Os feitos veñen demostrar que se produciu unha dobre colonización, os ucraínos, saíndo das montañas carpáticas avanzaron cara ao sureste mentres que os rusos fixérono en dirección sur en busca dos mares cálidos que asegurasen unha saída viábel ás rutas do comercio marítimo. Esta é a orixe dun diferente poboamento entre o leste e o oeste do país, con Kiev no centro e o río Dnieper marcando, grosso modo, a fronteira entre ambas as dúas áreas que se manifesta, entre outras cousas, na presenza dunha escisión lingüística entre o oeste ucrainófono e o leste rusófono.
Pero ademais da cuestión lingüística existen outros elementos que contribúen a marcar esa separación da que falamos. O aspecto relixioso xoga aquí un papel importante. O mundo ucraíno identifícase co espazo ortodoxo. Con todo, a presenza durante centurias do reino polaco na parte occidental permitiu que o catolicismo lograse implantarse na zona aínda que fóra dun modo que poderiamos denominar tramposo.
Para poder acceder aos centros de decisión políticos a nobreza polaca suscitou como condición que o clero ortodoxo debía de unirse a Roma e abandonar a súa obediencia ao Patriarcado de Moscú. A finais do século XVI procedeuse á Unión de Brest por medio da cal, os bispos ortodoxos de Galitzia xuraban fidelidade ao Papa de Roma. A cambio, e para evitar revoltas populares reclamando o mantemento da ortodoxia, permitiuse que a nova igrexa seguise realizando a liturxia relixiosa segundo o rito ortodoxo. Dito doutro xeito, mantíñanse as formas pero cambiaba a fidelidade que agora se atopaba en Roma. Este acordo é a orixe da Igrexa Unida ou Uniata que é rexeitada frontalmente pola xerarquía ortodoxa acusándoa de ser unha infiltración romana. Co tempo a Igrexa Uniata converteuse nunha igrexa nacional que outorgaba unha identidade propia ao campesiñado ruteno (Católicos de rito oriental) fronte aos terratenentes polacos (católicos de rito latino).
Aínda por riba, ao longo do século XX foi desenvolvéndose a idea dunha igrexa ucraína autocéfala. No mundo ortodoxo un Estado se lexitima cando coinciden as súas fronteiras cunha entidade relixiosa que abarca os seus mesmos territorios. Deste xeito a cada país correspóndelle no campo relixioso un patriarcado propio. O territorio da actual Ucraína estaba baixo a autoridade relixiosa do patriarca de Moscú pero, co desenvolvemento da revolución desde 1917, foi callando a idea de separar á igrexa ucraína da obediencia a Moscú. Naceu así a Igrexa Ucraína co seu propio Patriarca. Porén, debido a que trala revolución de 1917 quedou dentro do espazo soviético, a autocefalia non puido consolidarse aínda que seguiu existindo, sobre todo entre a poboación ucraína da diáspora americana. Deste xeito, na actualidade compiten dúas igrexas que se reclaman da ortodoxia con formulacións políticas moi diferentes.
A experiencia stalinista
A experiencia revolucionaria iniciada en 1917 foi realmente complexa en Ucraína, onde o partido bolchevique era minoritario e atopábase implantado só na zona oriental de poboación rusófona. Para alcanzar unha presenza nacional tivo que abrirse a outras correntes políticas que tiñan unhas formulacións que unían o social co aspecto nacional (A nova clase da nova nación). Nunha primeira fase procedeuse a aplicar unha política que pretendía nativizar o partido bolchevique buscando unha implantación que fóra máis aló da poboación rusa. No caso de Ucraína iniciouse un fecundo proceso que favoreceu o desenvolvemento da cultura nacional ucraína, o ensino tomando como referencia a lingua local e a promoción de cadros no partido que equilibrase os diferentes compoñentes étnicos existentes no país. Con todo, a chegada de Stalin ao poder supuxo un corte neste proceso, defenestrando á dirección do PCU, acusada de desviación nacionalista, e impoñendo un modelo soviético identificado coa tradición cultural rusa.
Ao mesmo tempo procedeuse á colectivización forzosa das terras eliminando aos campesiños enriquecidos (kulaks). Esta tarefa atopou unha forte resistencia entre o campesiñado ucraíno o que provocou unha violenta reacción que culminou co exterminio de varios millóns de persoas (as cifras oscilan segundo as fontes, pero admítese que foron non menos de seis millóns de vítimas). O illamento de Ucraína, impoñendo a obrigación de visados específicos para poder acceder á República permitiu que esta catástrofe levásese a cabo sen demasiada resonancia internacional. Porén converteuse nun elemento traumático que afastou á poboación rural e boa parte da intelectualidade do campo da revolución.
Na diáspora este feito consolidou un profundo anti-comunismo que marcará en diante as relacións entre o Estado soviético e o nacionalismo ucraíno. A isto habería que engadir outros elementos como foi a disolución oficial do Partido Comunista de Ucraína Occidental (que actuaba en territorio polaco) acusado de desviación trotskista. Deste xeito púidose consumar a infamia do tratado xermano-soviético entre Hitler e Stalin en 1939 que se repartía o leste de Europa en zonas de influencia entra ambas as dúas potencias. Galitzia foi invadida polo Exército Vermello iniciándose un proceso de sovietización forzosa que afectou a intelectuais, sectores urbanos e ao campesiñado cuxas terras tamén foron colectivizadas. Todo isto axuda a comprender por que en certas zonas de Ucraína os nazis foron recibidos como libertadores
A memoria dividida da II Guerra Mundial
Os líderes nacionalistas derrotados tralos acontecementos do I Guerra Mundial establecéronse en Francia, Alemaña, Polonia e Checoslovaquia. Radicalizaron a súa posición anti-comunista (axentes soviéticos mataron a varios dirixentes ucraínos) e, durante os anos trinta foron achegándose ás formulacións nazis. Crían que a única posibilidade de realizar o soño nacional pasaba por vincularse ao proxecto revisionista hitleriano. Do mesmo xeito que xurdiu unha Croacia ou unha Eslovaquia independente, existía a posibilidade de que Alemaña recoñecese un Estado ucraíno satélite dos nazis. Con todo, Hitler tiña outros plans e durante o transcurso do conflito, os nacionalistas da OUN (Organización de Nacionalistas Ucraínos) crearon o Exército Insurreccional Ucraíno (UPA) cuxa actuación segue sendo moi controvertida nos nosos días e é un elemento máis de división en Ucraína.
A OUN- UPA colaborou nun inicio cos nazis fronte aos soviéticos así como en tarefas relacionadas co holocausto xudeu. Ao mesmo tempo impuxo a súa propia axenda levando a cabo unha verdadeira limpeza étnica de poboación polaca na rexión de Volinia. Ante o rexeitamento hitleriano, foi deslizándose cara ao enfrontamento cos nazis a partir de 1943. Deste xeito produciuse unha carnicería cruzada entre nazis, soviéticos, polacos, ucraínos e xudeus con gravísimos Crimes contra a Humanidade. A UPA, que chegou a contar con corenta mil combatentes continuou a súa loita contra os soviéticos na parte occidental de Ucraína até os primeiros anos da década dos cincuenta. A memoria cruzada daqueles salvaxes acontecementos divide aínda hoxe á sociedade ucraína. No oeste considérase que os combatentes da UPA eran patriotas que tiveron que desenvolver o seu combate nas peores circunstancias o que lles converte en heroes solitarios, vítimas da incomprensión internacional. Pola súa banda a propaganda soviética sempre presentou aos ucraínos como fascistas, eliminando calquera posibilidade de analizar criticamente o proceso e as condicións en que se produciu.
O contacto dos destacamentos da UPA cos obreiros das rexións mineiras do leste de Ucraína permitiu coñecer as inquietudes dunha clase obreira que se manifestaba en contra do totalitarismo stalinista e, á vez, reclamaba o mantemento da propiedade colectiva dos medios de produción. Este feito reflectiuse nun cambio de orientación ideolóxica a partir do final da Guerra Mundial, pero as duras condicións de clandestinidade e o illamento acabaron coa resistencia sen que as novas ideas puidesen chegar a alcanzar un respaldo social significativo.
Cando se produciu a disolución da URSS iniciouse un controvertido debate sobre a memoria histórica que continúa vivo até hoxe. Fronte ao patriotismo soviético levántase a memoria da loita partisana anti-comunista que intenta minimizar os puntos negros que supón a súa colaboración co nazismo e o holocausto xudeu. O anti-comunismo nútrese de feitos e experiencias históricas pasadas pero non pechadas. Se a isto engadimos un fenómeno máis recente, a conversión en oligarcas de boa parte dos cadros do Partido Comunista da época soviética, atopamos un terreo fértil para que unha parte da narrativa e da simboloxía da extrema dereita atope caldo de cultivo nas protestas de Maidan, elemento que foi utilizado como pretexto por Putin para lanzar o órdago da anexión de Crimea así como a descualificación global do novo goberno de Kiev, acusado de ser unha banda de fascistas que se fixeron co poder mediante un golpe de estado.
* Tino Brugos é profesor de Historia e forma parte da Redacción da web de VIENTO SUR
|
|
|
|
Posición do Partido Comunista de EE.UU. ante o conflito Ucraíno |
|
 http://www.cpusa.org/communist-party-usa-says-hands-off-ukraine/
FONTE: web do Partido Comunista de EE.UU.
Tradución do inglés ao galego para A Voz da Nova Esquerda: Alberte Cid García.
O Partido Comunista dos EE.UU. de América expresa a súa alarma polos acontecementos que se suceden rapidamente en Ucraína, e fai un chamamento á poboación dos Estados Unidos a insistir en que o noso goberno quede fóra dunha posíbel manobra de inxerencia que non serviría ao interese xeral nin aos intereses de calquera dos ucraínos nin tampouco aos propios intereses dos EE.UU.
Desde o outono pasado, houbo manifestacións en Kiev e outras cidades contra a decisión do goberno de Ucraína de afastarse dun acordo comercial coa Unión Europea, en lugar de explorar novas relacións comerciais e de axuda con Rusia. Outras queixas tamén se suscitaron sobre cuestións da propia política doméstica ucraína.
Ao principio, algúns elementos extremistas de dereita comezaron a desempeñar un papel cada vez máis activo nas protestas. Estes incluíron a "Svoboda" ("Liberdade") do Partido e outros nacionalistas e fascistas . Eles non son máis que anti-comunista e anti-rusos, pero tamén anti-semitas e anti-polacos. Algúns deles son os descendentes políticos do Exército Insurxente Ucraíno de Stepan Bandera, un nacionalista de extrema dereita que, durante e inmediatamente despois da Segunda Guerra Mundial, loitou contra o Exército Vermello á beira de Alemaña, e levou adiante pogroms e limpeza étnica contra os xudeus, polacos e outros pobos.
Desafortunadamente, algúns políticos e funcionarios de Estados Unidos semellan ter a ben ir a Kiev a ser fotografados xunto a algúns destes elementos extremistas, incluíndo ao líder Svoboda Oleh Tyahnybok , cuxas declaracións antisemitas son particularmente perversas.
Estes elementos fascistas apoderáronse da cidade de Lviv, no oeste de Ucraína, e se equiparon con armas das armerías locais. Inmediatamente despois produciuse un forte aumento da violencia con mortes en ambos os dous lados. Agora o Parlamento ucraíno (Rada) , nunha votación amañada , depuxo ilegalmente presidente Victor Yanukovich e está acometendo reformas lexislativas tinguidas dunha forte ideoloxía de dereita e filo-fascista, incluíndo unha lei que elimina o recoñecemento oficial da lingua rusa falada por case a metade da poboación do país. Medidas nacionalistas máis dereitistas, incluíndo unha prohibición expresa do Partido Comunista, están na canalización ou grella de saída.
Os ataques contra os xudeus conduciron a un rabino prominente recomendar que os xudeus deberían abandonan Kiev de contado e quizais toda Ucraína. Os ataques contra o Partido Comunista de Ucraína e os seus dirixentes van ir en aumento, incluíndo a incautación dos bens do partido e o patrimonio dos seus líderes.
Existe unha forte oposición a estes acontecementos no leste e sur de Ucraína, incluíndo as principais cidades de Jarkov e Odessa , e na península de Crimea. A rexión de Crimea contén, por acordo entre Ucraína e Rusia, a base naval rusa en Sebastopol, que resulta un enclave estratéxico de primeira orde. De maneira que existe o perigo de que unha guerra civil puidese estoupar en Ucraína e involucrar a Rusia e quizais a outros estados. Inevitabelmente, móvese cara a unha situación de conflito e unha posíbel partición de Ucraína, o que perturbaría aínda máis as relacións xa acedas entre os Estados Unidos e Rusia. Por desgraza, as declaracións de Vitoria Nuland , Secretaria de Estado adxunta para Asuntos Europeos e de Eurasia, e outros funcionarios e políticos de Estados Unidos indican claramente que na súa axenda e na dalgúns membros da administración de Obama estaría o obxectivo dunha intevención e un posíbel "cambio de réxime" en Ucraína e non precisamente para axudar aos pro-rusos.
O Partido Comunista de EE.UU. esixe que:
* O goberno de Estados Unidos se absteña de verbas, declaracións ou accións que atenten contra a soberanía nacional do pobo ucraíno .
* O goberno [dos Estados Unidos], os políticos, funcionarios e outras autoridades de Estados Unidos, deixen de aliarse cos fascistas e antisemitas de Ucraína, ou de calquera lugar do planeta. Máis ben, os Estados Unidos deberían denunciar e reprobar aos fascistas e as súas accións.
* Os Estados Unidos deixen de levar adiante políticas que ben poderían conducir a unha confrontación perigosa na zona do Mar Negro, e non dar axuda ou facilidades aos políticos que queren crear dificultades e conflitos entre os pobos de Ucraína e Rusia .
* Por outra banda, o Partido Comunista expresa a súa total solidariedade co Partido Comunista de Ucraína, coa comunidade xudía de Ucraína e con todos os demais pobos e etnias que están en perigo polo auxe fascista na rexión e noutras áreas do mundo.
|
|
|
|
NOTA DE PRENSA - Nova Esquerda Galega opina que hai escuros intereses que envolven a política enerxética do Partido Popular. |
|
 NOTA DE PRENSA
Nova Esquerda Galega opina que hai escuros intereses que envolven a política enerxética do Partido Popular.
Nova Esquerda Galega (NEG) desexa manifestar a súa rotunda oposición á formidábel subida do prezo da electricidade para os consumidores domésticos no conxunto do Estado español e moi especialmente en Galicia. As previsións non son nada positivas, pois o mercado sufriu hai pouco tempo novos e significativos incrementos. Para Nova Esquerda Galega (NEG) non é unha casualidade que ese desmedido incremento da tarifa se teña producido nos últimos tempos, curiosamente tralo anuncio de Facenda de retirar 3.600 millóns de euros para sufragar o déficit de tarifa e do conseguinte enfado das cinco grandes eléctricas que terían que soportar a débeda nos seus balances.
Para Nova Esquerda Galega (NEG) resulta asombroso que exista un mercado enerxético oligopólico desbocado e descontrolado onde quen xera a electricidade, a vende e a distribúe sexan os mesmos, mentres o goberno intenta facernos crer que existe unha certa ordenación
O recibo da luz converteuse nun problema moi grave para todos fogares galegos. O recibo da luz volveu subir recentemente e agudizará a penosa situación de moitas familias humildes. Moitos dos galegos e galegas veranse abocados á pobreza enerxética e verán cortado o fornezo eléctrico, pasarán frío e mergullaranse na máis absoluta escuridade. Quede ben claro que estas non son consecuencias dunha evolución natural dos prezos da enerxía eléctrica. Nun mercado, os consumidores deben pagar os custos dos servizos que contratan. Pero a electricidade en Galicia non é un mercado que responda ás leis da oferta e a demanda; teoricamente é un sistema regulamentado, onde falla estrepitosamente o mecanismo de cálculo dos prezos.
A situación para o consumidor podería converterse en insostíbel; o suposto mercado eléctrico regulado é un instrumento manipulábel, de tal maneira que os axentes concorrentes disparan o prezo a data fixa como resposta a calquera cousa que consideren ameaza, desde os impostos decididos polo Goberno a finais de 2012 até o rotundo fracaso da reforma eléctrica presuntamente encamiñada a reducir o déficit.
Nova Esquerda Galega (NEG) preconiza un novo sistema de cálculo de prezos para a emisión da factura eléctrica. É imposíbel explicar a un cidadán, porque non ten explicación ningunha, que se a electricidade é guiada por un mercado controlado e regulado, o prezo se encareza escandalosamente nun periodo de intensa caída media da demanda. Nova Esquerda Galega (NEG) opina que o deficiente sistema de fixación de prezos provoca que o Estado español teña a terceira electricidade máis cara de Europa, só por detrás de Chipre e Malta. Durante lustros permitiuse a acumulación de investimentos que agora sobran e que hai que pagar na tarifa; durante anos permitiuse que funcionase un mecanismo de prezos que xera dereitos económicos recoñecidos ás empresas eléctricas, mentres as compañías perciben escandalosos beneficios marxinais que obteñen con investimentos amortizados coa xeración hidráulica e nuclear.
Nova Esquerda Galega (NEG) demanda unha urxente Reforma Eléctrica, que aforre ao conxunto dos consumidores uns 144 millóns de euros anuais durante quince anos. Para iso Nova Esquerda Galega (NEG) propón unha profunda transformación da actual política enerxética. A transformación trataría de complementar e incluso, na medida do posíbel, suplir as enerxías ou fontes enerxéticas actuais, xa sexa polo seu menor efecto contaminante, ou fundamentalmente pola súa posibilidade de renovación.
Nova Esquerda Galega (NEG) opina que o consumo de enerxía é un dos grandes termómetros ou medidores do progreso e benestar dunha sociedade moderna. O concepto de "crise enerxética" aparece cando as fontes de enerxía que abastecen á sociedade comezan a esgotarse. Para Nova Esquerda Galega (NEG) unha situación de depresión económica, como a actual, esixe un maior investimento en I+D+i (Investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica) e iso porque as fontes de enerxía fósil e nuclear son finitas. Nova Esquerda Galega (NEG) considera que é inevitábel que nun determinado momento a demanda de enerxía non poida ser abastecida e todo o sistema termine colapsándose, agás que se descubran e desenvolvan novos métodos para obter enerxía: estes novos medios serían as enerxías alternativas. Por outra banda, Nova Esquerda Galega (NEG) considera que o emprego das fontes de enerxía actuais tales como o petróleo, gas natural ou carbón carrexan consigo problemas como a progresiva contaminación, ou o aumento dos gases de efecto invernadoiro.
Nova Esquerda Galega (NEG) está persuadida de que a discusión enerxía alternativa/convencional non é unha simple clasificación das fontes de enerxía, senón que representa un cambio que necesariamente terá que producirse durante este novo século. É importante apuntar que as enerxías alternativas, aínda sendo renovábeis, tamén son finitas, e como calquera outro recurso natural terán un límite máximo de explotación. Xa que logo, aínda que poidamos realizar a transición a estas novas enerxías de xeito suave e gradual, tampouco van permitir continuar co modelo económico actual baseado no crecemento perpetuo. É por iso polo que xorde o concepto do Desenvolvemento sostíbel. Para Nova Esquerda Galega (NEG) ese novo tipo de desenvolvemento debería basearse nas seguintes premisas:
1) O uso de fontes de enerxía renovábel, xa que as fontes fósiles actualmente explotadas terminarán esgotándose, segundo os prognósticos actuais, no transcurso deste século XXI.
2) O uso de fontes limpas, abandonando os procesos de combustión convencionais e a fisión nuclear.
3) A explotación extensiva das fontes de enerxía, propoñéndose como alternativa o fomento do autoconsumo, que evite na medida do posíbel a construción de xigantescas megainfraestructuras de xeración e distribución de enerxía eléctrica.
4) A diminución da demanda enerxética, mediante a mellora do rendemento dos dispositivos eléctricos (electrodomésticos ecolóxicos, lámpadas de baixo consumo,...)
5) Reducir ou eliminar o consumo enerxético innecesario. Non se trata só de consumir máis eficientemente, senón de consumir menos, é dicer, desenvolver unha conciencia e unha cultura do aforro enerxético e condena do dispendio, malgasto ou desperdicio.
6) A produción de enerxías limpas, alternativas e renovábeis non é xa que logo unha cultura ou un intento de mellorar o medio ambiente, senón unha necesidade á que o ser humano vaise ver abocado, independentemente da nosa opinión, gustos ou crenzas.
Para rematar, Nova Esquerda Galega (NEG) lembra que as renovábeis xeraron 113.899 empregos, abarataron o prezo da electricidade no mercado en 4.056 millóns de euros e supuxeron un aforro de 5.639 millóns de euros. Por desgraza, estes beneficios só recaeron nas cinco grandes compañías eléctricas do Estado. Se no queremos seguir sendo escravos deste sistema enerxético que nos terá cada vez máis cativos, debemos cambiar a nosa política enerxética cara a outra baseada na potenciación das fontes renovábeis e a extensión de novos dispositivos de xeración enerxética alternativa. Aínda que de momento, cun Goberno que traballa de mercador de ?escravos? para os oligopolios eléctricos, só queda rebelarnos...
Vigo, 12 de marzo de 2014
Comisión Executiva Nacional de Nova Esquerda Galega |
|
|
|
Fukushima, a historia das súas vítimas |
|
 Por: Brian Bloome *
Tradución ao galego para A Voz da Nova Esquerda: Alberte Cid Garcia.
Fonte: Greenpeace Internacional
http://www.greenpeace.org/espana/es/Blog/historias-conmovedoras-de-las-vctimas-de-fuku/blog/48453/
Cando a maioría de nós pensamos no desastre nuclear de Fukushima, lembrámonos das filtracións de auga contaminada, da contratación de traballadores, en condicións infrahumanas, para a limpeza de materiais radioactivos, dos muros e valados de xeo subterráneos para evitar as fugas, ou os anuncios do Goberno sobre que todo estaba controlado.
Do que non nos lembramos, normalmente, é das vítimas. Máis de 150.000 persoas convertéronse en vítimas deste desastre, e a maioría ségueno sendo aínda. Pero xa hai pouca cobertura nos medios da súa vida cotiá e dos problemas que seguen afrontando.
Teñen conmovedoras historias que contar. Para coñecelas, e para expoñer o vergoñento abandono das vítimas, membros da organización ecoloxista Greenpeace viaxaron hai uns meses, con seis testemuñas internacionais para percorrer a zona de Fukushima e escoitar os seus relatos.
As testemuñas escoitaron as declaracións das persoas afectadas sobre as exposición das vítimas a altas doses de radiación nos primeiros días da catástrofe e a desinformación do goberno sobre os riscos. Decatáronse das preocupacións sobre os efectos a longo prazo e sobre os nenos, moitos deles aínda xogan onde hai demasiada radiación.
Decatáronse de que hai moitos campos abandonadas, onde os alimentos non son comestíbeis, ou a dor que os agricultores sentiron cando tiveron que matar ás súas vacas e aos seus animais. Alí puideron escoitar das vítimas a mágoa e a dor pola perda da vida familiar, e das tradicións importantes para as comunidades agora perdidas. Son moitas as historias.
Nestes días o Goberno de Xapón salienta que o desastre de Fukushima terminou. E este anuncio deixa totalmente abandonadas ás vítimas. O Goberno está gastando máis tempo na planificación dos Xogos Olímpicos de 2020 e tratando de vender tecnoloxía nuclear a outros países, que en axudar á xente.
A xente fai o que pode para defenderse. Kenichi Hasegawa, un agricultor, e Katsutaka Idogawa, ex alcalde dunha cidade evacuada, viaxaron a outros países para falar sobre o maltrato das vítimas. Eles mesmo cóntano.
A historia deste vergonzoso trato vai máis aló destas persoas, trátase das decenas de miles de homes e mulleres que aínda non foron capaces de reconstruír as súas vidas, tal e como David McNeill nolo contan a nós.
Preto de 100.000 persoas da zona de Fukushima seguen vivindo en casas temporais de dúas habitacións. Tiveron que fuxir dun mundo que amaban para vivir amoreados en edificios que xa se están caendo a anacos.
Non esquecernos de Fukushima, é o propósito. As testemuñas que visitaron Fukushima comprometéronse a contar as historias nos seus países de orixe, para que non esquezamos que o tratamento vergoñento das vítimas de Fukushima podería volver suceder en calquera lugar, se ocorre outro desastre nuclear.
* Brian Bloome é responsábel de comunicacións de clima e enerxía en Greenpeace Internacional.
|
|
|
|
A UNIÓN EUROPEA: UNHA NOVA COLONIZACIÓN |
|
Héctor Illueca e Adoración Guamán *
Tradución ao galego para A Voz da Nova Esquerda: Adela A. Alonso
FONTE: http://blogs.publico.es/dominiopublico/
http://blogs.publico.es/dominiopublico/8679/la-union-europea-una-nueva-colonizacion-parte-i/
[I]
A crise económica que afecta ao noso país e as políticas de austeridade impostas pola troika (Comisión Europea, Banco Central Europeo e Fondo Monetario Internacional) están provocando unha fractura social cada vez máis evidente. A cidadanía observa atónita a degradación da vida cotiá e a tolerancia do poder cos abusos cometidos polos máis privilexiados do país. Como non podía ser doutra maneira, o crecente deterioro das condicións materiais dunha cada vez máis ampla maioría social chega acompañado de gravísimos escándalos de corrupción que salpican ao conxunto das elites políticas e económicas, alumando unha sociedade cada vez máis instalada na inxustiza e a desigualdade.
Neste contexto, o soño da integración europea deveu nun pesadelo que impón un duro presente e condénanos a un porvir sombrío. Dunha forma intencionada, ofreceuse á cidadanía unha imaxe falsa, ideolóxica e idílica da hoxe denominada Unión Europea, utilizando os medios de comunicación para proxectar unha visión mítica e afastada da realidade: unha Unión Europea completamente allea aos principios de cohesión e colaboración solidarios, que se converteu nunha sorte de reserva de caza alemá na que as economías fortes explotan as súas vantaxes económicas e comerciais para esmagar ás débiles. Unha Unión Europea gobernada pola lei da selva.
Con todo, a gravidade da situación económica e a caída do veo do benestar individual fan que comece a abrirse paso entre os habitantes da periferia a idea de ser vítimas dunha nova colonización. Cada vez é máis difícil ocultar que a implantación do euro xerou unha relación centro-periferia no seo da Unión Europea que enfronta ao Norte central e dominante co Sur periférico e dominado. Xa non é posíbel negar que a existencia da moeda única beneficiou a Alemaña e a outros países ricos de Europa, reforzando a súa posición no esquema europeo como exportadores netos de bens de equipo e de consumo e como importadores netos de demanda xeral. Para dicilo claramente e en poucas palabras: a unión económica e monetaria permitiu que os países centrais, especialmente Alemaña, acumulen crecentes excedentes comerciais no seu espazo vital europeo, bloqueando calquera posibilidade de depreciación competitiva e alimentando unha intensa redistribución do traballo en prexuízo das modestas economías da conca [ou bacía] mediterránea. Os países fortes do centro, como Alemaña, Holanda ou Finlandia, incrementan a súa competitividade, conservan a súa soberanía nacional e financian os seus estados de benestar grazas á perda da competitividade, a destrución da soberanía e desmantelamento do benestar dos seus compañeiros de moeda, a periferia europea.
Os traballadores do Estado español, xunto aos do resto de economías periféricas, convertéronse nunha reserva de man de obra low cost. Como salientaron algúns autores, o proceso de construción europea xerou unha nova división internacional do traballo, alimentando unha dinámica colonialista caracterizada pola hexemonía alemá e pola subordinación das economías periféricas [1]. Isto é o que explica que as actuacións estatais de control sobre o mercado e de protección dos dereitos sociais estean sendo destruídas ao ritmo dos dictados da unión económica e monetaria. Cando as esixencias do proceso entran en contradición coas disposicións estatais en materia de política social, os Estados periféricos proceden a adaptar os seus respectivos sistemas de benestar, sempre no sentido de diminuír a protección dos dereitos laborais e sociais. O dumping social non só non se combateu, senón que se fomentou, situando a regulación do factor traballo como elemento de competitividade e desencadeando un feroz darwinismo normativo para reducir os estándares laborais e de protección social.
A nova división europea do traballo explica e promove a progresiva destrución dos modelos sociais estatais auspiciada pola troika e inmediatamente perceptíbel en dous ámbitos fundamentais: a flexibilización dos mercados de traballo (en concreto, mediante a rebaixa da tutela da estabilidade no emprego e a depreciación do custo da man de obra) e a redución da protección social, en particular dos sistemas de Seguridade Social (redución da contía da pensión de xubilación, reforma sanitaria, ...). A súa influencia advírtese igualmente na reforma educativa do Ministro Wert, tamén auspiciada polas institucións europeas, que orienta o sistema educativo cara á preparación de man de obra barata, provista dos coñecementos indispensábeis para desenvolverse adecuadamente no mercado laboral lixo que caracteriza aos países subdesenvolvidos. A posición dependente e periférica da nosa economía no esquema europeo é radicalmente incompatíbel coa existencia de pensións públicas, a educación e a sanidade públicas e un mercado laboral medianamente digno.
Ao aceptar os dictados da troika, as clases dirixentes dos países periféricos asumen a súa incapacidade de afrontar un camiño independente para os seus respectivos países e selan unha relación de subordinación e dependencia semellante á que se produce no proceso de colonización clásico, caracterizado pola desposesión sistemática das economías periféricas e a sobreexplotación dos seus traballadores. Non debemos esquecer que son as clases dirixentes dos diferentes Estados membros as que construíron e abonaron este modelo de Unión Europea, baixo cuxa intocábel lexitimidade resgardaron as máis impopulares e duras reformas. A posibilidade de socavar a posición negociadora dos sindicatos abonou a traizoeira conivencia das elites dos países deficitarios, alimentando unha alianza sólida e estábel coa burguesía alemá para impoñer unha nova orde política-social a escala europea.
Neste contexto, non deixa de sorprender que determinados sectores da esquerda española e europea insistan en reformar a eurozona como solución á actual situación de urxencia social e económica. Con certo aire panglossiano, invocando a necesidade de ?máis Europa?, critícase a fragmentación da política fiscal e denúnciase a actuación dun BCE disposto a proporcionar abundante liquidez aos bancos mentres abandona aos Estados endebedados que soportan os ataques especulativos. Como proposta política, reclámase a abolición do Pacto de Estabilidade, a creación dunha autoridade fiscal e a modificación dos estatutos do BCE para que poida conceder préstamos aos Estados que atravesan por dificultades. Nun arrebato de inxenuidade, incluso chega a falarse dun ?euro bo? no que podería establecerse un salario mínimo europeo para reducir os diferenciais de competitividade entre os países.
Trátase dunha quimera que paralizou durante décadas a boa parte da esquerda e do movemento sindical e que bloquea a construción dunha alternativa ao servizo das clases populares do noso país. A zona euro carece dun estado único europeo e non hai expectativa ningunha de que poida crearse un nun futuro próximo. A unificación da política fiscal suporía unha completa reestructuración da soberanía en toda a Unión Europea, construída a partir dunha rigorosa xerarquía de estados e un coidadoso cálculo de intereses nacionais, e precisaría un consenso que non vai producirse. Calquera reforma posíbel debería respectar a xerarquía de poder existente, caracterizada polo dominio dos países da zona central e moi especialmente de Alemaña. Por expresar a idea con maior precisión, o euro foi o medio utilizado para forxar a hexemonía do capital alemán, que se impón inexorabelmente no escenario europeo e que impide a posibilidade de realización dun programa que atenda ás necesidades das maiorías sociais.
Na nosa opinión, calquera axenda política que pretenda romper realmente co neoliberalismo, mesmo nun sentido reformista, debe suscitar en serio a saída do euro e enfrontarse á Unión Europea como tal. Como salientou Costas Lapavitsas [2], a única saída progresista para o noso pobo consiste en abandonar da zona euro e recuperar o control da soberanía, no marco dun desprazamento radical do poder económico e social cara ao Traballo. Unha estratexia que empeza co impagamento da débeda soberana e amplíase a unha saída do euro que permita ao noso país escapar do cataclismo da depreciación interna imposta pola Unión Europea. O noso país ten futuro, pero un futuro digno pasa necesariamente por romper con esta Europa e coas institucións desta Europa.
[II]
A Unión Europea construíuse a golpe de falacias. Desde a súa creación, coa Comunidade Económica Europea en 1961, a defensa da paz e da liberdade apareceron como obxectivos idealizados, nun espazo supranacional aparentemente baseado en relacións de igualdade e solidariedade entre os pobos europeos. Este ideal actuou como un potente cebo para a cidadanía do sur de Europa, moi especialmente a española, a portuguesa ou a grega, que saían das súas ditaduras coa ansia de entrar no que semellaba o club da democracia e a prosperidade. A esta idealización contribuíu de forma notábel o publicitado crecemento económico que no ámbito da antiga UE-15 produciuse (en beneficio duns máis que doutros) durante case dúas décadas e que dotou de lexitimidade e dun atractivo innegábel ao proxecto europeo.
Porén, axiña se demostrou que aquel ?club? non era garantía nin da democracia nin da prosperidade, senón unha trampa para inhibir a primeira e arrombar a segunda. En realidade, e como viamos anteriormente, a trampa europea encubría unha nova colonización baseada en relacións de forza e caracterizada polo dominio dos países do norte europeo, fundamentalmente de Alemaña. O Tratado de Maastricht e a aparición do euro desencadearon unha guerra comercial que devastou as economías dos países periféricos e leva camiño de facer o propio cos seus sistemas políticos, destruíndo a soberanía e desmantelando o benestar dos estados que se atopan en dificultades. Pronto se evidenciou que aquela prosperidade derivara dun previo e continuado desenvolvemento económico e social conseguido no plano nacional por estados enmarcados no constitucionalismo social de posguerra, con dinámicas intervencionistas e formulacións redistributivas que a unión económica e monetaria eliminou por completo. Trátase, en palabras de Emmanuel Todd, da negación de Europa.
Neste contexto, antóllase imprescindíbel desbordar ou sobordar as marxes impostas e atreverse a suscitar a ruptura coas limitacións que impiden o avance dun programa realizábel de transformación social. Na nosa opinión, a saída do euro constitúe unha alternativa necesaria para recuperar a soberanía e superar a gravísima crise que atravesamos. Trataríase, xunto coa negación ao pagamento da débeda ilexítima, do primeiro paso dunha estratexia constituínte que pretenda o reequilibrio da economía no marco dun desprazamento do poder económico e social cara ao Traballo, situando ao Estado no posto de mando da economía.
A estratexia ten numerosos e diversos elos. De entrada, é previsíbel que a depreciación monetaria provoque un incremento da débeda externa, pois debería liquidarse nunha moeda moito máis valiosa que a nosa e sería imposíbel continuar satisfacéndoa. Polo que respecta á débeda pública (ao redor de 300.000 millóns de euros), parece ineludíbel a suspensión de pagamentos e a realización dunha auditoría pública para asegurar unha quita substancial que alixeire o esmagante peso da débeda sobre a nosa economía. En particular, consideramos que debería declararse ilexítima a contraída polo Estado na reestructuración e rescate do sistema financeiro, que supuxo unha obscena socialización das perdas acumuladas pola banca no financiamento das burbullas bolsistas e inmobiliarias.
Polo que respecta á débeda privada, os bancos estarían baixo presión e terían que afrontar crebas. As tensións que experimentaría o sector financeiro farían inevitábel a nacionalización do mesmo e a creación dunha banca pública co fin de garantir os depósitos e asegurar un financiamento estábel ás pequenas e medianas empresas. Ademais, e fundamentalmente, o control público do crédito faría posíbel afrontar os desequilibrios de fondo que provocaron a crise, convertendo a banca pública nun instrumento clave para reverter a financiarización da economía e transitar dun modelo dependente baseado na especulación a un modelo baseado na economía real, produtiva e industrial.
En paralelo, o Estado debería nacionalizar os sectores estratéxicos (servizos públicos, transporte, enerxía e comunicacións) e promover unha política de investimentos públicos que, mantendo a protección e defensa do medio ambiente como alicerce fundamental, contribuíse a modificar e renovar a estrutura produtiva do país, detendo os procesos de desindustrialización e especialización produtiva que derivan dunha inserción asimétrica na economía europea. Como destacaron algúns autores, a crise económica está provocando un preocupante deterioro da nosa capacidade produtiva motivado pola debilidade da actividade inversora, a descapitalización do tecido industrial e a descualificación da forza de traballo, afondar a fractura produtiva que separa ao centro da periferia [3]. Neste contexto, a reconversión do modelo produtivo devén unha tarefa urxente, so pena de embocar unha rápida e dramática transición ao subdesenvolvemento. En definitiva, trátase de iniciar unha traxectoria de crecemento diferente, caracterizada pola intervención pública na economía, a colaboración dun sistema bancario público e o respecto ao principio de sostibilidade ecolóxica.
Como correlato do anterior, a estratexia constituínte tería que abordar dous aspectos cruciais para deter e reverter a ofensiva neoliberal: unha reforma fiscal progresiva e unha profunda reestructuración do mercado de traballo, como expresión dunha nova racionalidade económica que sirva aos intereses da maioría social. En efecto, a extensión da base impoñíbel aos sectores máis poderosos e a persecución da fraude fiscal permitirían expandir o gasto público e mellorar as prestacións sociais, especialmente sanidade e educación, que sufriron un importante deterioro por mor dos recortes orzamentarios. Do mesmo xeito, farían posíbel a reorganización do sistema de pensións transferindo recursos dos orzamentos xerais do Estado para garantir a sostibilidade do sistema e o poder adquisitivo das prestacións [4].
No que incumbe ao mercado de traballo, urxe ou aprema unha resposta contundente e efectiva á urxencia social provocada pola situación de paro e precariedade xeneralizados, outorgando á lexislación laboral un necesario protagonismo político. De entrada, enfrontámonos á necesidade de desandar o camiño andado durante as dúas últimas décadas, retomando a creación de emprego decente como eixe nuclear da política económica. Neste sentido, as últimas reformas laborais aprobadas polo PSOE (2010-11) e o PP (2012-13) deben ser expresamente derrogadas. As novas normas laborais deberían incentivar a creación de emprego decente, estábel e con salarios dignos, mellorar as condicións de traballo, prestando unha atención especial á igualdade efectiva entre mulleres e homes, á corresponsabilidade e á inserción laboral da mocidade así como reforzar a negociación colectiva. Partindo desta base, unha das estratexias para combater o paro que permite unha saída progresista e solidaria á grave situación actual é a redución da xornada laboral de xeito xeralizado para facilitar a colocación dos traballadores desempregados. Esta medida estratéxica debería complementarse cun incremento significativo do salario mínimo interprofesional e coa extensión da protección por desemprego, a fin de contrarrestar os efectos máis nocivos do axuste interno e alumar un modelo diferente de distribución da riqueza producida pola sociedade.
Nos anteriores parágrafos resumimos a estratexia que, na nosa opinión, permitiría superar a dinámica colonial na que nos atopamos trala implantación do euro. Por suposto, o emprego do termo ?constituínte? ten un significado preciso e congruente coa folla de ruta anteriormente esbozada: a clave é impulsar un proceso constituínte para realizar unha transición democrática completa, que liquide as graves carencias arrastradas desde a ditadura e que reflicta un novo equilibrio de forzas entre clases e entre xéneros. Non pode haber un reequilibrio da economía a favor dos traballadores sen unha profunda transformación do Estado nun sentido republicano, plurinacional e democrático, con pleno respecto ao dereito a decidir dos pobos. Unha transformación que reflicta unha gran alianza político-social para substituír mecanismos de goberno ineficientes e corruptos pola transparencia e a participación popular permanentes. Esta alianza existe de xeito potencial na nosa sociedade e podería materializarse se as esquerdas políticas e sociais conseguisen aglutinarse nun xiro radical ao redor dunha estratexia constituinte que dispute a hexemonía á oligarquía.
* Héctor Illueca é Doutor en Dereito e Inspector de Traballo e Seguridade Social e Adoración Guamán é Doutora en Dereito e Profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
------------------------------------------
[1] NAPOLEONI, L. Democracia en venta. Cómo la crisis económica ha derrotado la política. Barcelona, Paidós, 2013.
[2] LAPAVITSAS, C. Crisis en la eurozona. Madrid, Capitán Swing, 2013.
[3] ÁLVAREZ PERALTA, I.; LUENGO ESCALONILLA, F. y UXÓ GONZÁLEZ, J. Fracturas y crisis en Europa. Madrid, Clave Intelectual, 2013.
[4] Vid., en esta línea, el documento ?En defensa del sistema público de pensiones?, dispoñíbel en http://documentopensiones.org/
|
|
|
|
ACTO PÚBLICO - POLA MEMORIA HISTÓRICA |
|
 Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 e ANDEL
comprácense
en convidalo/a á presentación do caderno
POEMAS POLAS VÍTIMAS DO 36 NAS RÍAS DE VIGO E PONTEVEDRA
e recital do seu autor, Claudio Rodríguez Fer,
nun acto organizado pola Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, que representará o seu presidente,
Telmo Comesaña Pampillón.
Tamén intervirá Carmen Blanco, coordinadora con Claudio Rodríguez Fer dos cadernos Unión Libre, onde veñen editando unha serie de volumes baixo o título de POESÍA PARA TOD@S, ata agora con textos debidos aos dous escritores citados así como a Olga Novo e a María Lopo, que se entregan ao público de balde en recitais e outros eventos.
Porque nestes tempos en que tanto se quita, aínda hai quen pensa que a poesía debe ser mostra de que a solidariedade e a xenerosidade son posibles, como o verdadeiro amor, que non se pode comprar nin vender, senón simplemente darse.
Terá lugar o xoves, 13 de marzo, ás 20:00 horas,
en Andel, na avda. Camelias, 102 de Vigo
--------------------------------------------------------------------------------
Andel do libro galego e portugués
Tel. (+34) 986 239 000
Camelias, 102
36211Vigo
Galiza
www.andelvirtual.com
https://www.facebook.com/andel.libraria
-------------------------------------------------
Presentación
Telmo Comesaña Pampillón
Presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36
Introdución
Carmen Blanco
Escritora e coordinadora de Unión Libre
Recital
Claudio Rodríguez Fer
Poeta e autor da obra presentada
Doazón
Entrega dun exemplar da obra a cada unha das persoas asistentes.
DATOS DOS INTERVINTES
Carmen Blanco é escritora, estudosa do tema da muller e profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela.
Comprometida sempre coa recuperación da memoria histórica, actualmente é secretaria da Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo en Lugo.
Claudio Rodríguez Fer é escritor, estudoso da literatura e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela.
Comprometido tamén coa recuperación da memoria histórica, fixo a súa tese de doutoramento sobre A literatura galega durante a guerra civil e publicou numerosos libros sobre vítimas da contenda, ademais de dedicar tres obras poéticas á memoria antifascista de Galicia: Lugo blues, A loita continúa e Ámote vermella.
Entre outros recoñecementos, foi nomeado Doutor Honoris Causa da Universidade da Alta Bretaña e Presidente de Honra da Asociación Memoria do Exilio dos Republicanos Españois en Brest. |
|
|
|
|
|
|
|
|