Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A voltas co nepotismo
Por: Óscar Lomba

http://praza.com/opinion/1501/a-voltas-co-nepotismo/

Nepotismo (do latín «nepos», neto, sobriño ou descendente) é unha forma de corrupción na cal un cargo público utiliza a súa posición para conceder empregos públicos ás persoas conectadas a el por lazos familiares ou de amizade, de xeito que outras, que posúen unha mellor formación, quedan privadas do acceso ao devandito posto.

A palabra «nepotismo» xurdiu para expresar as relacións de concesión de privilexios entre o Papa e os seus familiares. No período do Renacemento, os papas e outras autoridades da Igrexa Católica, por non ter fillos, protexían aos seus sobriños, nomeándoos ou propoñéndoos para cargos importantes dentro da Igrexa.

Actualmente, o nepotismo é amplamente condenado na esfera política mundial, sendo asociado á corrupción e considerado un cancro da democracia. O maior nepotista da historia quizais foi Napoleón Bonaparte, unha vez que nomeou a tres dos seus irmáns como reis nos países por el conquistados.

O Artigo 103.1. da Constitución Española de 1978 di textualmente que «a Administración Pública serve con obxectividade os intereses xerais e actúa de acordo cos principios de eficacia, xerarquía, descentralización e coordinación, con sometemento pleno á lei e ao dereito». E o artigo 103.3. afirma que «a lei regulamentará o estatuto dos funcionarios públicos, o acceso á función pública de acordo cos principios de mérito e capacidade, as peculiaridades do exercicio do seu dereito á sindicación, o sistema de incompatibilidades e as garantías para a imparcialidade no exercicio das súas funcións».

Por medio destes artigos, queda explícito o carácter inconstitucional do nepotismo. Porén, entendo que iso non impide que se elaboren outras normas contra esta lacra para reforzar a prohibición desta práctica. De todas maneiras é importante salientar que aínda que o nepotismo non sexa un crime grave debe ser combatido. Opino que, cando queda comprobada a comisión desa práctica, o responsábel público debería quedar suxeito á acción xudicial por ese acto de improbidade administrativa, o que á súa vez debería incluír desde o resarcimento integral do dano ao erario público ata a perda da súa condición de responsábel público e todos os dereitos políticos inherentes a devandito cargo.
Por todo o exposto, entendo que os 21 casos de «enchufismo», que son noticia estes días en Vigo, non deberían quedar impunes.


* Óscar Lomba é avogado.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2013 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Nepotismo municipal
Por: Óscar Lomba *

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/12/04/nepotismo-municipal/0003_201312V4C12993.htm

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/16731.html

O nepotismo municipal é o apoio, favor ou privilexio de que gozan os parentes e amigos de determinados políticos, cunha relaxada ética, que ocupan cargos públicos nunha corporación local, como alcalde, concelleiro ou calquera outro.
Na nosa cidade este mal está profundamente enraizado e, indubidabelmente, é causa ou motivo de moitos dos problemas que afectan ao sector público, porque, xeralmente, os parentes e amigos dos devanditos políticos válense da influencia ou da intervención directa destes para obter prerrogativas, privilexios, prebendas, empregos e demais beneficios, o que redunda en corrupción e abuso de poder.
Baixo o nepotismo, o que impera son os vínculos de sangue, de afinidade ou de amizade, e non o mérito, a excelencia e a honorabilidade. Logo, quen obteñen os contratos, as concesións, os postos, os favores e as vantaxes non son os que teñen a capacidade, a experiencia, a aptitude, o talento, o coñecemento e a ética, senón os que teñen o privilexio de ser parentes, amigos ou achegados ao político influinte ou con poder.
Vemos, entón, como os cónxuxes, fillos, irmáns, pais, curmáns, tíos, sobriños, fillos putativos, fillastros, afillados, xenros, cuñados e resto da familia ou amizades, dos políticos que acceden ao poder local (Concellos, deputacións, empresas municipais, contratas...) son os primeiros en ocupar cargos importantes, en obter substanciosos contratos e concesións, en participar de escuras e amañadas negociacións e en ter acceso a información privilexiada que lles permite lucrarse con vantaxes incomparábeis.
Moitos «clans» entronízanse no seo dos propios partidos por mor deste sistema tan pouco transparente e pola escasa democracia interna coa que contan as organizacións clásicas que monopolizan, desde hai anos, o poder dos concellos (Partido Popular, PSOE e BNG). Distribúen entre os membros da camarilla os postos nas candidaturas que mellor serven aos intereses do fato de membros da «elite» e, se chegan ao poder, repártense as mellores talladas da torta ou do pastel municipal.
O obxectivo destas «camarillas» é a rapina e o desfalco a base da cousa pública, mais tamén procuran a súa auto-perpetuación. E iso conségueno tras apoderarse do aparello do partido grazas á caterva de «lacaios» e «militantes incondicionais» que sempre os apoian, probabelmente buscando algunha migalla sobrante. O obxectivo de todos eles é aproveitarse, sacar tallada e enriquecerse ao máximo e no menor tempo posíbel. Impórtalles un pemento o interese xeral e o ben común. Só queren encher os petos.
En fin, caen como praga sobre as arcas da corporación e, nun chiscar de ollos, escangallan a cidade logo de fartarse de chuchar, como vampiros, o erario municipal.
Ao que os critica ou os denuncia terminan marxinándoo, denigrándoo ou intimidándoo, a el ou á súa familia. Confunden a institución municipal coa súa propia casa e os recursos públicos co seu propio patrimonio. Compran vontades e votos, pero non poderán mercar nunca a dignidade das persoas honradas e decentes.

* Óscar Lomba é avogado.









Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2013 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Enchufismo Municipal
Por Óscar Lomba *

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/11/27/enchufismo-municipal/0003_201311V27C12993.htm

A cidadanía viguesa presencia abraiada a sucesión de informacións sobre presuntas contratacións irregulares e posibles casos de enchufismo no Concello de Vigo. Semella que este asunto está moi presenta nas charlas de café que están cheas de alusións a tal ou cal conduta dun determinado político que «enchufa» á súa filla, á súa irmá, á súa esposa, ao cuñado, ao primo segundo da súa irmá a «traballar» nesta ou naqueloutra contrata.
As devanditas prácticas de corrupción branca ou de baixa intensidade son as que xeran o caldo de cultivo para que as grandes «quenllas de pescozo branco» atopen augas cálidas para nadar, sempre prestas a cazar subvencións ou a premiar a achegados e coñecidos con postos destacados nos que poidan ?vivir do conto? mentres miles de parados vigueses ollan estupefactos a dantesca danza de vaidades que aniña na nosa institución municipal. E case ninguén ergue a voz. A cidadanía limítase a seguir malvivindo, a obviar o que xamais debería ser permitido, a pensar que, quizais, cun endebedamento permanente, un orzamento municipal dilapidado continuamente nuns insignificantes concertos en Castrelos, unhas poucas becas de inglés e unhas cantas humanizacións cada lexislatura fornécese «pan e circo» dabondo para aguantar ata as vindeiras eleccións, ata que o trampolín municipal axude a catapultar ao Alcalde ata a seguinte Corporación, ata que a paciencia dos 33.600 sufridos desempregados aguante, ata que as mangas da chaqueta propia cedan ao peso das esmolas coas que se compran os espíritos minguados pero oprimidos que terminan servindo irremisiblemente a detestables intereses privados.
Esa corrupción, denominada corrupción branca ou de baixa intensidade, é tan nociva como unha doenza patóxena. Deste xeito o enchufismo podería ser equiparado cos primeiros síntomas dunha enfermidade infecciosa que está empezoñando ao conxunto do corpo social vigués e está debuxando novos espazos de desilusión e desesperanza. A sociedade civil e a xustiza deben artellar respostas axeitadas para parar e eliminar de raíz esta corrupción branca, antes de que sexa demasiado tarde.


* Óscar Lomba é avogado e militante de ANOVA

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2013 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
A trampa da xestión clínica
Hospital Xeral de VigoPor: Pablo Vaamonde

Fonte: Pavillón de Repouso
(Blog de Pablo Vaamonde)


http://pablovaamonde.blogspot.com/

Nos últimos días de xullo, coa oposición desactivada e a maioría dos profesionais agardando as necesarias vacacións, o goberno publicou no BOE a Lei 10/2013. Trátase dunha norma aparentemente inocua sobre cuestións de fármaco vixilancia. Mais, despois de moitas páxinas, aparece unha disposición final quinta que fai referencia a un asunto de maior calado: posibilita a creación de Áreas de Xestión Clínica (AXC) cun réxime laboral distinto ao estatutario dos traballadores da sanidade pública. Abre a porta á laboralización do persoal sanitario que se integre en ditas unidades, coa perda dos dereitos laborais que hoxe teñen.


Esta manobra tramposa non é nova. O PP ten usado esta estratexia falaz e vergonzosa noutras ocasións: introducen unha disposición de gran transcendencia nunha lei de escasa relevancia para burlar a vixilancia de sindicatos e oposición. Neste caso a trampa foi descuberta polo sindicato CESM que se opuxo á norma desde o primeiro momento. Se chegase a aplicarse suporía un grave revés para os traballadores e para a sanidade: favorecería a entrada de xestores privados como responsables desas unidades dentro dos hospitais, creando microempresas que competirían entre elas pola concesión pública.




A xestión clínica é outra cousa (potenciación da atención por procesos, continuidade asistencial, implicación dos profesionais na mellora da calidade, co-responsabilidade na utilización de recursos diagnósticos e terapéuticos etc) e non ten nada que ver coa introducción de intereses empresariais alleos no cerne dos hospitais públicos nin coa supresión do réxime estatutario que hoxe ampara aos sanitarios. O chamado ?Foro da Profesión Médica?, integrado por organizacións afíns ao PP, apoia esta estratexia que abre espazos de negocio ás empresas privadas e ao numeroso exército de xestores que viven dos orzamentos públicos ?cunha relacion parasitaria escasamente denunciada-, mais perxudicaría aos traballadores e aos usuarios da sanidade que verían encarecidas e limitadas as prestacións coa introducción de criterios de rendibilidade e beneficio económico. Porque, en último extremo, as empresas privadas teñen unha obriga final única: repartir beneficios entre os seus socios.


No Parlamento Galego veñen de aprobar unha proposta do PP que facilita a creacion de AXC nos nosos hospitais. Tivo o incongruente apoio de BNG e AGE, que aceptaron, ou así parece, a afirmación de Miguel Santalices, portavoz de Sanidade do PP, quen afirmou que ?en asistencia sanitaria la comunidade autónoma es soberana y el decreto nacional no es vinculante?. Mais non é así: os xuristas afirman que unha lei estatal prevalece por enriba dunha autonómica. Así o afirma tamén o PP que dí verse na obriga de introducir o co-pagamento dos fármacos de dispensación hospitalaria para doentes crónicos, por non poder eludir o mandato da norma aprobada en Madrid.






Nunha estratexia de propaganda encadeada a conselleira Rocío Mosquera ven de comparecer ante a prensa cos conselleiros de Madrid e Valencia (compañeiros de viaxe que teñen as súas comunidades na ruína e aos profesionais en pé de guerra contra das súas imposicións políticas). Afirmou con rotundidade que o actual sistema sanitario xa non sirve e que cómpre cambiar o sistema retributivo dos profesionais do Sergas, eliminando o salario fixo para introducir criterios de implicación no traballo e obxectivos cumpridos. Tamén afirmou que ?no nos queda outra que aplicar fórmulas de colaboración público-privada?. Estas afirmacións representan unha absoluta falta de respecto para os profesionais da sanidade que -a pesar das reduccións salariais e a precarización laboral-, están a exercer o seu labor coa máxima profesionalidade coa intención de frear o deterioro dos servizos sanitarios. Trátase dunha nova campaña de desprestixio do público para introducir a xestión privada nos centros sanitarios. Xa temos visto os catastróficos resultados que obtiveron en Madrid e Valencia, mais seguen polo camiño trazado a pesar de todas as evidencias.




A sanidade galega está sendo descapitalizada: perdeu 370 millóns de euros do orzamento desde 2009, cando o PP ocupou o poder. As consecuencias comezan a ser visibles: peche de camas e servizos como nunca se fixera, paralización do traballo de tarde, amortización de prazas, precarización das condicións laborais, fuga de profesionais sanitarios etc. Diante desta realidade, que irá a peor con estas políticas, a conselleira teno claro: vai fomentar o ?autocoidado? dos propios pacientes e impulsar a telemedicina, porque ?la accesibilidad no se mide solo por la proximidad y es posible outra forma de prestar asistencia?. Para eso vai promover a atención telefónica. Semella un sarcarmo, pero estas palabras foron pronunciadas por Rocío Mosquera en sede parlamentaria na súa última comparecencia. Tamén anunciou que van permitir o acceso dos hospitais privados e dos xeriátricos ás historias clínicas informáticas do Sergas. Esta decisión pode ser ilegal (permite o acceso privado a datos moi confidenciais que o Sergas debe tutelar): algo terá que decir a Axencia de Protección de Datos, tan rigorosa noutras materias.


Diante deste panorama, certamente desalentador, boto de menos unha maior reacción social, politica e sindical. Que máis ten que facer o actual goberno contra dos servizos públicos para que haxa unha accion sindical unitaria e potente contra destas actuacións de destrucción dos servizos públicos desde as mesmas entrañas do poder?

Estamos gobernados, aquí e en Madrid, por un grupo de liquidadores dos servizos públicos, por unha facción ideolóxica que segue con entusiasmo o credo ultraliberal e que se aplica con dilixencia no desprestixio e desmontaxe do público, coa entrega a mans privadas de parcelas de orzamento cada vez máis cuantiosas. Para este fin empregan, na sanidade, todos os medios posibles: a privatización total dos hospitais (mediante as concesións tipo PFI), a derivación masiva aos centros privados e a externalización crecente de servizos sanitarios e parasanitarios.

Este grupo dirixente minte e engana a cotío. Romperon todas as promesas da campaña electoral. Unha vez gañadas as eleccións comezaron o seu labor de demolición. Núñez Feijóo xa advertiu que privatizaría todo o que non fose estrictamente sanitario. Pero a conselleira vai máis aló: ?no nos queda outra que aplicar fórmulas de colaboración público-privada?. A utilización do BOE para publicar normas (incrustadas en leis referentes a outras materias) é unha táctica tramposa que utilizaron en diversas ocasións. Que empreguen este medio para a creación das Áreas de Xestión Clínica (AXC), coa posibilidade de laboralizar aos sanitarios acollidos ao Estatuto Marco, fai desconfiar das intencións do executivo. Nada bó están a preparar cando pretenden agochalo dese xeito.





Alí onde aplicaron as receitas neoliberais (que comezaron hai tres décadas no Reino Unido) as consecuencias foron catastróficas para a sanidade pública e para os seus traballadores. Nas comunidades gobernadas polo PP, onde máis teñen adiantadas as medidas privatizadoras, chegaron a un severo deterioro da calidade asistencial e das condicións laborais, provocando ademais un incremento no gasto sanitario que sitúa a esas autonomías na quebra. Os gobernantes de Galicia, a pesar das evidencias, seguen o mesmo camiño. As consecuencias para os profesionais son severas: reducción drástica dos orzamentos da sanidade, desartellamento das Xerencias de Atención Primaria, amortización de prazas, precarización do emprego, suspensión da xornada de tarde nos hospitais, exilio dos profesionais novos. Tamén a poboación sofre as consecuencias no aumento das listas de espera e o desvío masivo cara os centros concertados. A aposta pola privatización é rotunda; entregaron a empresas externas a plataforma informática, a renovación tecnolóxica, a central de compras, o subministro de material sanitario etc. A proposta de creación de AXC non é senón un chanzo máis para privatizar, neste caso, o núcleo duro dos centros sanitarios: o labor asistencial.
Feito este longo preámbulo lembremos o sucedido nestes últimos tempos:


-O goberno de Madrid publica no BOE, con nocturnidade e aleivosía, unha norma que promove a creación de AXC e facilita a laboralización do persoal sanitario.
-O goberno galego leva ao Parlamento unha proposta para crear AXC en Galicia (que xa viñan impulsando nos últimos meses nos hospitais, sen que existise norma legal algunha). É moi probable que o PP galego impoña en Galicia os criterios propostos deste Madrid. As promesas de soberanía feitas polo seu portavoz ofrecen pouca garantía.
-Rocío Mosquera comparece diante da prensa en compañía dos conselleiros de Valencia e Madrid, máximos expoñentes do furor privatizador do PP. Afirma que é preciso modificar o sistema retributivo para vinculalo ao rendemento (facendo entender que actualmente non existe implicación no traballo nin se conseguen obxectivos).
-Poucos días despois, en sede parlamentaria, afirma que a Consellería vai impulsar o ?autocoidado? e a atención telefónica. En resumo: pechan camas, eliminan servizos, amortizan prazas, suprimen a actividade de tarde e pretenden que os pacientes se coiden a sí mesmos e, cando non cheguen, que chamen por teléfono.


A estratexia é clara (desprestixio do público, reducción dos orzamentos e da actividade dos centros, e introducción da xestión privada nos hospitais) e os actores están identificados (os actuais mandatarios do PP que, no futuro, poderán pasar, mediante a porta xiratoria, a xestionar as áreas que agora privatizan). Os perdedores desta batalla tamén son coñecidos: os profesionais (que están a perder dereitos laborais de forma acelerada) e os usuarios da sanidade pública (que ven medrar as demoras para recibir a atención e os co-pagamentos aos que deben facer fronte).

A forza dos feitos é tan contundente que non podemos permitirnos o luxo de ser inxenuos nin é posible ollar para outro lado. Os partidos da oposición teñen que saír do seu letargo para tentar frear, por todos os medios, esta demolición programada da sanidade pública. As forzas sindicais deben recuperar a belixerancia de antano para facer fronte común diante da liquidación dos servizos públicos. De non facelo así, xa e todos xuntos, quedarán na historia como cómplices do maior ataque contra o estado de benestar perpetrado desde o poder.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-11-2013 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Moción de censura
Nova Esquerda Galega  (NEG)Nota de Prensa

As acusacións de suposto «enchufismo» e a presunta corrupción política no Concello de Vigo, estarían apoiadas en revelacións sobre un suposto mal uso público do poder municipal para conseguir vantaxes ilexítimas, de xeito secreto e privado.
Esa «prostitución» do poder político conferido como un mandato representativo, outorgado polo pobo de Vigo trala celebración das últimas eleccións municipais, non pode ser tolerada indefinidamente. Non é admisíbel que se utilice a institución para o beneficio dunha recua de familiares e amigos de dirixentes do PSOE vigués.
Só queda unha opción. A reprobación dos grupos da oposición. A moción de censura é a canle pola que a oposición do Concello pode esixir a responsabilidade política ao poder executivo da Corporación.
Para Nova Esquerda Galega (NEG) ese mecanismo de control da oposición, normalmente debería ser utilizado ante un episodio de crise grave na xestión da institución. Por iso facemos un chamamento público ás forzas da oposición para que despracen xa da institución ao actual alcalde de Vigo.

Vigo, 20 de novembro de 2013

Comisión Executiva Local de Nova Esquerda Galega (NEG)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-11-2013 07:32
# Ligazón permanente a este artigo
Non ao Enchufismo no Concello
Nova Esquerda GalegaA alarma social xerada trala publicación de diversas informacións relacionadas con presuntas contratacións irregulares e concesión de empregos en diversas contratas relacionadas co Concello de Vigo non deberían quedar impunes.

Para Nova Esquerda Galega (N.E.G.) as devanditas prácticas relacionadas co suposto tráfico de influencias e o presunto «enchufismo» consumados polo Alcalde de Vigo e os seus concelleiros, ao outorgar empregos, cargos ou beneficios a través de influencias ou recomendacións, desatendendo aos méritos propios dos candidatos, aínda que non poida probarse a transgresión da lexislación vixente, si supón unha acción rexeitábel e pouco ética.

Nova Esquerda Galega (N.E.G.) opina que o tráfico de influencias é unha práctica ilegal e o enchufismo debería selo tamén, ou cando menos moralmente obxectábel, pois a influencia persoal en ámbitos do goberno municipal, a través de conexións con persoas relacionadas por afinidade política ou familiar, e co fin de obter favores ou tratamento preferencial, resulta profundamente inxusto, deshonesto e indecente.

Opinamos desde Nova Esquerda Galega (NEG) que moitos deses empregados «enchufados» nas contratas municipais teñen probabelmente fortes conexións con militantes destacados ou cargos públicos do Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) de Vigo, o que ademais supón ter información privilexiada e apoio incomparábel de determinados responsábeis da corporación Viguesa.

Nova Esquerda Galega (NEG) xulga extremadamente inxusto, indigno e reprensíbel que determinadas persoas que exercen autoridade política e que teñen poder de decisión sexan os que coloquen arbitrariamente a determinados cidadáns en numerosos postos e empregos, impedindo deste xeito o acceso a outras persoas a eses mesmos postos en igualdade de condicións.


Vigo, 15 de novembro de 2013

Comisión Executiva Nacional de Nova Esquerda Galega (NEG)
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-11-2013 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
IU impulsa a plataforma "Suma" para as europeas
FONTE: Galicia Confidencial

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/16488.html?pag_com=1


Este proxecto, no que participan formacións galegas, nace coa vocación de constituírse como "referente da converxencia política e social", nun proceso que pretende ir máis alá das europeas. Tenta chegar a acordos con outras formacións como ANOVA.

Finalmente, a plataforma política e social impulsada por IU xa ten nome; "Suma, la gente primero". Con ese nome concurrirá ás eleccións europeas en converxencia con outras forzas políticas da esquerda estatal e nacionalista e cos movementos sociais.

Esta nova plataforma busca un "proceso de ruptura democrática", restaurar a República e "rachar co sistema que está ao servizo dos mercados e da Troika". "Para iso é necesario a conformación dunha gran Fronte Ampla non excluínte, unha gran Fronte de Esquerdas e Republicano; unha Fronte Cidadá e Popular que acabe coa dispersión e atomización das nosas organizacións que só favorece aos poderes fácticos", destaca este novo proxecto político-social nun comunicado.

"Este primeiro paso aberto, plural, é converxente con propostas similares como as de ANOVA que teñen unha visión común para estas próximas eleccións europeas", apuntan fontes consultadas por GC.

"Suma, la gente primero", é un espazo de converxencia entre organizacións sociais e políticas que vén traballando desde o mes de xullo pola constitución dun referente político que poida presentarse ás vindeiras eleccións euiropeas.

Presenza galega
Nova Esquerda Galega (NEG) tamén participa deste proxecto conxuntamente co grupo La Izquierda, outra plataforma política que nuclea a 9 partidos de distintos ámbitos no Estado español e que, xunto con IU, tenta ser a referencia de esquerdas deste proxecto. En La Izquierda están, ademais de NEG, Ezker Batua - Berdeak EB-B, Iniciativa Socialista de Izquierdas ISI, Plataforma Ciudadana YA PCYA, Colectivo Red Verde de Extremadura CRV-Ex, Compromiso Socialista CS, Unión da Izquierda Socialista de Aragón UISA, Madrid Socialista MAS, Fuerza Republicana FR y Convergencia por Extremadura CEx.

Un dos principais obxectivos de "Suma, la gente primero" é pactar con outras formacións políticas de Euskadi, Cataluña ou Galicia. Por iso, un dos seus principais obxectivos é chegar a un pacto con Anova. "A experiencia de Alternativa Galega de Esquerda e o papel de ANOVA foi fundamental para dar os pasos para impulsar un acordo político electoral da esquerda federal rupturista coas esquerdas nacionalistas e os movementos sociais como o 15 M", apuntan as fontes consultadas.

"Voz propia" de Galicia
Polo momento, as negociacións seguen abertas e tamén se poderían incorporar outros partidos políticos. "Unha Fronte ampla destas características permitirá que Galicia teña unha voz propia no Parlamento europeo", insisten. De feito, hai uns días, Yolanda Díaz, aseguraba que Galicia contará, cando menos, cun posto de saída nesta plataforma.

Presentación en decembro
"Suma, la gente primero" fará a súa presentación pública o próximo mes de decembro. Nesa presentación farase unha primeira aproximación aos eixos programáticos, que se basearán nas reivindicacións dos "colectivos sociais en conflito" (mareas, PAHs, movemento estudantil e xuvenil), aos que "Suma" está xa consultando. Este programa abrirase así mesmo á participación cidadá a través de Internet e en diferentes foros por todo o Estado.

As organizacións que participan e apoian este proxecto son Ahora Tú Decides, Asamblea Popular 15M de la Concepción, Asamblea Popular 15M de San Blas, Asociación Nacional de Desempleados (Adesorg), Compromiso La Izquierda , Confederación de los Verdes, Confluencia, Construyendo la Izquierda-Alternativa Socialista (CLI-AS), Convergencia Desde Abajo de Colmenar, Convergencia por Extremadura, Convocatoria Cívica, Convocatoria Por Tenerife, Cooperación por la Renta Básica y el Reparto del Trabajo, Coordinadora de Plataformas en Defensa de las Personas Desempleadas (PDPD)-Adesorg, Corriente Marxista Revolucionaria El Militante, Frente Amplio de Canarias, Frente Cívico, Ezker Batua-Berdeak, Fundación CEPS, Grupo de Trabajo 15M por el Bloque Social Inclusivo, Iniciativa Socialista de Izquierdas (ISI ES), Izquierda Abierta, Izquierda Anticapitalista, Izquierda Republicana, Izquierda Unida (IU), Los Verdes Grupo Verde, Movimiento Yo no pago, Nova Esquerda Galega, Plataforma Ciudadana Ya, Plataforma Contra la Impunidad del Franquismo, Plataforma por el Respeto Social, Plataforma por la República, Primavera Andaluza, Sindicato de Estudiantes, Socialismo XXI, Unidad Cívica por la República.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2013 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Inmigración e extrema dereita
Javier Madrazo
Por: Javier Madrazo Lavín *
http://compromisolaizquierda.blogspot.com.é/2013/11/inmigracion-e-extrema-dereita.html

?A historia demostra que, en conxunturas críticas, recoñecer as reclamacións do inmigrante acaba ampliando os dereitos formais dos cidadáns. Tratar a estas persoas como a seres humanos ilegais acaba desvalorizando a cidadanía mesma?. Poderase dicer máis alto, pero non máis claro. A autora desta sentenza é Saskia Sassen, Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2013, na súa obra «Inmigrantes e Cidadáns». Catedrática de Socioloxía na Universidade de Columbia, recolle nesta obra unha reflexión profunda e ben razoada, que pon o dedo na chaga cando afirma que ?vivimos un momento delicado no ámbito da integración, o que afecta non só aos inmigrantes, senón tamén a uns cidadáns cuxos dereitos víronse recortados e degradados?. Saskia Sassen cita como exemplos concretos a España e Países Baixos, pero podería ampliar a súa análise ao conxunto de países da Unión Europa.


A política neoliberal, imposta en todos eles nome da austeridade, ten como consecuencias directas para a poboación local a redución das prestacións sociais, a precarización laboral, a privatización de servizos públicos e a perda de calidade de vida. O empobrecemento da clase media coincide no tempo co impulso de normas e leis restritivas que non só aspiran a limitar o fenómeno da inmigración senón tamén a criminalizalo. Os Gobernos da Unión Europea aplican a mesma ?man dura? tanto para a súa propia cidadanía como para quen chaman ás nosas portas, procurando unha oportunidade que non atopan nos seus lugares de orixe. Non deixa de ser unha ironía cruel que África repare en España ou Italia como única alternativa, aínda que a viaxe supoña a morte, mentres miles de mozos nados aquí vense forzados a emigrar a outros países ou continentes -Australia, América Latina...- se queren acceder a un emprego.


Saskia Sassen sostén, e así é, que as políticas de inmigración teñen, na nosa contorna, un carácter cíclico. A historia pon de manifesto que Europa viviu etapas de gran demanda de fluxos migratorios, en realidade cando foi necesaria man de obra, ás que sucederon períodos de persecución, ordes de expulsión e penalización social, coincidindo sempre coas crises económicas inherentes ao modelo de desenvolvemento capitalista. Agora, atopámonos nunha destas últimas. O discurso dominante pretende facernos crer, e lamentablemente estao conseguindo, que o inmigrante constitúe unha ameaza ao noso futuro porque nos rouba o emprego, accede con maior facilidade a unha vivenda social e é o culpable dos recortes sociais aos que nos vemos sometidos sen remisión. Sen dúbida ningunha, unha gran mentira que a forza de ser repetida termina por ser asumida como unha verdade incuestionable.

Este pensamento queda desmontado na investigación realizada pola Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais 2013, cuxa conclusión é tallante cando se refire ao tratamento dado ao longo da historia ao fenómeno da inmigración, concretamente nos períodos máis receptivos: ?Incorporar ao recentemente chegado -sostén a autora en alusión aos anos vinte e cincuenta- contribuíu a ampliar os dereitos formais dos cidadáns e a facer de Europa unha sociedade aberta?. O rexeitamento ao inmigrante, xa que logo, lonxe de reportar beneficios á poboación local, como quere facernos crer o discurso dominante, contribúe a prexudicar os seus intereses. A mellor proba estámola vivindo agora en primeira persoa. O drama dos naufraxios no Mediterráneo coincide cunha etapa na que recesión económica é utilizada como coartada tanto para blindar Europa como para desmantelar o chamado Estado do Benestar.

A traxedia vivida en Lampedusa sacudiu as conciencias dos mesmos gobernos que penalizan e criminalizan a inmigración, impulsando para iso directrices tan reaccionarias que son coñecidas como ?directivas da vergoña?. Tratamos como criminais a quen só pretenden sobrevivir, fuxindo de países que no seu día foron colonias ás que roubamos as súas riquezas, condenándolles á miseria. Esta actitude tamén terá repercusións para nós e non só no ámbito económico e social. Se pensamos nalgún momento que mirar cara a outro lado salvaríanos, estabamos equivocados. A extrema dereita gaña adhesións en Europa día a día e a razón deste feito non hai que buscala só na crise, senón sobre todo no odio ao inmigrante. As enquisas destacan o auxe da Fronte Nacional en Francia, cunha intención de voto que roza o 25 por cento; incrible pero certo.

O país veciño súmase así ao camiño emprendido por Grecia, Austria, Reino Unido, Dinamarca ou Finlandia. A dereita democrática, a socialdemocracia e o chamado socialismo cometeron o erro de asumir o discurso xenófobo para evitar fugas de voto cara ás filas populistas, e hoxe, que gran paradoxo, estas sábense máis consolidadas que nunca. Millóns de persoas confían nestas formacións, que deixaron de ser marxinais para transformarse en opcións de goberno. As súas mensaxes calan con forza ante o descrédito dos partidos tradicionais, incapaces de defender os principios de igualdade, xustiza social e profundización democrática. Fixéronnos crer que a inmigración puña en perigo os nosos empregos e calidade de vida, exculpando así ao capitalismo dos males que agora padecemos. Só unha esquerda valente, libre e concienciada pode actuar como contrapoder fronte a extrema dereita e a quen por haberse sometido a ela tamén son, dalgún modo, as súas vítimas.


* Javier Madrazo Lavín | Profesor de Filosofía, Ética e Cidadanía; parlamentario de Ezker Batua-Berdeak entre 1994 e 2001, e Conselleiro de Vivenda e Asuntos Sociais do Goberno Vasco entre 2001 e 2009.
Fonte: http://javiermadrazo.wordpress.com/
Publicado no diario EL CORREO o 6 Novembro de 2013
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2013 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Enormes beneficios farmacéuticos ou un saqueo totalmente protexido?
Fármacos
Por: Dawn Paley *

(Programa das Américas, 22 de maio de 2013).
Tradución ao galego por Alberte Cid García.
http://www.pensamientocritico.org/dawpal0713.htm

Que significa realmente o TPP (Asociación do Transpacífico) para América Latina?

Mellor é máis calmo. Ese semella ser o lema que conduce as negociacións da Asociación TransPacífico. Inicialmente, o acordo comercial foi chamado P2, e tratábase dun asunto bilateral entre Nova Zelandia e Singapura. Cando Chile e Brunei uníronse ás negociacións, cambiouse o nome a P4. Logo uníronse aos EE.UU., e o acordo foi rebautizado como o Acordo de Asociación Económica Estratéxica TransPacífico (TPP). Agora, os países negociantes estendéronse por todo o mundo como unha única constelación que un astrónomo altamente capacitado podía recoñecer. Ademais dos cinco primeiros, o TPP inclúe agora Australia, Malaisia, Perú e Vietnam. Recentemente, Canadá e México uníronse as conversacións e Xapón dispútanse a participar nas negociacións.
A próxima rolda de negociacións terá lugar en Lima, Perú, e os defensores están presionando para chegar a un acordo final do outono.
Pero a linguaxe dos promotores do TPP soa oco para aqueles que seguiron a evolución doutros acordos comerciais, como o NAFTA. «Están dicindo que se vai a abrir oportunidades para a exportación de máis bens mexicanos a outros países, como a Asia... Que México será máis competitivo noutros mercados», dixo Manuel Pérez-Rocha, investigador asociado do Instituto de Estudos Políticos e membro da Rede Mexicana de Acción fronte ao Libre Comercio (RMALC). Pérez-Rocha sinalou que hai poucas probas concretas de que as exportacións mexicanas a Asia aumentarán como resultado do acordo. «Efectivamente, México asinou numerosos acordos de libre comercio con outros países, e a súa dependencia no mercado de EE.UU. non cambiou nada», dixo ao Programa das Américas.

Desde os EE.UU. subiu a bordo, o TPP tomou a forma dunha segunda xeración de negociacións multilaterais xeograficamente distribuídas despois do colapso das conversacións da Organización Mundial do Comercio (OMC) e a proposta da área de Libre Comercio das Américas. De acordo coa Oficina de Representantes do Comercio dos EE.UU., «Este acordo vai defender os intereses económicos de Estados Unidos con algunhas das economías de maior crecemento no mundo, expandir as exportacións estadounidenses, que son fundamentais para a creación e retención de empregos nos Estados Unidos, e servir como unha plataforma potencial para a integración económica na rexión Asia-Pacífico». Durante as negociacións, expuxéronse preocupacións de que o TPP limitará o acceso aos medicamentos xenéricos, o impacto no acceso a Internet, e afectar aos mercados locais para os produtos téxtiles, zapatos, leite e grans en países negociadores.

«[O TPP] é un xeito de illar a China, que é un xeito de facer carreira final ao redor da OMC e un tipo de proseguir a axenda dos EE.UU., que non estaba chegando moi lonxe cos países que están dispostos a participar... é só unha expansión da arquitectura do libre comercio en xeral que estaba sendo disputado ata certo punto», dixo Stuart Trew, activista do comercio co Consello Canadense.

Co TPP, secreto é o nome do xogo. Ata o momento, «non houbo ningún texto difundido, o único texto que saíu é a través de fugas», dixo Trew.

Unha das áreas crave de preocupación é co segmento de protección do investimento do TPP, que se filtrou en xuño de 2012 ao grupo de dereitos dos EE.UU., Cidadán Público. O TPP traería nunha versión aumentada do controversial Capítulo 11 do NAFTA, un acordo de protección de investimentos polo cal as empresas poden demandar aos gobernos para a imposición de saúde e de lexislación ambiental, entre outras cousas, que se aplica en todos os países involucrados. «O texto filtrado revela un sistema legal de dobre vía, con empresas estranxeiras habilitadas para eludir os tribunais nacionais e as leis de demandar directamente aos gobernos do TPP en tribunais estranxeiros», segundo unha análise elaborada por Public Citizen. «Eles poden esixir compensacións por financiamento, saúde, medio ambiente nacional facendo uso de leis e outras leis que pretendan socavar os seus novos privilexios de TPP».

O feito de que o TPP está sendo negociado entre os países que xa asinaron varios acordos de libre comercio (TLC) e os acordos comerciais multilaterais cambiou a natureza das preocupacións dos activistas dos países nas negociacións fóra das preocupacións estritamente baseadas no mercado e cara aos temas da Propiedade Intelectual (IP) e protección do investimento. A Propiedade Intelectual (IP) representa outra área que os EE.UU. está levando a cabo unha agresiva axenda de negociacións no TPP.

«Mentres que o TPP ten algunhas similitudes co acordo de libre comercio que Chile asinou con Estados Unidos en 2004, pero a partir do que chegou a través das fugas do texto de negociación, o TPP ten normas de propiedade intelectual que son moito máis altos que [os Estados Unidos-Chile FTA], que no caso chileno podería implicar cambios nas leis que protexen a innovación e aos usuarios de Internet», segundo Francisco Javier Vera Hott, director do proxecto de Dereitos Dixitais, grupo de dereitos de internet con sede en Santiago de Chile. «Chile ten acordos comerciais con todas as partes do TPP, polo que este acordo non representa ningún beneficio económico ou de emprego ou [cambios] acceso aos mercados, senón que representa as perdas que estamos obrigados a aplicar normas máis estritas en materia de propiedade intelectual, sen ningún tipo de retribución».

A Propiedade Intelectual é igualmente unha preocupación importante no Perú e Canadá. «No caso do TPP no Perú, por exemplo, non é só un acordo cos países cos que xa chegamos selamos convenios [TLC], as ameazas van máis aló do intercambio comercial en sentido estrito. Están máis na área de profundización das reformas institucionais en sectores sensibles como a propiedade intelectual», Alejandra Alayza, coordinadora executiva da Rede Peruana por unha Globalización con Equidade (redGE Perú), dixo Programa das Américas desde a súa oficina en Lima.

«A proposta de EE.UU. [en materia de propiedade intelectual] estivo sobre a mesa desde hai máis dun ano e medio, e sen importar o feito de que outros países rexeitaron a proposta, os EE.UU. están insistindo na elevación do estándar e non retirar a súa proposta, ao mesmo tempo, están tratando de concluír as negociacións nos vindeiros meses», dixo Alayza. «Isto demostra unha clara intención de presionar en favor de novas normas de propiedade intelectual en nome do sector farmacéutico, o que fortalecería o monopolio transnacional das empresas farmacéuticas, o que debilita o acceso aos medicamentos e a competencia dos mercados internos e os medicamentos xenéricos».

Produtos farmacéuticos e o capítulo sobre a Propiedade Intelectual no TPP tamén poderían ter un impacto na dispoñibilidade de medicamentos xenéricos doutros países que están negociando, entre eles Canadá, de acordo con Trew, que di que os prezos de medicamentos de Canadá probablemente aumenten se se aproba o TPP. «Proposto polos negociadores estadounidenses, as normas de propiedade intelectual aumentan as patentes e a protección de datos para empresas farmacéuticas, esfarelan ou desmantelan as salvagardas da saúde pública consagradas no dereito internacional e obstaculizan a competencia para baixar o prezo dos medicamentos xenéricos», lese nun comunicado dado a coñecer o mes pasado por Médicos Sen Fronteiras (MSF ).

A aposta é un pouco diferente en México, que ten unha economía que é moito máis dependente dos EE.UU. que as outras nacións de América Latina que participan. En todo caso, o TPP profundarase a dependencia de México, de acordo con IPS de Pérez-Rocha.

En comparación con Perú, por exemplo, «México é moito máis dependente dos Estados Unidos, máis dependente do NAFTA, en xeral, os produtores mexicanos están moi preocupados de que os privilexios que ten México con Estados Unidos dilúanse, que as empresas asiáticas poderán vir e ensamblar en México e exportar aos Estados Unidos, afectando aos produtores mexicanos con moita forza», dixo, e sinalou que a industria téxtil mexicana e o sector de fabricantes de calzado mostraron oposición ao pacto. «Por exemplo, os téxtiles, eles poderían importar de Vietnam, por nomear algún país, e eles non terían que pagar os aranceis ás importacións, e entón, poderían producir roupa para exportar aos Estados Unidos desde aquí, en México, polo que, basicamente, esta é unha das graves preocupacións das asociacións téxtiles».

Ademais dos sectores de fabricación de calzado e téxtil, Pérez-Rocha sinalou que o leite de México, o café e o sector de grans básicos, todos poderían verse negativamente afectados pola aprobación do TPP. O sector leiteiro de Canadá tamén podería sufrir un golpe se se aproba o TPP.

«Realmente é só outra carreira á baixa, pero ninguén quere ser deixado de lado, ninguén quere que a súa economía se dane se non son parte das negociacións», dixo Trew.

Aínda que Alayza dixo que non se espera que haxa mobilizacións de masas no Perú durante as negociacións do TPP, eventos estanse organizando en Perú e noutros lugares para que coincidan coas conversacións. O grupo TPPxBorder comezou a compilar unha lista dos eventos que se organizan en contra da TPP, a partir do día de acción o 11 de maio.

___________________
* Dawn Paley é unha xornalista independente e investigadora. Para coñecer mais o seu traballo visita a web: http://dawnpaley.ca/
Pensamiento Crítico
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-11-2013 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
A ESQUERDA esixe a extradición a Arxentina dos torturadores franquistas
A xuíza Servini de Cubría espera unha resposta oficial do Goberno de Rajoy para que de curso á petición de captura contra os catro imputados nos delitos de lesa humanidade durante a ditadura franquista.


A xuíza María Servini de Cubría, que leva adiante a causa aberta en Arxentina contra os crimes do franquismo, asinou o pedido de extradición para catro exfuncionarios de seguridade da ditadura acusados de torturas en Arxentina.


As peticións de captura internacional cursadas a través de Interpol son contra o ex garda civil Jesús Muñecas Aguilar, o ex escolta de Francisco Franco e da Casa Real Celso Galván Abascal, o ex comisario José Ignacio Giralte González; e ex inspector José Antonio González Pacheco, alias Billy El Niño. Aínda que o Estado español confirmou o falecemento de Giralte González (morto en 2007), e de Galván Abascal (en 2009), a Xustiza Arxentina non recibiu documento ningún que acredite o deceso de ambos os dous, así que a solicitude de extradición mantense para os catro españois.


O xuíz da Audiencia Nacional Pablo Ruz asegurou, o 25 de setembro, que citaría a Muñecas Aguilar, de 77 anos, González Pacheco, alias Billy El Niño, de 66, en canto Arxentina formalizase as peticións de detención.


En Arxentina, a tortura está tipificada con penas que oscilan entre os oito e os 25 anos de prisión.


Desde A ESQUERDA esiximos ao Goberno de Rajoy e á xustiza española que cumpra os seus compromisos internacionais e extradite de forma urxente a estes verdugos e torturadores franquistas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-11-2013 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0