Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
<b>A VOZ DA ESQUERDA</b>


    A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

DECLARACIÓN DE APOIO A REVOLUCIÓN BOLIVARIANA
<b>Asociación Galego-Bolivariana HUGO CHÁVEZ</b>
DECLARACIÓN DE APOIO

A Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez manifesta o seu leal e firme apoio ó pobo venezolano e ás suas institucións diante das sancións promulgadas polo Congreso dos Estados Unidos en contra de funcionarios do goberno da irmá República Bolivariana de Venezuela. Sumándonos á esixencia de derogación de devanditas sancións que as nacións latinoamericanas abrumadoramente teñen manifestado.
Estas sancións entran na lóxica do intervencionismo norteamericano nas nacións soberanas da Nosa América, e en sí mesmas son ridículas nas súas consecuencias e cheas de hipocresía no seu contido. Ridículas xa que non van máis aló da conxelación dos activos duns poucos funcionarios do goberno venezolano e a revogación das súas visas. Hipócritas pois supostamente son motivadas pola falla de rescpeto ós dereitos humanos por parte destes funcionarios nos sucesos insurrecionais das ?guarimbas? de febreiro de 2014, que causaron a morte de 43 persoas, a maioria seguidores chavistas, xentes do común e funcionarios da seguridade ciudadá. Cómo pode dar leccións de dereitos humanos a nación que en todo o mundo máis os viola dentro e fóra das súas fronteiras. Baste dicir entre outros o recoñecemento do uso da tortura, as execucións sumarísimas mediante robots ?drones?, os recentes acontecementos de racismo policial causando a morte de varios cidadáns negros e a brutal represión policiaco-militar das manifestacións de repulsa. Mais o goberno bolivariano de Venezuela pode dar leccións ó mundo enteiro sobre cómo se respectan os dereitos humanos nas circunstancias máis difíciles.
As sancións o que pretenden é xerar unha matriz de opinión pública que xustifique o compromiso do goberno de Estados Unidos para apoiar financiera e políticamente a extremadereita que fóra das regras democráticas actúa contra do goberno bolivariano e autoriza a elaboración dunha estratexia de propaganda contra o proceso revolucionario bolivariano.
Aprobado na asemblea xeral en Vigo a 10-01-2015




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-01-2015 07:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0