A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O futuro de Vigo está en xogo
Por: Óscar Lomba

Fonte: Web de Óscar Lomba

http://oscarlomba.com/o-futuro-de-vigo-esta-en-xogo



O alcalde Vigo, recentemente, manifestou que o Concello ten en marcha máis de 80 obras por toda a cidade. Porén, moitas veces os datos que manexamos non son reais e non nos permiten recrear a imaxe obxectiva do escenario certamente existente, polo que a visión da cidade tórnase confusa, os datos interprétanse mal e selecciónanse de maneira nesgada, co que se ten unha visión da cidade parcial que só dá conta dun aspecto e non de toda a realidade. O alcalde, por exemplo, non di que Vigo deixou de ser aquela cidade dinámica que aspiraba a seguir sendo o motor industrial de Galicia. Non fala do enorme desemprego, que xa alcanza cifras superiores aos 30.000 parados. Tampouco fai referencia á alienación e á manipulación mediática. Non menciona unha soa verba da corrupción e do enchufismo. Para Caballero non existe o nepotismo. Ese nepotismo rampante que aniñan na nosa institución municipal e que está podrecendo os fundamentos democráticos da nosa corporación. Non fai referencia ao uso perverso de fondos públicos nin ao emprego xeralizado de medios de comunicación afíns –que impiden coñecer a realidade e dificultan a formación dunha conciencia crítica colectiva– e que sumados á compra masiva de vontades están gangrenando os cimentos da sociedade civil viguesa e favorecendo a perpetuación dunha casta de «bonecos de ventrílocuo» que están ao servizo das elites dominantes que son as responsábeis do afundimento da Caixa de Aforros de Vigo e da desfeita do tecido produtivo da nosa cidade.

Por mor de todo o exposto quero que o conxunto dos vigueses reflexione sobre a situación real da cidade e a súa área de influencia antes de emitir o seu voto o próximo mes de maio deste ano, porque o futuro de Vigo está en xogo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-03-2015 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
DECLARACIÓN DE APOIO A REVOLUCIÓN BOLIVARIANA
<b>Asociación Galego-Bolivariana HUGO CHÁVEZ</b>
DECLARACIÓN DE APOIO

A Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez manifesta o seu leal e firme apoio ó pobo venezolano e ás suas institucións diante das sancións promulgadas polo Congreso dos Estados Unidos en contra de funcionarios do goberno da irmá República Bolivariana de Venezuela. Sumándonos á esixencia de derogación de devanditas sancións que as nacións latinoamericanas abrumadoramente teñen manifestado.
Estas sancións entran na lóxica do intervencionismo norteamericano nas nacións soberanas da Nosa América, e en sí mesmas son ridículas nas súas consecuencias e cheas de hipocresía no seu contido. Ridículas xa que non van máis aló da conxelación dos activos duns poucos funcionarios do goberno venezolano e a revogación das súas visas. Hipócritas pois supostamente son motivadas pola falla de rescpeto ós dereitos humanos por parte destes funcionarios nos sucesos insurrecionais das “guarimbas” de febreiro de 2014, que causaron a morte de 43 persoas, a maioria seguidores chavistas, xentes do común e funcionarios da seguridade ciudadá. Cómo pode dar leccións de dereitos humanos a nación que en todo o mundo máis os viola dentro e fóra das súas fronteiras. Baste dicir entre outros o recoñecemento do uso da tortura, as execucións sumarísimas mediante robots “drones”, os recentes acontecementos de racismo policial causando a morte de varios cidadáns negros e a brutal represión policiaco-militar das manifestacións de repulsa. Mais o goberno bolivariano de Venezuela pode dar leccións ó mundo enteiro sobre cómo se respectan os dereitos humanos nas circunstancias máis difíciles.
As sancións o que pretenden é xerar unha matriz de opinión pública que xustifique o compromiso do goberno de Estados Unidos para apoiar financiera e políticamente a extremadereita que fóra das regras democráticas actúa contra do goberno bolivariano e autoriza a elaboración dunha estratexia de propaganda contra o proceso revolucionario bolivariano.
Aprobado na asemblea xeral en Vigo a 10-01-2015




Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-01-2015 07:54
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA POR UN 2015 SEN BLOQUEO A CUBA
Bandeira Cubana
Capitulo Galicia:

CAMPAÑA POR UN 2015 SEN BLOQUEO A CUBA

Señor Barack Obama

Presidente dos EEUU

Os abaixo asinantes, homes e mulleres de todo o mundo e diferentes organizacións políticas, culturais, sociais, sindicais, relixiosas, deportivas,... queremos amosar a nosa ledicia ao ter coñecemento de que foron liberados os últimos tres cubanos antiterroristas que estaban condenados inxustamente no seu país, mais tamén a noticia de que en sinal de boa vontade o goberno cubano concedeu a liberdade aos dous espías do seu país. Tamén o conxunto da humanidade recibimos con satisfacción o seu anuncio de renovar as relacións diplomáticas co goberno de Cuba. No seu importante e histórico anuncio salientou que o bloqueo a este país non serviu nin serve de nada.

Por iso, na súa condición de Premio Nobel da Paz solicitámoslle que neste ano 2015 vostede sexa o encargado de levantar o inhumando bloqueo á irmá República de Cuba, logrando que todo o continente de América sexa un territorio libre de guerras, de paz e de fraternidade entre pobos irmáns como o soñaron Bolívar, Washington e o propio José Martí.


Asinaturas:

Adolfo Pérez Esquivel. Arxentino- galego. Premio Nobel da Paz.

Xosé Manuel Beiras, Portavoz nacional da AGE

Xavier Vence, Portavoz Nacional do BNG

Lidia Senra. Deputada no Parlamento Europeo pola Alternativa Galega de Esquerda en Europa, Grupo Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica.

Javier Couso Permuy Deputado no Parlamento Europeo (Delegación de la Izquierda Plural – Grupo de la Izquierda Unitaria Europea / Izquierda Verde Nórdica)

Yolanda Díaz, Coordinadora de Esquerda Unida e Vicevoceira de AGE.

Francisco Jorquera; Portavoz do grupo parlamentario do BNG.

Xesús Alonso Montero, catedrático, Presidente da Real Academia Galega.

Manuel Rivas, escritor.

Xosé Luis Méndez Ferrín, escritor. Ex Presidente da Real Academia Galega.

Xosé Neira Vilas, escritor, membro da Real Academia Galega.

Anxo Angueira, poeta, Presidente da Fundación Rosalía de Castro

Víctor Freixanes, Editor e escritor, membro da Real Academia Galega.

Néstor Rego Candamil, Secretario Xeral da UPG.

Candido Pazó, actor

Eva Solla, deputada de AGE e Secretaria Xeral do Partido do Comunista de Galicia.

Consuelo “Chelo” Martínez Garcí,a Deputada do parlamento Galego (CERNA).

Miguel Anxo Fernán Vello. Poeta, Editor e escritor.

Olaia Fernández Davila, Deputada do BNG no Parlamento do Estado.

Rosana Pérez Fernández, Deputada do BNG no Parlamento do Estado.

Carmen Adán Vilamartín, Escritora, profesora de filosofía e Deputada do BNG do parlamento Galego.

Ana Belén Pontón Mondelo, Deputada do BNG do parlamento Galego.

María Tereixa Paz Franco, Deputada do BNG do parlamento Galego.

Cosme Eladio Pombo Rodríguez, Deputado do BNG do parlamento Galego.

María Montserrat Prado Cores, Deputada do BNG do parlamento Galego.

José Luis Poceiro Martínez, alcalde de Vilaboa – Pontevedra. (PSOE)

Rubén Pérez, Secretario de Organización de Esquerda Unida e membro do Comité Central do Partido Comunista de España.

Patricia Moon, cantante.

Xurxo Souto (músico e escritor) Fundador de Os Diplomáticos de Monte Alto.
Uxía, cantante.

Lois Pérez Leira, Portavoz da plataforma de organizacións políticas “A Esquerda”. Impulsor de Gañemos Vigo.

Mariano Abalo, Membro do Comité Central da FPG.

Antón Sánchez García, deputado de AGE.

Xosé María Álvarez Cáccamo, escritor.

Rómulo Sanjurjo, músico, empresario cofundador de Os Diplomáticos de Monte Alto

Luis Eyre Diéguez, dirección de CERNA.

Benito Santos González, cura obreiro, xesuita de Teis. Integrante das HOAC e a CIG.

Jamari Llanes Valdés, Presidenta da Asociación Cubano-Galega Haydeé Santamaría.

Bibiano-Adonis Morón Gimenez, Productor musical y artista.

Davide Salgado, cantante.

Miguel Anxo Malvido, Secretarío Confederal de Emprego e Industria da Confederacion Intersindical Galega.

Miguel Quintero, activista social. Coofundador de CCOO e integrante do 15 M en Vigo.

Xavier Moreda, activista social.
Transito “Transi” Fernández Fernández, Secretaria Comarcal de Vigo de CIG- Servizos.

Fermín Paz Lamigueiro, analista político e social.

Óscar Lomba, avogado e membro da Directiva de ESCULCA.

Miro Villar, poeta.

Renato Domínguez Presa, pallaso-artista. Enxeñeiro de telecomunicacións.

Manuel G. Garrido, activista social, sindicalista, cooperativista e político.

Ana Laura Pereira, cineasta.

Emilio Domínguez Tris, impulsor do15 M de Vigo, integrante da Plataforma Cláusa Suelo y Abusos Bancarios.

Ricardo Posadas Argibay, integrante da executiva comarcal da Confederación Intersindical Galega de Vigo.

Alfonso Martínez Jiménez. Presidente da Asociación Galega Bolivariana Hugo Chavez.

Xosé Manuel Pazos Varela. Mestre e autor teatral. Portavoz do Grupo Municipal da Alternativa Canguesa de Esquerdas

Xosé Manuel Graña, traumatólogo. Ex secretario Xeral de Esquerda Republicana de Galicia.

Cristina López Logariñas, mestra e sindicalista da CIG. Militante de CERNA.

Xurxo Martinez Crespo, escritor.

Manuel R. Caldas Iglesias. Economista-asesor fiscal. Auditor de contas. Nieto de José Caldas Iglesias, asesinado/fusilado por la dictadura franquista en 1937.

Juanma Ons, músico. Militante social. Impulsor do 15 M en Vigo.

Manuel Vázquez, poeta. Grupo Bretemas.

Xulio Costas Estévez. Empresario da construcción.

María Luisa Dacosta, avogada.


Marcial Amadeo Martínez, ex concelleiro do PSG-EG en Vigo. Militou en Unidade Galega. Foi fundador de Unidade da Esquerda Galega. Ex-militante do PSOE. Tamén militou en Compromiso por Galicia. (Falecido recentemente)

Luis Piña Castiñeira, militante da memoria histórica do 36. Fillo de represaliado polo franquismo.

Carmen Veiga Liboreiro, liberada da CIG.

Ivana Franco Rodríguez, Colectivo de Lesbianas e Gays.

Hernry Álvarez, desempregado. Cubano

Osmany González Moterubio, desempregado. Cubano.

Antonio Costas, arquitecto.

Fernando Rodríguez Comesaña “Tito”, técnico electrónico. Activista político e social. Cofundador da LCR en Galiza.

Miguel Millara, Activista social. Militante Humanista.

Jesús Rodríguez Rivera, estibador, ex presidente Cooperativa Estibadores Marítimos de Vigo.

Iván Rodríguez, artista plástico.

Luz Darriba, artista multidisciplinar.

María Luisa Dacosta, avogada.

Gerardo De Lima Peña. Militante de Podemos.


Rubén Menéndez Carnero, Enxeñeiro.


Luis Gonda Faria, pintor, ex presidente da Festa da Sardiña da Guía.


Lucas Carminati Portillo, futbolista.

Manuel Balo, guía turístico.

André Abeledo Fernández, sindicalista, coordinador local de Esquerda Unida de Narón.

María Estela Portillo Encina, sicóloga.


Oscar Gil Gómez, pensionista, activista social.


Lizbeth Castro Butrón, dependenta.


Jaime Rodríguez, empregado.

Keylin Jahaira Hernandez Carbonelle, Camareira.

Eduvigis Leonor Rojas Brito, vendedora ambulante.


Raquel Martínez Olariaga, modista.


Heriberto Álvarez Casares, xubilado.


Juan Manuel Duran. Chofer, desempregado.


José Arturo Bergara Rojas, vendedor ambulante.


Sandra Corina Bergara Rojas, vendedora ambulante.


Franklin Méndez, artista plástico. Asemblea de Desempregados do Calvario.


Dumitra Ion, inmigrante rumana.


María del Carmen Riveiro Faramiñan, emigrante retornada de Venezuela.


Karina Inés Moore, bailarina.

Rosa Virulegio García, empresaria.


Herminio Anta Vázquez, desempregado.


Ignacio Prieto, poeta popular e activista social.


Isabel Atanasiu Ivanova. Colectivo xitano.


Sonia León Gabarri, Colectivo xitano de Vigo.


Carlos Carminatti Pérez, comercial.


Bernando Quiñones Rodríguez, escritor e poeta.


Alfredo Vergara Vello, vendedor ambulante.


Michel Piña Lescaille, traballador da construcción.

Manuel Dios Guisando, pensionado.


Oscar Alba Burgos. Comercial, desempregado. Activista social.


Enoque Meneses, comerciante.


Gustavo Gallardo, administrativo.


Rodolfo Álvarez Cancio, desempregado. Cubano.


Magali Borges Sánchez, pensionista. Cubana


Ernesto Estévez Torres, camareiro.


Roberto Alfonso González Ordaz, artesano.


José María José Brunetti Salerno, xubilado.


Camilo Pérez Alba, desempregado.


José María Muñiz Vales. Desempregado.


María Lurdes Carnero Álvarez, desempregada.


Ariel Ruiz Contreras, empregado. Cubano.


Gerardo Bruno Moreno, camareiro. Cubano.


Anniuska Arcia Machin, empregada. Cubana.


Oleksander Sirenko, inmigrante ucraniano.


Denis Francisco de Leon Peña, traballador da construcción.


Néstor Pampín Pérez, pensionista.

Alcadio Román Peña, traballador da construcción

Juan Céspedes Castro, traballador da construcción.

Bianca Mairena Guzmán Palacios, empregada.

Ingrid Juliet Rosales Guzmán, empregada.

Manuel Franco Delgado, xubilado.

Lázaro Montero, empregado. Cubano

Hernry Álvarez, desempregado. Cubano

Raúl Rosendo, xubilado.

Elisabeth Porta. Empelada de fogar. Cubana.

Francisco Aíra, mecanico.

Clara J. García, empregada.

Joan Aíra, desempregada.

Oleida Barrera, desenpregada. Cubana.

Oscar Barrera, desempregado.

Yuleisy Báez, desempregado. Cubana.

Ileana Báez, Desempregada.Cubana.

Ángela García. Desempregada.

David Otero, Escritor.

Emigración galega no exterior:

Jorge Rivas, Deputado Nacional por El Socialismo para la Victoria- Confederación Socialista Argentina.

Liliana Parada, Deputada Nacional. Mesa Nacional Partido Unidad Popular

Oscar Fernández Mel, Xeneral das Forzas Armadas Revolucionarias de Cuba Medico, ex combatente de Sierra Maestra amigo persoal de Ernesto Guevara, Combatente en Angola co Che, ex Alcalde da Habana.

Francisco Lores Mascato, Presidente da Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina.

Roberto Ogando Zas, Ex Ministro de la Industria Ligera de Cuba, actualmente Presidente de la Unión Ourensana de Cuba.

Javier Alfaya, dirixente nacional do Partido Comunista do Brasil.

Froilán González, escritor. Biógrafo do Che.

Isabel Rauber, Pensadora latinoamericana.
Estudiosa dos procesos de construcción de poder popular desde abaixo en indo-afro-latinoamerica. Profesora universitaria. Pedagoga política. Doutora en Filosofía.

Elsa Osorio, é una das escritoras de maior proxección internacional, traducida a 18 idiomas. Galega K. Arxentina.

Víctor Gallego Soto, abogado fillo do desaparecidos Julio Gallego Soto, ex colaborador de Juan Domingo Perón. Amigo del Che Guevara.

José Miguel Gómez “Pucho”, loitador antifranquista, cofundador Asociación Memoria Viguesa do 36. Fillo de represaliado da dictadura franquista. Cuba.

Inés Seoane Toimil, psicóloga.

Daniel Portas Tarela, Director de Extensión Académica del INAP, Xefatura de Gabinete de Ministros de Nación.

Pedro Trigo, Co-fundador do Movimiento 26 de
Julio de Cuba. Asaltante do Moncada. Cuba.

Alfredo Gabela, afillado de Ernesto “Che” Guevara. Galego K. Arxentina.

Antonio Arruti, dirixente nacional do Movemento de Liberación dos Sem Terra. Integrante do Partido dos Traballadores. Salvador. Brasil.

Luis Fernández Ageitos, Presidente da Asociación de Taxistas da Capital Federal e directivo da Federación de Asociaciones Gallegas da Arxentina.

María Casariego de Gainza, psicoanalista, docente e artista plástica, querellante na causa pola desaparición de Juan Carlos Casariego (Director de Inversions extranxeiras, desaparecido na Arxentina 1977).

Juan José Fernández Ageitos, integrante de Galegos K e Presidente da Sociedade Fillos de Ribeira da Arxentina.

Anahí Amalsia Álvarez, sicoanalista e escritora. Gallegos/as K Argentina.

Fernando Ventura, cantante. Los Ángeles. EEUU.

Gerardo Fernández, dirixente do Movimiento Evita. La Matanza. Arxentina.

Hilda Mígueles, Secretaria de finanzas de Kolina, Magdalena. Arxentina.

Alfredo Viña, Presidente do Frente Grande de Magdalena. Arxentina.

Guillermo Somoza, poeta e actor. Arxentina.
Luz Darriba, artista plástica. Bruselas (Bélxica).

Juan Carlos Merlo, ex futbolista do Deportivo da Coruña, director técnico, integrante do Nuevo Encuentro. Galegos K. Arxentina.

Manuel Barros del Valle, Médico Internacionalista. Delegado de “España Exterior”. Cuba.

Jesús Augusto Noriega Padrón. Licenciado. Técnico Especialista en Instrumentación Control Automático. Cuba.

Roberto Vázquez, profesor. Matanzas, Cuba

Omar Montenero, empresario, ex directivo nacional da Confederación Xeneral de Empresarios CGE, Galegos K.

Vítor Fraga, xornalista, analista de mercado. Londres.

Juan Bouzón, militante da solidaridade con Cuba. Miami (EEUU).

Graciela Rosa Acosta Ollero, medica. Filla de galegos de Paderne de
Allariz.

Alberto Teodomiro Rodríguez de Miguel, Secretario Xeneral da
Asociación Taxistas da Capital.

José Antonio Barcia Arruti, Director da Asociación Caballeros de Santiago, Salvador de Bahía.

Ricardo Cuadrado, militante Partido Solidario, Sociedade de Ribeira,
Galegos K. Argentina.

Emmanuel González Santalla, secretario “La Campora” Avellaneda, Sociedade de Fisterra. Avellaneda. (Arxentina).

Joan González Santalla, militante peronista, Sociedade Fisterra.
Avellaneda. (Arxentina).

Jorge Callizo Castro, Militante peronista, Sociedad Fisterra.
Avellaneda. Arxentina.

Manuel González Santalla, empresario, militante peronista, Sociedade
Fisterra, Avellaneda. Arxentina.

Jorge Federico Watts Vidal, fundador da Asociación ex Detenidos Desaparecidos da argentina, integrante de Carta Abierta, Gallegos K.

Francisco Maquieira, militante peronista. Sociedade Española de Ituzaingo. Galegos K.

Carolina Primo Rebón, militante de esquerda. Arxentina.

Angelina Rojas Blaquier, Historiadora. Cuba

Javier Molina, Carpintero. Cuba

Angelina Blaquier Martínez, Pensionada. Cuba








Impulsa en Galicia: Asociación Galego-Cubana Haydée Santamaría.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-12-2014 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Mordendo mazás envelenadas: emprendemento feminino, emancipación, coidados e neoliberalismo
Barbie emprendedora
Mordendo mazás envelenadas: emprendemento feminino, emancipación, coidados e neoliberalismo

http://www.pikaramagazine.com/2014/12/mordiendo-manzanas-envenenadas-emprendeduria-femenina-emancipacion-cuidados-y-neoliberalismo/


http://info.nodo50.org/Mordiendo-manzanas-envenenadas.html


ARTIGO EN FORMATO PDF:
http://info.nodo50.org/IMG/article_PDF/Mordiendo-manzanas-envenenadas.pdf

Por Victor Ginesta Rodríguez e Andrea Alvarado Vives.

Fonte: Pikara


Tradución ao galego: Alicia Garrido Cameselle


A aparición da Barbie Emprendedora é unha poderosa constatación simbólica da perversión neoliberal do ideal de independencia económica das mulleres e do actual fomento da iniciativa particular privada. A súa saída ao mercado é unha nova mostra da capacidade do neoliberalismo para xogar ao teléfono roto coas voces críticas.
O pasado 18 de febreiro de 2014, Mattel presentou na American International Toy Fair a última adición á súa liña «I can be», orientada a motivar ás nenas para que “sexan o que queiran ser”. As críticas desde os feminismos non se fixeron esperar, pois, en efecto, a boneca seguía encarnando un ideal de beleza normativo, completamente afastado da realidade e nada diverso. Agora ben, máis aló destas pertinentes críticas, é necesario preguntarse cales son as razóns polas que, tras 55 anos de existencia e tras interpretar 150 roles, Barbie convértese en emprendedora xustamente agora.

Dirase que Barbie emprendedora non pretende ser máis que a representación dunha muller «moderna» e, de feito, Michelle Chidoni -portavoz de Mattel- xustificou nestes termos a aparición da nova boneca: “Os roles de Barbie son reflexo do seu tempo e na actualidade hai cada vez máis mulleres emprendedoras”. Efectivamente, desde o punto de vista da representación da realidade ou da experiencia das mulleres, ten máis sentido que o novo rol apareza no 2014 que nos anos oitenta, posto que, desde entón, a taxa de actividade económica das mulleres españolas subiu do 28,33% ao 53,31% co que se pechou 2013. É máis, a cifra tamén é ascendente desde o inicio da crise.

Pero, doutra banda, o novo xoguete tamén ten como obxectivo “motivar ás mozas para que aprendan sobre este novo rol”. Dito doutro xeito: a boneca pretende promover a cultura emprendedora a través da socialización das nenas. Neste sentido, a aparición desta Barbie debe interpretarse como parte do actual contexto de auxe da economía do emprendedor e como un novo éxito dos partidarios do neoliberalismo no seu intento por naturalizar os seus preceptos.

O idilio entre o neoliberalismo e a economía do emprendedor

A saída á venda da Barbie emprendedora é un sinal da popularización que, coa crise e a necesidade de xerar emprego como escusa, conseguiu a figura do emprendedor nun contexto no que os gobernos occidentais –cos Estados inmersos nas chamadas políticas de consolidación fiscal e vendo reducido o seu papel administrativo– están delegando funcións ao mercado, quitando dereitos sociais e diminuíndo o gasto público. Por unha banda, moitas persoas agárranse a ela e ao autoemprego como única opción para conseguir ingresos ante un panorama laboral dantesco. Por outra, os gobernos levan tempo promovéndoa e, no seu caso, forma parte dunha filosofía de maior calado que está cambiando a morfoloxía e o papel do Estado, así como o significado de dereitos, bens e servizos -isto explicaría, en parte, o auxe de neoloxismos como o emprendemento social, xurdido en resposta, ou como alternativa, á diminución do gasto social-.

En calquera caso, a súa promoción está asociada á naturalización das lóxicas competitivas do neoliberalismo e á súa fonda implementación, dado que o emprendedor -pola súa maneira de facer e “ver a vida”- é o arquetipo que máis se achega ao tipo ideal de cidadán necesario debuxado polos neoliberais para o seu mercado libre e sen trabas: alguén flexíbel, adaptábel, con disposicións ao cambio, non renuente á innovación, que toma decisións económicas imbuído por unha lóxica transaccional racional. É un empresario de si mesmo, que gaña e/ou perde sen a axuda do Estado, e que é, ademais, un inversor que supedita todas as decisións da súa vida á economía. Un homo economicus actualizado e 2.0.

A figura do emprendedor encarna unha persoa independente, capaz e responsábel do seu destino persoal -xestora das súas habilidades, aptitudes e accións-. Valores moi rimbombantes e atractivos, que se imbúen de aparentes ideais emancipatorios pero que se combinan cun discurso institucional prol-mercado e un rexeitamento ao papel do Estado, que é visto como obstaculizador, e ao do suxeito supostamente pasivo e dependente que recibe a súa intervención administrativa. A incentivación da competitividade e iniciativa emprendedora neoliberal realízase mediante un dobre eixo que inclúe, por unha banda, reformas lexislativas que buscan facilitar a actividade emprendedora e, por outro, un discurso apoloxético por parte do Estado e dos medios de comunicación de masas co propósito de naturalizar e familiarizarnos coa súa cultura.

Contra o que adoitan salientar fantasiosamente os neoliberais, que afirman que na súa filosofía o Estado non intervén, unha das características distintivas da súa Doxa desde a súa aparición en 1947 na Societé Mont Pèlerin é a utilización de mecanismos lexislativos estatais para fixar unhas políticas destinadas ao desenvolvemento de condicións de competencia e de mercado, as cales adoitan acabar en privatizacións e redución do gasto público. No que respecta á emprendeduría, atopámonos con cambios destinados a fomentala mediante a xeración de incentivos económicos, como a recente Lei do Emprendedor, que veñen acompañados de reformas laborais de tipo flexicurity suxeridas desde a gobernanza da Unión Europea co obxectivo de producir “disposicións contractuais flexíbeis e fiábeis, estratexias globais de aprendizaxe permanente, políticas activas do mercado laboral eficaces e sistemas de seguridade social modernos”. A apoloxía do emprendedor mestúrase así cunhas condicións laborais máis precarias e flexíbeis, e cun incremento do investimento privado en innovación e desenvolvemento.

Isto, á súa vez, pasea da man cun fomento discursivo que se reflicte na introdución da emprendeduría nos programas educativos e en programas de televisión públicos como Entre Todos, Código Emprende ou A túa Oportunidade –con frecuencia patrocinados por bancos ou multinacionais-, nas seccións e suplementos dos xornais -mesmo nos de esquerda-, así como na visibilización pública das súas figuras. A todo isto, hai que engadir a táctica de aniquilación e invisibilización doutras doutrinas económicas que o neoliberalismo levou a cabo desde os anos 60 mediante a introdución organizada do seu discurso non soamente nos principais centros académicos do mundo - nas facultades de economía apenas ensinan modelos diferentes ao neoclásico e o seu imperialismo esténdese cara a outras áreas das Ciencias Sociais -, senón tamén nos medios de comunicación de masas, institutos e fundacións, tal e como famosamente fixera Milton Friedman nos 60 e fai agora Xavier Sala i Martí nos medios públicos como TV3. Unha sobre-representación que, seguindo a Gramsci, converteu ao neoliberalismo no indiscutíbel pensamento hexemónico.

A perversión neoliberal do ideal de independencia económica para as mulleres
A aparición da Barbie emprendedora supón un apoio simbólico á inclusión das mulleres na economía do emprendedor. Ademais, a boneca pode resultar atractiva desde moitos puntos de vista pois incorpora e promove ideais de independencia económica, autonomía e realización persoal para as mulleres. Neste sentido, na medida na que eses ideais encaixan perfectamente con parte do ideario feminista, é posíbel que a boneca se presente como exemplo empoderador e mesmo como un novo síntoma de que o século XXI é o século das mulleres. Así, a nova boneca non debe inserirse unicamente no contexto neoliberal de apoloxía da emprendeduría, senón que debe ser lida en relación á aceptación, interiorización e promoción de ideais de emancipación feminina por parte deste novo xeito de capitalismo, a cal incorporou selectivamente parte do ideario feminista. Loxicamente, e como moi ben relata Nancy Fraser, devandita incorporación supuxo a resignificación da crítica e a destrución do seu potencial emancipador.

En efecto, en Feminism, capitalism and the cunning of history, Fraser advirte que o auxe do neoliberalismo cambiou o terreo no que operaba o feminismo da segunda onda incorporando, entre outras, a crítica –lexítima e necesaria– ao androcéntrico salario familiar e a dependencia económica que este carrexaba para as mulleres, dotándose así dunha maior lexitimidade. Asemade, no seu proceso de transformación, o novo capitalismo incorporou interesadamente a crítica feminista e da nova esquerda a certo tipo de paternalismo estatal – concretamente, o feminismo da segunda onda non criticaba a intervención estatal per se, senón o tratamento dos cidadáns como obxectos pasivos e non como suxeitos “dotados de poder para participar [desde abaixo] nos procesos democráticos de interpretación da(s) necesidade(é)”– utilizándoa para lexitimar a retirada total do Estado e o novo énfase na importancia da responsabilidade persoal e individual.

O resultado desta perversa xogada foi o acento en certo tipo de políticas selectivas como o Gender Mainstreaming que promulgan o aumento da presenza de certas mulleres privilexiadas en centros de decisión e nos consellos directivos, xustificadas en aras á igualdade de xénero e a emancipación, en detrimento doutras como a colectivización do traballo de coidados ou o aumento dos salarios precarizados. É nesta lóxica na que se insere a apoloxía e celebración da emprendeduría feminina, capitaneada, na súa versión máis elitista, por figuras como Sheryl Sandberg, CEO de Facebook.

As augas turbias da ‘flexiguridade’

Este foi o caldo de cultivo para que na actualidade nos atopemos perante o seguinte escenario: por unha banda, hai máis mulleres que nunca traballando no mercado laboral remunerado así como nos centros de decisión, pero, doutra banda, a crise está propiciando unha retirada do Estado das súas responsabilidades en relación ao traballo reproductivo - traballo doméstico e coidado de persoas -, reprivatizándoo e devolvéndoo aos fogares. Devandita retirada, que algunhas feministas marxistas como Sandra Ezquerra ou Nancy Hartsock cualifican como “un novo cercado dos comúns reproductivos”, non está facendo senón aumentar a carga total de traballo das mulleres.

Barbie Emprendedora xorde, pois, nun contexto no que o rol das mulleres como breadwinners precarizadas medra, pero tamén se combina e intersecciona coa recuperación dos roles de xénero reproductivos tradicionais. E a dinámica que se quere seguir é esa, posto que o esquema da flexiguridade ao que fixemos referencia máis arriba trae consigo unha maior sobre-representación das mulleres nos traballos máis precarios. Así, Holanda, Alemaña e Dinamarca, tres dos países de referencia, son dos que teñen un maior número de mulleres desempeñando medias xornadas - 77,3% (o que máis), 46,1 e 35,8%, respectivamente, mentres que a media europea é dun 32,7% de mulleres e un 9,8% de homes (segundo datos de Eurostat de 2013) -. Non é difícil imaxinar que este contexto non é o máis compatíbel co escenario necesario para que as mulleres despreguen toda a súa “capacidade e potencial de emprendemento”; neste sentido, para moitas, a figura da emprendedora actúa como reclamo da posibilidade formal pero non efectiva ou realista, desvelando así unha das características máis poderosas do capitalismo: ofrecer unha cousa para ocultar que realmente está provocando outra.



E é que o neoliberalismo abriu unha porta para que certas mulleres privilexiadas poidan –aínda sufrindo discriminacións de xénero– pasar a formar parte dunha elite, á vez que esta inclusión invisibiliza a situación doutras mulleres e obstaculiza as súas reivindicacións ante a luz pública, que quedan apagadas e, peor aínda, deslexitimadas. As políticas liberais permiten a certas mulleres entrar nos postos de decisión, pero non cuestionan realmente as relacións de poder nin a asimetría de oportunidades no libre mercado, deixando de lado, por exemplo, os programas para mellorar os dereitos das traballadoras menos cualificadas, cuxos sectores están sufrindo recortes e novas formas de precarización.

A cooptación, terxiversación e perversión dalgúns dos elementos máis atractivos do ideario feminista axudou á proliferación e aceptación destas políticas de alcance medio. A apoloxía do emprendedor e dos modelos de éxito neoliberais combínase con procesos de precarización, intentos de involución conservadora e un aumento global das desigualdades; o seu incentivación inclúe políticas e discursos de responsabilización e individualización da situación persoal de cada unha. Por todo isto, debemos ser cautas ante a promoción de modelos como Barbie emprendedora, pois enmascara unha resignificación do potencial emancipador do traballo remunerado para as mulleres así como unha nova xustificación das desigualdades.

Xogando ao teléfono roto coas voces críticas

Esta dinámica engulidora de críticas e idearios por parte do neoliberalismo non é un fenómeno illado, senón que forma parte da estratexia habitual do capitalismo para esquivar as críticas ao seu funcionamento interno. Tal e como dixesen autores como Luc Boltanski e Eve Chiapello – en relación á crítica artista nos empregos–, Albert Ou.Hirschman –en relación ao papel dos intereses– ou Nancy Fraser –en relación ao salario familiar e a crítica progresista ao paternalismo estatal– o capitalismo recolle parte das críticas que lle son efectuadas e incorpóraas parcialmente ao seu discurso. Este mecanismo desvirtúa o significado daquelas e debilita a súa poder orixinal, fagocitando parte do eventual carácter ameazador de quen as emiten que ou ben son cooptados ideoloxicamente por esas vitorias pírricas ou ben terminan por ser vítimas das concesións parciais. A través desta maquiavélica manobra, o capitalismo sae fortalecido e investido dunha nova dose de lexitimidade, propiciando un cambio sutil que non cuestiona os reforzados fundamentos de base.

"A exteriorización pública da capacidade formal e simbólica das mulleres para ser emprendedoras e empresarias de si mesmas e así formar parte do imaxinario do ecosistema neoliberal é, no noso caso, a inxección de lexitimidade que faltaba no actual cadro de reformas".

A exteriorización pública da capacidade formal e simbólica das mulleres para ser emprendedoras e empresarias de si mesmas e así formar parte do imaxinario do ecosistema neoliberal é, no noso caso, a inxección de lexitimidade que faltaba no actual cadro de reformas. Pero ese presunto ideal de emancipación non debe separarse dun contexto no que as constantes flexibilizacións do mercado laboral e as políticas de austeridade están ameazando a independencia real das mulleres, así como dun momento no que estamos vivindo unha nova resituación do rol e as funcións do Estado.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-12-2014 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
Inmigración e interculturalidade en Vigo.
Danza uruguaia nas rúas de Vigo
Por: Óscar Lomba *

Fonte: Revista A BOIA

http://aboia.info/?p=1620

A interculturalidade no espazo urbano é aquela situación comunicativa e inclusiva, derivada da interacción entre persoas e grupos sociais que comparten unha cidade, onde non se consente que unha comunidade cultural estea por riba doutra, favorecendo en todo momento a cooperación e convivencia harmónica. Neste xeito de entender as relacións interculturais establécese un vínculo baseado na tolerancia, o respecto á diversidade e o beneficio mutuo. Porén, non é un proceso exento de conflitos, e estes poden resolverse mediante o respecto, a xeración de contextos de horizontalidade para a comunicación, o diálogo e a escoita recíproca, o acceso equitativo e oportuno á información, a procura da concertación, a interlocución e a sinerxía.

Non hai culturas mellores nin peores. Cada cultura pode ter maneiras de pensar, sentir e actuar nas que determinados grupos se atopen nunha situación de discriminación, pero se aceptamos que non hai unha xerarquía entre as culturas estaremos postulando o principio ético que considera que todas as culturas son igualmente dignas e merecedoras de respecto. Isto significa que o único xeito de comprender correctamente as culturas é interpretar as súas manifestacións de acordo cos seus propios criterios culturais. Aínda que isto non debe supor eliminar o noso xuízo crítico, si que supón inicialmente deixalo en suspenso até que non entendamos a complexidade simbólica das prácticas culturais.

Vigo é o municipio galego con maior presenza de inmigrantes, máis de 17.000 persoas; dos cales ao redor do 60% proceden de países sudamericanos. A presenza en Vigo de persoas de distintas orixes, supón que medre a diversidade cultural, pero como en todo proceso de interacción entre persoas, danse situacións de desencontro e conflito.

Lonxe de considerar o conflito un elemento negativo para o desenvolvemento das sociedades, nun espazo de multiculturalidade significativa como é Vigo, o conflito preséntase como un aspecto positivo que permite o avance da sociedade.

“O conflicto é inherente ás relacións humanas é imprescindible xestionalo de xeito que se permita a transformación social ”

O conflito é inherente ás relacións humanas e sociais, é imprescindíbel xestionalo de xeito que se permita a transformación social e das persoas que forman parte da cidadanía de Vigo. Dende esta perspectiva resulta apropiada a implementación de servizos de desenvolvemento da convivencia intercultural.

* Oscar Lomba é avogado.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-12-2014 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
PRESENTACIÓN PÚBLICA DAS CANDIDATURAS DOS INDEPENDENTES DE PODEMOS
Independentes de PODEMOS
O vindeiro martes 23 de decembro ás 19 horas na porta do Mercado do Calvario presentaremos as Candidaturas dos Independentes de PODEMOS de Vigo.

Gustaríanos contar coa presenza de toda a veciñanza da cidade organizada en PODEMOS para que os nosos representantes poidan ser a voz do conxunto da cidadanía cansa da casta tanto no Estado español como en Galicia e en Vigo.

Queremos un PODEMOS que sexa o motor da transformación social do noso Concello. Un PODEMOS aberto á cidadanía, totalmente transparente e participativo. Desde o nacemento de PODEMOS apostamos polo liderado de Pablo Iglesias, apoiando nas ultímas eleccións internas pola súa candidatura.

Os Independentes de PODEMOS Somos Maioría.

Esperámoste este martes 23 ás 19 horas na Porta do Mercado do Calvario.

Non faltes

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-12-2014 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
Caso Scala: unha montaxe policial contra o anarquismo
Caso Scala: unha montaxe policial contra o anarquismo

Interesante documental:


http://info.nodo50.org/Caso-Scala-un-montaje-policial.html
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2014 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
CAMPAÑA POR UNHA CUBA SEN O BLOQUEO DOS EEUU NO 2015
POR UNHA CUBA SEN BLOQUEOCAMPAÑA POR UNHA CUBA SEN O BLOQUEO DOS EEUU NO 2015

A asociación Cubano - Galega Haydée Santamaría quere manifestar a súa ledicia pola liberdade dos patriotas liberados hai pouco tempo polo gobernos dos EEUU e asemade polo restablecemento das relacións diplomáticas entres os dous pobos irmáns.
Agora os 5 poderán estar coas súas familias e co noso pobo gozando destas festas á espera que o 2015 sexa o ano que EEUU por medio do seu presidente Obama termine co inhumano bloqueo ao noso país. Como dixo o propio presidente norteamericano as sancións económicas non serviron para nada. Para nós significaron o sufrimento de varias xeracións de cubanos e a imposibilidade de ter un mellor desenvolvemento económico e social.
Esta decisión é froito en primeiro lugar da loita constante do noso pobo e o noso goberno antes presidido por Fidel Castro e na actualidade por Raúl Castro, coma tamén por mor da solidariedade internacional, especialmente de toda América Latina a través da CELAC, UNASUR, o ALBA, MERCOSUR. foi moi importante a intermediación en primeiro lugar do Presidente do Uruguai José Mujica que na súa entrevista co presidente Obama solicítoulle contundentemente a necesidade desta decisión. Mais tamén hai que salientar a intermediación nesta última etapa dos gobernos de Canadá e o propio papa Francisco.
A importante e valente decisión de Obama require que dea un paso máis e de xeito inmediato para que o Congreso do Estados Unidos de América termine de levantar o bloqueo económico. E hai que dicer que o goberno dos EE.UU. ten os mecanismos necesarios para facer realidade este reclamo da comunidade internacional.
A nosa Asociación malia ser apartidaría e plural desde a súa fundación asumiu a loita contra o bloqueo como unha actitude patriótica e humanitaria. Por que devandita medida afecta ao conxunto de todos os cubanos e posterga o futuro das presentes e futuras xeracións de cubanos e cubanas.
Por iso dedicaremos todo o ano 2015 para realizar distintas campañas para lograr este obxectivo. Por iso convocamos á cidadanía cubana residente en Galicia, ao noso irmán pobo galego, aos seus partidos e institucións e ao conxunto das organizacións sociais e culturais que nos axuden aportando desde Galicia tan solidario apoio. Deste xeito estaredes contribuíndo a fortalecer o noso modesto esforzo para lograr tan importante obxectivo humanitario.
Ningún pobo do mundo debe ser bloqueado. O único bloqueo debe ser o que se faga ás guerras, á fame, ás doenzas evitábeis, ao analfabetismo... Queremos un continente americano libre de guerras e cheo de fraternidade e de paz.
Os cubanos martianos que residimos en Galicia e o resto de amigos de Cuba, asumimos este histórico compromiso coa ledicia e a seguridade de que o noso pobo volverá triunfar.

Por un 2015 sen Bloqueo a Cuba!!!!!
Con Martí como guía venceremos!!!!!


Vigo, 21 de decembro 2014.




Jamari Llanes Valdés
Presidenta.
Tel de contacto: Tel 630005960.

Lois Pérez Leira
Secretario.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2014 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
AFECTADOS POLA HEPATITE C DE TODA GALICIA CONSTITÚEN UNHA PLATAFORMA
Plataforma de Afectados pola Hepatite CAFECTADOS POLA HEPATITE C DE TODA GALICIA CONSTITÚEN UNHA PLATAFORMA


Na tarde de onte celebrouse en Vigo a Asemblea Constituínte da "Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C" na que participaron afectados e afectadas procedentes de diversos lugares de Galicia.

Logo de case un ano de espera para que o Ministerio de Sanidad, Asuntos Sociales e Igualdad, incluíra as novas terapias de alta eficiencia no catálogo de medicamentos da Seguridade Social española, a alarma estendeuse entre os/as afectados/as ao recibir as denegacións de acceso ao tratamento das primeiras solicitudes cursadas polos profesionais sanitarios, que afectan aos casos máis avanzados e graves de enfermidade.
Ante esta situación na que é a nosa vida a que está comprometida non temos outra alternativa que denunciar a situación publicamente e organizarnos, unidos ao resto de afectados/as do resto do Estado, para conseguir canto antes o acceso dos/as doentes a unha medicación que cura nun alto porcentaxe de casos.
Neste sentido, unímonos as reivindicacións da Plataforma de Afectados por la Hepatitis C que se encontran actualmente pechados no Hospital 12 de Octubre en Madrid, e facemos nosas ás súas reivindicacións.
A Hepatite C é unha enfermidade que afecta en España a unhas 750.000 persoas. Os seus efectos son devastadores, sendo a primeira causa de carcinomas hepáticos e responsable de unha boa parte das cirroses hepáticas. O tratamento convencional ata agora, baseado na administración de Interferón en combinación con outros fármacos, ademais de producir graves efectos secundarios, fracasa nunha proporción importante de casos. As persoas que non conseguen curar a enfermidade, quer por intolerancia quer porque este lles resultou ineficaz, ata agora non tiñan alternativa terapéutica á espera de que o seu cadro se agravase ata o punto de ingresar nas listas de transplante hepático.
A finais do ano 2013 a FDA (Axencia Norteamericana do Medicamento) e a Axencia Europea do Medicamento deron luz verde á comercialización de novos fármacos, particularmente o Sofosbuvir (comercializado por Gilead baixo o nome comercial de Sovaldi). Este novo medicamento ten unha eficacia demostrada nas fases clínicas previas a súa comercialización de ata o 95% en algúns dos xenotipos do VHC. Inmediatamente as sociedades médicas que agrupan aos especialistas en hepatoloxía e os colectivos de doentes carentes de tratamento pediron que se dispense este fármaco no sistema público de saúde.
No mes de agosto pasado, Ana Mato, daquela Ministra de Sanidade, facía unhas declaracións en Santiago afirmando que esta medicación ía ser dispensada xa nos centros públicos. Desde aquela a triste realidade foi unha sucesión de declaracións en positivo desde o Ministerio que nunca se trasladaron á práctica. Moi poucas persoas afectadas por esta doenza tiveron a oportunidade de acceder a ela. Recentemente temos visto como se lle concedeu a algún enfermo despois de folgas de fame protagonizadas por familiares. Agora mesmo, os/as compañeiras da Plataforma de Madrid levan tres días pechadas no Hospital 12 de Octubre, esixindo que se lle administre a seis enfermos, algún deles ingresado en situación xa de moita gravidade.
O máis grave desta situación é que as persoas ás que non se nos está dando o tratamento témolo prescrito polos nosos médicos especialistas. E o que é peor: poderiamos mercalo se pagásemos o seu prezo libre (uns 50.000 euros). Por primeira vez desde que neste país existe un sistema público de saúde, acceder ou non a un tratamento do que depende a propia vida só é unha cuestión de ter ou non capacidade económica. Cada día que a solución se demora, esta chega tarde para unhas 10 persoas, o número medio de vidas que se cobra a Hepatite C en España (3.400 mortes en 2013, segundo datos da Asociación Española de Estudios de las Enfermedades Hepáticas; a mesma asociación aglutinadora dos médicos especialistas en Hepatoloxía que onte facía un comunicado criticando desde o punto de vista científico o documento de "Estrategia de Priorización para el Tratamiento de la Hepatitis C" do Ministerio de Sanidade por dificultar o acceso ás novas terapias curativas e concluír afirmando: "En el momento actual la AEEH se ve obligada a recomendar explícitamente a sus asociados NO seguir las recomendaciones incluidas en el documento ministerial."
Convidamos a todas as persoas de Galicia afectadas por esta situación a integrarse na Plataforma, para poder traballar xuntas en defensa do noso dereito a algo elemental: unha oportunidade de seguir vivindo. Por outra parte, pedimos á sociedade galega en xeral que apoien a nosa loita contra os recortes que matan persoas. Se permitimos que se instaure este precedente, mañá pode ser calquera outra terapia que a administración considere "cara" a que deixe de prestarse con carácter xeral.

Vigo, 20 de decembro de 2014
--------------------------------------
Para máis información contactar cos portavoces:
Xulia Alonso. Tel: 626398837
Quique Costas. Tel: 638232626
Facebook: plataformagalegadeafectadospolahepatitiscdegalicia


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2014 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Fernando Souto, Presidente da Comisión pola Memoría Histórica da Coruña
Fernando Souto
Entrevista a Fernando Souto, Presidente da Comisión pola Memoría Histórica da Coruña

FONTE: SERMOS GALIZA
http://www.sermosgaliza.gal/articulo/memoria/xustiza-coas-vitimas-do-franquismo-continua-ser-debeda/20141219024505033445.html

“ A xustiza coas vítimas do franquismo continúa a ser unha débeda”A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña conmemora dez anos de existencia. Neste tempo, da súa man veu a forte oposición a que as rúas continuaran mantendo os nomes franquistas, a loita polo Pazo de Meirás ou a homenaxe permanente ás persoas que padeceron a represión. O seu presidente, Fernando Souto, fai balance e adianta as futuras accións da CRMHC.

-A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña fai dez anos. Que balance faría desta década de historia?

A Comisión nace en 2004 nunha asemblea aberta á que acode a cidadanía, convocada por Manolo Monge, entón presidente, para traballar sobre a situación na que se atopaba a simboloxía franquista da cidade. Desde entón, conseguiuse cambiar totalmente a mentalidade da cidadanía. O goberno municipal dicía que non existía simboloxía franquista senón que era “histórica”. Co traballo que se fixo pasou a considerarse franquista e non só pola aplicación da lei senón pola conciencia da cidadanía. Fíxose un traballo de investigación sobre os nomes da rúa, como se chega a tomar esa decisión na aplicación dun regulamento que dicía que se escollía para que os actos meritorios de quen levaba o nome fosen repetidos polas xeracións futuras. A xente descoñecía os por ques deses nomes e atopámonos cunha relación que enxalzaba, entre outros, a quen exercera a represión franquista.

"Pedirémoslle ao Valedor que reclame o cumprimento da lei e dos propios acordos tomados no Concello da Coruña"

-Esa orixe levou logo á organización formal?

Vimos a necesidade de organizarnos baixo a forma xurídica de asociación. Comprobamos que había un déficit importante de divulgación. A memoria estaba ocultada na cidade, en especial, polo papel do vazquismo. Borrárase, por exemplo, que existira unha Coruña emerxente, con moitos colectivos sociais interesante. Galiza, en xeral, era unha nación con forza a nivel asociativo. Na cidade, chegamos a identificar máis de vinte asociacións que pretendían a mellora da sociedade, non só a nivel social senón tamén intelectual. Urxía facer ese traballo de divulgación e reivindicación. Nace, como dicía, da situación esperpéntica de que a cidade continuase a conservar nomes franquistas que, seguen existindo dez anos despois, mais agora existe unha mentalidade social en contra. Poño por caso, o propio PSOE que en 2004 negaba a existencia de nomes franquistas dez anos despois afirma que cometeron un erro por non eliminar a simboloxía, como sinalou a súa actual candidata. Conseguimos que mudara esa mentalidade.

-Queda moita pegada do franquismo entón en rúas e espazos públicos?

Moita. O Concello aprobara un acordo no que se decidía a retirada de 55 elementos de simboloxía franquista e non se cumpriu. Algo se avanzou mais aínda persiste. Esixirmos que se elimine o nome do General Sanjurjo, General Mola ou Juan Canalejo. Conseguimos gañar nos xulgados un preito contra o concello pero queda moito por facer. Ademais deste ámbito que foi o xermolo da nosa historia, seguimos outras liñas de actuación como, poño por caso, homenaxear e dar a coñecer xente represaliada. A divulgación é un dos fundamentos da memoria histórica. Organizamos tamén a visita do relator de Nacións Unidas a Galiza e levamos a cabo actuacións conmemorativas en distintas partes da Coruña como o monumento no Portiño ou o de homenaxe ás vítimas. Cambiamos tamén a conciencia arredor de como os Franco se fixeron co Pazo de Meirás que pasou de doazón a roubo. Quixemos que o rigor presidira os nosos traballos e, por iso, a investigación e a colaboración de expertos foi fundamental.

-Nesta conmemoración anuncian que se dirixirán ao Valedor do Pobo para denunciar o incumprimento da Lei da Memoria Histórica na Coruña.
En varias ocasións puxémonos en contacto con institucións para reclamar o cumprimento da lei e o recoñecemento das vítimas. Agora enviaremos unha carta ao Valedor para denunciar que continúa a haber presenza de simboloxia franquista nas rúas da Coruña. Pedirémoslle que reclame o cumprimento da lei e dos propios acordos tomados no Concello. O alcalde dixo que si cumpría e nós esiximos un calendario para ese cumprimento.

-De cara ás vindeiras eleccións decidiron dirixirse ás distintas organizacións políticas para pedirlle que recollan nos seus programas a recuperación da memoria. En que consiste esta demanda?

Se seguimos as declaracións públicas dos políticos concluiríamos que todo o mundo está de acordo no cumprimento da lei, o que é moi fácil porque non marca pasos. Logo acontece que temos casos como o do PSdG-PSOE cun secretario Xeral como é o actual presidente da Deputación de Lugo que fala de tolerancia 0 co pasado franquista mais na cidade de Vigo hai un alcalde do mesmo partido que se nega a derrubar a cruz do Castro mesmo en contra dunha sentencia xudicial. Demandamos contundencia no cumprimento da lei e non tolerar a existencia de elementos que impidan o desenvolvemento dunha democracia madura.

-Por que decidiron apoiar a querela arxentina contra os crimes franquistas?

Apoiamos e continuamos nese compromiso. Oxalá outros países, en especial os que acolleron o noso exilio, se posicionaran de igual maneira contra a situación de indefensión das vítimas. Para nós é importante manter a querela. Se un estado non defende os intereses dos seus cidadáns calquera outro ten obriga de facelo. Hai delitos que non teñen fronteiras. A querela arxentina, nese sentido, é unha porta aberta.

-O seu traballo bate con moitos organismos, como o Concello da Coruña, foi sempre así nestes dez anos?

"Os netos teñen un papel moi importante na recuperación da memoria histórica, son os protagonistas"
Neste tempo compre destacar un momento de gran relevancia no apoio institucional á memoria na Galiza. Falo do compromiso que manifestou a Consellaría de Cultura no bipartito que, de saída xa fixo a declaración do Ano da Memoria. Tamén algúns concellos fixeron un traballo importante. Compróbase tamén que o cambio de tendencia política deu as costas a memoria. A creación do proxecto Nomes e Voces, promovido desde a Consellaría de Cultura no que participaron institucións e administracións foi fundamental á hora de que as vítimas e familiares puideran falar. Digo que foi un momento fundamental da memoria porque se foi ás súas casas e se lles solicitou a doazón da memoria. As asociacións colaboramos activamente no proxecto para que as casas se abriran e esa dor fora compartida e se dera a coñecer o que acontecera.

-As vítimas continúan a padecer un trato inxusto?

Precisamos un recoñecemento coas vítimas e ese é aínda o papel angular do traballo pola memoria. Adoitase encadrar a memoria histórica nos departamentos de cultura e historia mais ten outra vertente moi importante que é a da xustiza social. Nacións Unidas atinou ao falar de verdade, xustiza, reparación e garantías de non repetición. É preciso reclamar maior xustiza para as vítimas do franquismo. O estado non está en perigo por crear unha comisión sobre estes temas. A xustiza coas vítimas continúa a ser unha débeda. Os netos teñen un papel moi importante na recuperación da memoria histórica, son os protagonistas. E fundamental que as novas xeracións saiban o que aconteceu.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-12-2014 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [25]
© by Abertal