A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nota de Prensa sobre contrato ficticio a Vanesa Falque
Nota de Prensa

Desde GAÑEMOS VIGO comprometémonos a establecer un sistema municipal de selección transparente e baseado na meritocracia, realizando unha auditoría exhaustiva das concesións e fiscalizando todas e cada unha das actuais contratacións vinculadas ás devanditas concesións.
O nepotismo é a preferencia que teñen determinados funcionarios públicos deshonestos para dar empregos, favores e prebendas a familiares ou amigos, sen importar o mérito para ocupar o cargo, senón a súa lealdade ao político de quenda.
Gañemos Vigo considera que o nepotismo é unha práctica turbia, arbitraria, indigna e intolerábel que debe ser combatida.
Gañemos Vigo opina que é extremadamente grave que desde o actual goberno municipal se teña intervido e influído sobre a dirección da empresa IMESPI na decisión de selección e contratación da empregada Vanesa Falque que foi presuntamente enchufada nos centros cívicos, sen ter en conta ningunha clase de mérito académico ou profesional. Xa que logo vulneráronse os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.
Gañemos Vigo considera ademais que resulta moi inexplicábel e inconcibíbel que a alguén se lle poida eximir de asistir ao seu posto de traballo e que malia iso siga percibindo o seu salario durante varios anos ininterrompidamente.
Asemade Gañemos Vigo entende que estamos perante un presunto delito de prevaricación e malversación de fondos públicos. E o máis grave é que o alcalde non compareza perante a cidadanía para dar as oportunas explicacións e asumir a súa responsabilidade política ante feitos tan graves.
Finalmente, no caso de que teñamos responsabilidades de goberno, desde Gañemos Vigo comprometémonos a establecer un sistema de selección transparente e baseado na meritocracia, realizando unha auditoría das concesións e fiscalizando todas e cada unha das actuais contratacións vinculadas ás mencionadas concesións.

Secretaria de Comunicación de Gañemos Vigo

Vigo, 16 de abril de 2015


Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-04-2015 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
GAÑEMOS VIGO asume o comunicado Sen memoria histórica non hai democracia!
Sen memoria histórica non hai democracia
As asociacións da memoria histórica presentan as súas reivindicacións aos diferentes partidos e candidaturas electorais

No Ateneo de Madrid, a mañá do sábado 11 de abril de 2015, un grupo de asociacións que loitan por manter a memoria histórica e democrática, presentaron as súas reivindicacións a membros de diferentes candidaturas ás eleccións municipais e autonómicas. Todas e todos coincidiron en que sen memoria histórica non hai democracia.
Interviñeron pronunciándose, asumíndoas e comprometéndose a levalas ás institucións, Mauricio Valente, membro da lista Ahora Madrid, José Antonio Moreno de IZQUIERDA UNIDA, Ramón Linaza de EQUO e Ariel Jerez de PODEMOS. Pola súa banda Carla Antonelli do PSOE, que falou a título persoal como militante, indicou que traballará por que a súa partida asuma ditas reivindicacións.

A continuación o comunicado conxunto:

Sen memoria histórica non hai democracia!
POR UN COMPROMISO POLÍTICO-ELECTORAL

As consecuencias dos crimes do franquismo hoxe aínda perduran: con máis de 140.000 desaparecidos e 2.300 fosas comúns localizadas; con centos de miles de persoas asasinadas; con decenas de miles de nenos roubados; con innumerables detidos, torturados e represaliados; e medio millón de exiliados que foron declarados apátridas. Todos eles suman no seu conxunto máis de 2.000.000 de vítimas.

As asociacións e colectivos das vítimas do franquismo, en defensa da memoria democrática, laica e republicana, e pola aplicación do dereito internacional humanitario, propoñemos a todas as candidaturas que se estableza un compromiso político electoral, a través do cal todos os candidatos, todas as candidaturas que se reclaman da democracia e da xustiza, se comprometen a promover e decidir a favor das seguintes demandas:

1.-Todas as institucións do Estado español deben expresar de forma inequívoca a condena do franquismo como réxime criminal nos termos realizados historicamente pola ONU: por unha banda, esixindo o recoñecemento político e xurídico das vítimas do franquismo; doutra banda, instando ao cumprimento das recomendacións ao Estado Español recollidas no “Informe do Grupo de Traballo sobre Desaparicións forzadas ou Involuntarias” e no “Informe do Relator Especial sobre a promoción da verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición”, presentados ambos os dous en setembro de 2014 no Consello de Dereitos Humanos de Nacións Unidas.

2º-Esiximos a abolición de todos os obstáculos legais que impiden que se xulguen no Estado español os crimes contra a humanidade. Os tribunais españois deben unirse á esixencia social de acabar coa impunidade, tomando en consideración as querelas e demandas das vítimas e/ou os seus familiares pola verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición, comezando por colaborar coa Causa 4591/2010 contra os crimes do franquismo, aberta no Xulgado Nacional do Criminal e Correccional Federal N1 de Bos Aires.

3º.-Demandamos tamén a apertura de todos os arquivos que permitan a investigación da verdade sobre os crimes do franquismo .

E a colaboración administrativa e xudicial con todas as vítimas polo roubo de nenos, delito que se veu reiterando ata ben entrada a democracia.

Asemade manifestamos a nosa total oposición á privatización dos rexistros civís.

4º.- Unha Comisión da Verdade, como a que se reclama pola ONU, debería contribuír á loita pola verdade, contra o esquecemento e a impunidade.

5º.-O Estado debe asumir a súa responsabilidade e acabar definitivamente coas miles de fosas comúns clandestinas que perviven no noso país. De igual xeito, esiximos que se proceda á anulación de todas as sentenzas represivas.

6º.-Pola recuperación da nacionalidade española de orixe para os fillos de españois do exilio, e o digno retorno dos que o desexen.

7º.-Avogamos pola eliminación das referencias culturais e os monumentos de simboloxía franquista do patrimonio público.

Madrid, marzo 2015

Primeiros asinates:

Amesde (integrante da Plataforma pola Comisión da Verdade)
Asociación de descendentes do exilio español (integrante da Coordinadora Estatal de apoio á Querela arxentina - CeAqua)
Asociación de vítimas do estado.
Asociación Foro pola memoria democrática (integrante da Coordinadora Estatal de apoio á Querela arxentina - CeAqua)
Colectivo sen identidade de Canarias (integrante da Plataforma pola Comisión da Verdade)
Coordinadora para a memoria histórica e democrática de Madrid.
Fundación Andreu Nín (integrante da Coordinadora Estatal de apoio á Querela arxentina - CeAqua)
A Comuna (integrante da Coordinadora Estatal de apoio á Querela arxentina - CeAqua)
Plataforma contra a impunidade do franquismo.
Todos os nenos roubados son tamén os meus nenos (integrante da Coordinadora Estatal de apoio á Querela arxentina - CeAqua)
Unidade Cívica pola República.

NIN ESQUECEMENTO NIN PERDON, VERDADE, XUSTIZA E REPARACION!!!!.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-04-2015 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado de Prensa
Comunicado de Prensa de Nova Esquerda Galega

Nova Esquerda Galega (NEG) desexa facer pública a súa preocupación ante a situación xerada en Vigo por mor da últimas investigacións de Unidade Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) en relación ao contrato ficticio da cuñada de Carmela Silva.
Nova Esquerda Galega (NEG) opina que é extremadamente grave que desde o goberno municipal se teña influído na decisión de contratación dunha traballadora dos centros cívicos e non se respectasen os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade.
Nova Esquerda Galega (NEG) estima ademais que resulta moi estraño e indebido que a alguén se lle poida eximir de asistir ao seu posto de traballo e que malia iso siga percibindo o seu salario durante varios anos ininterrompidamente.
Asemade Nova Esquerda Galega (NEG) entende que estamos perante un presunto delito de prevaricación e malversación de fondos públicos. E o máis grave é que o alcalde non compareza perante a cidadanía para dar as oportunas explicacións e asumir a súa responsabilidade política ante feitos tan graves.
Por todo iso Nova Esquerda Galega (NEG) fai un chamamento ao conxunto da cidadanía e especialmente a aquelas persoas en situación de desemprego para que se manifesten ante a entrada do Concello de Vigo o vindeiro luns día 20 ás 11:00 da mañá solicitando a comparecencia do Alcalde de Vigo para que explique aos vigueses e viguesas as noticias aparecidas na prensa nos últimos días.

Comisión Executiva Local de Nova Esquerda Galega
Vigo, 15 de abril de 2015

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2015 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
TTIP e o poder transnacional
Nova Dominación Capilalista
Por Óscar Lomba *

O Transatlantic Trade and Investment Partnership (TTIP) ou Tratado Transatlántico para o Comercio e o Investimento (ATCI) é unha proposta de tratado de libre comercio (TLC) entre a Unión Europea e os Estados Unidos de América. Actualmente atópase en fase de negociación. Os sectores dominantes e os seus lacaios argumentan que o acordo sería beneficioso para o crecemento económico das nacións que o integrarían, aumentaría moito a liberdade económica e fomentaría a creación de emprego. Porén eu opino que este tratado suporía un aumento enorme do poder das grandes empresas transnacionais e desregularizaría os mercados, rebaixando os niveis de protección social e medioambiental de xeito decisivo. Asemade, limitaríase a capacidade dos gobernos democráticos para lexislar en beneficio da cidadanía así como o poder da clase traballadora en favor do empresariado. Considero que o devandito Tratado non permitirá aos gobernos aprobar leis para a regulación de sectores económicos estratéxicos como a banca, os seguros, servizos postais ou telecomunicacións. Ante calquera expropiación as empresas poderán demandar aos Estados esixindo a devolución do seu investimento máis compensacións e xuros. Este tratado permitirá a libre circulación de capitais sen ningún tipo de restrición, establecerá cotas para a circulación de traballadores, ... Este acordo de libre comercio podería estar finalizado para finais de 2015 e suporá acabar con anos de regulación xurídica convertendo moitas das nosas leis en instrumentos inútiles.


* Óscar Lomba é avogado.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2015 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
O Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo
Acto Consulado
O Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo
comprácese en invitarlle á proxección do documental:
“Chámase Abril e esta é a súa historia” de como a unión do Pobo e a Forza Armada lograron derrotar o Golpe de Estado contra o Presidente Hugo Chávez e restablecer o fío constitucional o 13 de abril do 2002

Venres 17 de abril de 2015 ás 20 horas no Hotel AXIS de Vigo, na rúa María Berdiales nº 22. 36203 Vigo - (Pontevedra)

* Haberá aperitivos durante a proxección do documental.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2015 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto do 14 de abril Vigo 2015
Asemblea Republicana de Vigo
Manifesto do 14 de abril Vigo 2015 asinado por Eduardo Rolland

Publicado o 15/04/2015 por Asemblea Republicana de Vigo
Amigos e amigas: parabéns! Porque hoxe é un día de festa. Un día para a ledicia. Un día no que os demócratas celebramos na rúa o triunfo da República. Como o fixeron os nosos devanceiros o 14 de abril de 1931, na maior explosión de felicidade colectiva que este país de países teña vivido en toda a súa historia.

Hoxe é un día de festa. E, non obstante, celebrámolo nun lugar que evoca unha traxedia. Aquí, os republicanos, os demócratas e todos os seres humanos de ben recordamos aos cidadáns de Vigo que, en xullo de 1936, foron asasinados polas balas da sublevación fascista. As balas dos que só tiñan a violencia e a barbarie como argumentos mataron vinte vigueses que caeron aquí, a carón da Porta do Sol.

Naquel recanto da praza, xa entrando na rúa Policarpo Sanz, aínda se conservan as marcas dos disparos. Como os que mataron a Lenin Moreda Vázquez, un rapaz de só 14 anos, considerado o primeiro mártir vigués da represión.

Nos días que seguiron, instaurouse O Terror. Aí adiante, na rúa do Príncipe, vendía xornais Rosario Hernández, A Calesa, unha rapaza de só 16 anos, sempre alegre, sempre rindo, sempre cantando os lemas na cabeza das manifestacións obreiras da súa época. Xamais pagaron polos seus crimes aqueles matóns que a apresaron, violaron e torturaron salvaxemente, para botar o seu corpo no mar das illas Cíes.

Pero hoxe é un día de festa. Un día para recordar á Calesa que ría, que voceaba as novas dos xornais, que era a ledicia das reunións no sindicato, e que tiña unha felicidade que tanto molestaba aos malnacidos que devecían por asasinala.

Hoxe quedamos coa Calesa que foi feliz un 14 de abril. Aínda que non esquezamos a dor dos mortos, dos asasinados, dos encarcerados, dos exiliados, dos represaliados… Aínda que hoxe siga a ser máis difícil abrir unha fosa común do franquismo nunha cuneta que atopar o corpo de Miguel de Cervantes sachando polas igrexas… Aínda que siga no Castro esa cruz infame inaugurada polo propio dictador… Aínda que non teña habido xustiza nin reparación… Aínda que ás veces teñamos tantos a impresión de que vivimos entre os refugallos do franquismo, senón é no franquismo mesmo…

Pero todo isto non nos pode roubar a ledicia. Porque estamos de parabéns hoxe, 14 de abril, os demócratas e as demócratas, os homes e mulleres que cremos que un mundo xusto é incompatible cunha monarquía, e que os valores republicanos encarnan a verdadeira democracia. E quizais deberiamos aproveitar esta ocasión para facer autocrítica. Porque, ao recordar os mortos pola democracia, ao denunciar tanta inxustiza, ao sinalar tanto crime sen reparación, ás veces esquecemos a alegría da celebración. Esquecemos que a República é felicidade. E que estamos na obriga de transmitir e de contaxiar esa felicidade a todos os cidadáns, que cada día abrazan con máis ilusión a causa republicana.

Así o din as últimas enquisas e sondaxes. Malia a caricatura que moitos medios de comunicación fan do movemento e dos ideais republicanos, cada ano máis cidadáns cren que é preciso un cambio que leve a unha República.

Vivimos tempos en que se agachan as ideas. En que moitos tentan navegar entrambas augas, foxen de definirse ou de abranguer símbolos como a bandeira tricolor, tan honorable e tan democrática, que moitos levades hoxe nas vosas mans.

Por iso, nun día de festa como hoxe, 14 de abril, vivamos todos e todas a alegría de ser republicanos. De crer nos valores da República, da liberdade, da igualdade e da fraternidade, da convivencia entre culturas e nacións, da afirmación do laicismo para o Estado, dos principios dunha educación para todos e unha sanidade pública, da honestidade no goberno e a participación da cidadanía. E do fin dunha monarquía onde o poder é para sempre e se herda atentando contra o sentido común e contra os dereitos e liberdades básicos, recollidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

É tempo de república. É tempo de mirar cara a adiante. É tempo de alegría, porque este é o noso día. Esta é a nosa hora. E saberemos contaxiar a nosa ilusión como demócratas cara á festa da liberdade que está nos xenes dos nosos valores republicanos.

Alegrémonos. Recuperemos o sorriso de Rosario Hernández, A Calesa. A ledicia dunha rapaza de Vigo que un día como o de hoxe, un 14 de abril, foi inmensamente feliz, porque chegaba a República…

Con iso quedamos, coa devezo e a ilusión daquela rapaciña de só 16 anos que hoxe mesmo, un día de hai 84 anos, choraba aquí de ledicia.

Como a que temos que sentir hoxe, porque é o día da nosa festa, a dos demócratas. Sempre cara a adiante, cos valores republicanos. Porque xa está a chegar o día. E haberá mil primaveras máis para ela.

Viva a República!!!


14 de abril de 2015
Eduardo Rolland
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2015 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Líder sólido e candidatura arco da vella
Por Óscar Lomba

FONTE:Xornal de Galicia

http://xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=101850

Un arco da vella é un fenómeno óptico e meteorolóxico que produce a aparición dun espectro de frecuencias de luz continuo no ceo cando os raios do sol atravesan pequenas pingas de auga contidas na atmosfera terrestre. A forma é a suma dun arco multicolor co vermello cara á parte exterior e o violeta cara ao interior.
En política úsase o termo candidatura arco da vella para denominar aquelas opcións políticas que abranguen distintos matices ideolóxicos e sensibilidades políticas dentro dunha mesma candidatura unitaria, moi plural e aberta. Ese modelo de candidatura integra harmonicamente distintos individuos e axentes sociais con diversos matices e intereses que á súa vez poderían consolidarse como factores individuais que desexan agrupar esforzos dentro unha lista unitaria co obxectivo de impulsar unha acción colectiva sinérxica.
Ante a situación que se vive en Vigo e sendo consciente da inexistencia dunha verdadeira oposición a Abel Caballero e observando que tampouco hai candidatura ningunha que poida disputarlle a alcaldía, opino que é necesario que persoas provenientes de diferentes tradicións e cun amplo abano de posicións políticas se agrupen e dean a batalla para alcanzar a alcaldía e provocar o cambio político na cidade de Vigo.
Ademais considero que só unha figura sólida e críbel que teña demostrado publicamente a súa oposición a Caballero e as súas políticos populistas poderá encabezar esa candidatura arco da vella.
Sexa quen sexa esa persoa, se agroma, terá o meu apoio. Entrementres a esperar e seguir denunciando o enchufismo e o nepotismo na nosa cidade.


* Óscar Lomba é avogado

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2015 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
NON PENSES NUNHA REPÚBLICA
Bandeira Republicana
Isaac Rosa

Tras catro décadas erguendo a [bandeira] tricolor cada 14 de abril e cantando o de “España, mañá, será republicana”, non parece que mañá España vaia ser unha república. E menos unha república tricolor, herdeira do intento de hai 84 anos. Tras desperdiciar o ano pasado a mellor bala (ou mesmo a única bala) de que dispuxo o movemento republicano en corenta anos, hoxe Felipe VI é un rei consolidado, que superou o momento máis crítico da monarquía.
E con todo, hoxe estamos máis preto da república do que estivemos nunca. O número de republicanos vai en aumento, e as forzas republicanas poden conseguir máis poder institucional do que gozaron nunca. Non, non me olledes así, non deliro. Como diría Lakoff, non penses nunha república, e xa verás como si.
Obviamente, se nas enquisas preguntamos pola república, o resultado é deprimente. Non é unha prioridade para a maioría dos cidadáns. Pero se preguntamos por valores republicanos, a cousa cambia. Iso si, sen chamalos republicanos, o ditoso marco de referencia. Xa che dixen que non penses nun elefante!
Cada vez hai máis cidadáns partidarios dunha democracia con dereitos e liberdades plenos, sen mordazas nin recortes, cunha división de poderes digna de tal nome, e controis democráticos. Cada vez máis preocupados pola desigualdade social e a redistribución da riqueza, e partidarios dun Estado que non abandone aos vulnerábeis. Cada vez é máis hexemónica a esixencia de xustiza e o rexeitamento á corrupción. Non deixa de medrar o número de quen esixen unha educación de calidade, pública, e de quen rexeitan os privilexios da Igrexa católica. Fai falta que siga enumerando valores republicanos que hoxe defende a maioría?
En canto ás forzas políticas, os republicanos están máis preto que nunca de gobernar uns cantos concellos e quizais algunha comunidade autónoma. A maioría evita chamarse republicanos, pero ninguén diría que as distintas confluencias municipais son monárquicas nin, por suposto, foino nunca Esquerda Unida. En canto a Podemos, claro que son republicanos, aínda que eviten a conciencia pronunciar a verba que activa nos nosos cerebros ese marco condenado ao fracaso.
Temos máis cidadáns e forzas republicanas, pero non só por iso a república está máis cerca: estao tamén porque o deterioro do sistema conduce irremediabelmente á súa reforma, que será máis ou menos intensa dependendo da correlación de forzas. Pero mesmo no peor dos casos haberá reforma constitucional máis cedo que tarde, e o resultado será máis republicano que o actual.
Ah, e que pasa co rei? É que imos aceptar ese oxímoron de quen defenden unha «monarquía republicana»? A min o rei non me preocupa moito. Ou cando menos non tanto como os valores republicanos. Sen que iso supoña renunciar a democratizar a xefatura do Estado (nin deixar de acudir ás manifestacións, que son ademais unha forma de reparación e memoria aos nosos republicanos).
Chámenme inxenuo, pero penso que se conseguísemos avanzar cara á república sen nomeala, e sen comezar pola Coroa, fariámoslle unha manobra envolvente ao rei, que acabaría volvendo insostíbel a xefatura de Estado hereditaria. Se pretendemos conseguir a república empezando a casa polo tellado, coméndonos ao rei sen antes tombar ao resto das pezas, podemos seguir outros corenta anos manifestándonos cada abril. Igual hai que deixar a peza máis difícil (a que activa o marco a evitar) para o final, e construír a república sen esperar que caia o monarca. É máis: quizais o estamos facendo xa e nin nos decatamos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2015 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
Gañemos Vigo.
No centro da imaxe, Lois Pérez Leira (Cabeza de Lista de Gañemos Vigo)
Fonte: Secretaria de Comunicación de Gañemos Vigo


Un novo tempo está percorrendo a nosa cidade. Os últimos resultados electorais das europeas sinalaron que a cidadanía comeza a estar farta dos políticos que nos gobernan. Entre os que votaron por candidaturas progresistas, cidadás, de esquerdas, mais o que optaron pola abstención consciente, somos a maioría. Por iso un grupo de cidadáns de distintas actividades, pensamentos e pertenzas políticas, que queremos a Vigo e vimos loitando por un Vigo mellor, máis democrático, máis participativo e máis habitábel, pensamos que é posíbel e necesario gañar Vigo para a cidadanía.

Os partidos do PSOE-PP que nos seguen gobernando na cidade, son parte do sistema inmoral e corrupto do bipartidismo.

Os partidos do sistema converteron á nosa cidade nunha urbe onde reina o cemento e a insolidariedade. Onde humanizan as beirarrúas, cando se debería humanizar as políticas sociais ao servizo para os máis necesitados.

Os que amamos Vigo debemos de dar un paso histórico na cidade olívica co obxectivo de gañar as próximas eleccións municipais e poder desenvolver políticas ao servizo da maioría social.

Para iso é preciso iniciar un proceso que implique a moita xente e permita traballar a partir de obxectivos concretos. Este proceso non pode comezar cun programa electoral pechado. As propostas para transformar a nosa cidade e as súas institucións teñen que ser elaboradas de xeito colectivo. A partir de iniciativas xa existentes, pero tamén con outras que teremos que ir construíndo coas mellores voces dos movementos políticos, sociais, veciñais e sindicais; con técnicos e traballadores de diferentes sectores; con xente politicamente organizada, e coa contribución cidadá.

Este proceso debe de confluír nunha candidatura cidadá plural e transversal onde o conxunto da cidadanía poida ser o axente activo deste proceso de acumulación de forzas e confluencia popular. Para iso debemos terminar co dogmatismo, o sectarismo, os vetos, as exclusións e as imposicións. A nosa confluencia debe ser programática e ao servizo da cidadanía e non dos mesquiños intereses partidarios.

1.- Queremos gañar Vigo para garantir traballo e vida digna para os nosos veciños. Somos unha cidade industrial e debemos de defender os postos de traballo e fomentar a creación de emprego digno. Ningunha familia traballadora debe quedar desamparada. Para iso debemos transformar o modelo económico e produtivo que beneficiou ás grandes empresas e ás entidades financeiras. Queremos reverter esta situación e promover unha economía social e sostíbel. Queremos gañar Vigo para que os cidadáns gocen dunha renda mínima, unha alimentación axeitada e un fornezo suficiente de auga, luz e gas.


Para garantir unha política social solidaria municipalizaremos os servizos fundamentais da nosa cidade especialmente o do auga.


2.- Queremos gañar Vigo para que sexan os barrios e a cidadanía a que determine as necesidades e os orzamentos participativos necesarios. Os recursos de todos os veciños/as deben reverter directamente nas necesidades do conxunto da sociedade sen especulacións electorais. Mentres miles de familias están padecendo necesidades o Concello gasta centos de miles de euros nunha escaleira mecánica para subir usuarios desde a rúa do Príncipe até o Concello.

3.- Queremos gañar Vigo para terminar coa corrupción, os orzamentos opacos, o enchufismo, os cargos múltiples dos que nos gobernan, como é o caso escandaloso da concelleira e senadora Carmela Silva. Tense que impedir a acumulación innecesaria de cargos e funcións. Esta medida é esencial para impedir a concentración de poder en poucas mans e para garantir a máxima dedicación dos representantes á función pública. Os representantes electos terán que someterse á rendición de contas da cidadanía. Somos partidarios de establecer un límite temporal de dous mandatos para todos os cargos electos. Tamén impulsaremos a limitación de soldos acorde ao seu traballo e responsabilidades, evitando privilexios innecesarios.
Gañar Vigo significa un compromiso ético vinculante coa cidadanía.

4.- Queremos gañar Vigo para terminar coa intolerancia do actual goberno municipal que mercou os medios de comunicación co diñeiro de todos os vigueses para garantir a súa continuidade no exercicio do poder. Queremos un Vigo plural onde se poidan escoitar todas as voces e estean abertas as portas e os espazos institucionais do concello.

Queremos un Vigo onde recuperamos a nosa memoria histórica e terminemos para sempre coa simboloxía da ditadura franquista que asasinou a miles dos nosos veciños. A devandita cruz fascista aínda segue en pé coa complicidade do actual alcalde

5.- Queremos gañar Vigo para que ningunha familia quede sen unha vivenda digna. Onde se penalice con impostos aos que teñen vivendas baleiras con fins especulativos. Queremos un rexistro exhaustivo de vivendas baleiras e sancións efectivas a entidades financeiras e aos grandes propietarios que fagan uso antisocial da vivenda.

Impulsaremos que se promova e fomente a rehabilitación de vivendas con créditos a baixos interese. Queremos un concello que priorice a vivenda social, de aluguer, cooperativa ou en cesión de uso. O Concello porá o solo público ao servizo da construción de vivendas sociais.

6.- Queremos gañar Vigo para defender o pequeno comercio. Impulsar os novos emprendedores e fomentar empresas cooperativas e de economía social. Tamén impulsaremos a agricultura urbana. Crearemos espazos de venda permanente para os artesáns radicados na nosa cidade.


7.- Queremos Gañar Vigo para recuperar a potencialidade cultural da nosa sociedade apoiando as distintas expresións populares. Fomentaremos a nosa lingua e cultura. Apoiaremos as expresións culturais emerxentes da nosa mocidade. Priorizaremos aos nosos artistas locais á hora das programacións culturais, evitando o malgasto económico nas figuras mediáticas. Poremos os espazos culturais da cidade, de xeito gratuíto, ao servizo do tecido asociativo da nosa cidade.


8- Queremos gañar Vigo para terminar coa especulación electoral do cemento e construír unha cidade máis humana, habitábel, solidaria, ecolóxica e sostíbel.

9.- Queremos gañar Vigo para termos unha asistencia sanitaria de calidade que garanta unha atención pública gratuíta, universal, equitativa e eficiente, pero non movida polo ánimo de lucro. Ningún cidadán pode quedar excluído da atención sanitaria.

10.- Queremos gañar Vigo para poder ter unha educación pública de calidade. Queremos unha cidade sen segregación escolar onde os orzamentos da Xunta estean destinados ás escolas públicas, corrixindo o trato de favor que hoxe se outorga á educación concertada. Crearemos garderías infantís para as familias traballadoras.

E faremos outras moitas cousas que termos que deseñar entre todos e todas.

Esta é hoxe a nosa tarefa. Gañemos Vigo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-04-2015 08:10
# Ligazón permanente a este artigo
Grecia e o que de verdade conta: un goberno europeo anti austeridade
SYRIZA

Fonte: Sen permiso

Tradución ao galego: Alberte Cid García

Por James K. Galbraith
“A cousa vai máis aló desa gravísima situación, visíbel en cada rúa e en cada muro da cidade de Atenas. Vai máis aló, e apunta ao futuro mesmo de Europa, e máis aló ata do futuro de Europa, ao significado propiamente devandito da palabra «democracia» na nosa época”.

Acabo de volver de Atenas, onde durante os últimos días terei o privilexio de traballar co goberno de Grecia, particularmente co Ministro de Finanzas e bo amigo meu, Yanis Varoufakis. Son dous xa, polo momento, as ocasións en que puiden ser testemuña directa do drama europeo desde unha atalaia de privilexio.

A primeira foi durante a semana de negociacións en que se forxou o acordo histórico do 20 de febreiro [Véxase na revista SinPermiso]. A segunda, agora, durante estas últimas semanas en Atenas, que foron tamén interesantes porque precederon a unha serie de pagamentos, entre eles un farto copioso ao Fondo Monetario Internacional. Ambos os dous momentos gozaron -digámoslo así- de gran seguimento e espertaron interese en todo o mundo, salientabelmente nos círculos financeiros.

O que anda en xogo en Grecia vai moito máis alá de cuestións simplemente financeiras. Vai máis aló da situación dun país pequeno e historicamente mal gobernado que ten unhas institucións débiles e que sufriu abominabelmente a raíz da crise dos últimos cinco anos: perdeu máis ou menos o 27% do seu PIB, rexistra unhas taxas de desemprego comparábeis ás de Estados Unidos durante o peor momento da Gran Depresión, as súas taxas de desemprego xuvenil superan o 50%, e non hai ámbito da súa vida pública e social que non estea transido de graves tensións.

Pero, como digo, a cousa vai máis aló desa gravísima situación, visíbel en cada rúa e en cada muro e valado da cidade de Atenas. Vai máis aló, e apunta ao futuro mesmo de Europa, e máis aló mesmo do futuro de Europa, ao significado propiamente da propia palabra «democracia» e do seu significado na nosa época.

O que os gregos fixeron estes últimos meses resulta simplemente asombroso; de aquí a miña decisión de involucrarme na situación ate onde me resultou posíbel. Digámolo claro: o que fixeron é desmantelar -eu creo que definitivamente- toda a clase política política do país. Puxeron fin a un duopolio bipartidista podrecido e corrupto e estableceron un goberno de disidentes, activistas e profesores, entre os que se atopa, por suposto, o actual Ministro de Finanzas, a quen, durante anos, até hai ben pouco, as anteriores autoridades non deixaban aparecer na televisión grega. Yanis Varoufakis é agora o Ministro de Finanzas da República Helénica.

E sexa dito de pasada, o pobo grego fixo isto a contrafío dos medios de comunicación gregos e a contrafío da remisa incredulidade dos seus socios europeos, unha remisión que aínda perdura. Eu podería dicer que probabelmente non sucedeu nada comparábel en Europa desde a elección de Solidarnosc en Polonia a finais dos anos oitenta. Ademais, obviamente, terá un efecto catalizador na atmosfera política fóra de Grecia, salientabelmente en tantas e tantas prazas europeas, comunicando por todas partes unha sensación de factibilidade inexistente até agora e abrindo unha fiestra de oportunidade política. Paréceme que a palabra española que expresa esta atmosfera emerxente é, precisamente, “Podemos”. Unha brisa que trae aire fresco a todo o escenario europeo.

Está demais dicer que veño observando o escenario europeo con certa paciencia e detalle, sobre todo nos cinco últimos anos. A transformación, o cambio psicolóxico xa se pode percibir fóra de Grecia. Na mesma Grecia, é un feito fundamental que calquera pode observar en todo momento.

Ao mesmo tempo, tamén é certo que o novo goberno fai fronte a unha trampa económica e politicamente ben urdida. De feito, é máis que unha trampa. Asemella máis a un campo de minas, ou a unha carreira de obstáculos que, sen dúbida, trae causa nunha construción humana: é puramente artificial.

O campo de minas está armado cos prazos de vencemento, cos prazos de vencemento das revisións, cos prazos de vencemento dos calendarios de pago e coa carreira de obstáculos dos fluxos de efectivo. Todas esas minas son anteriores ás eleccións do pasado 25 de xaneiro, pero nalgúns casos foron colocadas precisamente en previsión dun resultado electoral como o que se deu. Obstáculos-trampa deste xénero son tamén as limitacións ás facilidades de liquidez para o sistema bancario, á emisión de bonos do tesouro e á posibilidade de descontar eses bonos no Banco Central Europeo (este último obstáculo, está claro, entrou en xogo logo das eleccións).

Cada unha desas medidas pode ser, e foi, xustificada como unha medida de supervisión, vixilancia ou precaución. Poderiamos discutir se estas son xustificacións lexítimas ou non. Teño as miñas dúbidas. Pero o certo é que o conxunto deses obstáculos e “dígase así” medidas financeiras preventivas é, desde un punto de vista macroeconómico e psicolóxico, esencialmente contraproducente. Aumentan significativamente a inestabilidade percibida en relación á economía grega, a inestabilidade do sistema financeiro. Incrementan a fuga de capitais e as presións políticas ao goberno, presións ás que nin o goberno nin a poboación grega mostraron a menor intención de aplanarse.

Para superar a trampa e atravesar este campo de minas foron necesarias manobras habilidosas en polo menos tres etapas. A primeira foi a de establecer, en principio, o abandono do anterior acordo, o Memorando de Entendemento, que puxera a Grecia baixo algo parecido a un goberno colonial (posto que practicamente todo o que o goberno facía obedecía ao ditado de axentes externos, as institucións coñecidas como “a Troika”). É dicer, establecer o fin do anterior acordo e dar forma así ao rexeitamento da poboación grega, expresado nunhas eleccións abertas e decisivas, a ser gobernada deste xeito. Cando menos en principio, esta proposta quedaba aceptada logo dunhas negociacións, desenvolvidas nun clima de gran hostilidade, que desembocaron no comunicado do 20 de febreiro. Foi un gran paso adiante, aínda que custou o adiamento dalgunhas medidas do programa electoral de SYRIZA, como o aumento do salario mínimo, a reversión dalgunhas privatizacións en marcha e a aceptación dun obxectivo de superávit fiscal que, aínda que é menor que o anterior “totalmente imposíbel de cumprir”, segue supoñendo unha restrición para o goberno grego.

A segunda etapa, aínda en marcha, implica a posta por obra desta nova realidade. É dicer, a construción dunha relación de traballo profesional e aceptábel cos grupos internacionais que desempeñen un papel lexítimo. Este papel é o de determinar os feitos e convencer aos socios europeos da boa vontade do goberno grego. Para iso foi necesario un cambio por parte dos grupos internacionais que foron a Atenas pensando, creo eu, que podían conducir a situación do mesmo xeito que fixeran anteriormente, é dicer, basicamente baixo os mesmos criterios operativos que había co Memorando de Entendemento. Porén, atopáronse cun goberno grego moi distinto, un descubrimento que non se deu sen agudas friccións.

Creo que é xusto dicer que nos últimos días fixéronse algúns progresos. As discusións técnicas foron suspendidas por un tempo pola proposta de que os grupos presentasen as súas peticións de documentos do goberno grego por escrito. E agora están facendo isto, están traballando para presentar unha lista dos documentos que solicitan, e responderanlles. O Ministro de Finanzas grego lanzou unha declaración dicendo que ven isto como algo constructivo. Isto é así porque sitúa a relación entre ambas as dúas partes nunha lóxica correcta de petición e intercambio regular de documentos.

A terceira etapa do proceso haberá de resolverse a nivel político. O que implica que o goberno grego recupere a súa liquidez e que o sistema bancario teña suficiente estabilidade financeira para que a actividade económica poida proseguir. Leste foi un dos principais problemas, especialmente nestes últimos dous meses, debido ao clima de medo que envolveu as eleccións e ao posterior ambiente de incerteza. O que ocorreu, en substancia, é que os bancos suspenderon gran parte da súa actividade e boa parte do capital saíu do país. Facer fronte a iso, require, como é o caso, aumentos intermitentes e non moi cuantiosos de axudas á liquidez, a fin de manter o sistema en funcionamento.

Pero isto non é suficiente para que o goberno teña a marxe de manobra necesaria, para desenvolver o seu plan de reforma, nin para empezar a abrir vías de recuperación da economía. E a decisión de deixar atrás este mecanismo de desestabilización deberá tomarse a nivel político, aínda que é posíbel que isto se lograse xa, cando menos parcialmente en Berlín (o pasado 29 de marzo).

E neste caso, como no do acordo do 20 de febreiro, creo eu que hai que recoñecer a pragmática intervención de alguén a quen non cae no eloxio efusivo da Chanceler da República Federal Alemá. É un paso pragmático que pode significar a superación e o relaxamento das presións do Banco Central Europeo que resultaron extremadamente problemáticas nos últimos días.

Así que, a medida que maduran estas manobras, como eu chámoas, debúxase unha posibilidade interesante. A posibilidade dun goberno europeo antiausteridade politicamente estábel e liderado, como xa debedes observar, por personalidades vigorosas capaces de gobernar unha economía que caeu xa tan baixo que non pode facer xa outra cousa practicamente que volver subir. O cal ben podería darse, dentro dun curto periodo de tempo, mediante unha vía cara a unha certa recuperación, unha melloría no emprego e unha estabilización da situación da débeda externa.

Todo isto, no ronsel dunha crise que foi provocada polas políticas financeiras neoliberais de principios deste século, agravada e prolongada, ademais, pola ideoloxía da austeridade e as conseguintes políticas, profundamente contraproductivas, coas que Europa reaccionou á crise. Así pois, a posibilidade de que un goberno anti-austeridade poida liderar o comezo dunha recuperación da situación xerada polo réxime da austeridade é, na miña opinión, unha realidade presente e “nin que dicer ten” un pesadelo para certos sectores.

Por suposto, isto é o peor que lles podería pasar a aqueles que están vinculados co sistema político e a política económica que Europa veu aplicando. De feito, hai moitas persoas asociadas con esta ideoloxía e con estas políticas, e puidemos ver as súas reaccións nos últimos días.

Son eles quen arroxaron outra batería de minas e obstáculos á vista de todo o mundo. Na miña opinión, merecen algún comentario, aínda que este non verse estritamente de política económica. Trátase dunha campaña de difamación que estivo especificamente dirixida cara a un dos alicerces da potencial recuperación grega, o meu amigo o Ministro de Finanzas, Yanis Varoufakis.

Esta parte do xoguetiño resúltanos familiar, polo menos aos norteamericanos. Os norteamericanos da miña xeración habemos ter moitas veces ocasión de ver ese xogo practicado contra figuras políticas progresistas, ou presumibelmente progresistas: o caso de Gary Hart, que se remonta aos anos oitenta, ou o de Bill Clinton en varias ocasións durante os noventa, son algúns dos exemplos. houbo intentos do mesmo tipo dirixidos ao noso actual Presidente, Barack Obama.

Hai dous factores que andan sempre por detrás do éxito de ataques deste tipo. Un deles é o gran principio de que a liberdade de prensa é un concepto que vale do modo máis particular para quen a posúen, que son, neste caso, ultradereitistas propietarios de bancos propietarios das empresas de medios de comunicación.

E o segundo factor esencial é a resposta de todo punto de espera, especialmente nas grandes audiencias, cando se fan referencias públicas ao feito de que os varóns están normalmente dotados dun órgano reprodutivo. Díxeno con suficiente delicadeza para que se entenda?

Por suposto, nos casos do meu amigo Gary Hart e do Presidente Clinton hai problemas que deberían suscitarse, si uno preocúpase por estas cousas. No caso do Presidente Obama, temos un home cuxa vida familiar visible é máis pura que a de calquera desde Ozzie e Harriet. Xa que logo, no seu caso este segundo elemento esencial estivo completamente ausente, razón pola cal o Presidente Obama librouse deste tipo de acoso mediático.

E no caso de Yanis Varoufakis, quen se aprestan a acosarlle teñen esencialmente o mesmo problema. A vida real non lles dá suficiente pé, nin sequera man, nin sequera dedo. De maneira que todo ha ter que montarse sobre ela suposta peineta que pretendidamente fixo hai moito tempo nunha conferencia case académica. A consígna é aquí: aproveitar, lamber o prato até o final.

Pero iso formou parte da dinámica política e mediática, dirixida especificamente contra a figura que máis fixo nestes últimos meses para transformar o clima político do debate mundial, e particularmente europeo, sobre política económica. E a súa actual posición é a resultante de moitos anos e de millóns de palabras empregados nunha análise farta certeiro do que estaba pasando.

Temos, pois, que estar atentos e procurar non pasar por alto ou minusvalorar estes asuntos, que poden parecer triviais ou fáciles de descartar, pero que con conscientemente construídos co propósito de obter un obxectivo de todo punto político.

Eu creo que isto pasará. E pasará porque o líder do goberno grego, o Primeiro Ministro Alexis Tsipras, é a peza capital. Hei ter ocasión de coñecelo, aínda que non tan ben como coñezo a Yanis. Pois ben; debo dicer, que aínda que coñecín a moitos líderes políticos na miña vida, nunca coñecín a ningún que tivese a habilidade de Alexis para avaliar unha situación política coa mirada fría e extraer dela unha valoración sólida. Por iso, en catro anos ?en realidade en ano e medio?, pasou de non ser ninguén a ser agora o Primeiro Ministro dun país europeo.

O pobo grego elixiu ao seu goberno en aberto desafío aos seus propios medios de comunicación, e véno apoiando na crise que seguiu ás eleccións cunha marxe de respaldo raiano no 80%. O que significa que a metade aproximadamente daqueles que votaron en contra deles nas eleccións pasaron a apoialos: si máis non, no algún momento do período.

Hai un espírito de dignidade en Atenas que vale moito máis que o diñeiro. Hai aquí algo moi profundo digno de ser observado. Eu só o vin en dous ou tres ocasiones ao longo da miña vida. É un espírito contaxioso, que ben podería empezar a sentirse moi pronto en España, en Portugal ou en Irlanda.

Espero, pois, non resultarlles a vostedes demasiado estupendo, si pecho este artigo dicindo con palabras de Zola o que representou para min neste momento a posibilidade de participar neste proceso: Zola: a vérité est en marche et rien ne l´arrêtera. [A verdade púxose en marcha, e nada a deterá.] Merci.

P.-S.
Notas: James K. Galbraith é profesor de goberno e relacións empresariais na Escola Lyndon B. Johnson de Asuntos Públicos da Universidade de Texas. Presidente da Association for Evolutionary Economics, o seu último libro publicado é "Inequality and Instability" , unha soberbia investigación empírica e teórica sobre o capitalismo dos nosos días. Está actualmente terminando de escribir un libro intitulado The End of Normal (O final da normalidade). Tradución para www.sinpermiso.info : Laura da Vila e Mínima Estrela
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-04-2015 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal