Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.
PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Contacto |
|
Contacta con NOVA ESQUERDA GALEGA:
Teléfonos de contacto:
VIGO: 669210608
Nova Esquerda Galega é unha organización política galega. Formouse no ano 2013 con antigos militantes de Unidade da Esquerda Galega (UEG) e toda a militancia de Nova Esquerda Socialista (NES), e unha parte da militancia de ambos os dous grupos está integrada en ANOVA-Irmandade Nacionalista desde a súa creación. A esta organización, nacida da fusión deses dous pequenos partidos, incorporáronse unha vintena de militantes do PSdeG-PSOE.
Actualmente mantén unha relación de colaboración permanente con organizacións como Izquierda Aberta (IzAb), Convergencia por Estremadura (CEX), Ezker Batua (EB-B), Compromís, Espacio Plural e Iniciativa Socialista de Izquierdas (ISI) e forma parte da coalición La Izquierda que avoga pola creación, de cara a futuras convocatorias electorais, dunha fronte de esquerdas que poida crebar o bipartidismo en España. O actual voceiro estatal de LA IZQUIERDA é Lois Pérez Leira.
http://compromisolaizquierda.blogspot.com/
O máximo dirixente de NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG) é o escritor, analista político, investigador e director de cine Lois Pérez Leira, que tamén é o voceiro nacional.
RESOLUCIÓNS POLÍTICAS DO CONGRESO CONSTITUINTE DE NOVA ESQUERDA GALEGA
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democrática avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.
Ese mundo liberado dos tentáculos do capital só pode nacer mediante unha ruptura substancial coa situación inxustiza e desregulación existente. Non podemos esperar nada bo dun modelo económico que xera millóns de persoas paradas, desafiuzadas, precarias e marxinadas nos países ricos e centenares de millóns de persoas mortas de fame nos países do sur, nin podemos facernos ilusións cun modelo ecoloxicamente insostible que ameaza coa destrución do planeta. Entrementres, a crise deste ?modelo? civilizatorio non fai máis que agravarse e acentúanse o militarismo, o maltrato contra as mulleres, o recorte de liberdades e o desenvolvemento de ideoloxías reaccionarias, totalitarias, dogmáticas e fundamentalistas. Pensamos que hai que impulsar unha estratexia alternativa que subverta a orde existente e axude a instalar unha nova hexemonía para a construción dun novo bloque político, social e cultural alternativo, capaz de promover procesos de converxencia entre os diferentes movementos sociais ao redor da loita por reformas e transformacións importantes que favorezan a consolidación dun novo modelo económico e social moi afastado do que actualmente representa o capitalismo neoliberal.
Formamos parte da resistencia ao neoliberalismo e estamos comprometidos na defensa das orientacións altermundistas, transformadoras e alternativas que poidan xurdir desde os foros e movementos sociais galegos e europeos. Cremos que fai falta traballar de xeito unitario, favorecer a confluencia entre as redes e movementos existentes e organizarse democraticamente para combater eficazmente o bloque de poder dominante así como calquera forma de opresión. O proxecto que queremos contribuír a construír aspira a relacionar a firmeza nos obxectivos socialistas coas alianzas sociais e políticas necesarias que fagan avanzar as demandas das clases populares e fagan máis soportable a nosa vida cotiá, sen perder nunca de vista o horizonte da reforma progresiva e imparable do modelo económico neoliberal e do sistema capitalista.
Os nosos obxectivos irrenunciables
As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) queremos erixir unha organización unitaria e axudaremos á consolidación da Alternativa Galega de Esquerda (AGE) que pretende unificar os esforzos de todas as organizacións políticas da esquerda galega e o soberanismo.
Cremos que a esquerda nunca agroma do baleiro, nunca xurde da nada senón que as experiencias dos nosos devanceiros, a memoria colectiva e a experiencia do pasado fan posibles a esperanza, as ilusións, os soños e os proxectos do futuro. Opinamos que hai que facer posible o imposible. Por todo isto, en Nova Esquerda Galega (NEG) intentamos recoller as achegas dos partidos alternativos, socialdemócratas, socialistas, neomarxistas, libertarios, dos colectivos antipatriarcais, do movemento feminista, dos foros sociais e do altermundismo, do ecoloxismo e do galeguismo histórico ao mesmo tempo que nos esforzamos por extraer leccións para o futuro dos procesos de transformación social e política do pasado -dos seus acertos e dos seus erros- e da historia dos movementos sociais e as súas organizacións, para intentar fuxir dos erros, desacertos, sectarismos e dogmatismos.
Pola unidade popular e da esquerda galega e mundial!
Así é como traballamos nos movementos sociais, nos cales defendemos o pluralismo e o respecto cara a todas as correntes e sensibilidades que forman parte dos mesmos: todos os movementos sociais teñen que ter autonomía e teñen que dotarse de organismos propios e independentes de expresión e diálogo. Os e as militantes de Nova Esquerda Galega (NEG) cremos que as correntes da esquerda, todas as persoas e colectivos socialistas e transformadores temos que ser firmes partidarios da participación masiva e unitaria en todas as loitas como condición ineluctable para prefigurar e deseñar colectivamente o proxecto de sociedade polo que loitamos. Queremos reconstruír así unha correlación de forzas que deteña a ofensiva dos sectores dominantes e dos poderes que hexemonizan a sociedade capitalista e que nos permita facer crible e posible esoutro mundo polo que loitamos.
Converxer, entretecer, agrupar
O traballo de Nova Esquerda Galega (NEG) caracterízase polo esforzo de facer confluír colectivos e persoas, tarefas, accións, plataformas e colectivos co fin de consolidar e relacionar movementos entre si, contribuíndo a construción dunha gran alternativa política unitaria que favoreza o desenvolvemento dunha perspectiva política de conxunto. Tamén damos moita importancia á procura da unidade de acción entre os novos movementos altermundistas e o movemento obreiro e sindical galego organizado. Por iso fai falta relacionar as loitas cotiás dos barrios, dos veciños que se organizan para resolver diariamente os seus problemas e tamén fai falta dar resposta a aquelas outras persoas que xunto a diversos colectivos sociais e urbanos loitan pola súa identidade e pola resolución dos seus perentorios problemas diarios, sendo ben conscientes de que, a soberanía e a emancipación social dos cidadáns e cidadás galegas será obra de eles e elas mesmas.
Hoxe en día, é mais necesario que nunca dar as primeiras pisadas cara a unidade da esquerda contra a globalización capitalista. Esa converxencia da esquerda ou das esquerdas debe apoiarse nunha práctica solidaria e nunha orientación unitaria. Debe tomar unha gran relevancia, sobre todo se temos en canta a enorme segmentación e precariedade que padecen os traballadores e traballadoras, cousa que axuda a perpetuar a dominación e a discriminación. A fragmentación de intereses e de subxectividades que se deriva diso e a diversidade das loitas e das organizacións implicadas esixen estratexias unitarias, inclusivas e flexibles que unifiquen todas as formas de resistencia ao capitalismo neoliberal.
Atención ao avance cultural do militante e especial vixilancia á formación intelectual da afiliación
Unha das preocupacións centrais de Nova Esquerda Galega (NEG) é a formación intelectual, ética e persoal da militancia. Pensamos que non é posible construír organizacións transformadoras, progresistas e alternativas consistentes sen afiliados e militantes con coñecementos políticos, con capacidade de argumentación autónoma, de debate, de elaboración e de crítica e tamén de escoitar e aprender de todo o que poida contribuír a facer crible e posible ese novo espazo alternativo.
Refundar a Nova Esquerda Galega (NEG) agrupando a aqueles con formulacións transformadoras, alternativas e rupturistas...
Desde Nova Esquerda Galega (NEG) sostemos que a reconstrución da esquerda galega non se esgota no fortalecemento e na consolidación das redes de activistas e os foros sociais. Tamén fai falta construír unha nova formación política que recolla as aspiracións tranformadoras e soberanistas a miúdo presentes en determinados movementos sociais. Por iso, tal como definimos na nosa Asemblea Política de Constituínte, esforzámonos por combinar o desenvolvemento e a construción da nosa propia organización xunto coa intervención na construción dese Novo Proxecto Común denominado Alternativa Galega de Esquerda (AGE), procurando o diálogo critico con outras forzas políticas progresistas e galeguistas e, na medida do posible, unha futura converxencia con outros colectivos e persoas. Os e as militantes de Nova Esquerda Galega (NEG) cremos que fai falta avanzar cara a un novo tipo de formación política que impulse un espazo socialista, confederal e alternativo amplo, democrático e plural que evite que a acumulación de enerxías e demandas políticas que emanan dos movementos sociais se dispersen, e por iso buscamos camiños para construír unha esquerda unitaria, galeguista, socialista, altermundista, autoxestionaria, ecoloxista, feminista e internacionalista, pero asumindo a pluralidade e favorecendo a inclusión de todas aquelas outras forzas políticas mais moderadas que non asuman determinados postulados de máximos.
Unha estratexia e un programa para a demolición do modelo neoliberal
No contexto actual a esquerda e os progresistas galegos propugnamos a loita pola defensa do estado do benestar e a recuperación das conquistas sociais e políticas que agora vense ameazadas en todas partes.
O Programa de mínimos de Nova Esquerda Galega (NEG)
Nova Esquerda Galega (NEG) loita por:
1ª) Unha persecución permanente da fraude fiscal, principalmente das grandes fortunas que manteñen inxentes cantidades de diñeiro evadido en paraísos fiscais. Sen menosprezar outras formas de fraude.
2ª) Un incremento da tributación das rendas do capital das Sociedades de Investimento en Capital Variable (SICAV), ata tributar como calquera outra investimento.
3ª) A esixencia inmediata dos pagos pendentes á Seguridade Social por parte das empresas debedoras.
4ª) A devolución con carácter retroactivo dos capitais malversados ás administracións públicas. Cambio urxente do Código Penal, para que os delictos monetarios se salden coa devolución íntegra do subtraído, incluídos os xuros ao interese legal do diñeiro.
5ª) A reactivación dos investimentos públicos en materia de infraestruturas.
6ª) A posta en marcha de investimentos para a investigación e o desenvolvemento (I+D+i). Sabendo que esta liña de investimento só da resultado a medio e longo prazo.
7ª) A necesidade de "democratización da empresa", é dicir, participación dos traballadores na dirección e xestión.
8ª) Tamén reclamamos incluír a reconstitución do sector financeiro público, a reversión das caixas de aforro á súa natureza orixinaria de entidades non capitalistas persoais; e a derrogación das sucesivas reformas laborais e establecemento e fortalecemento, tanto na función pública como no sector persoal, dos marcos normativos reguladores do mercado laboral e dos réximes salariais a favor dos dereitos e garantías económicas e sociais na igualdade de xéneros e idades, a estabilidade e seguridade no emprego, a redución da xornada laboral, a cobertura do paro e das xubilacións, e a participación equitativa da forza de traballo no valor engadido e incrementos da produtividade.
9ª) Ademais, propomos unha auditoría realizada por expertos da débeda pública e a recuperación do achegado para salvar aos banqueiros, a reversión ao dominio e xestión públicos das concesións feitas ao sector financeiro, pero tamén ao sector privado de infraestruturas, recursos, bens e servizos, a reconversión en públicas de corporacións e empresas privatizadas; a regulamentación, imposición e control estritos dos mercados, intermediarios e fluxos financeiros e movementos de capitais, con especial rigor no que respecta ás operacións especulativas; ou a reforma tributaria para restablecer unha fiscalidade progresiva, singularmente, nos tramos elevados de ingresos e patrimonios persoais, a favor dunha indispensable política redistributiva do benestar social.
10ª) Cremos que se debería defender a soberanía alimentaria e enerxética; e a necesidade de establecer políticas de defensa do campesiñado galego, a revitalización das cooperativas e outros explotacións agrarias non capitalistas, recuperación e desenvolvemento da economía social sostible e os ecosistemas agrarios, así como políticas análogas no mundo mariñeiro.
11ª) Avogamos por un maior intervencionismo no mundo financeiro e pola potenciación de toda clase de iniciativas que favorezan unha maior socialización da economía. Por iso queremos deixar ben claro que rexeitamos o mercado sen regras e consideramos ilexítima a hexemonización de toda a organización social pola lóxica do mercado. Estamos convencidos de que o desenvolvemento da democracia require da conexión entre as administracións públicas e o mundo da empresa. Esta parcela da organización económico-social non está exenta de tensións entre o funcionamento dos mercado e o poder político, independentemente da actuación de certos poder económicos e doutro tipo, que teñen que estar democraticamente controlados, e deben ser quen, en particular, de atender o control democrático das relacións laborais e favorecer o exercicio da soberanía popular no mundo laboral potenciando e favorecendo a diario a participación dos traballadores nos distintos órganos democráticos, establecendo un claro marco xurídico e institucional sobre relacións laborais sen minguar nunca a libre iniciativa de cidadáns e organizacións.
12ª) Cremos que é necesario favorecer unha revisión e reforma das imperfeccións do actual sistema fiscal para que sexa máis xusto, promover unha verdadeira xustiza tributaria, e a condución firme e eficaz das políticas sociais. A intervención do Estado na economía debe funcionar, principalmente no ámbito da regulación institucional, na promoción do interese público e as condicións para o desenvolvemento estratéxico e a o impulso dos sectores estratéxicos da economía galega, na protección dos dereitos da cidadanía e consumidores, e a atención aos fracasos e ás desigualdades xeradas polas dinámicas do mercado.
13ª) Pedimos novas políticas de promoción e equidade económica, fiscal e social para as formas de traballo autónomo e unha racional reordenación do sector comercial a favor da revitalización sistematizada do pequeno comercio.
14ª) A anulación incondicional da débeda externa dos países empobrecidos do Sur, o fin dos plans de axuste estrutural, a instauración de controis sobre o movemento de capitais e a prohibición dos paraísos fiscais, o fin do proceso de liberalización da economía mundial, e a disolución do BM, FMI e OMC e a súa substitución por novas formas democráticas de asociación e cooperación entre os pobos desde a escala local ata a global.
15ª) Unha redución drástica da xornada laboral e o dereito a un emprego digno, estable e con dereitos. A ofensiva neoliberal non fai máis que aumentar o paro e quere aumentar aínda as horas de traballo asalariado dos que aínda o teñen. Para romper con esta lóxica irracional, fai falta impor unha redución drástica da xornada laboral sen perda de salario, traballar menos, facilitar a repartición de todo tipo de traballo (incluíndo, xa que logo, os tradicionalmente invisibles ou non pagos, como os realizados no ámbito doméstico, familiar ou de coidado) cambiar a sociedade e vivir mellor (sen a tensión de quen non dá alcance ao traballo, as depresións dos desempregados e a angustia e a ansiedade das persoas desempregadas e precarias). O nivel de produtividade das economías actuais, facilitado polas novas tecnoloxías, ten que porse ao servizo das persoas, do lecer e da calidade de vida e non ao servizo dos beneficios dos capitalistas, da continuación da dominación patriarcal e da destrución ambiental.
16ª) Pensamos que fai falta defender, financiar mellor, ampliar cualitativamente e xestionar democraticamente os servizos públicos (o ensino, a sanidade, a atención da xente maior, as garderías...), e loitar pola ?renacionalización? e socialización dos servizos privatizados ou subcontratados. Trátase de defender os bens comúns e o seu reapropiación polas maiorías sociais fronte á lóxica da privatización e a desposesión neoliberal e á crecente concentración da riqueza nunha minoría global explotadora. Nese camiño unha reforma fiscal radical free ao ?paraíso fiscal global? en que se está convertendo o planeta ten que ser un punto de partida necesario: fai falta que paguen os ricos, os especuladores financeiros, as grandes fortunas e as rendas do capital, mediante impostos directos progresivos, e non o conxunto da poboación traballadora, que hoxe en día paga enormes impostos indirectos cada vez que consome produtos básicos.
17ª) Hai que esforzarse por construír a unidade do conxunto de persoas explotadas e oprimidas recoñecendo ao mesmo tempo toda a súa pluralidade e diversidade, e a única forma de facelo é satisfacer as revindicacións específicas de todos os seus integrantes: fai falta loitar por todos os dereitos das mulleres e por un salario igual entre homes e mulleres que ocupan o mesmo posto de traballo; fai falta regularizar todos os inmigrantes ?sen papeis?, derrogando leis como a de Estranxeiría, e recoñecerlles os mesmos dereitos democráticos que os traballadores autóctonos (incluído, xa que logo, o dereito á cidadanía baseada na residencia), fai falta impor o respecto cara a todas as orientacións sexuais, fronte á norma heterosexual dominante; hai que defender os dereitos nacionais dos pobos... En definitiva, fai falta loitar contra toda forma de desigualdade, contra todas as discriminacións específicas que crean insolidariedade no seo das clases populares e contribúen a impedir a súa confluencia ao redor dos seus obxectivos emancipatorios comúns.
18ª) Fai falta desenvolver as revindicacións específicas do movemento feminista e gai-lésbico, contribuíndo a profundar as transformacións das relacións entre as persoas nun sentido emancipatorio e fuxir das visións reduccionistas que non entenden que a opresión das mulleres e de certas orientacións sexuais son anteriores ao capitalismo e probablemente se manteñan aínda desaparecendo este. Así pois, fai falta impulsar movementos autónomos de mulleres e de xente LGBT (lesbianas, gais, bisexuais, transexuais), posto que pór fin á explotación capitalista é condición necesaria pero non suficiente para lograr a plena emancipación individual e colectiva.
19ª) Hai que defender o dereito de pobos oprimidos do Estado español ao recoñecemento da súa libre autodeterminación e á soberanía, incluíndo o dereito á secesión ou separación, así como defender a República como forma de Estado fronte á Monarquía vixente, cuestionando así abertamente a lexitimidade da Constitución de 1978 e apostando por un novo proceso constituínte baseado no protagonismo dos pobos. Defendemos tamén os esforzos de recuperación da memoria histórica para pór fin á amnesia provocada polo modelo de transición pactada e o propio franquismo.
20ª) Hai que loitar pola construción doutra Europa, unha Europa dos traballadores e dos pobos, social, ecolóxica e feminista e solidaria cos pobos do Sur, seguindo o camiño do rexeitamento popular francés e holandés ao proxecto de Tratado Constitucional Europeo e ás políticas neoliberais e ?securitarias? que os distintos gobernos europeos queren impornos e que non farán máis que xerar maiores desigualdades e novos valos e guetos sociais e étnicos.
21ª) Hai que iniciar unha reconversión ecolóxica da economía e crear unha nova cultura da sustentabilidade mediante políticas que paren a destrución ambiental (evitando os consumos desmesurados de auga e enerxía e creando unha nova cultura da auga, prohibindo os cultivos transxénicos, desenvolvendo alternativas baseadas en enerxías renovables, acabando coa crecente dependencia das non renovables e pechando as nucleares...) e introducir criterios ecosocialistas (e mesmo posicións de decrecemento) nas grandes decisións económicas: parar a privatización dos recursos naturais, defender o dereito dos pobos á soberanía alimentaria e á terra, impulsar sistemas públicos de mobilidade e introducir unha planificación democrática, federal e/ou confederal e autoxestionaria da economía para satisfacer as necesidades básicas da maioría da poboación, combatendo a espiral productivista do consumismo capitalista e a crise ecolóxica actual, a cal conduce a unha verdadeira crise de civilización e ameaza a supervivencia do conxunto da biosfera e do planeta.
22ª) Hai que combater o militarismo e a guerra neoimperialista, loitando a favor do desarmamento nuclear e convencional, da disolución da OTAN e denunciando os intereses do complexo militar e industrial e as novas estratexias de guerra preventiva impulsadas polos Estados Unidos, así como as da UE. Xunto con iso hai que realizar unha firme defensa dos dereitos e liberdades civís e democráticas fronte ás tendencias involucionistas, xustificadas en nome da guerra contra o terrorismo ou o control da inmigración, e estender os dereitos de cidadanía ás persoas inmigrantes.
23ª) Hai que avanzar no exercicio da democracia para superar o capitalismo: nas condicións de desigualdade estrutural en que se realizan, votar cada catro anos en países como o noso non é democracia senón un procedemento de renovación periódica das elites políticas que, a pesar das diferenzas que poida haber entre neoliberais e socioliberales, distínguense pouco entre si na súa submisión aos poderes económicos dominantes. Non rexeitamos a necesidade de participar nos procesos electorais e de alcanzar unha representación institucional da esquerda progresista alternativa e máis avanzada pero defendemos a necesidade de subordinala á mobilización e á coherencia política e programática; e, sobre todo, propugnamos outra idea de democracia baseada no exercicio constante por parte da cidadanía dun poder de decisión e de control sobre todas as políticas que afectan a súa vida. Isto último implica avanzar cara á superación das desigualdades básicas e unha nova repartición dos tempos que permita dispor do tempo libre necesario para poder ocuparse dos asuntos comúns, deliberando e decidindo colectivamente. Así pois, a democracia socialista terá que combinar un exercicio efectivo de soberanía por parte dos pobos, formas de control obreiro e social sobre as decisións respecto da produción e formas de poder político consellista a nivel local que complementen, con democracia directa e instrumentos como os orzamentos participativos, as institucións democráticas representativas.
Desde Nova Esquerda Galega (NEG) cremos que a realización dos ideais progresistas, solidarios, igualitarios, democráticos e autoxestionarios comúns ao socialismo democrático e transformador, ao movemento feminista, ao movemento de liberación de gais e lesbianas, aos movementos soberanistas e de emancipación nacional, ao altermundismo e ao ecoloxismo non poderán levarse adiante sen atacar de raíz do problema que non é outro que o actual modelo neoliberal desregulado de acumulación cega do capital, sen unha transformación progresiva e continua dun sistema capitalista que xera infamias, inxustizas, explotación, miseria, opresión e destrución. Así pois, o impulso dun proceso transformador socialista segue sendo o noso horizonte e unha tarefa fundamental se queremos efectivamente conseguir transformacións substanciais e irreversibles da sociedade e abrir unha porta á esperanza. O proceso de democratización levado ata as súas últimas consecuencias terá que vencer as resistencias das clases dominantes coa forza da razón, coa forza da democracia, co apoio da maioria social.
Por un proxecto europeísta e internacionalista á altura dos retos actuais
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización europeísta e internacionalista porque o capitalismo é un sistema mundial que se internacionalizou e que espallou os seus mecanismos de dominación por todo planeta o que está a xerar resistencias globais e, xa que logo, obriga á esquerda a camiñar cara á construción dunha alternativa socialista mundial. Somos internacionalistas porque esa aspiración é común máis aló das fronteiras que nos separan, porque somos especialmente solidarios dos pobos oprimidos do Sur e porque loitamos por novas relacións entre os pobos e contra un inimigo común, o ?novo? imperialismo contemporáneo. Cremos que as grandes potencias imperialistas non teñen dereito a dirixir os destinos dos países empobrecidos. Somos internacionalistas porque combatemos o militarismo das grandes potencias e a guerra, pero aínda así defendemos o dereito dos oprimidos a liberarse, se fai falta cando os outros medios sexan insuficientes fronte á resistencia dos poderes dominantes procurar xeitos alternativo de loita.
Cremos tamén que, para facer fronte a un capitalismo que se estende por todo o globo, un capitalismo salvaxe e fortemente aglomerado en colosais transnacionais -que someten ao seu control organizacións como o FMI, o Banco Mundial, OMC,... e se apoian nas novas formas de ?gobernanza? do G-8 e en bloques rexionais como a UE- e defendido pola forza militar -coa OTAN como o seu principal brazo armado, ao servizo da ?guerra global permanente?-, é imprescindible establecer vínculos permanentes e desenvolver iniciativas conxuntas con outras organizacións transformadoras e alternativas de calquera parte do mundo. Por iso, Nova Esquerda Galega (NEG) traballa para construír un futuro movemento internacional unitario da esquerda alternativa e de masas.
Cremos necesario participar na construción dunha Conferencia Permanente para a Unidade da Esquerda Europea e Mundial como un futuro proxecto de reagrupamento amplo das esquerdas transformadoras europeas e mundiais. Por isto Nova Esquerda Galega (NEG) manterá vínculos e lazos de amizade con outros partidos e colectivos de esquerda europeos.
Afíliate a Nova Esquerda Galega (NEG)!
Axúdanos a construír a ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA (AGE)!
Para levar adiante este proxecto, para facer realidade os teus soños, para lograr unha sociedade de mulleres e homes libres... únete a Nova Esquerda Galega (NEG)! O teu esforzo e traballo son necesarios, porque sen militancia non hai loita, sen loita non hai organización e sen organización non hai proxecto transformador... A túa opinión, pensamento e participación son imprescindibles. Acabouse o tempo da pasividade da esquerda, do conformismo, do deixar facer aos poderosos, de considerar que os asuntos públicos son cousa dos políticos. Chegou o tempo das persoas, dos pobos, dos inconformistas, dos verdadeiros progresistas, chegou a hora do cambio e a acción. É o momento de construír unha esquerda transformadora, rupturista e alternativa, unha esquerda unitaria.
Colabora, afíliate, milita ... e organízate en Nova Esquerda Galega (NEG)!
Hoxe máis que nunca comprometémonos coa unidade da esquerda, a prol de dar unha clara, democrática e decidida alternativa socialista, galeguista, feminista, ecoloxista, altermundista e transformadora ante a agresividade das políticas do capital.
DOCUMENTOS DE ORGANIZACIÓN DE NEG
ESTATUTOS
TÍTULO I
Definición, denominación, domicilio, emblemas e ámbito de actuación de Nova Esquerda Galega (NEG)
Artigo 1. Definición política e xurídica.
Nova Esquerda Galega (NEG) é un movemento político e social de carácter popular e socialista, que ten como obxectivo transformar a sociedade sobre a base dos principios da ecoloxía social, a economía solidaria, a democracia plural e o socialismo.
Constitúe unha organización política e xuridicamente soberana, de esquerda transformadora, e cuxa forma de organización é a democracia radical ou participativa.
Nova Esquerda Galega (NEG) aposta por un modelo de socialismo que recolla a tradición da defensa das liberdades públicas, a Igualdade en Dereitos da cidadanía e a defensa dos valores da Solidariedade Social, como elementos irrenunciables para a transformación da sociedade.
Nova Esquerda Galega (NEG) defende os principios básicos da división real de poderes, da importancia do público na organización económica e social, e da participación aberta e plural da cidadanía nas decisións políticas que afectan ao conxunto da sociedade.
Para a consecución dos seus obxectivos políticos e sociais, Nova Esquerda Galega (NEG) ten entre os seus fins a promoción da participación nas institucións públicas, mediante a formulación de programas e a presentación e apoio das candidaturas de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA (AGE) aos procesos electorais.
Artigo 2. Denominación e logotipos.
Nova Esquerda Galega (NEG) é a denominación da organización que se constitúe cos presentes estatutos. As súas siglas son NEG.
Nova Esquerda Galega (NEG) utilizará o seguinte logotipo: o símbolo do partido é un puño de cor amarela xunto a unha estrela amarela sobre un fondo vermello
Este logotipo poderá ser modificado pola Asemblea Xeral.
Artigo 3. Domicilio social
O domicilio social de Nova Esquerda Galega (NEG) é avenida Gregorio Espino, nº 35 ? 5º B. Distrito Postal 36205 Vigo. O cambio de domicilio deberá ser aprobado polo Consello Nacional.
Artigo 4. Ámbito territorial e temporal.
O ámbito de actuación de é Nova Esquerda Galega (NEG) todo o territorio de Galicia. Nova Esquerda Galega (NEG) constitúese por tempo indefinido.
Artigo 5. Forma de organización.
A forma de organización de Nova Esquerda Galega (NEG) é a democracia radical ou participativa. Para a toma de decisións, impulsarase a participación, a deliberación colectiva e a procura do consenso. Cando este non sexa posible, os acordos adoptaranse por maioría simple das persoas participantes en cada ámbito de deliberación.
A liberdade de expresión, o debate colectivo e as decisións asemblearias son os principios que articularán a participación dentro de Nova Esquerda Galega (NEG).
Artigo 6. Relacións con outras organizacións políticas
Nova Esquerda Galega (NEG), co fin de realizar os obxectivos que motivan a súa constitución, poderá alcanzar acordos con outras organizacións sociais e políticas. Con este propósito, a Asemblea Xeral de Nova Esquerda Galega (NEG) encomendará ao seu Consello Político Nacional que se dirixa aos seus órganos asemblearios a fin de propor un acordo político que supoña a súa participación no proxecto unitario e plural da esquerda transformadora que representa hoxe ANOVA-Irmandade Nacionalista e Alternativa Galega de Esquerda (AGE). Nesta proposta de acordo ofreceranse os seguintes compromisos:
6.1. O compromiso de Nova Esquerda Galega (NEG) de achegar a ANOVA ? Irmandade Nacionalista e a Alternativa Galega de Esquerda (AGE) as concepcións e obxectivos propios do socialismo, feminismo, altermundismo, ecoloxismo, soberanismo e internacionalismo como elementos máis da súa pluralidade política, e como un impulso da súa actividade social e institucional.
6.2. O compromiso da militancia de Nova Esquerda Galega (NEG) afiliada a ANOVA: de supeditar o seu traballo militante, apoio electoral e colaboración no traballo institucional directo, en favor de ANOVA -ou no seu caso de Alternativa Galega de Esquerda (AGE)- como instrumentos estratéxicos, unitarios e plurais da esquerda transformadora.
TÍTULO II
Afiliación, dereitos e deberes
Artigo 7. A participación interna.
En Nova Esquerda Galega (NEG) recoñécense dúas formas básicas de participación: a afiliación e a condición de persoa participante.
A condición de persoa afiliada a Nova Esquerda Galega (NEG) poderana adquirir aquelas persoas maiores de 18 anos, que de xeito individual e voluntaria manifesten a súa intención de colaborar e participar de forma activa na organización, respectando e acatando os principios e acordos de Nova Esquerda Galega (NEG). A persoa afiliada deberá inscribirse nunha Asemblea local.
Artigo 8. Limitacións á adquisición da condición de militante
Non se aceptará a afiliación a Nova Esquerda Galega (NEG) daquelas persoas que, de xeito notorio, tivesen posicións públicas de defensa do neoliberalismo ou actitudes contrarias ao respecto polas diferenzas persoais, entendendo por talles calquera forma de machismo, racismo, xenofobia, homofobia ou outras formas de discriminación por cuestións culturais, relixiosas, físicas ou de orientación sexual.
As persoas afiliadas a Nova Esquerda Galega (NEG) poderán darse de baixa por vontade propia mediante a correspondente comunicación por escrito.
Artigo 9. Causas de baixa
Serán causa de baixa os comportamentos discriminatorios sinalados no artigo 8 e a falta de pagamento reiterada e inxustificado das cotas de afiliación.
Artigo 10. Dereitos das persoas afiliadas.
As persoas afiliadas a Nova Esquerda Galega (NEG) teñen os seguintes dereitos:
1. Participar con voz e voto na Asemblea local e nos Foros en que estea inscrita, así como na Asemblea Xeral de Nova Esquerda Galega (NEG), con absoluta liberdade de opinión e proposta. Se é elixida para iso, tamén poderá participar baixo as mesmas condicións no Consello da localidade en que estea inscrita e no Consello Político Nacional.
2. Participar no debate, a elaboración e a decisión das propostas políticas e estratéxicas de Nova Esquerda Galega (NEG).
3. Participar voluntariamente naquelas actividades que sexan desenvolvidas por Nova Esquerda Galega (NEG).
4. Elixir e ser elixida para calquera órgano de responsabilidade política de Nova Esquerda Galega (NEG) polas canles reguladas nos seguintes Estatutos.
5. Participar nos referendos e consultas vinculantes que sexan convocados polos órganos de Nova Esquerda Galega (NEG).
6. Ter acceso a unha información ampla e rápida das decisións ou posicionamentos políticos de Nova Esquerda Galega (NEG), así como dos debates internos xerais que se produzan, con dereito a coñecer os diferentes posicionamentos en tales debates.
7. Coñecer os acordos que adopten as Asembleas, os Foros e os Consellos.
8. Coñecer o censo completo da afiliación de Nova Esquerda Galega (NEG) na súa Asemblea local.
9. Recibir información e opinar sobre a situación económica e financeira de Nova Esquerda Galega (NEG).
10. Recorrer ás medidas disciplinarias que se puidesen adoptar na súa contra.
11. Impugnar os acordos que se estimen contrarios aos Estatutos ou á Lei, así como propor a adopción de medidas disciplinarias cando estime existan causas para iso.
12. Impugnar as resolucións dos órganos políticos do seu ámbito, se consideran que se vulneraron os seus dereitos.
13. Exercer o dereito de control e crítica, así como efectuar as propostas que estime convenientes, a través das canles estatutarias establecidos, con relación ás persoas que ostenten cargos dentro de Nova Esquerda Galega (NEG).
14. Causar baixa voluntaria de Nova Esquerda Galega (NEG).
15. Dimitir dos postos ou cargos para os que fose electa.
16. Expresar libremente as súas opinións con relación ás propostas e decisións adoptadas por Nova Esquerda Galega (NEG).
17. Ser respectado polas opinións políticas, as conviccións relixiosas ou morais e pola súa vida privada, sempre que non se acrediten comportamentos violentos, racistas, xenófobos, machistas ou homófonos.
18. Aqueloutros que sexan recoñecidos pola Lei e os presentes Estatutos.
Artigo 11. Deberes das persoas afiliadas.
As persoas afiliadas a Nova Esquerda Galega (NEG) deberán cumprir cos seguintes deberes:
1. Traballar pola consecución dos obxectivos de Nova Esquerda Galega (NEG).
2. Desempeñar os cargos para as que fosen elixidas con absoluta honestidade e transparencia, sen valerse do cargo para satisfacer intereses patrimoniais propios ou doutras persoas coñecidas.
3. Manter permanentemente calquera cargo ou responsabilidade a disposición da Asemblea pola que foron elixidas.
4. Abonar as cotas á organización.
5. Respectar os presentes Estatutos.
6. Cumprir os acordos adoptados por Nova Esquerda Galega (NEG).
Artigo 12. Causas de perda da condición de persoa afiliada.
A baixa na condición de persoa afiliada a Nova Esquerda Galega (NEG) producirase:
1. Pola libre decisión da persoa afiliada manifestada expresamente, ou tácitamente, cando se produza unha falta de pagamento inxustificada e reiterado das cotas de afiliación.
2. Por resolución sancionadora dos órganos competentes de Nova Esquerda Galega (NEG).
3. Por sentenza firme no caso da comisión dun delito que vaia en contra dos principios defendidos por Nova Esquerda Galega (NEG)
Artigo 13. Réxime disciplinario.
As persoas afiliadas que incumpran os seus deberes ou que coa súa conduta pública ou privada vaian en contra dos principios de Nova Esquerda Galega (NEG) serán obxecto dun expediente disciplinario. A apertura do expediente poderá iniciarse por petición razoada de calquera persoa afiliada que entenda que se vulneraron os seus dereitos ou a proposta das Asembleas e os Consellos.
O órgano competente para instruír o expediente sancionador é o Consello da Asemblea Local na que está inscrita a persoa obxecto do expediente. No entanto, se os feitos que motivan a iniciación do expediente teñen unha incidencia maior á puramente local, poderá asumir a instrución o Consello Político Nacional.
O expediente disciplinario, debidamente argumentado, será posto en coñecemento da persoa afiliada interesada que terá un tempo non superior a 30 días naturais para expor os seus argumentos de defensa e achegar probas. O Consello ditaminará unha resolución e a persoa obxecto do expediente disporá dun novo prazo non superior a 30 días naturais para poder recorrela ante a Asemblea local ou a Asemblea Xeral, segundo o ámbito de actuación do Consello que instrúa o expediente.
Artigo 14 Tipos de Infraccións
Segundo a súa gravidade as infraccións serán consideradas:
1. Leves, por incumprir os deberes das persoas afiliadas recoñecidos no artigo 11.
2. Graves, por reiteración na conduta sinalada no apartado anterior.
3. Moi graves, por avalar ou realizar algún dos comportamentos discriminatorios sinalados no artigo 8.
As sancións, segundo a gravidade da infracción, poderán ir desde a amoestación, suspensión temporal da afiliación ou expulsión.
Artigo 15. A condición de participante.
A condición de persoa participante poderá ser adquirida por calquera persoa que voluntariamente mostre o seu interese por participar nos procedementos de deliberación e decisión de Nova Esquerda Galega (NEG). A condición de participante deberá ser outorgada pola Asemblea local na que dita persoa queira participar, debendo ser proposta co aval dunha persoa afiliada e acordada por maioría simple, podendo ser obxecto de revogación pola mesma Asemblea. A condición de persoa participante dá dereito a participar libremente nos procesos de deliberación e decisión de Nova Esquerda Galega (NEG), con voz e voto, incluídos a elección de responsabilidades políticas e a posibilidade de presentarse a elas. A condición de persoa participante entenderase outorgada só para o ámbito de actuación e as decisións que competan á Asemblea local que aprobou a súa participación, salvo no caso de convocatoria de referendos ou consultas vinculantes aos que terán dereito a participar.
TÍTULO III
Estrutura interna e funcionamento
Artigo 16. Xeitos de participación e coordinación
Dado o carácter democrático-participativo da forma de organización de Nova Esquerda Galega (NEG), non se aplicarán procedementos delegativos na convocatoria e composición das Asembleas. Forman parte delas todas as persoas afiliadas e aquelas que ostenten a condición de persoa participante, dentro do ámbito local e comarcal en que se achen inscritas. As súas decisións adoptaranse por maioría simple. Cando se trate de elección de persoas para cargos ou órganos de representación, a elección realizarase mediante voto libre e secreto.
Artigo 17. Asembleas, Consellos e Coordinador ou Coordinadora locais.
As Asembleas locais son o órgano soberano de Nova Esquerda Galega (NEG) no ámbito de actuación municipal. Cada Asemblea local está composta por todas as persoas afiliadas e participantes que están inscritas no seu ámbito territorial. As súas decisións adoptaranse por maioría simple e a periodicidade ordinaria das súas reunións será dunha vez cada dous meses.
Cada Asemblea poderá dotarse dun Consello Político Local cuxa función será administrar os acordos e acometer as tarefas políticas que lle foron encomendadas pola Asemblea.
Será elixido pola Asemblea local por un mandato dun ano de duración. Reunirase de forma ordinaria polo menos unha vez ao mes. As súas decisións adoptaranse por maioría simple dos seus membros. O número dos seus compoñentes será determinado por cada Asemblea local no momento da súa elección.
É obrigación do Consello convocar e informar á Asemblea de forma ordinaria unha vez cada dous meses, mediante a notificación da súa data, lugar e hora de celebración a toda a afiliación censada, con indicación da orde do día e remisión dos documentos necesarios para a participación no debate. O Consello tamén poderá realizar convocatorias extraordinarias da Asemblea cando as circunstancias así o requiran.
Estará obrigado a realizar unha convocatoria extraordinaria cando así o pida por escrito o 10% das persoas afiliadas.
A Asemblea elixirá unha persoa para o cargo de Coordinador ou Coordinadora local, que terá as funcións de representación política e coordinación do traballo.
De todas as reunións levantaranse actas dos acordos adoptados. As actas serán aprobadas na seguinte sesión que se celebre e serán accesibles para todas as persoas afiliadas.
Artigo 18. As Asembleas comarcais
Poderán constituírse Asembleas comarcais, coa mesma forma de funcionamento que establece o artigo 17 para as asembleas locais, co fin de organizar a participación de Nova Esquerda Galega (NEG) no ámbito da comarca.
Artigo 19. Os Foros de debate e grupos sectoriais
Os Foros son espazos de debate e actividade de carácter sectorial ou temático que poderán ser constituídos a instancias das Asembleas locais, o Consello Nacional ou a Asemblea Xeral. Neles poderán participar todas as persoas afiliadas ou participantes.
Artigo 20. A Asemblea Xeral.
A Asemblea Xeral é o máximo órgano de Nova Esquerda Galega (NEG) e está constituída por todas as persoas afiliadas. As súas funcións son:
1. Discutir e aprobar os informes de xestión e conxuntura presentados polo
Consello Político Nacional.
2. Determinar a liña política de Nova Esquerda Galega (NEG).
3. Elixir aos membros do Consello Político Nacional. A elección dos devanditos membros do Consello farase utilizando un sistema que asegure a proporcionalidade, a representatividade e a pluralidade. Este sistema de elección será determinado ao principio de cada Asemblea, aínda que en calquera caso deberá garantir o sufraxio libre e secreto.
4. Elixir ás persoas que formarán parte da Comisión Permanente e Executiva Nacional (con 6 membros) e ao Voceiro Nacional e Coordinador/a Xeral.
5. Aprobar os Estatutos e as súas modificacións.
A Asemblea Xeral reunirase como mínimo unha vez ao ano, e de xeito extraordinario a proposta do Consello Político Nacional ou cando o pida un 10% das persoas afiliadas. Os seus acordos serán adoptados por maioría simple. Cando se trate de elección de persoas para cargos ou órganos de representación, a elección realizarase mediante voto libre e secreto.
Artigo 21. O Consello Político Nacional e a Comisión Permanente e Executiva Nacional.
O Consello Político Nacional é o máximo órgano de dirección de Nova Esquerda Galega (NEG) entre Asembleas Xerais. O quórum mínimo necesario para a súa constitución e a validez dos seus acordos é dun terzo dos seus membros.
O Consello Político Nacional está formado por 13 persoas, sendo a Asemblea Xeral o órgano encargado da súa elección e tendo o seu mandato unha duración dun ano. A periodicidade das súas reunións ordinarias será dunha vez cada dous meses, podendo ser convocado de forma extraordinaria polo Coordinador ou Coordinadora Xeral se as circunstancias así o requirisen. Os seus acordos serán adoptados por maioría simple.
Estará dotado das seguintes funcións:
1. A representación política e legal de Nova Esquerda Galega (NEG), nas distintas instancias da Administración do Estado e da vida pública e política.
2. Aplicar as decisións e os acordos políticos encomendados pola Asemblea Xeral.
3. Deliberar e decidir a política rexional de Nova Esquerda Galega (NEG) entre Asemblea Xerais.
4. Establecer grupos de traballo e cargos de responsabilidade para asumir as xestión e coordinación das tarefas e actividades políticas que son da súa competencia.
5. Promover campañas de concienciación sobre temas de alcance social.
6. Promover as relacións cos movementos sociais alternativos e ecoloxistas.
7. Definir a estratexia para trasladar as propostas e o posicionamento de Nova Esquerda Galega (NEG) ao conxunto da cidadanía.
8. Organizar foros de debate, encontros sectoriais, e xornadas sobre temas de actualidade ou de posicionamento político.
9. Administrar os recursos e os medios económicos patrimoniais.
10. Organizar as Asembleas Xerais.
11. Acordar e xestionar a contabilidade e os orzamentos.
12. Impulsar plans de concienciación social e formación política.
13. Instruír os expedientes sancionadores.
A Comisión Permanente e Executiva Nacional formada por 6 persoas executará as propostas realizadas polo Consello Político Nacional. Tamén executará os acordos das asembleas.
Artigo 22. Coordinador ou Coordinadora Xeral.
Son funcións da persoa que ostente a Coordinación Xeral:
1. Representar ao Consello Político Nacional de Nova Esquerda Galega (NEG), así como ao conxunto da organización ante calquera institución pública ou privada, cos máis amplos poderes que en dereito correspondan.
2. Exercer as funcións de voceiro de Nova Esquerda Galega (NEG).
3. A convocatoria e coordinación do Consello Político Nacional.
4. Todas aqueloutras funcións do Consello Político Nacional que lle sexan delegadas expresamente.
Artigo 23. Referendos ou consultas vinculantes.
Realizaranse referendos internos ou consultas cada vez que o solicite o 25% do Consello Político Nacional ou o 10% das persoas afiliadas. Terán carácter vinculante e neles poderán participar todas as persoas afiliadas e aquelas que ostenten a condición de participantes.
TÍTULO IV
Réxime documental, financeiro e patrimonial
Artigo 24. Réxime documental. Obrigacións contables
Nova Esquerda Galega (NEG) levará os libros de Actas, de Contabilidade, de Tesourería e de Inventarios e Balances, o contido dos cales fixarase regulamentariamente e deberá permitir en todo momento coñecer a súa situación financeira. A contabilidade adecuarase ao legalmente establecido.
O financiamento de Nova Esquerda Galega (NEG) estará marcada polos principios de suficiencia, austeridade, transparencia e solidariedade. Os seus recursos económicos estarán constituídos polos rendementos do seu patrimonio, os produtos da actividade da organización, as doazóns, as herdanzas, legados e subvencións públicas do Estado, os créditos que concerte, os ingresos correspondentes aos grupos institucionais dos cales forme parte de acordo coa lexislación vixente e as cotas das súas persoas afiliadas.
Artigo 25. As cotas e aportacións
As cotas das persoas afiliadas serán establecidas polo Consello Político Nacional e deberán ser pagadas de xeito individual. En cumprimento da lexislación vixente, as cotas e achegas das persoas afiliadas deberán abonarse en contas de entidades de crédito abertas exclusivamente para devandito fin. Os ingresos efectuados serán unicamente os que proveñan destas cotas e devanditos ingresos deberán ser realizados mediante domiciliación bancaria dunha conta da cal a persoa cotizante sexa titular afiliada, ou mediante ingreso nominativo na conta que designe Nova Esquerda Galega (NEG).
A liquidación da cota correspondente, xunto coa adhesión é o que confire a unha persoa a súa calidade de afiliada a Nova Esquerda Galega (NEG).
Nova Esquerda Galega (NEG) destinará o 1% do total do seu orzamento a programas de solidariedade, priorizando aqueles proxectos que coincidan cos seus obxectivos.
Artigo 26. Patrimonio fundacional
Nova Esquerda Galega (NEG) non ten patrimonio fundacional.
Artigo 27. Procedemento de rendición de contas. Administración, fiscalización e control.
A proposta do Consello Político Nacional asignarase a persoa encargada de canalizar os recursos da organización e controlar os seus movementos económicos, así como de levar a contabilidade e informar regularmente ao Consello Político Nacional e á Asemblea Xeral. Esta persoa tamén será a encargada de presentar a contabilidade da organización para a súa auditoría ante o Tribunal de Contas e os compromisos fiscais ante a administración pertinente. O Consello Político Nacional elabora os orzamentos anuais e proponos á Asemblea Xeral para a súa aprobación.
O Nova Esquerda Galega (NEG) poderá ser disolto polo acordo da Asemblea Xeral. O patrimonio resultante no momento da disolución, unha vez satisfeitas as obrigacións financeiras existentes, destinarase a asociacións sen ánimo de lucro de carácter social.
Articulo 28. Poderá ser disolto por acordo da asemblea xeral. O patrimonio resultante no momento da disolución, unha vez satisfeitas as obrigacións financeira existentes, destinarase a asociacións sen ánimo de lucro de carácter social.
|
|
aesquerdavigo@gmail.com |
|
http://www.blogoteca.com/avozdanovaesquerda/ | |
|
|