A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xosé Manuel Beiras - Carmen Santos
Lois Pérez Leira
FONTE: Galicia Confidencial

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/30980-xose-manuel-beiras---carmen-santos

Por: Lois Pérez Leira *


Parece que de súpeto rendeu a urxencia de definir o posible candidato das confluencias de unidade popular. Xa comezan a tirar de nomes. Aínda que ninguén fala de cales son as propostas que debería representar o hipotético candidato/a. Emitíronse tímidas autocriticas ou interpretacións dos últimos resultados.

Perdeuse un deputado e un senador e non pasou nada. Perdéronse votos nas cidades que gobernan as Mareas e tampouco pasou nada e en Vigo pasaron a ser a segunda forza política, cidade onde non existe ningún liderado, nin a Marea de Vigo ten incidencia ningunha no panorama galego.

Por certo Cangas e o Grove -con histórica tradición de esquerda- foron as únicas que lograron a maioría de votos. No caso de Cangas unha alianza histórica entre a FPG e Esquerda Unida. É rechamante que durante máis dunha década esta alianza en Cangas nunca foi recoñecida oficialmente pola condución de Esquerda Unida. Todo o contrario foi criticada e descualificada de forma regular. A actitude unitaria da Alternativa Cangesa de Esquerdas (ACE) foi dando os seus resultados que demostraron que ese era o camiño correcto. Os mesmos que criticaban esta alternativa unitaria de esquerda, boicotearon de xeito constante calquera candidatura destas características en Vigo. Como foi o intento da candidatura denominada CIES e nas últimas municipais as posibilidades de converxencia de Marea de Vigo con Gañemos Vigo e outros actores da esquerda e o nacionalismo, que xerase un efecto positivo entre os votantes. O resultado foi un rotundo fracaso electoral - malia os tres concelleiros- e a falta dunha forza opositora de esquerda na cidade.

Volvendo ao tema que esta sobre a mesa que é se a esquerda social e política pode crear un instrumento electoral para derrotar á dereita e gobernar Galicia? A resposta é complicada. As condicións existen. Os sectores afectados pola crise -malia os reparos electorais que demostraron- manteñen a ilusión colectiva de que se logre unha alianza de goberno de progreso, co PSOE. Pero tamén nos indican que non só queren candidatos ou alcaldes honestos e “guapos” esixen gobernos e líderes que teñan un proxecto de país.

Desde a aparición de AGE ata estas últimas eleccións a cidadanía percibiu que o fenómeno electoral en Galicia está marcado nesta etapa, por dúas marcas políticas moi fortes e convocantes. Por unha banda a marca AGE e o seu líder X.M. Beiras, que foi capaz nun mes de producir aquela verdadeira marea electoral e doutra banda a marca PODEMOS e o seu líder estatal Pablo Iglesias.

Esta alianza de marcas é e seguirá sendo por unha etapa a garantía do éxito electoral, capaz de ser unha verdadeira alternativa de goberno nas próximas eleccións ao parlamento de Galicia.

Por iso a síntese dunha candidatura que poida visibilizar estas dúas marcas en pouco tempo é a fórmula Xosé Manuel Beiras Presidente e Carmen Santos líder de Podemos Galicia como vicepresidenta

As restantes variantes están chamadas ao fracaso non se poden improvisar candidatos en poucos meses. Quen o insinuei está traballando para o fracaso electoral


* LOIS PÉREZ LEIRA é escritor, documentalista, analista político e investigador de temas históricos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2016 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal