A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Novos apoios ao acordo dos tres alcaldes do cambio para unha marea galega
MAREA GALEGA EN MARCHA
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/31684-novos-apoios-acordo-tres-alcaldes-cambio-marea-galega

FONTE: GALICIA CONFIDENCIAL

Os rexedores de Santiago, A Coruña e Ferrol apostan por unhas primarias das que saian os nomes do candidato e dos cabeza de listas provinciais. CERNA tamén respalda esta iniciativa.

A organización nacionalista CERNA --que orixinalmente formaba parte de Anova-- saúda positivamente a iniciativa das candidaturas da Comarca de Compostela e Compostela Aberta, e posterior manifesto dos tres alcaldes para avanzar na construción dun espazo para unha candidatura de confluencia para as eleccións autonómicas.

Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea
Martiño Noreiga, Xulio Ferreiro e Jorge Suárez nun acto de En Marea | Fonte: enmarea.gal

Con esta adhesión, xa son dúas as forzas nacionalistas --o xoves foi Esquerda Nacionalista-- que apoian unha candidatura galega en torno ás mareas e que poña o aceno no carácter nacional de Galicia e os seus elementos identitarios.


“Entendemos que ese é o camiño para poder participar todos os axentes interesados: unha asemblea participada a título individual que sexa constituinte do suxeito electoral, coa celebración de primarias abertas para decidir todas as persoas candidatas e nas que poidan votar todas as persoas que asuman eses principios programáticos a decidir na propia asemblea”, apunta esta organización nun comunicado.

Os tres rexedores

A asemblea promovida polos alcaldes do cambio -Xulio Ferreiro (A Coruña), Martiño Noriega (Santiago de Compostela) e Jorge Suárez (Ferrol)- para unha candidatura de confluencia para as eleccións autonómicas deste outono fixará as primarias das que sairán as listas para as catro circunscricións, pero a incógnita de cando se saberá o nome do candidato permanece. E

Este xoves, os tres alcaldes, tras manter un xantar con varios rexedores cos que xa seguiron unha liña conxunta na asemblea constitutiva da Fegamp comezaron os contactos coas mareas municipalistas para abordar a convocatoria dunha asemblea na que se estableza un cronograma e metodoloxía para a elección de candidatos e elaboración de programa electoral.

Os alcaldes aseguran que unicamente queren poñer enriba da mesa o seu "capital simbólico" e unha vez que estea en marcha o proceso, volver ás súas respectivas casas consistoriais. O que non aclararon por agora é a data na que se coñecerá a persoa que encabece a alternativa política, para o que soa con forza o nome do maxistrado do TSXG Luis Villares. Con todo, os tres alcaldes están de acordo en que obteña o consenso de todos os axentes políticos, se ben se someterá a primarias igualmente, aínda que só sexan de ratificación.

Máis apoios

Por outra banda, os militantes da corrente A Forza da Xente (integrada en Podemos Galicia) e os integrantes da asociación Cidadá Galega No Ollo do Furacán (integrante de Mareas en Común) apostan pola construción dunha gran candidatura galega unitaria de todas aquelas persoas e colectivos sociais “que loiten por abrir un novo proceso constituínte que acabe definitivamente co réxime xurdido trala IIª Restauración borbónica”.

“Consideramos que para lograr estes obxectivos neste momento constituínte, o mellor escenario para Galicia, é lograr converternos nunha nación soberana, social, solidaria e ecoloxicamente sustentábel que decida libremente o seu futuro, con lazos de irmandade, solidariedade e cooperación co resto de pobos e nacións que conforman a comunidade de países lusófonos, o Estado español, o marco europeo e o arco mediterráneo”, indican nun comunicado.

Por iso, amosan o seu apoio a unha gran confluencia de todas as Mareas Municipalistas, EN MAREA, Encontro Cidadá por unha Marea Galega, Mareas en Común, Foro Galego, asinantes do Chamamento de Vidán e todos os partidos galegos, entre eles, “Podemos, EU, Anova, BNG, Cerna, CxG...”.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-07-2016 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal