 Fonte: Xornalismo humano
Tradución ao galego: Alberte Cid García
Entre 6.000 e 10.000 inmigrantes e refuxiados rohingya e bangladeshíes, á deriva no sur-este asiático trala campaña contra o tráfico humano lanzada polas autoridades tailandesas Indonesia, Tailandia e Malasia decidiron expulsar aos barcos das súas costas, abandonando á súa sorte barcos cargados de persoas sen auga nin alimentos Moitos traficantes están abandonando os seus barcos, cos seus ocupantes a bordo, para evitar ser detidos
Nas imaxes vense familias enteiras a bordo de barcazas de madeira, anegadas polas ondas e a choiva. Pais chorosos e impotentes con crianzas aterradas e macilentas que semellan amontoados, sen apenas espazo para moverse, que viaxan amoreados en febles embarcacións onde se esgotan as reservas de alimentos e auga potábel, soportando as altas temperaturas sen destino fixo. Partiron hai dous meses con destino a Malasia pero hai varios días a tripulación abandonou o barco a nado, para evitar ser detidos. Das costas malasias foron rexeitados, como lles ocorreu nas augas territoriais tailandesas. Hoxe, os pasaxeiros beben o seus propios ouriños e lanzan pola borda os cadáveres daqueles que non superan a travesía. A berros, contaban aos xornalistas que se achegaron a eles que xa levan 10 mortos.
Falamos só dun barco con 350 pasaxeiros pero son miles os refuxiados e inmigrantes que, nestes momentos, pasan pola horríbel experiencia de ser abandonados no mar alto e que se enfrontan a unha morte segura se ninguén lles rescata. Non se trata do Mediterráneo senón da Baía de Bengali e o estreito de Malacca, entre o Pacífico e o Indico. É alí onde unhas 6.000 persoas, segundo as estimacións máis conservadoras, e 10.000 segundo as máis alarmistas corren o risco de morrer de fame e sede ou, simplemente, de afogarse despois de que as autoridades de Malasia, Tailandia e Indonesia anuncien que rexeitarán toda embarcación que se achegue ás súas costas. ?Non deixaremos que se achegue ningún barco estranxeiro salvo que se estea afundindo?, anunciou o responsábel da axencia marítima malasia, Tan Kok Kwee. ?En caso contrario, entregarémoslles provisións e os obrigaremos a marchar?. A postura é semellante á adoptada por Indonesia. ?Non deberían entrar en augas indonesias sen permiso?, denunciaba o voceiro do Exército Fuad Basya.
Segundo UNCHR, axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados, un milleiro de persoas morreron desde marzo nesta fuxida desesperada polo mar. Falecen de fame, deshidratación ou golpeados até a morte polos traficantes, e a cifra aumentará nas próximas horas se prosegue o rexeitamento a lanzar operacións de rescate para auxiliar aos barcos que permanecen en alta mar á espera dunha costa segura onde atracar. ?Francamente, teñen poucas posibilidades de sobrevivir sen auga nin alimentos?, evalúa John Lowry, portavoz da Organización Internacional de Migracións. ?As condicións a bordo deben ser horríbeis?.
Só en 2014, estímase que case 55.000 birmanos rohingya ou bangaldeshíes tomaron estes barcos como derradeiro recurso para escapar da persecución ou da miseria, unha cifra pasada con fartura este ano: só nos tres primeiros meses, 25.000 rohingya pagaron unha fortuna para escapar.
O problema que afoga hoxe a centenares non é novo, simplemente foi ignorado até que a realidade das fosas comúns estourou na faciana dos dirixentes. Hai dúas semanas, o achado dun campo de tráfico humano na xungla tailandesa cunha trintena de fosas removía conciencias. Foron achados 26 cadáveres de inmigrantes bangladesíes ou refuxiados birmanos da comunidade rohingya, unha das máis perseguidas do mundo.
No seu país, Birmania, esta minoría musulmá (800.000 habitantantes) non ten dereitos. Nin sequera é chamada polo seu nome. ?Levan sufrindo desde hai moitos anos abusos e persecución estatal. Hai unhas 150.000 persoas en situación de apartheid e iso lévalles a embarcarse?, explica o director executivo de Fortify Rights, Matthew Smith, desde Bangkok. Os rohingya viven confinados en poboados rodeados polo Exército, sen posibilidade ningunha de traballar e xa que logo sen futuro: unha situación tan desesperada que todo aquel que pode reunir os 2.000 dólares necesarios, os paga a unha mafia de inmigración para que lle axude a escapar a Malasia, Estado musulmán veciño onde sempre hai un familiar ou amigo que, confía, lle axude a comezar unha nova vida, ou a calquera outro destino onde non sexan perseguidos. Uns 140.000 rohingya xa seguiron ese camiño desde que en 2012 a violencia relixiosa cobrase a vida de 280 persoas. En canto aos bangladeshíes, a pobreza lévalles a buscar oportunidades a calquera prezo.
Trátase dun negocio que move 250 millóns de dólares ao ano, valoran en Tailandia, e unha oportunidade de ouro para as mafias sen escrúpulos que desenvolveron unha industria intermedia, a do secuestro: tras pagar sumas astronómicas por un pasaxe nunha barcaza ilegal, sen apenas auga nin alimentos, que ás veces tarda meses en consumarse ?dependendo de si se enche ou non a barcaza e dos controis marítimos- a moitos traficantes obríganlles a parar na costa tailandesa. Alí fanlles andar a pé pola xungla coa promesa de facerlles cruzar a fronteira con Malasia a pé, pero antes deben parar en campamentos provisionais erixidos pola xungla onde son confinados, ás veces encadeados, por gardiáns armados.
Alí a auga escasea, os alimentos son case inexistentes e os abusos están á orde do día. Poden facer unha chamada telefónica aos seus familiares, durante a cal serán golpeados para engadir dramatismo: nela, pedirán aos seus seres queridos que paguen un rescate aos seus secuestradores. Outros 2.000 dólares que non todos poden recadar. No caso de non pagar ?mediante un intermediario no seu país de orixe? ás mafias, hai variantes: poden ser golpeados até a morte ou vendidos como escravos a barcos pesqueiros, no caso dos varóns, ou como escravas sexuais no caso das mulleres.
O relato de Mohammed Tasin, un mozo rohingya de 18 anos de Sittwe, no Estado de Rakhine (Arakan) resume ben esa realidade. O mozo abandonou Birmania en 2012 nun barco que levaba a un centenar de mulleres, homes e nenos. ?Arrestáronnos as autoridades tailandesas no mar?, explicaba á ONG Fortify Rights. ?Déronnos auga potábel e cortaron o ancora remolcando o barco ao oeste por un día e unha noite. Despois, deixáronnos marchar?. O barco terminou encallando nunha illa tailandesa, onde volveron ser detidos. Durante 11 meses, o grupo permaneceu arrestado nun centro de inmigrantes ilegais de Ranong. Despois, os oficiais tailandeses entregáronlles a traficantes de persoas que se levaron a Mohammad e ao resto a un campo situado no máis remoto da xungla. Entre torturas, esixíanlles 60.000 bath (uns 2.000 dólares) por persoa. O mozo describiu como asistiu ao asasinato de varios secuestrados: os traficantes obrigáronlles a cavar fosas comúns onde enterrar os seus cadáveres. ?Nas últimas semanas, 17 persoas morreron. Enterrámolos ao amencer. Ás veces, cando regresabamos ao campo, atopabamos que outro morrera?.
O negocio do secuestro de refuxiados e inmigrantes era un segredo a voces en Tailandia, como xa contamos en Xornalismo Humano, pero as autoridades negaban a súa existencia até que as imaxes das fosas e dos esfameados superviventes achados ao bordo da morte foron publicadas na prensa. Nun momento, ademais, sensíbel para as autoridades xa que o próximo mes Estados Unidos revisará o seu Informe de Tráfico de Persoas (Tailandia, que ocupa o último chanzo, intenta mellorar a súa graduación para así evitar sancións) e a UE acaba de sacar ?tarxeta amarela? ameazando con prohibir as importacións de peixe a Tailandia si Bangkok non se compromete co final da pesca ilegal e da escravitude nos barcos pesqueiros.
A maquinaria tailandesa das relacións públicas iniciouse cunha campaña ao grande, con batidas na xungla e investigacións nas localidades próximas aos campos achados. A forza de buscar xa foron achados 78 campos de traficantes, tres deles masivos ?con capacidade para manter secuestradas a un milleiro de persoas- e foron «rescatados» 213 inmigrantes e 63 vítimas de tráfico humano. Uns 80 funcionarios, cifra que inclúe alcaldes e responsábeis municipais de toda índole, foron detidos ou están en busca e captura e 67 policías foron apartados do seu cargo. As autoridades aseguran que o líder da principal rede de trata de brancos é Patchuban Angchotipan, máis coñecido como Ko Tong (Gran Irmán), antigo responsábel municipal e propietario de varios complexos hostaleiros na provincia de Satul, incluída unha illa privada preto de Malasia desde onde se sospeita que dirixía a súa rede de tráfico humano. Ko Tong está fuxido da Xustiza.
?acabamos co problema ao 50%?, se xactaba un alto cargo tailandés ante o escepticismo das ONG, que consideran a campaña unha simple estratexia propagandística para mellorar a imaxe da ditadura. A Xunta militar discute a posíbel apertura de campos de refuxiados para rohingya tras achar a 300 rohingya e bangladeshíes abandonados pola rede de traficantes, unha posibilidade que arrepía a moitas vítimas: dos 300 rescatados pola Policía tailandesa, 187 foron acusados formalmente por entrar ilegalmente no país mentres que o resto será considerado vítima de trata.
O despregue militar conxelou o paso de refuxiados e inmigrantes por Tailandia e xerou pánico entre as mafias, que están optando por abandonar a súa ?carga? en alta mar. Uns 1000 civís serían deixados á súa sorte nas costas de Langkawi, en Malasia, mentres que outros 900 foron rescatados nas costas de Aceh, en Indonesia, nos últimos días antes de que Iakarta negásese a permitir a entrada de máis barcos. As autoridades de Kuala Lumpur tamén aceptaron inicialmente a entrada de 350 refuxiados antes de pechar as súas augas territoriais, malia aos chamamentos internacionais como o do voceiro de UNCHR Adrian Edwards, que pediu aos gobernos que ?continúen as súas operacións de salvamento para atopar e lograr o desembarco seguro dos pasaxeiros, moitos dos cales están nun estado de extrema debilidade logo de días, posiblemente semanas, sen comida nin auga?. A Organización Internacional para a Migración (OIM) expresouse no mesmo sentido. ?Necesítase un esforzo rexional? Non temos capacidade para buscalos pero os Gobernos si a teñen. Eles teñen barcos e satélites..., explicaba Joe Lowry.
Chris Lewa, fundadora de Proxecto Arakan -ONG especializada na persecución da comunidade rohingya- soa conmocionada alén da liña. ?Unha das experiencias máis duras da miña carreira produciuse esta mesma tarde, cando falabamos cos ocupantes dun barco abandonado en alta mar: podíase escoitar aos nenos chorando e berrando de medo?, desesperábase. Referíase ao barco finalmente achado polos reporteiros e a Armada tailandesa ao principio do texto. ?estivemos en contacto con esa embarcación desde hai días. Tras dous meses no mar, foron abandonados hai tres días preto de Langkawi, hoxe (polo luns) viron un barco oficial de cor branca aproximarse a eles e en lugar de rescatalos, marchouse. Podía escoitar aos nenos berrando, é terríbel. Necesitamos rescates, precisamos acción. Esa xente está morrendo no medio do mar. Centos de persoas están morrendo por falta de auga e de alimentos, necesitamos que desembarquen e sexan asistidos?.
O barco foi avistado finalmente por varios reporteiros que fretaron barcas, entre eles un equipo da BBC. ?Son uns 350 rohingya e están desesperadamente famentos e sedentos?, dicía o seu corresponsal mentres a cámara enfocaba a un nutrido grupo de nenos chorosos que se levaban a man á boca pedindo comida. Un barco da Armada tailandesa tamén se aproximou: entregoulles provisións e volveu a afastarse. Sábese con certeza que cando menos outros sete cargueiros de grandes dimensións están errando polo mar.
Proxecto Arakan está seguindo varios barcos con refuxiados e inmigrantes. Un deles leva 350 pasaxeiros, a maior parte rohingya, e partiu desde a costa birmana hai dous meses. ?Os seus ocupantes xa pagaron ás mafias pero estas agora non lles poden desembarcar pola vixilancia que se impuxo en todos os países involucrados. Moitos capitáns e tripulacións decidiron fuxir para evitar arrestar, así que abandonan á xente no mar. É o caso deste barco de 350 persoas: foi abandonado polo seu capitán tres días atrás porque consideraba demasiado arriscado atracar na costa tailandesa. Os inmigrantes non saben como utilizar o motor, non saben como dirixir a barca?.
Outras mafias dos barcos optaran por converter as súas embarcacións no novo campo de secuestrados: quen non pague o rescate esixido é arroxado pola borda. Unha vez que pagaban, eran desembarcados até que o despregue militar impediu novas chegadas en Tailandia. Pero os secuestros execútanse de maneiras variadas e por diferentes axentes, non só as mafias implicadas no tráfico de persoas. En declaracións a Burma Estafes, Noor Kayas, unha refuxiada rohingya, relataba como asistiu ao secuestro do seu marido xunto a outros 12 homes cando atravesaban a fronteira de Bangladesh provenientes de Birmania: o grupo, composto por 12 mulleres, 13 homes e varios nenos permanecía acazapado na xungla para evitar ser detectados polos axentes de fronteiras cando sete homes armados con machetes apareceron e leváronse aos varóns. Nunca máis se lles volveu ver.
Agora, a campaña tailandesa para acabar cos campos de tráfico humano condena aos inmigrantes e refuxiados a morrer no mar se ninguén pon remedio, ?o cal é case peor que os campos?, avalía Lewa. ?Non podemos deixar a esa xente morrer no medio do mar?, continúa. ?Todo é un maquillaxe político. Preténdennos facer crer que combaten contra a corrupción e contra o tráfico de persoas e usan para iso aos rohingya, pero non creo que sexa unha política destinada a salvar vidas. De feito, máis xente vai morrer se non se lles permite desembarcar. Non teñen a onde ir, ningún país os quere, non poden regresar a Birmania porque non teñen documentos, porque o Goberno birmano négalles a súa documentación. Sempre saen perdendo?.
O representante especial da Organización de Cooperación Islámica para os Rohingya, Tan Sri Syed Hamid Albar, pediu á ASEAN (Asociación de Nacións do Sureste Asiático) unha acción conxunta e urxente. ?Se este problema non é afrontado por Tailandia, Indonesia, Malasia e Birmania, converterase nunha traxedia humana de dimensións catastróficas?,avaliou. Syed Hamid pediu ao réxime birmano que revalide as ?tarxetas brancas? ?tarxetas de identidade temporais emitidas á comunidade rohingya e retiradas o pasado 31 de marzo por ordes do presidente Thein Sein, deixando aos rohingya do Estado de Arakan sen papeis- para evitar que creza o éxodo. ?Se a maioría da xente opta por marchar, podemos ver unha repetición da crise das xentes do barco vietnamita?, estimaba o representante en referencia aos centos de miles de persoas que abandonaron a represión de Vietnam trala guerra, a finais dos 70 e os anos 80, a bordo de precarias embarcacións con rumbo a Malasia provocando unha crise de refuxiados que terminou afectando a todo o sureste asiático: uns 800.000 sobreviviron (levou dúas décadas reasentalos en todo o mundo) pero incontábeis persoas morreron no mar alto.
A temíbel posibilidade de que aparezan barcos cargados de cadáveres nas costas do sureste asiático está levando a organizacións internacionais como a ONU a presionar aos países concernidos. Tailandia convocou un cume rexional o vindeiro día 29 á que foron convidados, ademais de Indonesia, Bangladesh, Malasia e Birmania, Vietnam, Laos, Camboxa, Australia e Estados Unidos ademais de institucións como a OIM ou UNCHR. ?Tailandia só é un país de tránsito?, salientou o xeneral Prayuth, a cargo da Xunta militar tailandesa. ?Trátase dun movemento criminal transnacional e só nos afecta como país de tránsito, así que temos que resolver o problema coa cooperación doutros países?. ONG como Fortify Rights pediron ás autoridades de Tailandia, Indonesia e Malasia que ?abran as súas fronteiras aos refuxiados, garantan o seu acceso aos procedementos de asilo e os protexan de detencións e regresos forzados, garantindo a súa liberdade de movementos?. Matthew Smith cualifica a situación de ?grave crise humanitaria que require unha resposta de contado, porque hai vidas en xogo?. |