A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GAÑEMOS VALORA OS RESULTADOS ELECTORAIS DO 24 DE MAIO
Ante a confirmación dos resultados definitivos das eleccións municipais do 24 de maio en Vigo, na miña condición de candidato a Alcalde pola plataforma cidadá Gañemos Vigo quero salientar que respectamos a vontade popular das nosas veciñas e veciños que lle outorgaron unha clara maioría absoluta ao actual alcalde Abel Caballero. Esperamos que este novo mandato sexa o do dialogo, a transparencia e a participación cidadá. Onde se pase do formigón á creación de emprego e ao desenvolvemento de políticas sociais en beneficio da maioría social.
Gañemos Vigo conformouse en Vigo co único obxectivo de participar neste proceso electoral, a partir da utilización dun partido instrumental, rexistrado en Barcelona, que nos permitiu presentar lista propia.
Na nosa plataforma integráronse a título individual distintas persoas de moi variadas ideoloxías, as cales coincidían nunha declaración de principios e un programa moi extenso que abordaba todos os problemas de Vigo.
Sabiamos de antemán que o noso resultado electoral seria modesto xa que non contabamos con recursos económicos e que a prensa non se faría eco das nosas propostas, privilexiando aos partidos que xa tiñan representación, porén obtivemos case 2.500 votos. Estes resultados valorámolos como un gran éxito electoral aínda que non foron suficientes para obter un representante.
Gañemos ata o último momento apostou por unha alianza coa Marea de Vigo, mantendo varias entrevistas con ese fin. Lamentablemente a dirección da Marea (controlada por Esquerda Unida e ANOVA) preferiron concorrer coa súa propia marca.
Esta decisión errónea determinou que a exitosa experiencia de Marea Atlántica, Compostela Aberta ou Ferrol en Común, na Coruña, Santiago e Ferrol respectivamente, non se repetise na nosa cidade.
Como balance xeral destes resultados hai que subliñar que os mais castigados pola cidadanía viguesa foron o Partido Popular que perde 6 edís e o BNG que queda fóra da corporación, ambos os dous por axudar a consolidar o poder faraónico de Abel Caballero. Lamentamos que o candidato polo BNG, Serafín Otero, cunha impecable traxectoria sindical, non conseguise un acta de concelleiro.
Gañemos Vigo, que xa cumpriu o seu papel, deixa paso a un novo ciclo no que cada un dos integrantes da devandita candidatura recuperan as súas anteriores actividades políticas, sociais ou culturais. No meu caso retomarei a miña responsabilidade á fronte do partido A ESQUERDA.
Agora o noso papel será ser preparar a oposición a Caballero e organizar a todos aqueles que queren un Vigo distinto. Apoiaremos as medidas positivas do goberno e seremos contundentes cando se trate de medidas que atenten contras interéseos dos veciños e veciñas de Vigo.
Apoiaremos as reivindicacións veciñais e dos sectores afectados pola crise. Asemade alentaremos a construción de ferramentas políticas que favorezan o cambio político tanto en Vigo como en Galicia e no resto do estado español.
En relación á Marea de Vigo apoiaremos, desde a nosa autonomía, o labor de oposición dos seus tres representantes no Concello.
Consideramos, como dicía o noso lema, que si se pode. Por iso traballaremos para que en novembro poidamos derrotar as políticas neoliberais, acabar coa corrupción, o enchufismo, nepotismo e a falta de futuro. Para iso debemos erixir unha gran fronte ampla de unidade popular para garantir ese cambio tan necesario.

Lois Pérez Leira
Candidato de Gañemos Vigo e Portavoz da ESQUERDA
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2015 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal