A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Resumo do Acto de Presentación do Programa Electoral de Gañemos Vigo
GAÑEMOS VIGO
Hoxe 15 de maio, Lois Pérez Leira e varios membros da candidatura presentaron no Hotel Junquera o programa de goberno de Gañemos Vigo.
Jamaris Llanes explicou que “Gañemos naceu cun horizonte concreto: desaloxar á casta do Concello de Vigo e da Deputación Provincial. Nacemos para «gañar». Gañar é poder gobernar o Concello de Vigo, é dotar ás clases populares viguesas de mecanismos para o autogoberno, á vez que se desaloxa do poder ás elites corruptas e ás clases dominantes desmantelando as súas estruturas de dominación en Vigo”.
Tamén dixo que “desde Gañemos Vigo queremos garantir a participación das viguesas e vigueses na renovación de Vigo”.
Pola súa parte Leonardo F. Goberna afirmou que “queremos máis participación e novas experiencias como uns orzamentos participativos onde os propios veciños e veciñas poidan decidir sobre o destino dunha parte substancial dos gastos municipais”.
Nunha intervención moi vehemente subliñou a importancia que para Gañemos Vigo ten “o tema da participación cidadá” e terminou poñendo especial énfase “na democracia participativa como sistema para conseguir unha cidade máis xusta e onde os cidadáns e cidadás de Vigo síntanse realmente representados”.
Finalmente Lois Pérez Leira explicou as diferentes propostas incluídas no programa de Gañemos Vigo como:
“1) Como conseguir un Concello máis habitable, a medida das necesidades humanas e que respecte a ecoloxía e un modelo de desenvolvemento sostible.
2) Fomentar unha política laboral e de emprego que impulse o que todas as persoas do municipio poidan chegar a ter acceso a un traballo remunerado, cun salario adecuado e unha contratación estable.
3) Deseñar políticas de igualdade que favorezan un concello que sexa modelo neste sentido.
4) Todas as persoas han de ter acceso aos bens e servizos básicos de vivenda, saúde, educación e seguridade.
5) O concello ha de coidar especialmente aos mozos a través dunha filosofía de "todo para os mozos, pero cos mozos", contando coa súa participación activa e decidida.
6) É posible outro tipo de xestión municipal que destine menos presupostos municipais a soldos de alcalde e concelleiros ou a publicidade e máis a gastos sociais e ao servizo da cidadanía. Acabaremos co malgaste, o nepotismo e a corrupción
7) Asumir desde o Concello a responsabilidade que o Norte desenvolvido ten ante a miseria de moitos países do Sur impulsando a solidariedade e a cooperación da cidadanía”.
E terminou a presentación dicindo que “son falsos ese inimigos exteriores que inventou Caballero. Non é certo que A Coruña ou Santiago sexan inimigos de Vigo. A ameaza non está fóra de Vigo, senón dentro...estou pensando nas elites y clases dominantes que esmagaron a nosa economía e as nosas finanzas. Os nosos inimigos reais son xente como Fernandez Gayoso, Fernandez de Sousa, García Costas e outras moitos golfos que afundiron a nosa economía e deron apoio a políticos mesquiños que converteron o Concello nunha axencia de colocación de familiares, amigos e achegados”. E por último engadiu que “Gañemos vai desaloxar do Concello a esta casta de políticos indecentes”.
Entregouse un documento, de máis de 60 páxinas, aos xornalistas presentes co Programa Completo de Gañemos Vigo.
Vigo, 15 de maio de 2015
Secretaria de Comunicación de Gañemos Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-05-2015 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal