A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

GAÑEMOS VIGO E A ÁREA METROPOLITANA: Colaboración en capital humano e tecnoloxía
COMPROMISO CO CRECEMENTO ECONÓMICO E CO EMPREGO, AÍNDA QUE DISTANCIÁNDOSE DA ESTRATEXIA “EUROPA 2020”. GAÑEMOS DEFENDE UN ÁREA METROPOLITANA DE VIGO COMO MOTOR, XUNTO A OPORTO, DO CRECEMENTO DA EUROREXIÓN GALICIA - NORTE DE PORTUGAL

A área Metropolitana de Vigo é, pola súa dimensión demográfica mais tamén polas funcións que desempeña e polas súas grandes infraestruturas de accesibilidade e conectividade internacional, unha área metropolitana de dimensión europea, á altura desa dimensión, coa área Metropolitana de Madrid ou Barcelona. Máis aló diso, a área Metropolitana de Vigo é o centro de toda unha rexión “a Rexión Galicia-Norte de Portugal” e, en particular, dun arco que integra a conurbación poli-céntrica urbana do litoral Norte da península ibérica, nun radio de preto de 300 kms en torno ás cidades de Vigo e Oporto.
Os datos aprobados polo INE en 2012 referíanse a unha poboación de 481.268 habitantes, dos que uns 297.355 habitantes viven en Vigo, o que significa o 61,79% do total da poboación do 'Gran Vigo´. A área de influencia é moito maior.
A comarca de Vigo é ampla e rica. O núcleo, a cidade de Vigo, xunto cos municipios adxacentes teñen un alto grado de integración económica e social.
A aprobación definitiva do Área Metropolitana de Vigo produciuse o 10 de abril de 2012, mediante unha lei autonómica, que no seu artigo 2, delimita o seu ámbito territorial aos seguintes municipios: Vigo, Cangas do Morrazo, Moaña, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, Porriño, Salceda e Salvaterra de Miño.

Oficialmente defínese como unha Entidade Local Supramunicipal, de carácter territorial, integrada polos municipios de Vigo e os da súa área de influencia, entre os cales existe unha vinculación económica e social que fai necesarias a planificación conxunta e a coordinación de determinados servizos e obras, para garantir a súa prestación integral e adecuada no ámbito de todo o territorio así como alcanzar a eficacia dos investimentos públicos.
Este arco rexional concentra unha cuantiosa poboación e esténdese por un espazo de crecente cooperación e interdependencia coa veciña Portugal. A área Metropolitana de Vigo e a rexión envolvente, «Vigo e o Norte de Portugal», foi sempre o principal espazo de internacionalización da economía galega e un dos motores da competitividade de Vigo.
Vigo, cunha economía centrada en sectores expostos á competencia internacional, debe acometer un inevitable cambio estrutural. Logo dun prolongado período de perda de competitividade, subsecuente ao novo encadramento xerado pola liberalización do comercio internacional e pola entrada de Galicia na Unión Monetaria, xurdiron, nos últimos anos, algúns sinais positivos en canto ao reposicionamento competitivo da rexión norte, aínda que a crise financeira internacional iniciada en 2008 e as súas repercusións en Galicia interrompan ou teñan escurecido eses sinais de cambio estrutural.
As apostas na ciencia e na tecnoloxía, na cultura e na creatividade, na modernización dos sectores exportadores e na cualificación dos vigueses foron proseguidas cunha falta de consistencia e escasa perseveranza polos políticos irresponsables que descoidaron as súas obrigacións en relación ás políticas de crecemento e creación de emprego (máis emprego e emprego de máis calidade) na área Metropolitana de Vigo. Ao contrario, o actual Goberno de Abel Caballero, cunha política enfocada exclusivamente ao gasto en beirarrúas e formigón, desprovista de preocupacións en cuestión de crecemento, está levando á cidade cara a unha espiral recesiva que destrúe empresas viables e xera niveis impensables de desemprego. O actual Goberno do PSOE vigués non ten unha visión para a competitividade da cidade, oscilando o seu discurso entre o urbanismo ornamental e a depreciación do dinamismo industria e comercial da cidade.
Abel Caballero non elixiu a senda do crecemento económico e a creación de emprego como prioridade.
Gañemos Vigo afirma que é necesaria unha política competitiva que se asente no coñecemento, no capital humano, na investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (I + D + i), nas cualificacións e na valorización dos activos da rexión Galicia- Norte de Portugal. De feito, a visión de Gañemos Vigo nesta materia oponse, en moitos aspectos, á estratexia “Europa 2020” lanzada pola Comisión Europea. Porén Gañemos Vigo identifica tres dimensións en prol do crecemento e o emprego na Euro Rexión “crecemento intelixente” (desenvolvendo unha economía baseada no coñecemento e na innovación tecnolóxica); “crecemento sustentable” (promovendo unha economía de baixo carbono, en termos de recursos e competitiva) e “crecemento inclusivo” (desenvolvendo unha economía con altas taxas de emprego, que asegure a cohesión social e territorial, o aumento das cualificacións e a loita contra a pobreza). Estas tres dimensións da estratexia que deseñou Gañemos Vigo serán proseguidas a través dun conxunto de “iniciativas programáticas” nos temas da Innovación, Educación e Sociedade Dixital; Clima, Enerxía e Mobilidade e Competitividade; Emprego, educación e Loita contra a Pobreza.
Gañemos opina que hai que acelerar a transformación da economía europea no seu conxunto, incrementar os seus índices de sustentabilidade e progresar nos dominios sociais, con ganancias de emprego e cohesión territorial.
Gañemos Vigo cre que resulta cada vez máis claro que a Educación é un área que merece apoio e impulso coordinado. O concello de Vigo debe desempeñar un papel moi importante na Educación, na Formación e no capital humano.
Eses deben ser os dous eixos centrais da área metropolitana, a colaboración en capital humano e tecnoloxía.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-05-2015 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal