A VOZ DA ESQUERDA


Voceiro de N.E.G.
(NOVA ESQUERDA GALEGA)
Nova Esquerda Galega (NEG) é unha organización que se define como alternativa, socialista, ecoloxista, galeguista, confederal, internacionalista, feminista, altermundista e que se esforza por impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas e a natureza. As mulleres e os homes de Nova Esquerda Galega (NEG) organizámonos politicamente para levar adiante a transformación revolucionaria da sociedade. Nova Esquerda Galega (NEG) procura a construción do socialismo sen renunciar a unha democracia avanzada e participativa, autoxestionaria, libre de explotación, alienación e opresión, onde todo o mundo poida participar dun xeito democrático e autónomo na elección dun novo futuro colectivo.

PULSA SOBRE A BANDEIRA DE NEG PARA SABER MÁIS SOBRE NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG)


O meu perfil
aesquerdavigo@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Colectivo de mulleres de Nova Esquerda Galega apoia as mobilizacións do 8 de marzo, día das mulleres.
Colectivo de Mulleres de Nova Esquerda Galega (NEG)
O Colectivo de mulleres de Nova Esquerda Galega apoia as mobilizacións do 8 de marzo, día das mulleres.


Para o colectivo de mulleres de NOVA ESQUERDA GALEGA, o vindeiro sábado 8 de marzo non é só o Día Internacional da Muller, senón tamén unha data indicada para impulsar a unidade de acción de todas as mulleres que desexamos superar a sociedade machista e patriarcal e mesmo superar o propio sistema capitalista que nos oprime a nosoutras e ao conxunto da humanidade.
O 8 de marzo é unha xornada para reivindicar a igualdade, para denunciar o machismo, para pelexar contra a opresión de xénero, para combater a violencia machista e para facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade capitalista. Para as mulleres de Nova Esquerda Galega (NEG) é moito máis que unha celebración litúrxica, unha cerimonia retórica, senón que se trata unha efeméride reivindicativa e un día de loita feminista e antipatriarcal, que debería estenderse ao resto de días do ano.

Esa data é recoñecida en moitos países e tradicionalmente miles de mulleres de todo o mundo, pero tamén milleiros de colectivos feministas, grupos de mozas novas e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparamos manifestacións para reivindicar unha transformación radical da sociedade patriarcal e a conquista definitiva do papel que as mulleres debemos xogar na sociedade, pero tamén unha data para compartir, xunto ás nosas compañeiras, as nosas inquedanzas e os nosos ideais feministas, e para conseguir atraer a outras mulleres á nosa loita pola superación do patriarcado e a eliminación definitiva da ideoloxía machista.

O vindeiro 8 de marzo de 2014, igual que o 25 de marzo de 1911, loitaremos contra a explotación feminina, contra a opresión de miles de mulleres nas fábricas e fóra delas. Nunca esqueceremos a morte daquelas 146 obreiras, a maioría inmigrantes italianas e xudías, naquela fábrica téxtil de Nova York, a Triangle Shirt Waist Company, que foron salvaxemente reprimidas polos corpos policiais norteamericanos. Aquela fatídica xornada, varias patrullas de policías –nun intento de desaloxar ás traballadoras, mediante o uso de bombas incendiarias, tras declararse en folga e ocupar a fábrica para denunciar as pésimas condicións de traballo e de seguridade– provocaron unha verdadeira masacre. Este acontecemento tivo grandes repercusións na lexislación laboral dos Estados Unidos, e nas celebracións posteriores do Día Internacional da Muller.

Para as mulleres de NOVA ESQUERDA GALEGA (NEG) o 8 de marzo é cada vez máis unha ocasión para reflexionar sobre os avances conseguidos, esixir cambios profundos e radicais da sociedade actual, nas nosas condicións de vida, na nosa situación laboral, nos nosos de dereitos sexuais e reproductivos, e en definitiva na conquista definitiva da nosa liberación e a conseguinte destrución do capitalismo, da superación da ideoloxía machista, e a abolición do patriarcado que nos oprime e asasina. Por todo o exposto o Colectivo de mulleres de Nova Esquerda Galega apoia a manifestación que terá lugar o vindeiro 8 de marzo ás 20:00 horas dende a Praza de Portugal baixo ou lema: O NOSO CORPO OS NOSO DEREITOS.

Acude e participa connosco na manifestación!
Vigo, 4 de marzo de 2014
Secretariado Nacional do Colectivo de Mulleres de Nova Esquerda Galega
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-03-2014 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal