|
|
|
|
| Começamos o Voluntariado pola Língua |
|
Queres aprender galego?
Gostaria-che ajudar a outros a mergulhar-se na nossa língua e cultura?
Pois esta é a tua oportunidade.
Desde AUGA iniciamos o Voluntariado pola Lingua, unha actividade para ensinar e aprender galego
dun jeito cómodo e divertido. E de graça!
Eres de fora e queres aprender galego. Eres galego mas nom te atreves a dar os teus primeiros passos na língua. Dá igual que sejas estudante ou trabalhador, homem ou mulher. Buscaremos-che umha parelha que te poda ajudar. Desde este momento eres voluntári@ do tipo A.
Eres galego-falante e gostaria-che ajudar a outra gente a mergulhar-se no galego. Envia-nos umha ficha cos teus dados, número de telefone e disponibilidade e irás a caixa dos Voluntários de Tipo B, e enquanto alguém o precisse avisaremos-te.
Pom-te em contacto com nos, envia-nos os teus dados (nome, correio, telefone, disponibilidade ...) ou comenta-nos calquer dúvida que tenhas. O único que necesitas e ganas e um mínimo dumha hora a semana para o teu companheir@ de voluntariado.
Atedemos-te no endereço auga.gz@gmail.com
|
|
|
|
|
| Adessom aos manifestos da AGAL e da MESA |
|
A Assembleia Univesitária polo Galego acordou apoiar e aderir aos manifesto da MESA e da AGAL e parabeniza-los polo seu compromiso em defesa dos direitos dos galegos e galegas.
A continuaçom disponibilizamos ambos manifestos.
Manifesto da AGAL
A Associaçom Galega da Língua, com motivo da celebraçom do Dia das Letras, convoca todos os galegos e galegas a manifestarem-se o próximo 18 de Maio às 12 horas na Alameda de Compostela, em defesa da Língua da Galiza, que identifica o nosso Povo, e convida a fazê-lo de modo firme e cívico polos nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos de acordo com as seguintes considerações:
1.- Denunciar as políticas de substituiçom lingüística que levamos sofrendo durante os últimos 25 anos, disfarçadas de falsa normalizaçom lingüística.
2.- Exigir o reconhecimento da condiçom internacional da nossa Língua, que com a variedade própria das línguas internacionais é falada por centos de milhões de pessoas no mundo, quer como língua nativa, como é o caso dos galegos, quer como língua oficial de oito Estados, ou como língua cada vez mais estudada em todo o mundo polas vantagens das línguas internacionais.
3.- Denunciar as autoridades e administrações públicas que, em vez de garantirem os direitos lingüísticos e democráticos do Povo galego, discriminam e perseguem aqueles que nom aceitam a deriva de substituiçom lingüística e dialectizaçom castelhanizadora do Galego que o torna desnecessário no seu próprio País.
4.- Apoiar a iniciativa aprovada no Parlamento por unanimidade reclamando a recepçom das rádios e televisões portuguesas na Galiza, que pedimos que se efective desde já e que nom fique numha simples declaraçom sem vontade real de a levar a cabo.
5.- Denunciar também os grupos extremistas que, protegidos por certos sectores políticos, atacam o direito e a liberdade de vivermos na Galiza em galego.
6.- Finalmente, apelamos a toda a sociedade para exigir umha mudança das políticas que tornam a Língua desnecessária e dialectal, como forma de impor o uso do castelhano, por políticas que garantam os nossos direitos lingüísticos individuais e colectivos, assegurando que o Galego continue a ser a língua própria dos galegos e galegas, e umha língua extensa e útil.
Manifesto da MESA:
POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO
As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional “Polo dereito a vivirmos en galego” este 18 de maio de 2008, declaramos:
1. Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como “a lingua propia” do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.
2. Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.
3. Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.
4. Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.
|
|
|
|
|
| O Foro da Mocidade de Vigo convoca manifestación a prol do cumprimento do Decreto do Galego do Ensino |
|
A Asemblea Universitaria polo Galego quere facerse eco da convocatoria de manisfestación do Foro da Mocidade de Vigo en defensa do cumprimento do Decreto 124/2007 que entre outros aspectos inclue a medida de que un mínimo do 50% das materias de cada curso de ensino primario, ensino medio e a formación profesional sexan leccionadas en galego.
Para favorecer o coñecimento desta convocatoria reproducimos a continuación o manifesto do Foro da Mocidade de Vigo integramente.
Manifesto por un ensino galego
Na Galiza existe un conflicto lingüístico que ven xa de longo, dende a colonización dos Reis Católicos. Van xa 600 de imposición do Español sobre o Galego. Todo comeza coa substitución da clase dominante autóctona por unha foranea española. Coa cheda dos Bourbons é cando o sistema centralista do estado máis se agudiza. Neste momento é cando se decide que o idioma español será a lingua oficial de todo estado provocando a morte doce e paseniña das linguas e culturas que abarca o imperio. Perante a dictadura fascista do Xeneral Franco, sempre co apoio da igrexa católica, o diioma galego desaparece da vida pública substituída en tódolos ámbitos polo español, ficando relegado ao ámbito popular.
Despois da “transición democrática” apróbase no ano 1983 a Lei de Normalización Lingüística recoñecendo que o galego é lingua oficial da Comunidade Autónoma Galega. O decreto 247/1995 que adaptou a Lei de Normalización Lingüística á LOGSE, establecendo unha porcentaxe de materias a dar obrigatoriamente en galego, nunca se cumpriu pola falta de interese da Xunta. No ano 2006 apróbase a lei orgánica de educación co conseguinte decreto 124/2007 que desenvolve a Lei de Normalización do 83 en base á nova lei orgánica de educación. Este novo decreto aumenta a porcentaxe de clases leccionadas en galego mais na prática é tan inútil como a anterior polo seu incumprimento.
Dende o Foro da Mocidade de Vigo esiximos o cumprimento do decreto 124/2007, así como a normalización en tódolos ámbitos, do galego, co obxectivo de atinxir un emprego pleno do noso idioma.
Para o Foro da Mocidade de Vigo, a verdadeira normalización é camiñar cara o monolingüismo galego no ensino e na sociedade xeral. Para nós o bilingüismo é apenas unha ferramenta do Estado Español, para impor como até o de agora o españolismo sobre a nosa cultura.
Dende o Foro da Mocidade d eVigo, animámoste a que participes desta xornada de protesto, acudindo á manifestación que se vai celebra o día 24 de Abril ás 12:00 na Praza dos Cabalos.
ENSINO GALEGO, XA!!
O 24 tod@s á rúa!!
Foro da Mocidade de Vigo
forodamocidadedevigo@hotmail.com
|
|
|
|
|
| Reivindicamos umha Universidade em Galego |
|
O passado dia 3 de Abril figemos a nossa primeira actividade pública. Realizamos e colgamos tres faixas em pontos estratégicos da Praza Miralles do Campus de Vigo da Universidade de Vigo.
As faixas reivindicavam umha maior presença do galego nas aulas com as seguinte legendas.
"Unha Universidade em Galego"
"Queremos estudar en Galego"
"Aulas en galego, por que non"
Podedes ver algumhas fotografias das faixas na galeria.
Com a maior brevidade anunciaremos as próximas actividades da AUGA, Assembleia Universitária polo Galego.
|
|
|
|
|
| Quen somos? |
|
A Asemblea Universitaria polo Galego formámola estudantes universitarios galegos que decidimos participar activamente na defensa, promoción e normalización da nosa lingua, o galego.
En AUGA defendemos un sistema universitario galego en galego, no que podamos realizar boa parte da nosa actividade académica en galego, así como noutras linguas e non case exclusivamente en español, como acontece.
A imaxe das universidades galegas cara o exterior é de que a súa lingua propia é o galego, pero a realidade é que cousas tan simples coma os apuntamentos e os exames até cuestións máis profundas como as publicacións das universidades galegas son maioritariamente en español, en detrimento das outras linguas, especialmente o galego.
Por iso, os que formamos AUGA decidimos tomar a iniciativa e facer o que poidamos para cambiar a situación e convidamos a todo o estudantado galego que comparta a nosa visión a que se una a nos e que participa nas nosas actividades. |
|
|
|
|
|
|
|
|