Sí xa pensabades que me meteran na cadea polo último escrito desta páxina. Non, polo de agora non.
Simplesmente á empresa para a que traballo lle deu por que tiña que desenferruxar o meu inglés e mandaronme para o medio da puñetera campiña inglesa poucos días despois de escribir o texto anterior.
Pero , xa vos contarei a aventura . Agora o que importa é que me vou unhas cuantas semáns e ó voltar, que me atopo?
Pois que pecharon Vieiros e Chuza!!!
Joeeer, que pasou aquí na miña ausencia?
Unha explicación queroooo!!
Mentres que ven, ou non ;vou a ver se poño en orde as miñas notiñas da aventura inglesa e deseguido póñote ó corrente.
Estate atento, porque non sabes nen o día nen a hora...pecadoooor!! torpeeedooo!!
P.S.
Perdón ,non puiden evitalo. Só lembar a Salomé (unha compañeira) e a min chiquiteando no medio dunha tranquila e aburrida vila no medio da campiña... |