Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O casamento (1)
Imos facer un pequeno paréntese nestas crónicas mariñas e vouvos facer unha confesión.
Sí,amighiños, odio os casamentos. E moitos de vos tamén, seino. Mais desafortunadamente non podemos dicirllelo ós noivos. Por iso imos aló e finximos que estamos disfrutando, mentres pasamos todo o tempo pensando unha desculpa para irmonos á menor ocasión.
A pesar de todo, tamén sei que existen persoas que adoran os casamentos. Cómo é posible???.
Quero que eses seres extranos entendan as miñas razóns e que se convirtan á miña causa. Tal vez se foramos moitos sería posible, para sempre , dar fin para sempre a eses actos luctuosos antesala do divorcio.
En fin,imos co primeiro ponto:
A invitación.
Non entendo por que os noivos non escriben na tarxeta as tendas onde teñen a lista. Eles saben que mandarnos unha invitación de casamento é o mesmo que recibir unha paralela de facenda sen indicarnos a conta onde debemos facer o ingreso.
Na invitación só dicen que teñen moito placer en invitarnos…, ben, eles non, os seus pais; ós que moitas veces nen coñecemos. Escriben o día e a hora e nada máis.
Isto obríganos a telefonearlles e ter a conversa habitual nestes casos:
-“Entón, finalmente é desta?
-“Moi ben”
-“E para onde ides de lúa de mel?
-“Que lonxe!!”
-“Estás nervoso?”
-“Non esteas oh, non vale a pena?
Todo isto para chegar a preguntar onde carallo está a lista de casamento!
Ou sexa: Temos que telefonear para preguntarmos onde queren que gastemos o noso diñeiro, para darlles o presente que eles queren, só porque non quixeron escribir na invitación o nome da tenda onde podemos compralo!!
Éche o mesmo que ser obrigado a pagar unha multa de radar, e ter que telefonear a Tráfico para saber onde debo pagala, e ainda por riba ter que mostrar entusiasmo pola saúde dos señores axentes e dos seus.
(continuará)
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-08-2006 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal