Unha parte dos meus colegas optaron por sair do burato canto antes. Buscaron parella rápidamente , e algún ata se foi a vivir con ellas. Algún ata xa está encargando novos fillos para empezar o ciclo unha vez máis. A este grupo decidimos chamalos: O dos casados crónicos.
Durante a conversa, os casados crónicos son os que máis falan de mulleres e das partes das mulleres; e do que farían con esas partes ou cas mulleres enteiras. Poden pasar horas ventilando os seus desexos coa paixón dun adolescente. Non, non son sátiros, todo o contrario. Tiveron sexo con tan poucas persoas que sempre están imaxinándose a todas as demáis. Os casados crónicos precisan unha parella todo o tempo , para poder albergar fantasías. O que queren non é sexo, senon literatura.
A categoría oposta é a dos do ?segundo debut?. Estes sí que lograron con éxito regresar no tempo. Como nos vellos tempos, desfrutan dunha sexualidade alegre e recuperaron a súa alerxia ó compromiso. Só queren encontros dunha noite.
Evitan calqueira conversa persoal. E baixo nengún concepto establecen unha relación emocional. Se sospeitan que se están namorando, fuxen.
O problema dos do ?segundo debut? é que pola súa actitude , están condeados a ter parellas bastante menores que eles. Acostuman a encontrarse metidos en festas de vinteaneiros que usan drogas descoñecidas para eles. Asisten a festivais veranegos onde durmen en tendas de campaña e se emborcan na lama tratando de disimular as súas dores musculares. E a súa única certeza é que eses inconvintes ? só irán a peor.
A terceira categoría de divorciados é a dos ?exploradores?.
Son os máis numerosos. Os exploradores aventúranse na xungla da súa solteiría coa precaución dun venado nunha festa de leóns. Rastrean á parella perfecta con métodos case científicos: Entran en páxinas de contactos e desenvolven todo tipo de filtros para seleccionar ás súas presas. Asisten a todas as citas a cegas e ceas de amigos que lles presentan mulleres. Pero agora teñen algo que non tiñan antes: Un pasado. E eso fainos máis selectivos, e frecuentemente, deixaos máis insatisfeitos que cando eran solteiros.
Os nosos colegas divorciados sairon sen defensas a un mundo inesperado, no que é máis doado conquerir sexo que conquerir conversación. Algúns resolveno mellor que outros; pero con cada matrimonio que cae, os que seguen casados fano? non só por amor, senon por medo. |