Nada máis vérmonos os percorridos e as instruccións de regata quedounos claro que esta edición da Rías Altas ía ser descafeinada. Porno non, mais leín en algures que se algo leva a palabra ?porno? ten máis audiencia... así que ...
Ben, de todas as etapas tradicionais desta proba, só deixaron nesta edición a subida a Cedeira; o resto despacháronno cuns paseiños pola Ría de Ares e a da Coruña. Podes creelo?
Supoño que neste plantexamento pesou moito a dichosa crise e a decisión de detraer parte do presuposto da proba para financiar a asistencia de equipos punteiros como o ?Vizcaia-Maitena? ou o ?Deputación de Ourense? (un rapidísimo Farr 45 e un First 40 respectivamente).
Dentro da nosa categoría tíñamos como rivais directos os dous Farr da Armada: o ?Mirfak? e o ?Etea? ;e,por suposto, o ?Vizcaia?. Contodo só nos deron a lata nas dúas etapas interiores da Ría de Ares , polo demáis todas elas caprichosas no tocante ó vento con seguidos roles e unha intensidade que en nengún caso superou os 19 nós.
Así as cousas encarábamos a penúltima etapa (a subida a Cedeira) con certa tranquilidade e confiados na nosa capacidade para mantelos na popa.
A saída , que estaba prevista na altura do dique do Porto de Ares , tivo que ir movéndose cara a bocana da Ría por mor da case total ausencia de vento , que se palíou un chisquiño cos 8 nós que tivemos á hora do bocinazo de partida.
En estas condicións de vento, que se ían manter ó longo da xornada, os verdadeiros beneficiados eran os máis lixeiros, esto é: os dous Farr e o ?Ourense? que en boa lóxica optaron por un bordo pegado a terra a fin de aproveitar os ventos terrais que nesta época do ano suelen ser habituais nesta zona.
Nos necesitábamos máis presión e o noso táctico decidíu que nos viría ben un bordo ó NW ,para ,a altura da boia de recalada en Cedeira, virar cara ó E e entrar con potencia na Ría recuperando así o terreo perdido no bordo de fora.
Por si acaso, un de nos non deixaba de lado os prismáticos e de cando en vez ía tomando marcacións do grupiño de terra , non fora a ser o demo...
Neste grupo mandaba claramente o ?Vizcaia?, seguido do ?Ourense? e remontando con autoridade o ?Riás?. Un pouco máis descolgados inexplicablemente, os dous da Armada: O ?Mirfak? e o ?Etea?.
As previsións do táctico non ían descamiñadas e efectivamente había presión de vento afora... mais non abondo como para darmonos unha ventaxa suficiente.
Cando xa debíamos ter a boia de recalada ó noso través abrimos rumbo e velas para baixar na súa demanda. Tíñamos a esperanza que ese pouco máis de presión e a nosa propia inercia xeneraría o suficiente vento aparente para dàrmonos ese empuxe que necesitabamos e non permitir que o ?Vizcaia? nos adiantase na virada.
No grupo de terra só unha posición seguía inalterada: a do primeiro. Por detrás turnábanse o Riás e o ?Ourense? na segunda e na terceira posición.
As noticias que nos daba o noso vixía do grupo de terra non eran nada alentadoras. Pouco a pouco íamos vendo como aceleraban sen cesar mentres que nos estabamos metidos nun sinfín de roles que non acababan de poñer claro o rumbo que debíamos seguir mentres non deixábamos de trimar todo o trapo en aras de non perder nen unha brizna do ,cada vez máis escaso, vento.
Mentres O ?Vizcaia?, o ?Ourense? e o ?Riás? viraban xa a boia de recalada e enfilaban a bocana da Ría de Cedeira cara a meta colocada na punta do dique e a baliza das Pedras de Media Mar que sinala uns perigosos baixos cara ó SW.
Nos veíamos como se escapaba a victoria ;cando o noso táctico indica que parece haber máis presión xusto no lado SW da líña de meta. Loitaríamos ata o bocinazo final, estaba claro para todos.
O patrón consulta co navegante sobre a posibilidade de pegarse á baliza, a pesares dos baixos, co fin de aproveitar esa creciente presión para recuperar parte do terreo perdido e loitar ata o fin por unha victoria ?in extremis?.
Xa non houbo necesidade de agardar a resposta. Estabamos abrindo rumbo cara a baliza e notabamos o acelerón. Ainda había posibilidades... |