Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A sopiña dos 90dB. (I)



Hai dous fin de semán, aproveitando o parón náutico para sacar o barco a terra e proceder á limpeza de fondos e de casco, quedei con Antonio e Carmen para baixar a Porto á Festa da Vendimia.

Argallamos un hotel na Avenida dos Aliados ben pertiño do Pazo da Cámara Municipal e arrumbámonos para aló o venres á tarde.

A idea era facer noite alí e ó día seguinte pillar o tren da vendimia que nos levaría Douro arriba ata Peso de Régua.

Ás dúas e media xa estaba eu diante do cuartel de bombeiros da Grela na Coruña (onde curra Antonio) para deixar alí o meu coche e iniciar viaxe no de él. De camiño colleríamos a Carmen na empresa onde traballaba e xa rumbo Sur con idea de cear en Porto.

Paramos en Caminha para picar algo e ó Porto chegamos sobrados de tempo. Houbo que dar unhas voltiñas para atopar onde deixar o coche e ó final optamos polo aparcamento que hai ben perto do Estadio do Dragão xunto á Estación de Campanhá. Dende alí en metro ata o intercambiador de Trinidade e ó hotel a tomar posesión dos cuartos.

Xa era noite e propuxen cear fora dos circuitos turísticos da cidade, esto é: Fuxir da consabida Ribeira; e optar por un restaurante do que tiña moi boas referencias, ?O Marinheiro?. Como dos tres, eu era o mellor coñecedor do país, non houbo moito que falar. Ademáis podíamos ir a pé posto que o Tunel de Ceuta (onde estaba ?O Marinheiro?) non distaba moito do hotel.

A experiencia foi óptima. Boa cea, e unha moi boa recomendación da camareira para o viño. Non, non che é un restaurante de luxo; pero a calidade das viandas e a variedade da carta de viños, así como o axustado do prezo faino altamente recomendable. E mira que para conformar a Antonio é difícil; pero ficou encantado. Logo, como querían tomar algun dixestivo encamiñamonos cara o Majestic. Era tarde e xa estaba pechado, por tanto optei pola opción máis moderna. Sí, acertaches, subimos ó piso onde está o ?Maos Hábitos? e alí na súa terraciña disfrutamos duns dixestivos ben preparadiños ca cidade ós pés.

A noite rematou cedo. Ó día seguinte tiñamos que estar na Estación de São Bento antes das oito e media e cumpría ir durmir.
Comentarios (18) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-10-2014 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
Próximamente nas súas pantallas
Dos productores de:

"Prestige". "Ah, la culpa fue del barco."

"Traxedia ferroviaria de Santiago D.C. "Ah, la culpa fue del maquinista."

Estrea mundial de:

"Ébola". "Ah, la culpa fue de la enfermera".
Comentarios (7) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2014 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0