Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A paz, o bedel e a galiña de curral
Xa levamos varios días sen contacto; pero non me resisto a contarche o que me pasou onte pola noite.
Verás, chamoume Francisco, sí oh, seguro que o coñeces. É profe nun centro de ensino das aforas da Coruña e como tal tiñan que celebrar onte algo así como o Día da Paz mundial.
Total que o probe Francisco estaba desesperado. Cando me chamou onte pola tarde o home non podía máis; dime:? Oe, necesito falar con alguén normal. Tes algo que facer?? ...
En fin, deixemos o de que eu son normal, de todos os que me coñecen é sabido que se algo non son é normal; pero bueno, o probe home non estaba para disquisicións metafísicas.
Quedamos para cear.
A cea moi ben, acabamos poñendonos finos nun deses sitios de ensaladas, perto da cidade. Eu non quería alongar moito a noite porque ó día seguinte tiña que currar; pero as cousas torcéronse.
Francisco necesitaba falar, e falou, anda que si falou:

No centro onde él traballa tiñan previsto celebrar o rollo ese da paz mundial (ou algo así) cunha solta de pombas brancas e duns globos.
Ata aquí todo, máis ou menos normal e previsible; pero as cousas non ían ser tan fáciles.
Xa estaba todo listo para a hora de comenzo do acto cando chegaron á xaula onde debían estar as pombas, e digo debían estar, porque alí xa non había nada. Algunha man misteriosas con ánimo xusticieiro deu liberdade ás pombas antes do debido; pero eso non ía a ser todo para a celebración do día da paz.
Os globos que xa se hincharan o día anterior non aparecían por ningures.
Parece ser que a encargada dos globos os deixara a tarde anterior nunha sala do centro nunha rede e xa listos para seren soltados.
No seu lugar o vacío... bueno, vacío non ; alí había un trozo de gominola e un coche de xoguete ben coñecido para Francisco.
O tempo corría e era necesario facer un hábil interrogatorio ó responsable do desaguisado que cantou de plano e identificou ós seus còmplices ó momento.Os cinco do famoso curso de Xan.
As pombas foron liberadas en aras dunha malentendida idea de que os animais salvaxes deben viver en libertade; e os globos (os que sobreviviron) estaban flotando no alto do teito do ximnasio.
O claustro reuníuse de urxencia. Había que salvar o acto. A alguén se lle ocurríu unha idea xenial. Había que botar man do curral do bedel do centro. Non había tempo que perder. Unha vez alí foron necesarios tres claustrais para facerse cunha galiña máis ou menos branca. Non pasaba nada. Manolo medio en cachondeo suxeríu que a pintaran con pintura branca de dedos (sí, oh, desa que sae ben con auga). Dito e feito. Os encargados da producción do acto meteron á probe e asustada galiña nunha tina con dous botes de pintura branca disolta en auga. Agora, sí que estaba branca. Branca de carallo!!.
Amiguiño, houbera pagado por ver ó director dando o discurso da paz e a solta da ?pomba? que nen voaba nen nada. E sobre todo ollar para a cara do persoal cando o tipo fixo referencia á diversidade cultural para xustificar a extrana pomba do devandito acto.
Polo que me dixo Francisquiño na loooonga sobremesa da cea ninguén se atrevía a abandoar o centro á hora da saída despois do hito histórico marcado na historia do Día da Paz.
Ah, creo que os responsables do desaguisado non van voltar a cheirar un recreo ata o día do xuizo final.
Sabes?, agora que o penso , creo que son un tipo bastante normal.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2007 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 No,si normal y formal si que eres,lo que no eres , ni aburrido ni atípico...Por eso #blgtk08#te queremos cielo.
Pobre galiña....chegoulle a reconversión...ja.ja
Comentario por Maria José (04-02-2007 14:59)
2 Alguien puede d#blgtk08#efinir normal?
Comentario por Iñaki (05-02-2007 18:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0