Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

mekagonoputonadal!!
Pois sí.
Esto foi o que se me ocurríu berrar pola fiestra do meu coche hoxe
á
tardiña no medio dun atasco infernal no que as miñas obrigas
como
fillo me meteron.

Pero, escomencemos polo principio.
Hoxe, un consciente das súas obrigas familiares e bon alumno do
ensino público de este país, acercouse á casa nai para pasar
en
familia estas bonitas festas de Nadal etc.etc.etc.

A cousa xa tiña mala pinta dende hai dous días. Na aldea onde
vive
miña nai tocou a lotería do 22 , pero tres familias
de
pringados non mercaron ese número... e claro unha delas era a do
que
suscribe. Pero eso non me arredrou. Decidín despreciar o risco e o
perigo e lanceime a cumprir como o que máis.

Chego Ó lugar de autos a eso das catro da tarde, e xa nada máis chegar:
Zafarrancho de combate. "Hai que ir a por pan e levar estar flores
ó
camposanto para que teu pan vexa que nos lembramos del en data tan
sinalada" aprestouse a dicir a dona da casa. Así que mans á
obra. Co
motor ainda quente meto a chave no contacto, agardo a que estean a
bordo mn (en este documento chamaremos así a miña nai
para
preservar a súa intimidade) e a sufrida da súa amiga. Marcamos
as
coordenadas do camposanto e mentres nos acercamos, eu non deixo de
pensar en meu pai, e en que Karl Alho lle importará que hoxe lle
levemos flores ou non... o que seguro que lle importa é verse
libre,
por fin de mn..., pero ben, imos levarnos ben e calo a boquiña.
Alí,
a consabida representación para os veciños, e os consabidos
epìtetos
de "descastadooo" e h.p.(e non é Hewlet Pakard, nooon), por parte de
mn, e todo porque me neguei a
facer o paripé...
Non pasa nada. Eu impertèrrito e sorriso
profidén.

Seguimos cara a segunda parada. A meternos no atasco da vila que
temos a só 9km. e onde había que facer compras de última
hora.
Increibel. Había atasco!!! nunha vila de pouco máis de 2000
habitantes, e había atascooo!!!.
Eu , mantendo o tipo. Mn,
mentres,
raiando no asiento de atrás ca amiga. (Un día de estes me vou a
presentar cunha gorra de plato e botas de montar como os vellos
cheufeures...). Eu, con intención de respirar algo, entreabro a
fiestra e subo a radio. "Pecha eso, non ves que me despeinooo!!".
Fago caso omiso, o ambiente xa empeza a quentarse.
Aparco como podo, perto da padaría e ela baixa a por kilos e kilos
de
pan. Lembrolle que só somos tres a cear..., e me di non sei que de
conxelar o pan... Arrrancamos e dous que intentan coller o sitio se
baixan dos coches alporizados e polo retrovisor vexo que tentan
chegar ás mans (Ah, o espíritu do Nadal). Igualiño que en hora
punta
na Coruña, ou pola zona de Pza.Sto. Domingo en Madriz...

Como parece ser que xa está todo listo. Mn decide deixar outros
recados para outra ocasión, a mostra de espiritu de nadal dos dous
conductores deixouna un pouco asustada, iniciamos a penosa
incorporación á estrada principal que nos levará á casa.

35minutos
despois temos avanzado 40cm. + -.

Eu empezo a perder a miña habitual compostura, non sei se será
polo
espiritu do nadal ou porque o cafre do Saab tentou meterseme diante
xa duas veces mentres mn sigue raiando no asiento de atrás ca
amiga.

Por fin conseguimos meternos nun oco que unha despistada nos deixou
mentres tentaba que os monstruos que levava no asiento de atrás non
se
destrozaran entre eles... (aaah, la Navidaz, la infancia...)

Eu, xa mas prometo felices cando o cafre do Saab sen encomendarse nen
a
Papa Noel nen A San Nicolás vai o moi Kabr... e se me bota
enriba... e
ala ahi vai, a aleta de estribor, a tomar vento, mentres que mn e a
súa amiga despotrican contra o cafre do Saab que feito unha furia
tenta kalmar ás bestas que (coitadiño) tamén levaba no
asento de
atrás.

Eu, baixo do coche botando lume, ata que vexo o percal que o home ten
a bordo. Entón sorrio, e cos papeles do seguro xa na man, acercome
ó
seu carón mentras que os da caravana non paran de pitar, e sóltolle
en voz baixiña: "Kagonoputonadal". O tipo, esboza un sorriso e
collendo da guantera os papeis baixa do coche e me susurra "Estoy
hasta los cohones de la Navidaz".

(Era madrileño... boeno,
ninguén é
perfecto.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-12-2006 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Ay..después de tantos sinsabores un espiritu igualito al tuyo...eso si madrileño.
#blgtk08#/> Cuando vuelvas al pueblo,tomate una tila primero.Ya sabes mn no descansa...ja.ja
Comentario por Maria José (27-12-2006 00:23)
2 Estimado,

Quería proponerte abrir tu propio blog en Reportero Digital La Coruña. Nos parece que el trabajo que realizas merece ser visto por los diez mil visitantes diarios que acceden a las web de RD en Coruña, Vigo y Pontevedra. Además, formarás parte de #blgtk08#la blogzone de Periodista Digital, una web visitada al mes por más un millón de internautas.

A la espera de una pronta respuesta, recibe un cordial saludo.
--
Luis A. Balcarce
Reportero Digital A Coruña
balcarce.luis@gmail.com
Comentario por LAB (28-12-2006 17:26)
3 Era vis#blgtk08#to ;-)
Comentario por Iñaki (29-12-2006 12:55)
4 Pásaste un pelo con certos cualificativos. Se non coñecese o teu "estilo" e certos comportamentos diría: orixinal, fluído e plástico.
#blgtk08#Que cabrito!
Gústame que non perdas esa práctica da escrita. Sempre che dixen que o facías ben. Noraboa. Irei lendo os restantes. Bicos
Comentario por concha (16-02-2007 11:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0