Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lisboa` n blues
Non hai moitos días unha motorista lectora deste blog
honroume ca ledicia dunha charla nocturna a través dun dos
múltiples
programas de mensaxería instantanea que hai pola rede. Nesa charla
falamos de moitas cousas e xa cara ó final da mesma recibín un
reto,
que consistía en contar aquí a miña estadía na ponte da
Constitución,
en Lisboa.

Ben, son persoa de palabra e este é máis ou menos o resultado
dunha
accidentada viaxe, que prometía ser de reencontro cunha namorada
á
que facía xa tempo que non visitaba... nen percorría os seus barrios
e
os seus cafés... ja! que iluso!

Esta vez arrivei a unha das tres cidades de Europa nas que me
sinto na casa (as outras dúas son: Praga e París) con toda a
intención de atoparme a mim mesmo e todo eso que se di cando te
ves
na tesitura de ter que viaxar so... por outro lado, algo que odio,
pero ó que ás veces te ves abocado... sobre todo contemplando
a
outra opción... ficar na casa!!!

Ben, cheguei, como digo, a Lisboa xa á noitiña. Total saira
do
traballo ás duas da tarde e en cinco horiñas xa estaba outra
vez na
casa... e ás cinco da tarde (máis ou menos) hora local estaba
enfilando a Estufa Fría cara a Pza. do Marqués de Pombal.

Como sempre atasco na Pza. e pouco máis tarde, subindo ó piso
de
arriba da Pastelaría Suiça para tomar posesión do meu cuarto
na
Pensao na que habitualmente me aloxo e dende cuias fiestras podes ver
ou o Rossio ou a Figueira... mentres que arrecende ó aroma dos
pasteis da Pastelaría Suiça...mmmmm!!!

Un anaco despois, e xa aseado da viaxe , me dispoño a comenzar o
ritual de pasear polo Rossío e despois ir encarando a Casa do
Alentejo onde ía cear opíparamente... como así foi.
Ah, que lonxe estaba de pensar no que me agardaba ó día
seguinte.

Non pensaba erguerme cedo. Qué Karl alho,para eso estaba de
vacacións!. O caso é que ás nove e media, hora local, a
miña
pituitaria empezou a mandar ordes ó meu cerebro (ou sería
máis exacto
dicir: ó recheo de meu craneo...) sobre un aroma a pasteliños e
boliños recén feitos... e , que se lle vai facer, ós poucos
minutos
estaba acodado na barra dos veciños de abaixo cun sabroso café
e dous
boliños que tiñan unha pinta...
Despacheinos nun pis pas e encamiñeime pola Rúa Augusta cara
a
parada do eléctrico 28 con intención de dar unha volta polo
Barrio
da Estrela, pola Alfama e despois voltar cara a Praceres. É un dos
inevitables rituais de todo bon turista que se precie, que nunca
perdono cando veño a disfrutar da miña cidade. E nesas andaba.
Acababa de deixar atrás Alfama, Sta. Lucía o mercado da Graça,os libreiros do Campo de Sta. Clara e xa
ficabamos
perto da Estrela. Alí tería que baixarme e voltar a coller o
eléctrico para baixar. Normalmente os turistas non avisados voltan
axiña, pero se a sorte te acompaña podes botar un paliquiño
co
maquinsista mentres que descansa e enterarte das novas da cidade, que
lugares hai novos para cear, onde ir despois, etc, etc.
Xa enterado dun novo local na Alfama, que me recomendou o
maquinista , e que esta noite caería con certeza, collín de
novo o 28
rumbo a Praceres. Baixamos, como sempre, serpenteando pola Alfama e
encaramándonos cara o Barrio Alto para seguir ata Sao Bento e
rematar
en Praceres (curioso nome para un camposanto...). Como o día se
prestaba, e o pequeno almoço encherame de forza , decicín
regalarme
un paseo ata a Baixa. Maldita a hora!!!

Nesas ía cando dun dos 28 que baixaba escoitei un berro:
Pedrooo!!,
Preseeedo!!. Karl Alho, pensei, son habitual dista cidade, pero non
tanto como para que me coñezan xa dende os tranvías...

Ah, que iluso... na seguinte parada do 28, por certo ,ben cerca do
Pazo de Sao Bento, vin unha figura masculina ben coñecida...era
Ramón
e detrás viña a súa muller Concha... O que nun momento
supuxo ledicia
polo encontro, pronto se tornou un sorriso xeado.

Detrás de Concha apareceron dous bichos pequenos: unha de sete
anos
seria, responsable, encantadora ... e a outra de tres anos...
arrepiante,berrona,egocentrica, manipuladora... vamos, toda unha
ledicia.

Pero o peor non era o bicho pequeno,non, o peor era Ramón. Por
primeira vez que se atrevía a viaxar cas nenas, en especial ca
pequena, e has de saber que nos diccionarios ilustrados ó lado da palabra
"histeria"
aparece unha foto de Ramón ca pequena.
A miña viaxe ó encontro da miña cidade ía rematar
axiña. As normas
de cortesía e boa conducta cas que fun provisto no ensino
público ó
que acudín dende pequeniño,non me permitían decir o que
pensaba dos
ataques de histeria de Ramón... Ah, ese charco, cuidado!!! Ah, ese
pano de papel pode ser tóxico!!!, a nena ten que dormir duas horas
de
sesta... (ainda que a nena estea pasandoo de maravilla e maldita a
gaña que teña de dormir...),etc, etc.
Esa tarde tiña pensado pasala por Cais do Sodré ,sí xa
sabes "hora
legal" e o Bar Inglés, par despois ir ata o Centro Cultural de
Belen
ver algunha exposición e tomar uns pasteliños de Belen... Non
puido
ser. Houbo que agardar á pertinente sesta e despois peregrinar
á un
deses lugares onde sirven comida basura,pero regalan monecos das
últimas aventuras Disney... sen comentarios.
Pola noite pensaba cear na Cervejaría da Trinidade no Barrio
Alto e
despois coller o coche para dar unha volta polas Docas de Alcantara
(o Alcantara Cafe, a Bica do Sapato). Pero non puido ser. Coma na
Cervejeria da Trinidade as nenas non podía xogar e o nivel de
histerismo do pai (e de cabreo da nai) ía en aumento acerqueinos
ó
seu hotel polo Campo Pequeno e xa ceamos por alí nun bareto como
calquera outro, pero que pareceu ser do agrado da pequena...
Ánimo, xa só quedan dous días ,e un é de viaxe de
volta...que, sí ,
adiviñachedes farían conmigo...
Hoxe pensaba coller o tren no Rossío e acercarme a dar unha
voltiña
polos palacios de Sintra e tomar unhas queixadas en Casa Periquita.
A viaxe en tren sí, os berros do pai histérico polas fiestras
do
tren, pola suciedade dos asentos (polo que me dixo Concha, desde que
tivo a pequena a Ramón desenrolaronselle raios x nos ollos) que
só él
veia, tamén.

E ó chegar a Sintra volta rápida e de novo tren... a puta
sesta que
interrumpía o xogo polos bosques de Sintra de dúas nenas
felices...porque, ainda que elas non o souberan, querían durmir...
Xa remataba. Hoxe voltábamos cara Galiza e todos no coche de
volta.
A cousa ía ben ata chegar a Porto. Alí era hora da (puta)siesta
e
houbo que parar. Como sempre me pasa en Porto, entro con
facilidade,mais sair da cidade con rumbo Norte, eso xa é outro
cantar.
Tíñamos intención de coller a A3 ata Valença, mais como
sempre,
perdínme e comencei a andar de Gaia a Maia ata que fun quen de dar
ca
autovía de Viana. Despois, pensei, xa colleremos a A3 alí.
A viaxe discurría máis ou menos tranquila, pero ó
acercarnos a
Viana escomezou a chover a reo.
Mentras esoitaba os rezongos de Ramón queixandose polo que
tardabamos encamiñeime polo vial que indicaba cara a A3
Valença. Todo
ía ben, ata que de súpeto acabou o enlace e a estrada voltou
ser unha
comarcal mal asfaltada. Contodo o indicador da A3 seguía
decíndonos
que íamos ben. Xa levábamos unha hora de camiño polo suposto
enlace
da A3 e nada, só choiva e unha neboa espesa que a penas deixaba
ver
a estrada... e , of course, Ramón ,que cual voz en off lanzaba
diatribas do estilo de :" AAAh, as miñas nenas...o destino non
quere
que remate xamáis esta viaxe"...
Máis neboa, choiva e seguíamos polo "enlace da A3", e
Ramón
amenizando a viaxe:"AAAAh, o destino vainos convertir nos turistas
errantes, que como o Holandés errante só se aparecerá ós
viaxeiros de
Tras os Montes e a Lima nos días de neboa e choiva... e pronto
correrá a leenda de que cando vexas un coche blanco por unha
estrada
perdida cunhas nenas berreando dentro... non te acerques a él...
pois preguntaránche polo camiño de Valença... e veraste
condeado a
vagar con eles por toda a eternidade... sen atopar nunca Valença..."
Por fin duas horas máis tarde aparece a A3, Ramón suspira, e
Concha
ameazao cun divorcio feroz. Eu acordome do ministro luso de
infraestructuras e obras públicas ,...e dos seus antepasados.
Xa por autopista e asombrado do que pode correr este coche, deixo
por fin ós meus inesperados acompañantes na súa casa.
Ramón baixa do
coche alarmado porque a choiva pode mollar á pequena, mentres
Concha
despotrica en voz alta recordanddo que dentro de poucos anos loitaran
con ela para que se poña máis roupa encima e non saia así
á rúa...
Chego á casa. Acercome á igrexa de guardia máis cercana
para darlle
gracias a Deus, Buda,Alá,Jehová, etc. por non estar casado nen
convivindo nen nada con Ramon. Amén


Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-12-2006 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Facía tempo que non reía tanto.
Este tipo é a ho#blgtk08#stia.
Parecíame estar alí co puñetero de Ramón.
Comentario por carlos (20-12-2006 22:50)
2 Mordaz, irónico e divertido a más no poder.
Mi conocimiento del gallego aún n#blgtk08#o me permite estar alejada del diccionario; pero me he reido a más no poder.
Comentario por carmen (22-12-2006 10:12)
3 #blgtk08#
Comentario por Maria José (27-12-2006 00:13)
4 ja.ja,ja...La próxima vez di que vas una amiga con derecho a roce que te espera en el nido d#blgtk08#e amor...La leche...yo no quiero un Ramón..... que axfisia....El relato es buenísimo..bikos.
Comentario por Maria José (27-12-2006 00:15)
5 e quem não viu lisboa, não viu coisa boa ;)
unha aperta!

http://www.blogoteca.com#blgtk08#/sonoridades/index.php?cod=4050

http://www.blogoteca.com/sonoridades/index.php?cod=2644
Comentario por sonoridades (04-07-2007 10:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0