Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tanxente (e 2)
Hai pouco que deixamos ás nosas protagonistas nunha encrucillada vital na que ningúnha das dúas contou de verse nunca.
Tanto ?T? como ?E? consideraban que a súa vida estaba sendo levada nunha alta porcentaxe tal e como elas a deseñaran. Cada unha de elas creía estar ben consigo mesma e sentíanse moderadamente felices? ou non.
A dúbida saltou coma unha alarma na cabeciña das dúas .
Eses momentos de confidencia ó carón dun café. Eses momentos de enriquecèrense mútuamente mentres se ían coñecendo foron os culpábeis de que cada unha de elas por separado escomenzara a facerse preguntas que ata este punto nunca se tiñan plantexado.
A vida que cadansúa deseñara para sí, xa non era tan bonita como elas creían.
A desazón, o desasosego comenzaba a aniñar dentro de elas.
?T? sentíase atada polo peso dunha familia que ,agora veíao claramente , cada vez a necesitaba menos. Ó fin os nenos xa eran grandiños e voaban sós cada vez con máis ansia.
?E? atopaba un inmenso vacío ó redor de sí. Os seus éxitos empresarais nun mundo de homes , que ourtrora a enchían de indisimulado orgullo, agora facíana sentir valeira. A súa probervial frialdade e capacidade para tomar decisións arriscadas, mais sempre boas para a empresa, empezaba a flaquear. Pouco a pouco, unha delicada pátina de sentimentos estaba aflorando na pel chea de cicatrices de batallas empresariais da executiva admirada e temida pola competencia.
Algo que ningunha das dúas podía controlar estaba a pasarlles.
As dúas mulleres sentíanse cada vez máis perto unha da outra.
No seu maxín empezaba a fraguarse unha necesidade de fuxida, de ruptura, de rachón. Unha necesidade de drástico cambio para ? crecer?.
Sí, porque non dicilo. As dúas estaban coma larvas ó final dun ciclo para o que terían que morrer e así poderen renacer como seres novos con novas necesidades, con novas loitas que vencer?
Devagariño, ?E? e ?T? ían acadando unha comunión entre elas que as facía sentir cada vez mellor.
Devagariño, aqueles que ata o momento compoñeran o seu círculo vital veían , ou preferían non ver como se ían despegando e afastando.
Xa non podían máis.A decisión estaba tomada.
Quedaron no bar de sempre e o camareiro xa nen tiña que preguntar. Coñecía perfectamente o ritual das tertulias que á tardiña escomenzaban as dúas amigas.Servíunas cun sorriso cómplice.
Momentos atrás ?T? fixo unha mochila lixeira co máis esencial e aproveitou a soedade da casa para evitar esceas duras e incómodas para todos. Total ?L? estaría feliz no bar cos amigos vendo un deses partidos que disque non podes perder, no Plus; e os nenos ? terían unha bronca menos ó chegaren á casa a horas inadecuadas.
?E? acababa de abandonar o duplex con vistas ó paseo marítimo da cidade que fora a súa casa nos últimos tempos .Despedíase de Victoria, a súa viciña e amiga que se encargaría de Tomás o seu gato. Victoria sorríulle e desexoulle sorte mentres veía afastarse na moto á súa amiga.



Os días , as semáns foron pasando e ?L? xa canso de buscar en hospitais e de ir á policía a denunciar a desaparición da súa muller. Ía afacéndose á soedade e a valorar a laboura loxística que desenvolvía ?T? , e que parecía inexistente. Antes era como se as cousas se fixeran soas?
A desaparición foi investigada con desgana pola policía(unha muller adulta que desaparece sen violencia... a quen lle importa?), e pouco a pouco a cousa foi morrendo.
Na empresa de ?E? chamaron a todos os teléfonos nos que teoricamente debería de estar ela , mais ó non obter resposta e ver que non aparecía polo traballo, simplemente iniciaron un expediente de despido por ausencia do posto e vaciaron o seu despacho para que o ocupara a súa segunda de abordo que agardaba este momento como auga de Maio.


Das dúas protagonistas non se supo máis.
Ou quizás sí.
Verás. O outro día atopei pola rúa a Xosé Luís. Sí,oh, ese vello amigo meu que é pianista. Ben, agora xa non é pianista. Agora é camioneiro e adícase a viaxar por toda Europa levando mercadorías de Inditex.
Xantamos xuntos e puxémonos ó día das nosas vidas. Nesas estabamos, cando él me referenciou un sucedido que lle aconteceu nunha área de descanso perto dos Monegros. Resulta que parou a botar unha cabezadiña , e cando saía da cabina para ir ó baño a refrescarse e seguir ruta víu sair do aparcamento a dúas mulleres a bordo dunha, moi viaxada, moto Suzuki con sidecar. Ata ahí todo ,relativamente, normal?; pero, amijiño, non o perdas: A tripulante que ocupaba o sidecar calzaba na súa cachola un auténtico ?Stetson?!!.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-12-2006 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 A historia no é moi creible, pero a diferencia de outras, nesta as mulleres teñen#blgtk08# ¨vida¨, non son meros obxectos sexuais ou vacas para seren cubertas. ENHORABOA
Comentario por (14-12-2006 00:12)
2 Brilante!!.
Cun final inesperado e unha sutil guía do leitor ata telo onde o autor quere.
#blgtk08# Mágoa que non afondara no desenrolo das dúas mulleres e na súa relación... penso que podería dar xogo.
Comentario por Carmen (16-12-2006 18:14)
3 THELMA Y LOUISE...Bueno..como historia está fantástica.Su final reafirma mi comentario anterior.L era un comodón con chacha en casa..Nada es eterno..ja.ja. T ha ga#blgtk08#nado en autoestima.
E decidió abandonar su piel de mujer ambiciosa en un mundo competitivo para ser ella misma.
Para cuando la siguiente?...
Comentario por Maria José (16-12-2006 20:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0