Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tanxente (1)
O outro día nunha reunión do motoclube ó que pertezo (e pensar que eu presumo de Marxista -sector Groucho- e él sempre dixo que nunca sería membro dun clube que admitira como membros a persoas coma él...) entereime dunha historia que paso a contarche non sen antes porte en antecedentes.
As protagonistas son dúas rapazas do clube.
A unha namorada da música country e de todo o que soe ó estado da estrela solitaria. Da xenio vela cando baixa da moto do seu "correspondente". Saca o seu casquiño, airea a súa melena e deseguida se apresta a lucir un auténtico "Stetson" na cachola. Ben, esta rapaza, á que polas súas filias chamaremos Texas, ten unha parella, da cal está moi namorada, e tres fillos;ademáis dun traballo mal pagado e de economía sumerxida.
Ata o de agora é unha muller feliz e realizada co tipo de vida que leva, co seu home, cos seus nenos...
A segunda protagonista tomou un camiño vital totalmente oposto , mais non con eso quero dicirche que sexa mellor ou peor, simplesmente distinto.
Gosta do buceo,dos deportes de risco e ten moto propia. Traballa como executiva de contas nunha axencia publicitaria de carácter multinacional, goza dun bo nivel de vida e síntese independente ,moi segura de si mesma e das decisións que toma no traballo, as cales fan tremer de medo a homes feitos e dereitos.
Dadas as súas aficcións acuáticas imos alcumala como Escuba (sí, con "E").
Como ves dous mundos moi diferentes con un punto tanxente: as motos.
Pouco a pouco a traveso de diversas reunións, ceas e esmorgas do motoclube xurdíu unha boa corrente de amizade entre elas.
Tanto é así, que empezaron a descubrirse mutuamente os seus diversos mundos e , hete aquí, que "T" (pedironme que preservara o seu economato, polo que a partires de agora neste documento referireime a elas como "T" e "E"); "T", dicía sentíu unha malsán curiosidade polo mundo e o modo de vida dunha muller tan diferente a ela.
A parella de "T" , poñamos que se chama Laureano, polo cal falaremos de "L"; non vía con malos ollos eses achegamento das dúas e pensaba para sí que esta relación faría que a súa dona lle deixara un pouco máis de tempo para él.
"E" sentíase moi cómoda con "T" e non paraba de descubrirlle cousas que, por razóns obvias da escolla vital de "T", non tivera nen sospeitado.
Mentres esto sucedía, "L" disfrutaba de súa recén conquistada parcela de liberdade e deixaba facer sen preocuparse moito. Ó fin, "T" parecía feliz ca súa nova amijiña e él non veía que nada malo poidese acontecer.
Todo ía sobre rodas para todas/os.
Todo?
Ben, todo, todo...non
"T" empezaba a plantexarse dúbidas e preguntas que ata ese intre nunca tiveran pasado pola súa cachola, e "E" estaba cada vez máis farta da súa vida de muller poderosa e segura de sí mesma.
Unha e outra albiscaban unha perentoria e urxente necesidade de cambio, de liberdade.
Pouco a pouco "L" empezou a notar rarezas na outrora placida "T". As súas camisas inmaculadas, o xantar sempre á hora..., en fin esas cousas antes normales, estaban deixando de selo para dar paso a preguntas e dúbidas que "T" plantexaba e nunca antes fixera.
No mundo de "E" as cousas tampouco ían como sería de desexar. A muller fría, poderosa e segura daba agora paso a unha muller que xa non valoraba tanto a consecución da conta de 3M nen a de Nutrexpa; á sazón dúas das contas que ela levaba e que fuxiron da axencia en busca doutros aires , co grande descalabro que para ela supuxo de cara ós seus xefes é ós seus inmediatos subordinados.
Algo estaba a pasarlle, e Lluis Bassat (o gran xefe) chamouna in person, para deixarlle as cousas ben clariñas. Outro patinazo deste calibre e acababa na rúa.
A ela pareceu non facerlle mella. Alomenos non tanta como sería lóxico supoñer.
Mentres, a poucos minutos do seu despacho nun dos máis modernos edificios que hai á entrada da cidade, "T" buscaba respostas ó que lle estaba a suceder a ela e ó seu amado "L".
Notaba que se estaba abrindo un rachón entre eles.
O peor, era que nen él, nen ela eran quen de sentarse a falalo e ver de arranxalo.
O que fora a súa vida ata o de agora, xa non a enchía.
"T" sentía como cada vez necesitaba máis aire, máis espacio...
(To be continued)



Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-12-2006 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Primeiras e apresuradas conclusións:

Sobre T: igual que TERUEL (tamén existe).
Sobre E: que se cadra E#blgtk08#SPAÑA non ía tan bén.
Sobre L: que canto dano pode facer unha letra nun sitio inoportuno, igualiño que en LA CURUÑA.
Comentario por cansendono (05-12-2006 00:09)
2 .... sen ser apresuradas compa#blgtk08#rto o dito por cansendono....
Comentario por brandomil (05-12-2006 15:24)
3 Vamos por partes:..ignorar otras vivencias hace que seamos felices sin ellas,pero también supone desconocer el potencial de cada uno.
Conocerlas ,pone en peligro la estabilidad porque en el fondo T daba más que L y además a éste ultimo le venia bien la nueva situación.#blgtk08#L deberia haber intentado enamorarla de nuevo,ofrecerle nuevos horizontes.Fue egoista..nunca pensó que podria perderla.
E: segura de si misma...pero estresada...solo necesita un respiro.
Probar roles diferentes es necesario..pero el resultado puede sorprender....
Comentario por Maria José (06-12-2006 21:22)
4 Pero que me estas c#blgtk08#ontando...........
Comentario por Iñaki (07-12-2006 10:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0