Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cabo Vilano e Hansa: Unha experiencia relixiosa
Sí amijos, voltamos a outra crónica mariña,ainda que esta vez cun certo tinte místico.
Non che vou contar a proba que disputamos en Be-Go (léase con pronuncia inglesa) onde chegamos á meta proa con proa cos dous "Quebramar" á sazón campeón e subcampeón de Europa na súa categoría. A verdade é que de non meter a pata nos non nos houberan quitado eses dous segundos cos que se fixeron co primeiro e segundo posto.
Ben, unha vez pasado esto quedaba facer o transporte do barco para a súa base na Coruña e a elo nos puxemos onte venres polo serán a eso das 1600h zarpando de Be-Go rumbo N. con un bo vento do SW de uns moi sabrosos 20 nós.
Practicamente á saída da Ría xa puxemos spí e caseque non pensabamos telo que arriar.
O barco ía de maravilla e ainda que a tripulación para o transporte era moi reducida(cinco dos da tripulación habitual)xa organizaramos os turnos para a noite e todo se prometía moi ben.
Non había aviso de neboa e ainda que na predicción anunciaban chuvia e un recrudecimento das condicións ó longo da noite , se as cousas se tornaban moi mal sempre poderíamos entrar de arrivada en Fisterra ou en Portosax.
A navegación ía plácida e rápida , con algunhas planeadas de spi de ata 17 nós de velocidade e o barco respondía ás mil maravillas.
Para a cea Fran e eu preparamos uns bocatas e moito café para facer máis levadeiras as gardas.
A min e a Diego tocabanos de entrar á unha de garda e aproveitamos para ir abaixo botar unha soneada.
O descanso durou pouco. Unhas millas máis ó N. as cousas estaban poñéndose como Pemán dixera. Oes, non o vas creer, pero esta vez acertou,ti.
Aproximadamente á altura de Fisterra. Unhas 8 millas mar adentro os berros de Xulián o patrón nesa garda alertaronnos e caseque sen acabar de poñer a roupa de augas subimos rápidos a cuberta.
As condicións eran moito máis duras do que supoñíamos.
A choiva arreciaba e barría a cuberta e facía caseque imposible ver o que tiñamos por diante nosa.
O mar de fondo era cada vez máis forte e as planeadas que facíamos baixando as ondas eran ... como o diría,arrepiantes.
En mala hora ocurriuseme mirar o marcador da corredera (especie de velocímetro dos barcos) e pensei que tiña que estar estropeado.Marcaba picos de 20 nós!!!
O spí xa fora arriado mentres nos tentabamos acabar de vestirnos para sair á cuberta e agora estabamos navegando ca maior e un foque pequeno na proa. Ainda así , acadabamos velocidades de escándalo nas baixadas das ondas. Parecía que íamos nun tobogán e o que máis, o que menos temblaba de pensar que o barco se colara por ollo e non fose capaz de sair arriba de novo.
Fran colleu a caña e dispuxemonos a arriar a maior ata recoller dous rizos e así disminuir a súa superficie portante.
Moitas veces teño feito esa maniobra, e sempre en condicións difíciles, mais como esta ... non sei se o faría nunca. De noite, con mar de 4 a 6 m. chovendo e con picos do SW de 45 nós de vento.
Nesas estabamos cando pola amura de estribor vimos a luz de Vilano.
Entre todos valoramos a posibilidade de virar e entrar de arribada en Camariñas, maís co vento que tiñamos, e nas condiciós nas que víñamos , e tendo en conta a difícil entrada de Camariñas decidimos capear o temporal como poideramos.
Puxemos rumbo máis afora ata unhas 10 millas da costa para evitar que algún accidente non levara contra as pedras ou os baixos de Traba e tentamos como puidemos arriar o foque para así reducir vela.
O vento parecía como se aumentara e a noite era pechada e negra, ainda que nalgunha das baixadas do tobogán das ondas pódoche xurar que o único que vías pola popa era só unha enorme montaña de auga que te levaba surfeando...
A verdade é que se non fose de noite, con vento de 45 nós e un temporal desde de forza 7 para 8 supoño que disfrutaríamos a tope do momento.
Fran pedíu o relevo na caña. Xa non podía máis e Xulián encargouse de guiar o barco.
Eu á maior víame incapaz de levar a vela ó seu a pesares de ter tomados dous rizos.
Diego veu botarme unha man e nese momento unha onda barríu a cuberta.
Xulián ficou empotrado contra o gardamancebos da popa, Fran cun moretón no ombreiro dun golpe contra a bitacora de babor, e Diego e eu empapados de arriba abaixo e agarrados como puidemos á manivela dos "Winches" da maior.
Ó pasar a onda miramonos todos e preguntamonos se estabamos mancados.
Por fortuna o barco aguantou e nos tamén.
Nos momentos que seguiron, asemellanse máis ben a unha experiencia relixiosa. Cada un rezaba o que sabía a quen quería e tentaba manter a calma ou aljo así.
As cousas seguiron así ata Punta Nariga. Alí, e xa de madrugada, a cousa empezou a amainar e á altura de Sisargas xa só tiñamos 30 nós de vento.
Cando vimos a luz da punta S. do Golfo Artabro (sí , oh, a Torre de Hércules) respiramos.
Estabamos cansos e desfeitos, pero o barco, as velas e a tripulación enteira.
Ás sete da mañá arribabamos á Coruña e caíamos rendidos nas literas... Ben , todos non. Diego e Pablo marcharon de esmorga para celebrar que estaban vivos.
Como dicía o Guerra(o toureiro): Hai xente pa to.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2006 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Manda carallo.
Eu non son mariñeiro de río pero máis ben si de ría e cando saio dunha, normalmente para meterme noutra, xa pode estar ben o tempo que ese mar d#blgtk08#e fondo que hai sempre é unha tortura chinesa. Non o quero imaxinar con temporal.
Que crónica tan intensa! Felicidades por ela e tamén por chegar ben a porto.
Comentario por Turonio (22-10-2006 13:26)
2 Ya me has quitado las ganas de irme a canarias el jueves, jajajajaja.
Ahora ya que te echen lo que quieran.#blgtk08# /> A cuidarse.

P.D.; Si la muchacha de la moto supiera de tu abilidad para subir y bajar en mojado.
Comentario por manypelon (23-10-2006 07:49)
3 Mariñeiriños do carallo!!
No Jran Sol #blgtk08#quería vervos eu.
Iades cajar por vos.
Comentario por Eduardo (23-10-2006 20:28)
4 Bueno,bueno..creo que te estás estrenando en plazas más grandes de las que pensabas,pero lo importante es que avanzas y sales vi#blgtk08#ctorioso y/o vivo..ja.ja.Me ha encantado la crónica,es pura adrenalina.Animo chaval,,,que tu vales mucho.Y que envidia....BIKOS
Comentario por Maria José (25-10-2006 18:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0