Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A morena e o "señor" Navarro
O outro día leín nun xornal da miña cidade as declaracións (sempre inspiradas) do Director Xeral de Tráfico, o Sr. Navarro, que viña a un congreso de algo, no bloque de cemento que os nosos políticos colocaron para tapar as vistas ó porto da cidade.
Nesas declaracións o Sr. Navarro viña a dicir , a unha pregunta do periodista sobre a seguridade vial para as motos, que os gardaraìs estaban pensados para os autobuses e camións (sic) e que non se podía ter seguridade para todos (referíndose ás motos).
Como queira que na miña condición de moteiro coñezo a algún compañeiro mutilado ou morto polas coitelas dos gardaraìs (que son mortais nunha caida a partir de 30 km/h), eso evitou que as declaracións deste ?señor? ,e permíteme que poña do de ?señor? entre comiñas, me moveran á risa.
É curioso observar como os políticos que nos cos nosos votos puxemos ahi, queren ser os encargados do noso exterminio impune, ou dunha aparente reconversión dass forzas de seguridade na estrada en meros recadadores de impostos indirectos, sen importar o máis mínimo a ?pretendida? seguridade da que tanto alardean nas diversas campañas de imaxe en distintos medios.
Desculpa que esta vez me deixe levar pola lembranza de compañeiros en cadeira de rodas ,ou mortos pola presunta desidia da nosa administración, e ainda por riba ter que leer as declaracións deste ?señor? ,e ver como se criminaliza o uso da moto en diversas campañas agora vixentes , e nas que se asocia claramente moto=morte.
É unha mágoa ver en paises do noso entorno máis próximo (Portugal ou Francia) onde estas cuestións son tomadas en serio e onde, por exemplo no asunto dos gardaraìs, están xa implantando a doble bionda que impide as mortes e mutilacións ás que aquí estamos expostos cada vez que saímos á estrada.
Pero, non vou a seguir nesta senda, porque noto que se me está quentando o teclado, e non é plan.
Deixame que che relate o gasto de 122? que tiven o outro día co meu coche.
Verás: Ía para traballar e nunha curva que hai perto do meu curro nunha enorme valla publicitaria na que ata a semán pasada anunciaban o último modelo de todoterreo, había unha aparición gozosa.
Eu vina, porque ía no coche,eh!. Que si chego a ir na moto ,nin flores. Bastante teño con ir atento ós coches para que non se me boten enriba, ou atento ós radares que ?velan pola nosa seguridade? e me impiden prestar atención ó que de verdade importa: as circunstancias da vía ou calzada.
Total, que ollei distraidamente para a valla, e alí estaba a aparición.
Tumbada tan ancha coma longa sobre un leito de nubes, esa morena vestida só cun escueto conxunto negro e unha gargantiña cunha estrela e unha lúa.
Dende o seu marco incomparable ollaba para os incautos coma min e ofrecía esa boca...aaaai, esssa bocaaaammmmmm!!!.
Total, non tomei a curva.
Fun parar sobre a beirarúa,cheguei quince minutos tarde ó curro, e menos mal que non esnaquicei a roda.
Pola tarde ,cando fun ó taller a polo coche xa tiña o diagnóstico: 122 ? de bellón... e ainda por riba ?a seco?.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2008 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Ves nene,,,los anuncios pueden ser peligrosisimos....para el cuerpo y el bolsillo...ja.ja.ja.
Nunc#blgtk08#a aprenderás....
Ah: Lo de las motos solo tendrá arreglo cuando la "diñe" alguno de muy arriba....
Comentario por Maria José (02-06-2008 18:31)
2 O do Navarro é normal ca clase política que temos, o peor son os mortos e tullid#blgtk08#os.
O da morena é tipico dun home. Se rascas un pouco todos sodes iguais
Comentario por luisa p. (04-06-2008 12:22)
3 Lo de moto=morte no es lo peor. El problema está en que lo realmente transmiten es motero=locosal#blgtk08#vajecriminal. E incluso nuestros padres se lo creen. Claro, los de los coches son unos angelitos.
Comentario por texas (14-06-2008 11:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0