Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As Letras Galegas e a súa puñetera mai
O outro día na reunión mensual do clube de borrachos , ou si o prefires en fino: clube de cata; levei de invitado a Xosé Fernando (un día destes teño que buscarlle outro alcume menos venezolano). Él , xunto con ?Juanito?, Ana e outros máis da cuadrilla exercen o seu maxisterio no vello Sur.
Ainda que no comenzo da cata estaba un pouco cortado pola demostración de creatividade dos/as presentes ( sabor lixeiramente afroitado, con retrogusto a melocotón escurridizo... etc,etc. ,xa sabes as chorradas que se din para definir o indefinible dun bon viño), ó ir andando a cata e a posterior cea, empezou a soltarsenos a todos/as a lingua. E ,deu a casualidade, de que él ó beber inspírase de moito nabo.
Velaiquí tes unha parte do que lembro do seu discurso que fixo as ledicias dos/as presentes na nosa mesa:
?Sí, amiguiños, cada vez queda menos espacio para as sensibilidades anarquistas con esperanzas internacionalistas como a miña.
Hoxe tiven unha xuntanza co consello de anciáns do meu colexio cogallo de tratar de perfilar e organizar a semán das letras galegas.
Non me tachedes de arrogante.Non me considero máis lúcido que os membros/as do Consello. A maior parte deles teñen máis anos de servicio no corpo ca min, e a súa forma de pensar está condicionada polas súas experiencias dos 60,70 e 80. Ás veces penso que a caida do Muro de Berlín é unha barreira invisible que marca o momento no que a maioría das xeracións de venerablea anciáns... (ui, perdón), e de anciáns femia, que nos controlan, deixaron de crecer intelectualmente.
Algo así como a brecha dixital noutros ámbitos.
Podemos velo tamén nos programas de TV. Tanto nos presentadores, tertuliáns ou convidados teñen como referentes culturais a Paco Martínez Soria e a Fernando Esteso. Se recuperades cachiños das súas intervencións comprobaredes que teñen os seus homólogos en guións de películas emitidas en ?Cine de Barrio?.
Aquí, en Galiza, prodúxose a mestizaxe entre os citados referentes da mai patria e Ana Kiro ou Fuxan os Ventos.
Froito desta unión contra natura e ó abrigo dos pantalóns de pana e as fotos do Che, xurdíu o novo docente galego de finais do século pasado.
Este ano, adicado pola nosa ínclita Academia da Lingua, ó escritor Álvarez Blázquez, está tamén condicionado pola celebración dos 40 anos do triunfo de Massiel en Eurovisión.
Pero, bueno, despois desta disquisición deixádeme que vos diga, que este venres 16 temos no noso colexio o Festival das Letras Galegas; e a semán está,por tanto, chea de actividades que preparamos nunha reunión do claustro na que os membros máis novos non deixaban de fungar: ?Con tanto ensaio a ver como vai a ir o programa?. ?Pois ti non te queixes tanto, que tes dúas horas na semán, peor son eu que teño que arranxarme cunha soa?...
Eu,visto o visto, preguntei se había turno de palabra para facer a miña aportación, que máis ou menos viña a dicir: ?Se o obxectivo do traballo é dar a coñecer ás familias algúns dos traballos de seus fillos, e non hai tempo para nada; podíamos rodalo e ofrecerllelo ás familiasa nun DVD ó final de curso, o mesmo que facemos a revista escolar que había de sair esta semán, e poderemos darnos con un canto nos dentes se sae para finais de mes.?
Oes, como se falase cunha parede. Un festival, é un festival ca súa presentadora, o seu público; e ,ademáis, despois do 17 de Maio xa non é a semán das letras galegas.
En fin, como terei que estar presente no festival dos collóns, hei de ir provisto dun escapulario ca foto de San Luis Uribarri e Santa Massiel."

Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-05-2008 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Benaventurados/as os que aida teñen fe e creen no seu traballo e ainda teñen tempo para evanxelizar. Sin ir moi lonxe dúas profes de Muxía viñeron a traernos boas novas ó sur e q#blgtk08#uedamos abraidadas co seu entusiasmo.
Ánimo a todos/as mestres/as que en pouco menos dun mes, os proxenitores estarán disfrutando a tempo completo das súas criaturas.
Comentario por ldl (16-05-2008 21:05)
2 Daría algo por coñecer a Xosé Fernando.
Ese tío é un crack!
Eu teño fe na Consellería. Que, mi#blgtk08#ra ti, cambiou o goberno , pero todo segue igual.
Por eso sei que non me defreudarán. Nunca cambiarán
Comentario por Helena (17-05-2008 21:25)
3 Disfrazate de chiquilikuatre,,,y asi ya verás como podrás presentar la revista del mes,,el resultado del curso,,a#blgtk08#h e incluso podrán enterarse que significa el 17 de mayo..Alumnos y padres no perderán ripio....Asi está el pais.
Comentario por Maria José (20-05-2008 18:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0