Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un honroso último posto
Hola. Ainda sigues aquí?.
Sí, tes razón, non teño vergoña. Xa vai para un mes que non busco un anaco de tempo para adicarche.
Bueno, vou ver se son quen de tentar remedialo. Polo menos vou contarche como foi a pasada ?navejasión? que fixemos na pachanga de fin de semán.
Verás. A cousa comenzou renqueante. Déronnos a saída no límite da legalidade. Tiñamos escasos seis nos de vento e ó pouco empezou a caer estrepitosamente ata quedar entre dous e un ; co cal a nosa velocidade non pasaba, no mellor dos casos, de medio nó. Quen di velocidade , di arrastrarse nunha mar plana e vendo como as velas máis que portar, colgaban do mastro.
A situación era de moitas risas. Ó noso lado veíamos como o ?Aguas de Mondaríz? e o ?Aledapa?, dous barcos regata pura sen apenas peso e completamente vacíos por dentro ían avanzando e deixándonos atrás ata vermonos nun honroso último posto. Con todo , o patrón non perdía a esperanza. A previsión meteorolóxica era de aumento de vento ó longo da tarde e baixada de temperaturas á entrada dunha fronte fría. Só era cuestión de esperar. Mentres, o peso movible de abordo era trasladado a sotavento , e todos/as estabamos facendo banda nese lado e tumbados sobre a regala ca segreda intención de non alterar a aerodinámica da nosa xénova 1, nen xenerar turbulencias no seu pujamen en aras de aproveitar o pouco vento existente.
Funcionou!. Pouco a pouco, e paseniñamente fumos empezando a tomar algo de aceleración e xa nos movíamos á vertixinosa velocidade de dous nós!!.
Eu non apartaba os ollos da baluma da maior ,reaxustando a cada segundo a posición do carro e da escota tentando de non desaproveitar nen unha pinga de vento. Pola súa conta, Fran, na xénova facía o propio con movimentos suaves e delicados.
O patrón decidíu tomarse a cousa ben ,e como xa contaba con chegar fora de tempo, ordeou que polo menos tentaramos divertirnos.

Mentres nos seguíamos arrastrándonos, un compañeiro deu a voz dunha brisiña que se percibía remolona poucos metros máis adiante. Tentamos dirixir o barco cara alí , no medio da ría, e quixo a sorte ou Eolo, que arrastrándonos,chegaramos a collela.
De súpeto tiñamos presión nas velas.
A solución estaba no medio do campo de regatas. Mentres o ?Mondariz? e o ?Aledapa? optaban polo bordo de terra na procura de ventos terrais, o noso patrón decidíu confiar na anunciada entrada da fronte e mantermonos no medio da ría. E ,alí estaba!
Non podes imaxinar a sensación de veren ó resto da flota parada na costa , e nos , poucos metros máis ó interior da ría despegando como foguetes mentres oíamos as voces dos outros barcos tentando virar para poñerse ó noso rumbo e aproveitar o noso vento.
As voltas que da a vida, tu. Despois de caseque dúas horas nun honroso último posto, en menos de dez minutos estabamos comandando a proba con autoridade. E o que é mellor, dándolle para o pelo ó ?Mondaríz?, o barco das nenas ( a súa tripulación é enteiramente feminina e a súa patrona está preñada. Sí,sí, en serio).
O ?Aledapa? foi o primeiro en chegar á nosa estela e pillar o noso bordo. Contodo, xa levabamos máis de dúas esloras de ventaxa e nos íamos aumentando a distancia co noso propio vento aparente. A cousa tornárasenos de cara, e na primeira virada na boia de barlovento todo volvía a funcionar como un reloxio suizo.
O noso ?genaker? estaba arriba en menos de vinte segundos, e cando caeu a primeira granizada da tarde , pola popa veíamos como o ?Raygrass? se veía na obriga de cortar a driza da súa xénova ó non seres capaces de arriala ; e o ?Mondariz? daba boa conta do ?Aledapa? e dispoñíase a vir na nosa caza en pugna co "Esoga" que se unira á festa dos 40 pes.
Agora, xa ninguén abordo pensaba en divertirse. O único que nos valía era manter a raia ó ?Mondariz? e non perder nen un metro da ventaxa sacada.
Ó inicio da nosa segunda ceñida, vimos como as esloras que nos separaban do noso perseguidor se ían acortando. Pensamos que íamos telo marcándonos todo o que restaba da proba, pero as rapazas decidiron seguir o bordo do medio da ría para o tramo de ceñida, mentres nos optamos por cobixarnos debaixo do borde da oscura nube que nos aseguraba un chisco máis de presión.
Non negarei que era unha decisión perigosa e arriscada; pero o patrón pensou que nos daría un punto máis de velocidade e uns metros de adianto cando fixéramos a última virada.
Durante un pedaciño ó noso través, tiñamos de continuo as nenas do ?Mondariz?, pero un role de vento, que pillamos de cheo, e que as deixou clavadiñas no sitio, empurrounos cara a boia como voando.
Alí subimos o ?spí? pesado, dado que agora o rumbo cara a meta era de 180º (popa pechada), e o vento xa rozaba ben os vinte nós, e entre rachóns de caseque trinta ,entramos na meta como quen di derrapando con chulería.
Sí, oh. Ó cruzar a meta e ata o pantalán, en vez de arriar todo e dar motor, decidimos orzar un chisco e cando me dispoñía a abrir a maior para equilibrar o barco nunha racha, o patrón nun susurro indícame: "Non toques nada". Claro, a escora foi das que fan época. Metimos o pujamen do ?spí? na auga , e a botabara sobrevolaba a escasos centímetros as ondiñas da bahía. Estabamos de foto!!
Igualiño que Fernando Alonso nunha carreira de exhibición... e que cando nos poñemos...

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-04-2008 17:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Que ya te echabamos de menos , aguita salada...
Me alegro que ganarais...pero se nota u#blgtk08#n cierto "tufillo machista" por eso de la patrona preñada je.je..Deja que te pille marinero..
Comentario por Maria José (01-05-2008 17:50)
2 Non é machismo!!!
É que a patrona estaba pre#blgtk08#ñada.
Agora xa non está.
Agora é mai.
Comentario por Peter P. de Mille (05-05-2008 15:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0