Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Paixón de "pedigrí" e 4 (O "Grand National")
Cando conseguín espantar ó sátiro, descubrín por onde entraba na miña leira. O mui cabrón saltaba a tela metálica de metro vinte como se nada. Nese momento arrepentinme de ser criado como o fillo pequeño e mimado dunha familia nuemerosa. Sí, necesitaba poñer un suplemento ó pecha da leira e non tiña nen puta idea de como colocar os aramios.
Ó día seguinte, cando cheguei de currar, a familia déume as novedades. A viciña botou ó violador tres veces e non me aseguraba que non tivera entrado máis veces sen que ela se decatara. A miña mai corroborouno todo e apuntou que ela tamán o botou dúas veces. ?Maravilloso?, pensei. ?Teño un concurso hípico no meu xardín?.Como o moi fillo de puta sigua practicando vai darse o luxo de facer o salto con piruetas mortais e saudar ó respetable.
Armeime de valor para enfrentarme ó problema e achegueime á ferretería de Miguez. Eran xa as 1830 horas e a noite ía caer a eso das 1900h. Só tiña media hora para lucirse o rei do bricolaxe.
Cargado de aramio e tensores empecei a terefa. O rollo de aramio liouse e eu non era quen de estiralo. Os minutos ían pasando e a noite avanzando.
Collín o primeiro tensor mostrándolle todos os meus respetos, pregueille que cumplise a súa tarefa e ata supliquei mentres movía ca chave inglesa o seu complexo mecanismo xiratorio. Así ata os catro que comprei. Os catro tensores fláccidos mostráronme con firmeza que algo non funcionaba.
Por sorte tiña un viciño ?manitas?; así que vencendo a miña patolóxica vergoña, fun a pedirlle socorro. O home apareceu cun foco a baterías para poder traballar con boa luz, e nada máis ver os putos tensores exclamou:?Estabas apretándoos ó revés!?. Eu,aparteime discretamente cara a zona de sombra para que non se notase a miña cara de papón.
Cando o despedín intentei manifestarlle a miña gratitude infinita; e cando chegou á casa a miña dona, nun desliz de soberbia, expliqueille en primeira persoa do plural as vicisitudes da obra como se o protagonista fose eu cunha pequena axuda do viciño.
Supoño que existe un deus ou ?aljo? que decidíu castigar a miña vanidade; porque despois da cea houbo unha nova visita do sátiro. O cabrón arrancou a tela metálica a dentelladas abrindo un boquete por onde entrar a consumir os seus libidinosos desexos.
Non fun capaz de admitir o meu fallo. Nese momento culpei ó viciño fungón de axudarlle a facer o burato para joderme por cuestións de lindes.
Daban as badaladas de medianoite mentres a miña muller e eu zurcíamos o burato á escasa luz dunha bombilla de baixo consumo (puta conciencia ecoloxista,joeer).
Pero ahí non remataba a noite. Ás tres da mañá despertounos o ?botellón? que montaba a nosa cadela con tres (3) cans .
Cando me erguía da cama a miña muller lembroume que me abrigara , que facía frío. O que ela non sabía é que a mala hostia me producía a suficiente calentura como para non enterarme do frío da noite.
Non podía rendirme. Qué faría o meu heroe Charlton Heston nesta situación?. Tes que comprender que eu vou camiño dos cincuenta e as miñas referencias culturais son de outra época.
Exprimindo os meus recordos de aquelas inesquencibles ?Sesión de Tarde? dos sábados do antigo réximen, recupero a imaxe en branco e negro do meu heroe enfrentándose a un exército de formigas en ?Cuando ruge la marabunta? , e valoro as dúas opcións que él utilizou:
A.-Foso con líquido inflamable para cortar o paso ó inimigo.
B.- Barricada infranqueable.
Co sosego que me producía a terceira copa de Porto (que vicioso é o puñetero) entrégome á opción ?B?. Entre outras cousas porque os meus viciños , de escasa cultura cinéfila, non serían quen de relacionar o holocausto ?cadelico? (ou como se diga), co heroe do ?Planeta dos símios?; e o sistema de barricada leva anos demostrando a súa aplastante eficacia contra asaltos de ?sioux?, ?apaches?, ?comanches? e ata hordas de chinos durante 55 días en Pekín.
Mentres agardaba a chegada da miña esposa para planear xuntos a estructura sentín á miña cadela ladrar con forza no alto do valo que da ó camiño. ?Así se fai,bonita!?
Defendendo o fogar contra viandantes descoñecidos. Asomeime ó borde por ver se era unha banda de Albano-Kosovares; pero non.
A moi... estaba animando ós seus colegas para continuar a orxía. ?Será posible!.O teu amo aquí jodido , e ti, putón, invitando ó inimigo?.
Decidido. Vouna pechar na boega e non vai sair máis ata que se lle pase o celo. Acto seguido din instruccións á familia sobre as duras condicións do peche da moi... e non o vas creer, ninguén discutiu a orden.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-03-2008 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Meu neniño...o teu non son nin os cans nin os cursos "black de#blgtk08#ker"..je.je.je.
Pobre cadeliña ...deixala sin paixón...
Comentario por Maria José (11-03-2008 22:06)
2 se meteran a algún que coñezo na bodega cada vez que está en celo,#blgtk08# non vería a luz do día jojojo

unha aperta mareiro
Comentario por Ruben (filloRaúl) (16-03-2008 23:53)
3 para qué luchar contra la lujuria, si el perro de la vecina se fo... se beneficia a tu perra, pues benefíciate tú a su dueña. Seguro que ella te lo agradece y no pierde el tiempo construyendo barricadas. Pero claro, la clase social manda#blgtk08# y cómo vamos a consentir que un cualquiera se arrejunte con alguien de alta gama, sobre todo si hay dinero de por medio. Pues en los programas del corazón no se andan con exquisiteces y sacan pasta igual tirándose al primero que pillan.
Comentario por texas (20-03-2008 18:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0