Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O casamento (6) Preguntas sen resposta
Despois dos postres, cando as persoas non saben se deben ir ó baño ou simplemente deixarse caer a un lado e agardar que a morte por indixestión os leve, o novo matrimonio da sempre un paseo por entre todas as mesas… Para qué?
Van preguntar se esta todo ben. Mais irá alguén dicir que os langostinos cheiraban raro…, ou que o redondo de vitela era máis ben cadrado e con sospeitosas pintas verdes nos bordes?.
Van, tamén, a ouvir as preguntas de costume: “Entón para onde é que van esta noite?” “Qué tal a sensación de estaren casados?”
Van a dar as respostas de sempre: “É segredo, non podemos contalo” “A sensación é inmellorable, recomendocho”
E os amigotes do noivo sempre repiten as mesmas cousas: “Esta noite non perdones!!”
Ah, e non esquenzamos ás amigas da noiva:” Que sortuda (aquí o nome da interfecta) ,xa pillou”.
E eu me pregunto na escuridade da noite: Esto causou algún adianto para a humanidade? Aporta algunha teoría descoñecida para por fin á fame no mundo? É o fin da horrible caspa sobre os ombreiros? É a solución para aparcar no centro da cidade en hora punta?
Home, ainda se os invitados fòsemos convidados ó día seguinte para ver o video da noite nupcial, ainda che valía a pena o esforzo.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-08-2006 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Dende logo este serie sobre o casamento é xenial. Partome de risa. Agora que toca. A lúa d#blgtk08#e mel, o primeiro fillo ou xa directamente o divorcio? Un saúdo dun enganchado (e casado).
Comentario por A Randeeira (13-08-2006 07:40)
2 ...... vai retranca que tes.... moi moi moi bo..... r#blgtk08#eal como a vida mesma....

continuo....
Comentario por brandomil (17-08-2006 17:18)
3 E eu que pensaba que era a única que tiña uns pe#blgtk08#nsamentos tan perversos sobre os casamentos...!
Comentario por montse (05-05-2010 19:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal