Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O casamento (5) O Aperitivo e o xantar
Contodo, a parte máis incomprensible nun casamento é o momento despois da cirimonia e antes do xantar.
Son cerca de duas a tres horas onde somos obrigados a falar. A falar e estar de pe. A falar e estar de pe, e agardar que o tempo pase. A falar, estar de pe,agardar que o tempo pase, e pensar nunha boa desculpa para dar ós noivos e irmonos máis cedo. A falar,estar de pe,agardar que o tempo pase, pensar nunha boa desculpa para dar ós noivos e irmonos máis cedo e facer fotos con eles , e comer unhas croquetas e empanada.
Eu son moi coidadoso en todas as comidas que o meu corpiño inxere. Por eso esta parte do casamento é moi deprimente para min. Normalmente os casamentos son en verao. Estamos a 40º e os camareiros serven langostinos con mahonesa. Ou sexa , eu non consigo comer nada porque sempre me veñen á cabeza aquelas historias que leo nos xornais:” 200 invitados dun casamento teñen unha intoxicación alimentaria e acaban no hospital. O noivo e a noiva non poden consumar o matrimonio e pasan a noite nupcial no hospital con salmonelose”.
Por enriba non entendo como é que se gasta tanto tempo nas fotografías. Hoxendía, cas tecnoloxías dixitais xa era posible non facer que todas as persoas perderan tanto tempo. A cada persoa que chegase ó casamento podían facerlle unha foto de carnet. Despois facíanse duas fotos ós noivos ó lado de dúas persoas ben vestidas e con bo porte. De seguido sustituíase a cabeza desas dúas persoas polas dos distintos invitados. E ainda por riba poderíamos escoller quen queríamos que fose a nosa compañeira de fotografía. Escollemos a cara máis bonita da festa e xa está. Só con eso aforrábamos centos de horas.
E chegamos ó xantar. E eu pregúntome: Xa que pagamos un presente tan caro, eu gostaría que alguén me explicase porque é que toda a comida que sobre non é dividida entre os convidados que deran un presente de, polo menos, douscentos €?
Os elexidos serían convocados polo vocalista da orquesta para levaren unha fiambreira e escribirían as súas preferencias: prato principal, doces ou entremeses. Polo menos rentabilizabamos o presente que os noivos nunca se lembran quen deu, e que foi caro como raio.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-08-2006 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 mágnifica esta narración chea de chispa e análese social do feito matrimonial.
A verdade #blgtk08#é que custa non sorrir a medida que avanza o relato; e xa espero a seguinte dose con impaciencia
Comentario por carlos perez (10-08-2006 14:55)
2 ja.ja.ja..no se si no buscarme un noviete y casarme solo para que escribas otra crónica...Eso si#blgtk08#...te disculpo del regalo....Me encanta..Tienes un sentido del humor bárbaro....sigue...sigue..
Comentario por Maria José (11-08-2006 21:12)
3 manda carallo co Aturuxo... éres a hostia nenooo!!
A ver se #blgtk08#non te fas tanto de rogar, segue que quero ver como acaba o casorio
Comentario por antonio (12-08-2006 15:46)
4 #blgtk08#
Comentario por (21-08-2006 08:34)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal