Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Baixo o sol de medianoite 13





Como xa era costume nesta viaxe, o día previo á saída da etapa tomábamos rumbo a unha das múltiples illas ó redor da capital para concentrarnos antes da saída.
Dado que esta que íamos acometer era a última etapa da proba, era claro que o patrón buscaría un lugar axeitado para a concentración do persoal.
A illa á que nos dirixíamos ben cediño pola mañá era a illa de Sandhamn. A poucas horas de navegación de Stockholm e unha especie de paraiso salvaxe sen estradas e só habitada por un pequeno grupo de aldeanos e capitalinos que fuxían do rebumbio da grande cidaade e que tiñan as súas casiñas ó carón do nautico que había na vila.
Ainda que a navegación ata alí foi curta en tempo, hei dicirche que se nos fixo longa abondo. Verás, o patrón ainda lembraba como foi saqueada a súa adega durante a festa que montamos pasada noite;así que para amenizarnos a travesía non se lle ocurríu mellor cousa que, polos altofalantes exteriores do VHF do barco, poñer a música do cd cun disco de,agarrate forte, Julio Iglesias en reproducción contínua!!!
As catro ou cinco primeiras veces que o escoitabas íamolo tomando con bo humor... mais despois de duas horas, xa o persoal intentaba á desesperada meterse no curruncho da mesa de cartas onde estaba o lector de cd para librarnos do martirio musical. Todo foi inútil. O patrón, preveendo a situación, pechou a instalación baixo chave e ninguén se atreveu a forzar a pechadura.
Como queira que ainda restaban algunhas horas ata chegar á illa, a desesperación cundíu entre a xente , ata tal punto que tres valentes largaron un cabo por popa e lanzáronse ó frío Báltico a nadar deixándose remolcar a unha prudente distancia do barco.
Pouco lles durou a ledicia. Non che sei se sería pola friaxe da auga ou porque o patrón amenazounos con cortar o cabo, empezaron a gabear por él ata subiren a bordo de novo.
Á tardiña, e despois dunha cumplida venganza pola festa, avistamos xa a entrada do portiño de Sandhamn. A illa non podía ser máis pequena. A penas o edificio do nàutico, unhas casiñas ó redor , e nada máis salvo un bosque pechado no que os renos paseaban felices.
Algo que nos sorprendeu era que tampouco había luz eléctrica nas casas, se non candís e velas. Todo moi, pero que moi sostible. Era bonito, pero ó mesmo tempo impedíanos enganchar a terra a toma de corriente do barco para que as baterías non se resentiran.
Unha vez atracados, e liberados da tortura, saltamos a terra en busca de algures para cear ou tomar algo..., nada. O único lugar público era o náutico cun bar pequeño e unha pequena tenda de recordos turísticos. O noso intento de cear foi vano. Acababa de celebrarse unha regata local e todas as mesas estaban reservadas para as tripulacións dos barcos que participaban nela e para os invitados dos patrocinadores.
Esta, amiguiño, si que che ía ser unha auténtica concentración.Ás once cenadiños e á litera. Quen nos víu e quen che nos ve!!!
Acababa de alborear o día... boeno, é un dicir,ás duas da mañá xa estaba o día crecidiño, cando desatracamos de Sandhamn e puxemos proa en demanda do faro da entrada do seu estuario.
Acababamos de recibir por radio o último parte meteorolóxico e despois de ver pola rede o mapa de isobaras, a estratexia estaba clara para a regata: Seguir unha ruta entre Sandhamn e Szcecin pola banda Oeste do campo para así aproveitar mellor os ventos que nos entrarían (se non había erro nas prediccións) pola amura de babor , nunha ceñida caseque contínua ata Polonia. Só teríamos que correxir rumbo para tomar o ?way point? da Illa Gotland que según as instruccións da proba tíñamos que deixar por estribor.
As horas foron pasando mentres nós probábamos unha e outra combinación de velas de cara ós ventos que se nos anunciaban. A esta hora da mañá a cousa empezaba tranquiliña cuns entre dez e quince nós , que aconsellaba sair co xénova 1 na proa e nunha ceñida rabiosa caseque de rumbo directo.
Esta vez a saida foi ordeada e sen perigo para niguén. Supoño que influiu que dos 160 barcos iniciais , moitos xa non ían facer esta última etapa, sobre todo dos grandes clase A. Onde sí que se mantiña o ambiente era na nosa clase D e na inmediata superior.
Nos optamos por posicionarnos xa na presaída na banda do barco do comité que se situaba ó Sur e por tanto no sector favorecido con un chisco máis de presión de vento.
Á nosa estela púxose o ?Felicity? e o ?Hebe III? que encararon a saída desde o mesmo punto. Por fortuna a nosa maior eslora e superficie vélica permitíunos deixalos atrás ben pronto.
Según íamos avanzando o día e devorando millas veíamos como a cousa empezaba a poñerse un pouco complicada para aguantar co xénova 1 arriba; así que en pouco tempo vímonos na obriga de facer un ?peeling? ó 3 para sermos capaces de manter o barco estable e en boas condicións de goberno.A decisión mostrouse ben pronto acertada. A intensidade do vento,non deixaba de incrementarse , e pouco tempo despois xa estabamos nuns 25 nós e con tendencia a subir.
Á nosa popa e un pouquiño máis ó NW veíase a silueta do ?Felicity? que era dos dous que nos acompañaron nas primeiras millas , o que ainda aguantaba o noso vertixinoso ritmo.
O Báltico estaba empeñado en mostrarnos a súa cara máis desagradable e pouco a pouco íamos vendo como as condicións ían tornándose máis duras no tocante a condicións de vento e nas de mar.
Nos aguantabamos sen problema e o barco respondía como nos ten acostumados. Contodo, o Sr. Murphy non nos ía deixar esta vez ir de rosiñas. Nunha racha máis forte que veu acompañada dun tren de ondas de periodo curto, típicas de este mar, o puño de driza do xénova 3 cedeu cun tremendo latigazo. Rápidamente nos puxemos todos en movimento para tentar recuperar a driza que saíu voando dada a tensión á que estaba sometida, e ó mesmo tempo tentar de arriar o que quedaba da vela. Todo esto entre continuos rocións e un vento que comenzaba a subir ata os trintaecinco nós. En pouco tempo tíñamos a vela metida no salón interior do barco; e Pablo, o noso proa, recuperara xa, escalando por un obenque, o cacho do puño de driza que ondeaba pendurado da driza. A verdade é que velo gabear polos obenques, mentres largabamos a escota da maior para minimizar a escora ;e o vento golpeando a driza co puño contra o pao, causaba arrepíos. Cando o vimos xunto a segunda cruceta ca man a puntiño de pillar a driza temimos por se un golpe de vento lanzaba o mosquetón e o cacho de kevlar da vela contra a súa cara. Por fortuna a súa pericia fixo que fose quen de cachar a driza antes de que eso ocurrira e nun abrir e pechar de ollos estaba xa sobre cuberta, entre o alborozo de todos os que estabamos pendentes da maniobra. Momentos despois xa estaba o retal abaixo mentres dous compañeiros se aprestaban a izar na proa un tormentín e unha parte dos que, en teoría, deberían estar de descanso, empezaban a facer unha costura entre a vela rota e o seu puño de driza recuperado.
Mentres que estabamos nesas a nosa velocidade descendera claramente e xa veíamos por diante de nos a tres barcos. Había que darse presa na reparación para poder contar de novo co xénova 3 arriba e así poder recuperar a pontencia que tiñamos hai poucos minutos.
O tempo ía pasando e a eso das cinco da mañá xa estabamos ca Illa Gotland ó noso través.
Despois do axitado bordo desde a saida ata aquí tíñamos , por fin, que manobrar para facer unha virada en demanda da Illa Gotland para pasala polo Oeste.
Acababamos de virar e o rumbo agora era máis aberto, co cal a presión sobre as velas era moito menor. Mentres o equipo de costura xa rematara e despuxémonos a facer un ?peeling?do tormentín ó xénova 3. O vento mentres ía caendo ata vinte nós e a nosa navegación era agora a un tranquilo descuartelar.
O xénova xa estaba arriba. Agora só era cuestión de ver se aguantaba o remendo.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2007 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Manda chover. Con 20 nudos e un x#blgtk08#énova 1. Nótase que hai posibles.
Comentario por Xan Carlos (03-12-2007 17:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0