Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Baixo o sol de medianoite 12
A estancia en Stockholmo estivo chea de sucedidos interesantes. Catro días deron para moito, ata para ver a cidade e cear diante da Academia Sueca.
Ó principio, e dada a escasez de barcos , o Lángara e nós éramos a atracción do porto. Pouco a pouco a cousa foise enchendo e ó mesmo tempo animando.
Como queira que moitos barcos finalizaban aquí a proba caseque andivemos de festa de despedida a cotío. Tanto é así que nos tamén organizamos unha boa.
Verás. Unha noite que o armador, e os seus amigos marcharon a cear fora , invitamos a unhas amigas de diversos barcos cas que fixeramos máis ou menos amizade. O caso é que alguén atopou na sentina un compartimento no que había agochadas varias botellas de Mcallan de doce anos. O seguinte xa o podes imaxinar.
A cousa ía ben e sen moito desmadre ata que ás poucas horas chegaron de volta o armador e os seus amigos. Cando viron a boega secreta saqueada puxeron unha cara... pouco agradable. Non houbo que dicir nada ó persoal. A festa acabou de súpeto e cada un lispiouse por onde puido.
Quen máis ,quen menos temía unha boa bronca. Nada. Silencio.
O peor ainda había chegar en poucos días... Aaahh!, que alleos estabamos ó que nos agardaba.
Os días foron pasando mentres facíamos turismo pola cidade e admirabamos os seus monumentos de todo tipo. Ahí, amijiño démonos conta do pouco modernos que che somos. Unha das noites que saímos a ver o ambente da zona de marcha, estabamos un grupiño do barco cunhas amigas irlandesas do ?Black Diamond? e outro grupiño das disciplinadas rusas do ?Shtandart? tomandolle algo nun pub ,cando duas parellas (rapaz/rapaza e rapaz/rapaza) locais, esto é: altos, loiros e de ollos azuis deron a volta unha cara unha e viceversa, pegáronse un morreo en toda regla e voltaron a falar cos seus acompañantes (rapaz/rapaza) como se tal cousa.
Nos ficamos quediños , pa modernos nos, pero as amigas rusas escomenzaron unha interesante conversa sobre o sucedido , que lamentablemente os meus coñecimentos de ruso (que se reducen a: ?priviet? -hola- e ?da svidania? -adiós-) non me permiten traducirche.
Despois do triunfo da noite houbo quen se lanzou á aventura e entroulle a unhas locais. O resultado... patético...
Outros seguimos cas alegres amigas cas que chegaramos e o último que lembro é que estaba sentado na popa do ?Shtandart? intentando facerme entender en inglés con Tatiana (unha das tripulantes que dominaba o inglés ainda menos que min). Menos mal que facía boa temperatura e ningún dos dous tiña presa...
En dous días estaríamos xa fora da cidade camiño de escomezar a derradeira etapa da competición que nos había levar ata a cidade polaca de Świnoujście e logo a Szcezcin ; así que había que apurar as horas , e ó persoal non se lle ocurríu nada máis que organizar unha festa vaqueira á cal habería que ir convinetemente ataviados.
A festa ía desenvolverse no ?Shtandart? e cara alí se encamiñaron algúns dos meus colegas, mentres eu e outros dous compañeiros decidíamos irmos a cear á cidade vella e despois disfrutar dunha agradable tertulia nunha terraciña ó sol de medianoite.
Pouco a pouco as horas ían pasando e o cansancio aconsellaba que nos fósemos retirando ó barco. Cando chegamos os tres máis tranquiliños, atopamos unha actividade venérea de carácter ..., poderíamos dicir que, frenético.
Verás: Nos dous camarotes de proa oíanse uns sonidos inequívocos que proviñan tanto de babor como de estribor. No salón estaba outra parelliña dándose o lote alleos ó resto do mundo... ; e, polo que me enterei posteriormente ata o pañol de proa estaba ocupado.
Mentres se ía tranquilizando a cousa , optamos por continuar a tertulia en cuberta acompañados por unha botelliña que o sr. armador tiña reservada no seu camarote e,para os fumadores, uns Montecristo. Así pasaba o tempo entre sonidos lúbricos e as nosas risas ( a tertulia derivara nun max-mix de chistes de toda pelaxe); cando chegaron dous membros máis da tripulación que ó que se vía non tiveron o éxito que acompañóu ós demáis.
E hete aquí que non sei se por efecto do alcohol que levaban inxerido ou por envexa, a un deles non se lle ocurríu mellor cousa que apañar a cámara de video do barco , e con moito sixilo e coidado ir cara a proa e levantar o portillo do pañol . Unha vez visto o panorama do interior , colleu un pouco de cinta americana e fixou a cámara na rendixa de xeito que captara os movimentos ?orquestais? do interior.
Teméndonos o peor , cando os protagonistas da cinta se decatasen, nos optamos por baixar a terra e dar unha voltiña polo peirao.
Non che sei ben canto durou a interpretación, o que sei é que cando voltamos ó barco todo estaba en silencio e o pañol de velas estaba aberto,así como para que se ventilase. Deitámonos a dormir algo, ata que nos despertaron de novo os sonidos venereos que esta vez viñan da sala. Espertei e escoitei dende a liteira viciña:?A este paso imos ter que botar bromuro nos depósitos de auga potable..., joer que frenesí?. Decidimos sair a ver se aplacábamos esa fogaxe.
Oh, sorpresa!.No portatil da sala estábase visionando o resultado da cámara espía da madrugada. Total , xa non había quen durmira así que nos acomodamos para asistir ó visionado.
Pouco durou. Ó cabo chegou un dos protagonistas da película e agarrou tal mosqueo que avalanzándose sobre a cámara arrancoulle os cables e ,non se sabe como nen como non, saíu voando cara ó Báltico (a cámara, eh). Tentamos collela ou facela variar de rumbo, pero todo foi inútil. A cinta e a cámara están agora fondeadas nas frías augas do Báltico diante do Palacio Real de Stockolmo.
Menos mal que o sangue non chegou ó mar. Despois da bronca pola perda da cámara e por parte do protagonista da película, chegamos ó acordo de poñer un fondo para pagar a cámara entre todos. Uns por acción e outros por omisión, en parte todos fóramos culpables do estropicio electrónico.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-11-2007 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0