Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Baixo o sol de medianoite 11





Á mañá seguinte xa parara de chover e voltabamos a ter unha temperatura anormal para estes lugares.
Como sempre puxémonos en marcha cediño ca idea de chegar á tardiña á capital do Archipélago das Äland, Marienhamn.
A travesía foi tamén entre multitude de illas e illotes que salpican a costa Sur de Finlandia e Suecia. Äland é un cúmulo de illas con autonomía política, parlamento propio e porto franco. Polo que vimos , semella para os habitantes de Stockolmo como Tallin para os de Helsinki.
A nosa chegada foi á hora prevista , mais houbo quen non tivo tanta sorte na complicada navegación por estas costas. O ?Spanniel? de bandeira Belga tocou nun dos innumerables baixos que hai na cercanía da entrada de Marienhamn e deixou alí media orza. Polo que ouvimos pola radio, ían intentar arranxalo nun porto cercano a Stockolmo e a ver se pode continuar en competición.
En Marienhamn o recibimiento non puido ser mellor. Alí estaba unha representación da universidade local, xa que dous dos nosos tripulantes desembarcaban aquí para comenzar o novo curso académico merced a unha beca ?Orgasmus?... , ou era ?Erasmus??.
Xusto coincidindo ca nosa entrada, saía de porto o ?Cuauhtemoc? mexicano. Menudo espectáculo! Toda a tripulación rendindo honores nos paos ;e na popa do barco un grupo de marciachis tocando ?Sigo siendo el rey?. Gañar non gañarán, pero o show que montan ...
Nos aquí tivemos dúas baixas que por fortuna foron remendadas por un fisioterapeuta local.
Supoño que o feito dunha navegación tan longa e o pouco descanso fixeron mella na xente e dous tiveron que ser enderezados por un fisioterapeuta. Os probiños non podían nen erguerse da litera.
Ó día seguinte, adina había barcos entrando no porto , e nos ,esta vez fumos os primeiros en arrancar cara a Stockolmo.
A travesía foi caseque toda a motor dado que non chegábamos nen a 2 nós de vento. Contodo ainda tivemos o regalo de ver un reno nadando entre dúas illas. Cando collemos os prismáticos para velo máis de cerca decatámonos da razón da súa travesía: Unha manadiña de atractivas (supoño)renas agardábano na outra illa.
En Stockolmo fumos dos primeiriños en chegar; así que colocáronnos xusto
diante da porta principal do Palacio Real. O Lángara amarrado en terra e nós abarloados a eles.
Supoño que a nosa precipitada chegada pillou un pouco por sorpresa á organización xa que as duchas ainda non estaban operativas e houbo que recurrir a unha mangueira na popa. Deus, que fría está a auga do Báltico. Igualiño , igualiño que as mulleres suecas. Oe, estar están moi ricas, pero nen puto caso,tu. Aaiii, quen estivera en Estonia!!.
O que nos sorprendeu foi o noso enlace. Era un rapaz de uns dazasete anos que falaba perfectamente español con acento andaluz.
Unha vez que lle preguntamos aclarounos o misterio: Da época gloriosa das suecas en España hai agora unha xeración de rapaces/as suecos que falan correctamente a lingua de seu pai (andaluz, canario, etc.). Unha vez máis a alianza de civilizacións!
A estancia aquí ía ser un pouco máis longa que as anteriores, e ademáis desembarcarían o armador e os dous invitados; pero ata que eso suceda, ainda hei de contarche algunha cousiña que pasou en Stockolmo, penúltima etapa da proba , e cidade enorme e con historia. Por zonas parecida a Viena; mais con menos apariencia pueblerina e máis multiculturalidade. Nada parecido a Helsinki.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2007 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Asi que .a beca "Orgasmus" e votando de menos a Olgiña...eh...je.je.je
X#blgtk08#a sabes porque viñan as suecas a España non?...Porque aqui fai calor..ja.ja.ja.
Comentario por Maria José (11-11-2007 20:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0