|
|
|
Faro 2014. A diversión continúa (I) |
|
O Maravilloso reino das rotondas.
Non é que este ano houbera motivación para baixar a Faro, bastaba con botar unha ollada ó cartel para decatarse de que o grupo estrela era nada máis e nada menos que: ?Los Inhumanos?. Supoño que, ó mellor, algo tiña que ver a caida do Banco Espíritu Santo e o estado xeral deste periférico Sur de Europa.
Pero dábacheme igual. O ano pasado neses días estaba convalecente da colocación de dous ferriños no meu pé esquerdo, e machacándome con sesións de fisioterapia por ver de guindar as muletas o máis lonxe posible.
Este ano, pouco che faltou para que a cousa se torcera de novo. Xusto a semán na que se cumplía un ano do sucedido cando voltaba de dar unha voltiña coa Nosa Sra. de Volusia, un túzaro a bordo dun Ibiza sáltase un ?stop? lévame por diante e escapa por dirección prohibida como alma que leva o demo. Por sorte, cando estaba tirado na rúa coa moto enriba miña ainda me deu a cabeciña para apuntar na merda do asfalto a matrícula.
E para rematar o conto hei de agradecer ó Dpto. De Atestados da Policía Local da Coruña a súa boa laboura na localización do interfecto, o que me evitou ter que pagar os destrozos causados na Nosa Sra. de Volusia. Por fortuna desta vez só tiven unha distensión nun dedo da man por aferrarme á maneta do freo tentando evitar que a moto tocara o chao.
Dúas semáns antes de partir para Faro déronme a moto no taller; e ainda que fun eu mesmo a por ella, non poido dicir que as sensacións ó collela foran as mesmas de sempre.
Había algo na miña cachola (poderíamos chamarlle precaución; pero sería máis acertado chamarlle: medo) que me agarrotaba nos cruces ou nalgunhas rotondas especialmente pechadas. E non queiras ver cando veía aparecer o morro dun coche nun cruce. En fin, para que seguir.
Non as tiña todas conmigo; pero estaba decidido a seguir coa viaxe. A única maneira de vencer estes medos recén instalados era lanzarse de cabeza contra eles.
Meu dito, meu feito. Á hora marcada estaba na gasolineira da saída da cidade para iniciar o meu camiño rumbo Sur.
Os primeiros kilómetros foron... tensos. Doíame o antebrazo e todo o corpo da enorme tensión que mantiña sobre a moto; pero pouco a pouco fun quen de convencerme e de deixarme ir para afroxar a tensión . Ó fin era un percorrido que tiña feito montóns de veces , e que coñecía ben. O día era bon, non soplaba vento e invitaba a rodar.
Nas distintas paradas a repostar ía notandome máis relaxado, e só nalgunha rotonda aparecía esa pantasma do tipo que se salta o ?stop? e me leva por diante. A maioría das veces era quen de controlalo ainda que fose ?daquela maneira? e tomando a curva en primeira e ollando de reollo para os que se ían a incorporar, non fora a ser o demo.
Unha cousa me extranou: A ausencia de moteiros na estrada. Como xa che dixen o cartel deste ano non atraía grande cousa; pero tan pouco?
Da baixada, pouco che hai que salientar, salvo que esta vez chegar a Nazaré costoume o seu.
Verás: Saín como sempre en Leiría, de alí a Marinha Grande e xa cara a Nazaré. Cantas veces teño feito esto coa moto? Moitas; pero esta fun consciente da enorme cantidade de diversas e complicadas rotondas que hai entre Leiría e o meu destino intermedio. Mención especial hei de facer á rotonda puñetera que hai xusto entre o Sitio e a Praia. Xa levaba setecentos e pico km. e non sei se foi esto ou a pantasma do Ibiza, o caso é que me entrou un ataque de pánico e unha vez dentro da rotonda non che era capaz de xirar a moto. Clavo o freo, boto pé a terra, xiro devagariño e dou mil e unha vez gracias ós conductores portugueses que tiña detrás. Ninguén pitou nen nada. Deixáronme sitio e tan felices.
Probablemente se estivera eu nalgún deses coches ? en fin, ó mellor non era tan paciente.
Agora só tocaba aparcar fronte ó hostal, unha ducha e pasear un pouco pola praia para despexar a mente e non pensar en que ó día seguinte me agardaban as mesmas rotondas traicioneiras para seguir cara o Sur.
Se pillo por banda ó enxeñeiro de camiños que se adicou a salpimentar todo de rotondas íalle pasar a conta da terapia de choque á que me estou sometendo.
Ó día seguinte, ben desaiunado e descansado afrontei desfacer o camiño andado. Non direi que o pasei con elegancia. Mentiría descaradamente. Máis ben direi que o fun pasando.
Non tiña pensado entrar en Lisboa. Ó ritmo que ía podía levarme un día enteiro chegar a Faro, e prefería meterme xa directamente á Ponte 25 de Abril. Eses eran os plans iniciais. Cando me quixen decatar estaba enfilando a mega-rotonda da Pza. Do Marqués de Pombal (por fortuna esta praza ten semáforos, o cal xa ralentiza de por sí o tráfico) .
Bueno, xa postos, non ía perdoar un pasteliño na Confitaría Nacional e unha bica relaxadiño na terraza da Pça. Da Figueira.
Feita a parada e fonda tirei por Cais do Sodré cara o W con intención de abordar a Ponte. Non che foi sen dificultade. Só a min se me ocurre meterme na Baixa Lisboeta en plena hora punta; pero, xa estaba feito.
Deixada atrás a Ponte tomo a saída de Setúbal para alí pillar a IC-1 con rumbo a Albufeira. Sigo ?sozinho?. Non me topo con moteiros nas gasolineiras, salvo algún despistado que outro. Nada que ver coa miña última baixada. Esperaba pouca afluencia, pero non un deserto moteiro.
Esta estapa da viaxe foi moderadamente feliz. Parece que o caixón do cartos das rotondas estaba vacío; e tamén estaba vacío o de mantemento do firme.
Pero como se pode ter unha estrada que une a capital do país co Sur do mesmo, en estas condicións ? Aquelo non era un firme, era unha colección de badéns a cada cal peor. No centro do carril unha lomba enorme na que tiñas que inentar non subirte, e no borde un arcén subido noutra lomba. A única solución era manterte no rego marcado polos camións; e cando tocaba repostar, ferro a fondo para subir a lomba do arcén e entrar na gasolineira. Con razón estaba todo cheo de pintadas :?Benvidos á estrada da morte?.
Según me ía achegando a Albufeira melloraba o firme e aumentaba o calor. Se xa en Lisboa andabamos a 38ºC, agora non creo que baixaramos moito dos 40ºC.
Na N-125 encaro rumbo Leste para achegarme ó hotel. Por fin, despois dunha rotonda amplia e tranquila tomo posesión do meu cuarto, ducha rapidiña, comprobación de que a piscina está onde ten que estar e arranco para Faro para inscribirme e xa para ver a primeira actuación despois da cea.
Por certo, queres creer que no hotel só había (contando a miña) catro motos?
Cando cheguei ó Val das Almas, por fin había tráfico motorista ainda que non moito,eh!
Mira ti que na inscipción non había cola e podías aparcar onde quixeras!! Pero aquí non acababan as sorpresas, as comidas ás que tes dereito coa inscipción reducíronse a dúas (cea do sábado e desaiuno do domingo). O resto dos días a buscarse a vida, tu. Menos mal que o rodicio de peixe seguía activo e por 6,30? podías comer todo o peixe que quixeras.
Este ano había tres escearios, a saber: O principal para as actuacións importantes, o multicultural onde ó longo do día podías asistir a actuacións de diversos paises lusófonos (especial mención as impresionantes batucadas brasileiras) ;e o que lle chamaban do Oasis ó carón dun lago artificial que montaron nunha esquina do campamento e onde ó longo do día e da noite había varios DJ pinchando música para ?bailar?.
Ben, eu xa estaba ó carón do esceario principal (sí, acertaches, había sitio de sobra).
To be continued
|
|
|
|
7 Comentario(s) |
|
1 |
Pois parece que nestes momentos ir a Portugal en moto é de valentes. E ti o eres, está claro. Eu hai xa anos que non visito o país veciño. Desde que puxeron o do apar#blgtk08#ato das peaxes non volvín, así que xa vai tocando, porque , ademáis, para abaixo de Lisboa non coñezo nada...
Botábaseche de menos por aquí ;) Apertas. |
|
|
Comentario por Montse Llamas (12-08-2014 10:50) |
|
|
|
|
|
|
4 |
Mira ti que na inscipción non había #blgtk08#cola e podías aparcar onde quixeras! |
|
|
Comentario por replica handbags (21-06-2016 05:26) |
|
|
|
|
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|