|
|
|
Rumbo 270º |
|
Xa facía algún tempo que non che contaba nada da miña vida martítima ( para sermos serios xa facía tempo que non che contaba nada de nada); así que desta xeira vai un conto náutico.
Probablemente estés despistado porque , como xa sabes, sigo a periodicidade aperiódica que caracteriza esta páxina, por tanto cando che cadre de pasar por aquí has de sorprenderte a bon seguro.
Estabamos na tradicional proba de Malpica e a etapa de baixada pillounos cun vento Sur e mar do NW que non incomodaría un chisco a nosa ruta.
Xa coñeces o dito:?Ceñir é de probes?.
E ainda por riba estabamos con tripulación reducida. A maioría da xente estaba con exames finais; e ,operativos de verdade a bordo, éramos cinco. O resto eran invitadas dos armadores que axudaban a facer banda; pero nada máis. Unha delas era a súa primeira vez nun barco, e a primeira vez nunha regata. Entre os seniors fixemos apostas para ver canto aguantaría sen vomitar. Perdimos todos. A rapaza, canaria, aguantou como unha ?jabata? e soportou as mesmas rachas de 34 nós que soportamos os demáis.
Eu desta vez andiben coma todos: repartíndonos un pouco en cada cousa. Empecei no piano e, unha vez iniciada a travesía, pasei a trimar o xénova.
Dado que prácticamente fumos só dun bordo dende que viramos a Torre de Hércules e arrumbamos ó 270 (esto é: un W. puro, o rumbo de Malpica) paseime as catro horas da baixada acodado ó ?winche? de sotavento e pendiente da intensidade do vento e da orientación da xénova. Tendo en conta as condicións de vento e mar que tivemos, e a escora que levabamos escuso dicirche que de cintura para abaixo pouco había que estivera seco.
Sí, levaba a miña roupa de augas e as miñas botas, pero dado que a mar viña do NW e con ondas de uns catro metros; era moi pouco probable que chegara seco a destino.
Nos primeiros compases ainda tentaba evitar algunha das ondas; pero ó pouco puidome máis a ansia de preocuparme da vela e da velocidade do barco.
O patrón optara polo bordo de fora dos Baldaios e ainda que a presión de vento era maior que a dos que optaron pola costa, lóxicamente as ondas acadaban máis altura. Contodo, íamonos funcionando ben, e non nos despegabamos do grupo de cabeza. De cando en vez tomabamos marcacións ao grupo de terra e ahi íamos.
Só tiñamos que resolver unha pequena cuestión, verás: Ó chegar a Malpica debíamos tomar a boia de recalada que había na praia e, despois de virala, entrar na meta entre a punta do espigón e o barco do Comité. Pero claro, para eso tiñamos que ir caendo no rumbo e por tanto perdendo velocidade.
A medida que nos achegabamos ás Sisargas o patrón ía pechando o rumbo, e por tanto a velcidade caendo, co cal o noso paso por onda víase comprometido ó ter menos inercia.
De súpeto Cándido avisa de que o tangón da banda de estribor se soltara da ?uña? e bailaba perigosamente pola banda de sotavento só soportado polos candeeiros.
Agustín, Chus, Cándido e eu saltamos como cun resorte cara a proa para evitar que nove mil euros de tangón acabaran no fondo do mar.
O patrón berroulle a Chus para que se quedara onde estaba e aló nos fumos os tres seniors arrolando pola cuberta abaixo cara o tangón que xa se mecía cara a popa polas ondas que entraban a pracer pola regala.
En proa Agustín agarrou a ?uña? rota do aparello e Cándido e eu abrazámonos ó resto da cara pértiga de carbono mentres tentabamos manter o equilibrio apoiados como podíamos cos pés na regala.
O patrón, que nesas estaba máis preocupado de que non se lle foran á auga tres homes que de manter o rumbo correcto do barco, deu unha guiñada e a escora unida a unha onda especialmente grande fixo que Agustín e Cándido desapareceran dentro dunha parede de auga e escuma que barría a banda de proa a popa. A min só me deu tempo a baixar a cabeza e confiar en que o momento submariño fose rápido.
Non me preguntes como, pero os tres seguíamos abordo. Agustín aferrado ós aramios do gardamancebos coas mans, mentres que coas pernas amarraba o tangón; e Cándido e eu sentados sobre él tentando non irnos á auga , cousa que conseguimos coa inestimable colaboración do ?winche? de xénova que frenou o avance do puñeteiro tangón na súa carreira cara a popa e a nos que íamos de pasaxeiros inesperados.
Mentres nos recibíamos a nosa ducha semestral, Chus e Xabier xa se axenciaran unhas cinchas que nos pasaron como poideron para que puxeramos,por fin, o paiño a son de mar.
Non sei canto tempo pasou. Só sei que estabamos enchoupados da cabeza ós pés e que o grupo da costa estaba xa ben pertiño da boia mentres que o vento caera estrepitosamente ó achegarnos a terra.
A nosa ventaxa marchara polo mar abaixo.
Por fortuna, nos os tres ficamos sobre cuberta salvos e sans. Do resultado, mellor non falar.
Da tromba de auga que caeu unha vez en terra, mellor non falamos. Alomenos esta era auga doce.
As invitadas, especialmente a canariña que se estreaba nestas aventuras, non deixaba de preguntar se esto era sempre así. E,claro, a nos faltabanos tempo para dicirlle que hoxe fora un día tranquilo. Queres ver que non fomos quen de asustala? E non só eso, quere voltar e que lle enseñemos!!!. Aquí hai mariñeira!!
|
|
|
|
7 Comentario(s) |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
5 |
Da tromba de auga que caeu unha vez en terra, m#blgtk08#ellor non falamos. Alomenos esta era auga doce. |
|
|
Comentario por longines replica (21-06-2016 05:27) |
|
|
|
|
7 |
Or you are using a service or even building Web 2.0s and Squidoo lenses by hand. How do you know which is getting you #blgtk08#the most traffic to your website? What's working and what isn't? What should you be doing more of or less of?
|
|
|
Comentario por blog commenting sites list (10-10-2017 14:16) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|