|
|
|
A enchenta do Bósforo (II) |
|
Mira que alborea o día ben cedo por estas latitudes. Hache de ser porque estamos moito ó Leste e ata pode que teña algo que ver o feito de termos 1 hora máis, aquí en Estambul.
O desaiuno non foi nada que desentonara co resto do hotel (esto é: unha merda. A saber: café frío, boliños coma pedras) ainda que, eso sí, a sá dos desaiunos e a terraza colindante unha pasada coas magníficas vistas sobre o Bósforo cara un lado e cara o ?skyline? de minaretes da cidade vella.
Unha cousa quitamos en limpo, ó día seguinte mellor tomabamos un café decente e uns boliños recén feitos en calqueira bar do barrio.
Á hora convida xa estaba a furgona da empresa agardando por nos para demostrarnos, esta vez de día, o xeito de conducir da cidade. E sí, comprobamos feacentemente que os sinais e os semáforos están de adorno. Cruzamos a cidade nun pis pas e puxémonos ben pronto na parte nova da cidade, onde está a sede da nosa empresa. Xusto ó carón dunha das moitas mezquitas da cidade.
Despois dos agasallos de rigor estivemos traballando xunto coa equipa local e por mor de aproveitar mellor o tempo xa nos ofreceron nunha sá contigua unha comida con productos da terra. Pero non vaias creer que foi simplemente un xantar de traballo, que va. Cal non sería a nosa sorpresa cando vimos entrar na sá un grupo ataviado con traxes típicos e instrumentos tradicionais que se adicaron a amenizarnos a comida e a sobremesa.
Unha vez rematada a xornda, o mesmo ?chofeur? levounos (caseque deberíamos dicir: teletransportounos) ó centro da cidade para subirnos ó edificio máis alto da cidade. Alí fotos típicas e vistas impresionantes da parte asiática da cidade ó outro lado do estreito e do enorme tráfico marítimo que cruza a diario por alí.
Unha vez finalizada a visita que, todo hai que dicilo foi gratis total (é de moi mal gosto non aceptar un agasallo dunha persoa do país) xa evitamos a volta ó hotel na furgoneta, e decidimos darlle un paseiño pola beira da bahía e achegarmonos ata un dos múltiples mercadiños que pululan pola beiramar e ,xa máis tarde seguir camiño cara Kunkapi (o noso barrio).
Que mal levo esto do cambio de horario. Son as catro da tarde e xa é noite pechada. Por se fora pouco ó ser un país musulmán non hai un puñetero sitio onde probar un viño local e xa non digamos unha cervexa.
O que sí , se aprecia é que alomenos na zona onde estamos, as mulleres que se ven pola rúa están moi occidentalizadas. É raro ver panos na cabeza e a roupa é claramente occidental.
Como xa estabamos un pouco cansos do día apalancámonos nunha terraciña para tomar un café turko do de verdade, non como a merda que nos puxeron no hotel. E, oe, menuda diferenza!!!. Esto é un café forte e ó seu remate un poso no fondo da taza, onde ben se podería leer o futuro.
Despois do descanso reparador, encamiñámonos ata a Rúa Taksim porque querían ver onde se produciron as últimas revoltas contra o réximen. Asegundo nos íamos chegando o número de tanquetas e leiteiras da policía aumentaba exponencialmente. O que é a rúa en sí, non se diferenciaba nada de calqueira rúa animada da Baixa Lisboeta. Ata tiña o seu propio tranvía que a percorría na súa enorme extensión. Alí tivemos ocasión de probar os petiscos da docería local. Nada, pero nada que ver coas pedras que nos puxeron no hotel para o desaiuno.
Como xa se ía facendo tarde para cear, decidimos pillar dous taxis e así voltar ó noso barrio. Axustamos o precio (sí, aquí hai que regatear por todo, ata por un taxi) e despegamos en vo rasante ata Kunkapi. Alí metémonos no restaurante no que atopamos sitio. O cal non che foi nada fácil posto que a zona estaba de bote en bote (e eso que era día de diario). Ceamos aceptablemente e despois non se lles ocurríu mellor cousa que trasladarnos a unha das moitas terraciñas que fervían coa animación da xente e dos grupos de músicos ambulantes que por alí tocaban. Caseque en cadansúa mesa había unha pipa de auga da cal todos (cada un coa súa propia boquilla) podía aspirar os diferentes tipos de tabaco cos que o rapaz que alugaba as pipas che podía dar a escoller.
Estabacho vendo. Non tardamos moito en que a alguén se lle ocurrira, para estar máis no ambente, pillar unha pipa con tabaco aromático de laranxa. En canto pasou o rapaciño chamárono e (como a inmensa maioría dos vendedores da cidade) atendeunos nunha mescolanza de Español e Inglés. O caso é que aquí nos tes sentados a unha mesa, con pipa de auga e ó pouco rodeados por unha das orquestiñas que, ata con sirtaqui e todo, nos amenizaban a velada mentres que un dos violinistas se achegaba ó noso xefe (que ollo ten o tipo) para pedirlle: ?money,money?. E ahi vai. Caéronlle que eu vira unhas cincoenta liras turkas ( non , non sei canto é ó cambio). O mellor foi a cara de ledicia que puxo o home e as enormes reverencias que nos fixeron todos os músicos. Eu non sabía onde meterme. Que situación tan... colonial,joeeeer.
Pouco a pouco, entre os vapores da pipa e o hipnótico das diferentes músicas que nos envolvían, ás mulleres da nosa expedición doulles por deixarse levar polo ambiente e tornáronse huríes.
Verás: saíron ó medio da rúa e escomenzaron unha especie de danza do ventre (unha delas ainda lle daba bon xeito, teño que dicilo) adicada a nos. Sí, hai fotos de todo esto, pero xurei polo divino espaguetti voador que nunca verían a luz (elas pensan que as borrei todas...). Ó pouco, algunhas das escasas mulleres que había noutras mesas e noutras terraciñas únironse á voráxine que envolvía ó grupo; e , meu amigo, nunca pensei que sosas e aburridas compañeiras de traballo poderían transformarse coa simple axuda dunha música e do cálido ambente das mil e unha noites da antiga Constantinopla.
Nen eu, nen os moitos gatiños que ó carón da nosa mesa ceaban estabamos seguros de non estarmos soñando ou flipando por mor dos vapores da pipa de auga. |
|
|
|
4 Comentario(s) |
|
1 |
Pouco a pouco, entre os vapores da pipa e o hipnótico das diferentes músicas que nos envolvían, ás#blgtk08# mulleres da nosa expedición doulles por deixarse levar polo ambiente e tornáronse huríes.
|
|
|
Comentario por breitling replica (23-01-2016 09:12) |
|
|
2 |
nunca pensei que sosas e aburridas compañeiras de traballo poderían transformarse coa simp#blgtk08#le axuda dunha música e do cálido ambente das mil e unha noites da antiga Constantinopla. |
|
|
Comentario por breitling replica (23-01-2016 09:13) |
|
|
3 |
Estabacho vendo. Non tardamos moit#blgtk08#o en que a alguén se lle ocurrira |
|
|
Comentario por replica watches (23-01-2016 09:13) |
|
|
4 |
Commentators noticed similarities with Mrs Obama's 2008 assemblage speech.Mrs Trump's accent also accepted her bedmate as a "compassionate" man who would #blgtk08#"fight for the country".It was her first accent of the attack and she had the advice of a speechwriting team.In a section,replica omega Mrs Trump |
|
|
Comentario por chanel replica (23-07-2016 04:32) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|