Contos do País do Solpor



O meu perfil
anoiteamericana@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

"Volaréee...uooooh,oooohhh"
Son as 1850h do domingo. Estivemos os nove que imos sair neste transporte como tripulación , preparando todo e asegurando todo en cuberta a son de mar.
A previsión metereolóxica non era moi boa , mais xogabamos cun marxe de seguridade amplo. Anunciaban ventos suaves do NW durante toda a noite e un role ó S. ;aumento na intensidade a forza 7 a medida que fose entrando a mañá do luns. Para esas xa esperabamos estar pertiño de Vigo o noso porto de destino .
Para evitar pringar todos/as (esta vez viñan connosco Antía e Carlota) o patrón distribuiu as gardas en turnos de 4 horas que comenzarían ás 2300h.
Eu decidín quedarme xa no primeiro turno e así poder dormir ata a madrugada.
A saída de porto fixémola ó grande. Coincidían as festas de antroido na cidade ,e ó chegarmos a altura da Punta de San Pedro pola nosa popa vimos a foguetería e as luces no ceo da celebración das carrozas.
Estabamos ben contentos... esto parecía a saída da Volvo!! e nos dando rumbo xa cara a Sisargas.
A noite ía pasando tranquila e alguén baixou a poñer música polos altofalantes da bañera para facer máis levadeira a travesía. De vez en cando a música deixaba paso ós boletíns meteorolóxicos de Coruña Tráfico, e pouco máis tarde, ó pasarmos as Sisargas, ós de Fisterra Tráfico.
Segundo nos íamos afastando do Golfo Àrtabro a cousa empezaba a moverse máis. A mar de fondo do S. ía en aumento e ó deixar por popa a Sisarga Grande e tomar rumbo en demanda de Vilano, os pantocazos que daba o Hansa facían difícil manter o equilibrio sobre a cuberta. Visto o carid que tomaba a cousa , Xulián, o patrón nese momento, decidíu empezar a tomar rizos na maior para facer máis manexable o barco. A manobra era de todos coñecida por tela practicado montóns de veces, mais ó facela baixando a cresta dunha onda de 5m. dificultábase un pouco. Con todo tomamos dous rizos á maior e para compensar a perda de velocidade decidiuse por en marcha o motor auxiliar. Pola radio escoitábamos as últimas novidades no tempo ,e as perspectivas non eran nada boas. As cousas estaban empeorando moito más depresa do que todos pensabamos. A mar de fondo ía en aumento e ó tela de proa dificultaba moito o avance. O vento rolaba cada vez máis rápido ó S. e pasamos de facer un cómodo rumbo de aleta a vernos nun rumbo de través e ás veces caseque de ceñida.
Ás tres da mañán acabamos o noso turno de garda e enchoupados dos salseiros e da choiva que comenzaba corrimos abaixo a avisar ó persoal que tiña que revelarnos.Ó chegar á cuberta xa viron que as cousas empeoraban de presa e apresuráronse a calzarse a roupa de auga para evitar a molladura, por outro lado caseque inevitable.
Cando baixamos estaba Eduardo e Antía acabando de tomar unha cunca de sopa quente e deixarnonnos ós que chegabamos as nosas cuncas que sabían a gloria.
Nesas estabamos cando un pantocazo máis forte que os outros nos fixo sair a cuberta para ver se había algún problema. Afortunadamente o Hansa estaba portándose e todo ía máis ou menos ben.
Eu, en vista de como se estaba poñendo a cousa decidín botarme a dormir vestido e ca roupa de augas á man. Ben, o de dormir, era un dicir. A cada pantocazo saltaba da litera e saía voando polo camarote. O mesmo lle acontecía a Pablo , o proa, e a xuzgar polos tumbazos , igual pasaba no camarote das rapazas.
As sete da mañán chegaronche ben axiña. Eduardo xa estaba na porta chamándonos ,e ó abrirlle o espectáculo no salón do Hansa era... un pouco forte: arneses, cinchas de seguridade, chalecos salvavidas... a verdade é que non apetecía sair a fora , visto o que estaba espallado polo salón. Preguntámoslle ós que baixaban e xa nos iformaron de que a cousa fora estaba movidiña , e o que é peor: ainda estabamos no través de Cabo Vilaño.
Mentres que nos aprestábamos a sair, xa oimos a Eduardo e a Antón como caían víctimas do mareo e botaban fora todo o pouco que cearan aquela noite. E claro, non íamos deixar pasar a ocasión sen facer esmorga deles. Aaaaaiii, que lonxe estabamos de saber que nos íamos caer ben pronto.
Ó chegar arriba xa pertrechados con roupa de augas ollamos para a maior e xa vimos a situación: tres rizos , e apenas un trapiño colgando do pao. Na proa un foque pequeniño e o motor. Resultado: a penas avanzábamos entre a mar de fondo e o vento que arreciaba esa madrugada.
Eu apresteime a coller a linterna para ver como pintaba a maior (que era a miña responsabilidade) e proceder ó seu trimado. Eso era o que eu creía. Ó pouco o barco empezou a deslizarse polo tobogán dunha onda e eu vinme voando contra a botabara á cal me agarrei como se me fora a vida nelo. Cando chegamos ó val da onda o pantocazo foi forte de moito nabo, e eu sentín o golpe da botabara no meu hombro que me guindou contra o chao da bañera. O seguinte que sentín foi un berro: ?Por Sotaventoooo!!? mentres eu xa estaba botando a sopiña quente da cea pola borda.
A cousa estaba poñendose complicada. Pola radio daban xa , aviso de temporal de forza 7 con picos de 8 do Sur e mar de fondo de 5 a 7 m.tamén do Sur.Unhas condicións ideais para ir navegando cara o S.
Pouco a pouco íamos avanzando moi devagariño e xa estabamos a altura de Touriñán. Alí o noso equipo de vento non baixaba nengures de 45 nós. A roupa de auga facía xa tempo que deixara de ser útil. Entre a choiva e os salseiros non había lugar por onde non che entrara agua.
As esmorgas sobre os mareos dos que baixaban a descansar pronto deixaron de ter sentido. Pouco a pouco íamos caendo todos. Ainda así negún quería irse abaixo. Supoño que o puto orgullo masculiño facía moito. E xa sabes, se este aguanta , eu tamén.
Duas horas máis tarde. Sí, leeches ben, duas horas máis tarde só tíñamos andado a distancia entre Tourián e Fisterra. Xulián seguía á caña e decidíu arriar toda a maior e seguir cun tormentín de proa. Puxémonos á maniobra tentando aproar ó vento o barco para así facilitar as cousas. Costounos deus e axuda. A maior non deixaba incharse de aire e o mar de fondo ,e os pantocazos non axudaban nada. Cando conseguimos arriala ainda había que facela firme cunhas cinchas ou algo para evitar que embolsase aire. Nesas estabamos cando deu a mala pata de que un dos sables da maior veu a observar de cerca a miña cara de acongoje e meteuseme no pómulo dereito. Como non me doìa seguin ó que estabamos ata que conseguimos facer firme toda a tela da vela.
Pablo e Alberte,unha vez rematada a función na bañera, foron ó pañol de proa para ver a posibilidade de sacar a cuberta un tormentín e así tentar seguir.
Cando Pablo chegou ó pañol non puido máis caeu sobre unha das xénovas alí almacenadas e botou para fora o que lle quedaba da cea. Alberte, ó percatarse da situación, baixou botarlle unha man e entre os dous foron quen de subiren o tormentín a cuberta.
Agora quedaba o máis difícil. Había que preparar o aparello para izalo, mentres que o temporal arreciaba e o Hansa non paraba de dar pantocazos. Por entre o bruar impresionante do vento a penas se oían as ordes de Xulián para realizar a maniobra, e a luz do faro de Fisterra quedaba atenuada pola cortina de choiva que cubría as escasas cinco millas que levábamos de resgardo do cabo.
Despois de tres intentos fallidos e a fortuna de levaren postos os arneses de seguridade ( o cal impedíu que Alberte e Pablo sairan voando pola borda) conseguiron izar o tormentín.
Na popa, as cousas tampouco pintaban ben. A lei de Murphy actuaba facendo que un dos cabos que suxeitaba a maior empezase a ceder. Hector non o dubidou, sacou do peto esa navalliña que sempre leva e cortou un cacho do rizo dous. Acto seguido ,e usando ese cabo que acababa de cortar, fixo firme de novo o trozo de maior que ameazaba con soltarse.
Màis ou menos a cousa ía empezando a estar controlada. Entre a tripulación ía voltando a gaña de bromear , ata que por radio Fisterra Tráfico nos chama para ver se había algunha baixa ou necesitabamos remolque. Ahi, un silencio se extendeu entre a xente. Hector baixou a contestar á chamada para avisar que non había novedades e que continuabamos rumbo.
Penso que nese momento, todos e todas nos decatamos do que estabamos a pasar.
A pouca luz do día que estaba pechado de nubeiros xa estaba establecida , e nos íamos avanzando penosamente rumbo Sur.
A Cada pouco ,e ata parecía que por turnos , alguén se dispoñía a colgarse da banda mentres se oía :?Por sotaventooo?.
Eran as 1500h do día seguinte e ainda estabamos no través de Corrubedo. Alí, de novo entrounos un escalofrío. A mar de fondo ía empuxándonos contra os baixos , que tiñamos a menos de media milla polo babor noso , e todos pensabamos nun posible fallo no motor , ou nun rachón no tormentín que , queiras que non, axudaba a manter o rumbo e a facer máis manexable o barco.
Por fortuna ,aquí o Sr. Murphy decidíu non actuar. Mentres o vento non amainaba nen había trazas de que fose a menos, e ó igual pasaba ca mar que xa anunciaban pola radio de forte mareira a mar arbolada... a nos nolo ían dicir!.
A eso das 1600h Fisterra Tráfico pregunta de novo se necesitamos remolque ou rescate.Nos declinamos a oferta e do outro lado da radio oímos un: ?...tades tolos...?
O caso non era por orgullo, era máis ben por evitar as enormes tarifas de remolque que suelen pasar en casos así.
Andando, andando xa avistamos pola proa Ons. Decidimos seguir e ver a posibilidade de ó seu abrigo entrar e arribada en Sanxenxo, pero como aquí a cousa está máis queda, decidimos tentar seguir ata Vigo.
Ò sair do seu resgardo da illa voltamos a acadar picosde coarente nós de novo. Contodo, xa era de día e con toda a tripulación arriba veíase a situación doutro xeito.
Según nos íamos acercando á Costa da Vela o mar de fondo ía reducíndose e o vento xa só era de 35nós. Pouco a pouco íamos en demanda de Cabo Home e ó viralo, con Alberte á caña e Xulián exausto abaixo dormitando algo, enfilamos xa a entrada do porto de Vigo.
Caseque 24 horas despois , ás 1840 atracabamos nos pantaláns de Punta Lagoa.
Medio mortos de cansancio, fame, mareo; pero felices e vivos.
Balance:
A maior rota por varios sitios, contusiòns e distensións varios/as, e un ollo morado.
O Hansa... resistiu!!

Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-02-2007 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Carafiooo, sei que hai mariñeiros!
Así que erades vos os tolos q#blgtk08#ue andaban pola mañan o luns frente a Fisterra, tédelos cuadrados, meu
Comentario por Bautista (21-02-2007 19:41)
2 Después de todo eso...aun no se como habeis sobrevivido....lo del ojo..era de foto...para el recuerdo.
Si s#blgtk08#eñor...estais como p...cabras..menos mal que sarna con gusto no pica...pero quiero seguir viendote el careto.tio.
Comentario por Maria José (26-02-2007 22:41)
3 Claro, e despois disme a min se me animo a ir con vos, que fai fal#blgtk08#ta xente, non me extraña!!!

Calquera dia me enrolo
Comentario por Iñaki (27-02-2007 18:00)
4 Ah, agora me explico o do ollo e a fisura na costela.
Claro , así os tripulantes do Atlántico son ta#blgtk08#n valorados nas probas do Mediterráneo...
Hai que joderse!
Non sei se chamarvos tolos ou que.
Comentario por Anxo (27-02-2007 21:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0